Venres, 19 Setembro de 2025

A Xunta sela con Gondomar e Baiona acordos para reducir o risco de inundacións

A Xunta selou cos Concellos de Gondomar e de Baiona os acordos para investir 3,25 millóns de euros na redución do risco de inundacións nestes dous municipios e pídelle ao Concello de Vigo que recapacite e coopere co Goberno galego asinando o convenio correspondente para minimizar o risco e as consecuencias das inundacións no río Lagares.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, rubricou cos alcaldes de Gondomar, Francisco Ferreira, e de Baiona, Carlos Gómez, os respectivos acordos de colaboración para impulsar as obras necesarias para minimizar o impacto das inundacións en ambos os dous municipios.

Estes convenios xorden dunha planificación completa e ambiciosa realizada desde a Xunta para actuar na protección da poboación e do territorio fronte ao risco de asolagamentos nos leitos dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar, e no río Groba, nas proximidades da súa desembocadura, no caso de Baiona, que presentan un historial de inundacións frecuentes.

Segundo os acordos asinados, a Xunta asume o custo das obras das actuacións necesarias para minimizar o risco de inundacións en Gondomar e en Baiona, que suman un investimento conxunto de 3,25 M€, así como a contratación e a execución dos traballos.

Pola súa banda, os Concellos comprométense a poñer á disposición os terreos necesarios, tal e como establecen os convenios de colaboración destas características en todas as confederacións hidrográficas, de acordo á instrución do propio Ministerio para a Transición Ecolóxica. Tamén asumen a obriga de conseguir as autorizacións necesarias para a execución dos traballos, de recibir as obras unha vez finalizadas e comprométense ao seu mantemento e conservación.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade concretou que en Baiona se vai actuar no lugar de Sabarís para mellorar a drenaxe do camiño das Monxas e do camiño de Pouquena e da súa contorna coa fin de evitar as frecuentes inundacións que se producen cando coincide a preamar con fortes precipitacións. A rede de drenaxe destes dous camiños desemboca na Foz do Miñor.

Para tratar de paliar os asolagamentos nestes puntos, a Xunta actuará na rede de pluviais, mellorando a súa capacidade de desaugue. A nova rede quedará formada por catro colectores principais que terán unha lonxitude próxima aos 700 metros. Na desembocadura deses dous colectores na Foz de Miñor executaranse 4 obras de saída para os puntos de vertedura equipadas con clapetas, que eviten a entrada da auga cara á rede coa preamar. O treito de tubaxe que non quede cuberto polo terreo protexerase da acción mariña cun dique. Estas actuacións suporán un investimento da Xunta de 600.000 euros e contan cun prazo de execución de 5 meses.

En Gondomar actuarase para minimizar o risco de asolagamentos na área de risco potencial significativo de inundacións que afecta ao núcleo urbano, na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns. Trátase de actuacións estruturais no treito do río Miñor, desde a ponte da avenida do Conde de Gondomar -augas arriba do antigo colexio- e a ponte da avenida Curros Enríquez; e no treito do río Zamáns, desde a ponte da avenida Elduayen ata a súa desembocadura no río. Ethel Vázquez precisou, que ao igual que no caso de Baiona, a Xunta contratará e levará a cabo as obras, que suporán un investimento de 2,65 M€ e contan cun pazo de execución de 12 meses.

A conselleira destacou o compromiso dos concellos de Gondomar e de Baiona coa Xunta para levar adiante as actuacións para reducir o risco de inundacións nos seus municipios, “protexendo mellor á poboación, ao territorio e ao medio ambiente fronte aos seus efectos, máis tendo en conta o contexto de cambio climático”, remarcou.

Neste sentido pediu axilidade na tramitación municipal necesaria para licitar as obras: na información pública e na posta a disposición dos terreos. Así, se os Concellos son dilixentes nestas xestións, segundo detallou Ethel Vázquez, a Xunta poderá licitar as obras este verán para inicialas no 1º trimestre de 2022. A celeridade nas xestións municipais é importante xa que estas actuacións son cofinanciadas con Fondos FEDER 2014-2020, polo que deben estar rematadas en 2023.

