20 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda ofrece novas actividades ao abeiro da axenda do 'Verán 2020'

    A Guarda ofrece novas actividades ao abeiro da axenda do ‘Verán 2020’

    Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á Embarcación Piueiro, cinema na rúa, visitas teatralizadas e espectáculos infantís compoñen a programación para esta semana

    O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19.

    Nesta semana a programación, recollida na Axenda de verán 2020, continúa coas visitas á embarcación O Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as Visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.

    Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986 610 504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es

    Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que xa colga novamente o cartaz de aforo completo para esta semana.

    O venres 14 ás 22:30 h a Praza do Reló acolle unha nova sesión de cinema na rúa coa proxección de ‘O noso último verán en Escocia’, é preciso reservar praza no Centro Cultural no 986 61 1850 ou en centrocultural@aguarda.es. Tamén é preciso reservar praza no mesmo enderezo para o espectáculo ‘Punkdemia’ que terá lugar o sábado 15 ás 20 horas no Castelo de Santa Cruz. Trátase dun espectáculo para todas as idades de Peter Punk.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.