Un exemplo para Vigo

Ethel Vázquez lamentou que a disposición demostrada polos alcaldes de Gondomar e de Baiona para asinar estes convenios e colaborar coa Xunta non se teña atopado tamén no caso do Concello de Vigo.

A conselleira reiterou a disposición da Xunta para investir 6,8M€ para reducir o risco de inundacións no río Lagares, que presenta problemas derivados fundamentalmente dun desenvolvemento urbanístico erróneo en relación co río, pese á oposición frontal a colaborar do Concello de Vigo. A titular de Infraestruturas e Mobilidade agarda que o alcalde de Vigo recapacite e se sume ao camiño da cooperación, como fixeron hoxe Gondomar e Baiona, “evitando que moitas familias e empresas vivan en tensión constante polo temor a sufrir, novamente, as consecuencias das enchentes”, concluíu.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de xuño

0

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro venres 4 e sábado 5 de xuño.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o venres 4 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 5 de 10:00h ás 15:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

A Xunta anuncia a ampliación do IES Pedro Floriani de Redondela

0

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez Ares, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e co concelleiro Nacho González, coa que abordou varias cuestións relacionadas co ámbito educativo. A reunión fora pedida solicitada de xeito reiterado pola Alcaldía de Redondela dada a importancia dos temas a tratar.

No decurso da reunión, Fernández-Tapias deulle conta á rexedora local da próxima licitación das obras de ampliación do IES Pedro Floriani que sumará catro novas aulas, dando resposta á demanda existente.

Por outra banda, a representante autonómica confirmoulle o visto e prace da Xunta ao proxecto técnico do Concello para a instalación dunha pista de atletismo no IES San Simón, instalación pendente unicamente da firma dun convenio co departamento autonómico para a realización das obras, que serán asumidas, na súa totalidade, polo Concello de Redondela.

En canto ao IES de Chapela, Fernández-Tapias trasladoulle que a primeira preocupación debería ser o impacto do ruído da AP-9 e a necesidade urxente de instalar pantallas acústicas que o mitiguen, extremo que lle corresponde ao Goberno central, tema sobre o que a alcaldesa de Redondela adiantoulle a delegada territorial que “non existe tal preocupación” dado o compromiso do Ministerio levar a cabo as adendas tanto no que fai referencia ás pantallas acústicas coma a reposición de viais. Nese sentido, cómpre salientar que ese tema foi tratado pola alcaldesa de Redondela na reunión mantida co secretario xeral de Infraestruturas, Servio Vázquez Torrón ao igual que o tiña feito con anterioridade en Madrid, xunto ao concelleiro Roberto Villar, no Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma).

No que fai referencia ao CEIP Outeiro de Penas, a delegada territorial deulle conta a alcaldesa da autorización para a reposición das fiestras e, no CEP de Reboreda, confirmoulle que vénse de enviar 40.000 euros para reformas a criterio do centro e indicoulle que se valorará intervir nos falsos teitos e as luminarias no CEIP Alexandre Bóveda.

Xa por último, sobre o arranxo da pista cuberta do CEIP de Cedeira, a delegada informou que está actuación queda pendente de que o Concello clarifique a situación urbanística do centro co obxectivo de garantir que o volume de edificabilidade se axusta a normativa e comprobar con Patrimonio que non estea afectado pola súa proximidade á igrexa.

Digna Rivas, que cualificou a reunión de “fructífera”, agradeceu a boa disposición da Xunta de Galicia “e espera que o adiantado pola delegada territorial convértase nunha realidade á maior brevidade posible”.

Mos asina un convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

0

A presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, veñen de asinar no salón de sesións do Concello, o convenio de colaboración entre a asociación e a administración local.

A axuda municipal de este ano irá destinada ao proxecto da ONG denominado: “Axuda alimentaria para a poboación refuxiada Saharaui en Tindouf (Alxeria)” co cal se pretende dar solución á falta de alimentos básicos para os Refuxiados Saharauis.

Esta carencia dos produtos alimenticios máis básicos é causada por incumprimento, atrasos dos programas do Programa Mundial de Alimentos e do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados e a insuficiencia da ración programada, ademais dos recortes das participacións dos doantes das axudas destinadas á Poboación Refuxiada Saharaui, os recortes de ECHO e, os grandes recortes na Cooperación descentralizada coa que se paliaba, no posible, parte do déficit constante nos Campamentos de Refuxiados Saharauis.

A isto engádese a actual pandemia da Covid-19 que agravou máis a situación xa existente nos Campamentos de Refuxiados Saharauis.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui elaborou un programa de actividades anual dividido en dous grupos en función do obxectivo perseguido polas mesmas. En primeiro lugar, inclúense no programa actividades de sensibilización da poboación tales como organización e/ou participación en charlas e coloquios, montaxe de exposicións fotográficas, realización de concertos solidarios e outros actos culturais. En segundo lugar desenrolamos Proxectos de Cooperación o Desenrolo, Proxectos de Axuda Humanitaria e de Emerxencia e Proxecto Sanitario e de Formación. Dentro dos cales inclúe o envío de alimentos, menciñas e outros materiais (material escolar, material sanitario, material informático, etc.). Tódolos proxectos e que se levan a cabo así como diversas actividades reivindicativas e de sensibilización execútanse en estreita colaboración e coordinación coa Delegación Saharaui para Galicia que á súa vez supervisa o seguimento e avaliación dos mesmos a través da Media Luna Roja Saharaui e o resto das institucións do Goberno Saharaui.

O Ministerio de Cooperación Saharaui e Media Luna Roja Saharaui son as dúas únicas entidades que determinan as prioridades respecto as necesidades da Poboación Refuxiada en cada momento a través da Delegación Saharaui en Galicia.

Co fin de traballar en coordinación existen comisións de traballo: Comisión de Caravana e Proxectos, Comisión de Política e Difusión, Comisión de Vacacións en Paz, Comisión de Dereitos Humanos e Comisión Médica.

Concello de Redondela e Sociedade Labrego Cultural de Reboreda inician unha campaña de concienciación sobre os lumes

0

Dende o xoves 27 de maio, o local da Cultural de Reboreda loce na fachada de cristal unha composición gráfica, en vinilo translúcido, que representa un bosque queimado na planta superior e un bosque cheo de vida na parte inferior da fachada. A mensaxe é tan curta como contundente: ‘ISTO ou ISTO’.

Click para ampliar

A composición está pensada para que, dende o interior da casa cultural, dea sensación de estar dentro dun bosque en chamas e dentro dun bosque cheo de vida. Amais, chegada a noite, as luces interiores da cultural daranlle luz a composición.

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda sumándose a Concellería de Medio Ambiente, organiza este vindeiro sábado, 29 de maio ás 22:00 horas e no aparcadoiro do centro, unha proxección ao aire libre da película ‘O que arde’ para concienciar a veciñanza dos danos que causan os incendios que arrasan constantemente o medio rural e a biodiversidade dos nosos montes.

O deseño desta composición foi realizada polas alumnas e alumnos do Obradoiro de Garantía Xuvenil Redondela TIC.

Os viais das parroquias ponteareás de Fozara e Paredes serán obxecto de obras de mellora

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, dirixida pola socialista Chus Garrote, continúa a traballar na mellora das condicións dos viais das parroquias para mellorar as súas condicións de seguridade e mellorar a mobilidade das veciñas e veciños.

Así, hai tres semanas adxudicouse e formalizouse un contrato dividido en dous lotes. Un deles para a mellora de accesos no lugar de o Toucedo en Paredes, e o segundo para a pavimentación do camiño municipal no barrio de Outeiro de Castro en Fozara.

Á licitación levouse a cabo mediante o procedemento de contratación aberto simplificado con oferta integradora, e para cada un dos lotes presentáronse un total de once empresas. O lote un foi adxudicado á empresa Narom S.L. e o lote dous á empresa Asfalgal técniccas viarias S.L. Os importes de adxudicación dos lotes acadaron as cuantías de 60.962,79 euros e 53.981,72 euros respectivamente.

A financiación da obra divídese en tres partes. Para o lote un a financiación é do 100% pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2020 e para o lote dous o 80% o financia a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 e o 20% restante finánciase con fondos propios do Concello.

A concelleira de Vías e Obras sinala a “importancia de investir no rural para mellorar as comunicacións dos veciños e veciñas e que poidan ter así acceso a distintos servizos públicos de primeira necesidade”.

As obras, que incluíron a limpeza de cunetas e a nova capa de rodadura, están a piques de rematar e, tanto para o vial de Paredes coma para o vial de Fozara, ampliouse o prazo de garantía ata 60 meses.

Baiona presenta 19 campus deportivos para o verán e a tradicional ‘Semana Azul’ que inclúe, como novidade, o ‘kite surf’

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez e a concelleira de Deportes, Miriam Costas, acompañados pola directora da oficina de Baiona de CaixaBank, Yolanda Pérez, presentaron esta mañá os Campus Deportivos de Verán e a tradicional ‘Semana azul’ que este ano inclúe a novidade do kite surf.

A oferta deportiva destes campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais e ofrece un total de 19 modalidades incorporándose, como novidades, actividades tan novas como deportes urbanos, fútbol americano, pádel e tenis de mesa.

Un campus de verán con máis modalidades deportivas

Os Campus Deportivos de Verán ofertan, este ano, un maior número de modalidades. Así haberá actividades de fútbol, baloncesto, ciclismo, deportes olímpicos de combate, tenis, actividades de patín, ximnasia rítmica, multideporte, vela lixeira, windsurf, piragüismo, pádel surf, surf, skate, hip hop, tenis de mesa, fútbol americano, danza, atletismo, badminton, vóley praia e futbol sala. Serán actividades a desesenvolver durante 11 semanas a un prezo moi asequible grazas aos convenios asinados dende a Concellería de Deportes cos clubs deportivos locais, CaixaBank e a Fundación ‘La Caixa’.

Cada un dos campus terán unha duración dunha semana, e desenvolveranse en horario de 10:00 h a 14:00 h aínda que, de cara a facilitar a conciliación laboral e familiar, estblécese un horario de entrada dos e das participantes dende as 9 horas.

O campus Náuticom, pola súa banda, amplíase con catro quendas (mañá e tarde) para permitir a participación do maior número de nenos e nenas que poderán practicar vela lixeira (MRCYB), piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e windsurf e pádel surf (WetSports Ladeira) e surf (Prado surf).

En todos os Campus deportivos os asistentes recibirán un equipamento deportivo así como un tentempié a media mañá para repoñer forzas.

Tamén acudiron ao acto para a foto de familia un representante de cada un dos clubs deportivos que deseñaron a oferta deportiva de forma conxunta coa Concellería de Deportes: Erizana CF, Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabaris, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, MRCYB, Club Piragüismo Baiona, Westsport Ladeira, Bahiña Fsala, Club de patín Baiona, Club Atletismo Baiona, Vigo Vóley, Club de Badminton Rosalia, Club Conquers de Fútbol americano, Club de tenis de mesa Vincios, Escola de surf de Prado, escola de Running de baiona, Academy Dance Vigo e Club de Ximnasia Rítmica Estela. Tamén representantes da Asociación Deportiva Naútica Rías Baixas (ADN) que participa na Semana Azul.

A Concelleira de Cultura, Miriam Costas, destacou que durante todas as semanas de verán “contaremos nos Campus coa presenza de deportistas e técnicos de primeiro nivel nas distintas modalidades deportivas que desde, unha óptica divertida, transmitirán ás persoas participantes as súas experiencias, realizando xogos e tarefas que enriquecerán aos alumnos e alumnas”.

Tanto o Alcalde como a Concelleira quere agradecer ás moitas entidades privadas e publicas que colaboran cos distintos campus xa que grazas ás súas importantes colaboracións é posible a organización dos mesmos.

O rexedor fixo unha mención especial aos clubs por “a súa implicación co proxecto xa que sen a súa colaboración non sería posible ofertar un calendario e uns campus tan numerosos e interesantes para practicar deporte durante o verán en Baiona”.

O prazo de inscrición está aberto desde o 1 de Xuño e para formular matricúlalas as persoas interesadas deberán entregar o formulario de inscrición cuberto nas oficinas de Deportes situadas no Pavillón Municipal de Baiona en horario de 9:00 h a 14:00 h ou de 18:00 h a 21:00 h. Para máis información, interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono 986 356 558 ou a través do correo electrónico [email protected]. Na páxina web do Concello de Baiona www.baiona.gal poderase descargar o formulario de inscrición e o folleto informativo.

Prezo: 200 € por 5 campus ou de 300 € para todos os campus dos meses de xullo e agosto, o que posibilita realizar actividades deportivas durante once semanas a un prezo moi alcanzable.

Tamén se poderá realizar os campus que cada un seleccione individualmente pagando só a modalidade que prefira (consultar prezos por campus individualmente ou tarifas por irmáns). Nesta ligazón pode consultarse toda a información sobre os campus: prezos, datas e horarios

Semana Azul 2021

Doutra banda, no mesmo acto de presentación dos Campus de Verán, tivo lugar a presentación da Semana Azul 2021, a tradicional Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos, que organiza o Concello de Baiona de xeito totalmente gratuíto xa que o propio Concello subvenciona a totalidade dos cursos así como os pertinentes seguros para os escolares participantes.

A actividade, organizada de xeito conxunto polas concellerías de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona, desenvolverase os próximos días 23, 24, 25 de xuño nas nas novas instalacións de WetSport Ladeira e na propia praia como centro neurálxico do devandito programa.

Nesta nova campaña do 2021, presenta moitas novidades e a primeira é a aglutinar a mesma en tres días en xornada de mañá e tarde e onde os participantes poderán desenvolver e penetrarse en deportes náuticos como vela lixeira, pádel surf, windsurf, piragüismo, surf e kitesurf.

No caso do surf volve incorporar á campaña de fomento dos deportes náuticos e a oferta do kitesurf é totalmente nova sendo unha actividade que a través da asociacion adn iremos apoiando e incorporando á nosa oferta deportiva de mar.

A idea é realizar xornadas continuas onde os participantes pasarán desde as 11.00 h ata as 18.00 h realizando deportes náuticos facendo unha breve parada ao medio día para tomar un bocadillo e repoñer forzas.

O día 23 de xuño participarán escolares de 8 a 10 anos, o día 24 escolares de 11 a 13 anos, o día 25 de xuño participarán os escolares de máis de catorce anos.

A Campaña consta de dous prazos de inscrición, o primeiro iníciase o 1 de xuño para os escolares dos centros públicos de Baiona e un segundo para partir do día 11 de xuño para o resto de escolares que queiran participar. Poderán participar todos aqueles interesados que cumpran os seguintes requisitos; saber nadar e ter entre máis de 8 anos. 10 dias non censados

Está nova campaña nace coa intención de fomentar e achegar o mar como espazo de lecer e deporte aos máis novos e tentar desenvolver un hábito deportivo entre a nosa poboación ofrecendo a posibilidade de coñecer e dominar un espazo que pola nosa características xeográficas e culturais é de vital importancia no noso municipio.

Coa posta en marcha da Semana Azul do 2021, tamén se abre o período de inscricións para todos aqueles interesados en realizar algún curso de iniciación das actividades deportivas náuticas que para o presente período de verán ten previsto desenvolver o Excmo. Concello de Baiona que son: #Ver Lixeira, Windsurf, Piragüismo e paddel surf.

Na páxina web municipal www.baiona.gal poderase descargar o formulario de inscrición.

Tarifas:

ADIF agarda suprimir o paso a nivel do Porriño con fondos “Next Generation” da UE

ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e “Prointec” para determinar as características do chan. Coas conclusións dos traballos de sondaxes, acometerán a redacción do proxecto de construción coa alternativa que os técnicos elixan para soterrar a vía férrea e poñer en valor os terreos que se liberaran coa supresión do paso a nivel. Segundo o contrato que ADIF subscribiu con esas empresas, dispoñen dun prazo de 16 meses para entregar o proxecto, prazo que comezou a contar en novembro do ano pasado.

Esta información foi trasladada por Maria Luisa Domínguez, directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos do ADIF, á alcaldesa Eva García na reunión celebrada esta mañá na sede dese organismo en Madrid. Na reunión tamén participaron Miguel Angel Leor, Juan Carlos Monge e Luis Vicente Moreno, tamén directivos do ADIF.

A terceira cuestión que se abordou na reunión entre a alcaldesa do Porriño e os directivos de ADIF, é a consecución de fondos “Next Generation” da Unión Europea para o financiamento das obras. Eva García amosouse esperanzada polas expectativas que lle trasladaron os directivos do ADIF. 

“Saímos moi satisfeitos porque vemos que o proxecto avanza e que ademais xa está enriba da mesa o financiamento para a súa execución”, manifestou Eva Garcia. A alcaldesa asegurou que “o Concello do Porriño vai seguir pelexando para que se faga realidade”.

A OMIX Tomiño participa na Semana Europea da Xuventude 2021

0

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño participa na Semana Europea da Xuventude 2021 “Our future in our hands”, que se celebra dende o 24 ao 30 deste mes. Con este fin, encherá as súas redes sociais de contido informativo.

A través dun photocall preparado para a ocasión, a oficina sairá á rúa para dar a coñecer os novos programas da UE para a xuventude 2021-2027, tales como o novo Erasmus +,  o Corpo Europeo de Solidaridade, a rede Eurodesk, etc. Unha das visitas programadas é o IES Antón Alonso Ríos para levar ao alumnado as últimas novidades sobre proxectos europeos e actividades.

Os puntos de Eurodesk España (entre os que se atopa a OMIX Tomiño) volcáronse na organización deste gran encontro bienal programando arredor de 250 eventos. Estas actividades levaranse a cabo online ou de xeito presencial e contarán coa participación de 5.500 mozos e mozas de todo o país.

As Semanas Europeas da Xuventude (SEJ) organízanse cada dous anos e permiten trasladarlle á mocidade as oportunidades que lle ofrece a Unión Europea.

Nestes encontros foméntase o debate de temas relevantes para a sociedade co fin de coñecer  a opinión de mozas e mozos e de aumentar súa participación.

Tras a última Semana Europea da Xuventude celebrada en 2019, esta edición celebrarase do 24 ao 30 de maio e ten como lema “Our Future in Our Hands – O noso futuro nas nosas mans”.

Todos os eventos rexístranse no  Portal Europeo de la Juventud.

En redes sociais poden atoparse actividades cos hashtags #EUYouthWeek #SEJ2021 #EYW2021 #EurodeskEspaña #SomosEurodesk.

Oia aproba o seu Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais

0

O pleno do Concello de Oia vén de aprobar inicialmente o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. O documento contén as accións necesarias para defender ao municipio contra o lume, efectuando unha análise da situación actual e establecendo unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación.

O plan foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario celebrado este xoves. Con esta nova ferramenta o Concello avanza nas actuacións encamiñadas a reducir o riscos de incendios forestais, os cales supoñen unha ameaza para o medio natural e para os distintos núcleos de poboación do concello.

Unha vez aprobado inicialmente no pleno deste xoves, abrirase un período de exposición pública de 20 días de duración no que se poderán presentar as correspondente alegacións ao plan.

Rematado o prazo, o expediente xunto coas alegacións serán presentadas á Consellería do Medio Rural, departamento autonómico que deberá emitir un informe vinculante e preceptivo. Finalmente, a tramitación concluirá coa aprobación definitiva do documento por parte do pleno municipal.

Reducir o risco de incendio e protexer ás persoas

O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais foi realizado polo Concello de Oia en colaboración con Seaga e seguindo as directrices da Lei 3/2007 de prevención contra os incendios forestais de Galicia.

O documento ten por obxectivo definir unha serie de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial de biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas; co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguridade das persoas.

Este obxectivo fundamental concrétase na xestión da biomasa en zonas estratéxicas, especialmente aquelas declaradas de alto risco de incendio, así como na construción e mantemento de faixas exteriores de protección de zonas poboadas. No que respecta ao tratamento das áreas forestais, aposta por un esquema de intervención segundo modelos silvícolas previamente establecidos, no ámbito da defensa das persoas e bens e a defensa dos montes.

Alcalde de Nigrán, técnicos e empresa constructora realizan a visita fin de obra á biblioteca

0

Alcalde de Nigrán, técnicos municipais e empresa construtora realizaron unha visita de fin de obra ao edificio da nova Biblioteca Municipal de cara a recepcionala oficialmente a vindeira semana. A comitiva comprobou polo miudo o resultado dos traballos, pendentes só de corrixir detalles de pintura ou acabados. “A nova Biblioteca é xa unha realidade, o resultado é realmente espectacular e estamos a punto de licitar a dotación do equipamento e mobiliario, xa con consignación de 224.000 € do Remanente de Tesourería”, incidiu o alcalde, Juan González, quen incide que o obxectivo é ter o traslado completado despois do verán.

O edificio municipal pasará de contar con 120 metros cadrados no Ceán a 1.260 m², xerando espazos novos como a sala infantil independente, zona de estudo ou outra de usos múltiples. Este ocupa unha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, frente a rúa do Panasco) nun lugar fácilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que existan duplicidade de entradas, con accesos tanto desde a planta baixa como desde a primeira, o que favorece unha utilización polivalente. Desde o punto de vista urbanístico, a construcción xenera unha praza cuberta que se abre á praza existente, na que se acometerán posteriormente obras para vincular máis o seu uso ao dos usuarios da biblioteca (bancadas, xogos infantís, etc.)

[su_image_carousel source=”media: 37807,37808,37805″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A infraestrutura de catro alturas e de planta irregular está clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental.

Cun deseño minimalista na que a fachada se plantexa de granito silvestre e coa  mesma forma trapezoidal da parcela, consta de planta baixa (191 m2) onde dispón dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior. Finalmente, a cuberta, tamén de uso público e ideal para pequenos eventos, ofrece unhas espectaculares vistas da contorna.

O Multiúsos da Xunqueira acolle a exposición temporal do ídolo menhir atopado no castro de Negros en Redondela

0

O Multíusos da Xunqueira acollerá dende hoxe e durante os meses de xuño e xullo, a exposición temporal dun ídolo menhir atopado no castro de Negros, no que supón, segundo os expertos, “un achado único e escaso” que se remonta, posiblemente, aos séculos V ou IV a.C. Da importancia deste descubrimento fala o feito de que será a primeira peza deste tipo coa que conte o Museo de Pontevedra.

O menhir/betilo exposto foi descuberto polo arqueólogo Eduardo Velázquez Turnes no 2020, durante as tarefas de control arqueolóxico realizadas para supervisar os traballos de corta e retirada de madeira que realizaba a Comunidade de Montes de Man Común de San Estevo de Negros.

O achado desta peza conecta, directamente, aos antigos habitantes do castro de Negros coa cultura púnica, dominante no mundo mediterráneo e que tivo presenza no litoral galego, tal e como o demostran os descubrimentos, cada vez máis abundantes, de obxectos procedentes desta cultura.

A exposición, coordinada polo arqueólogo Xurxo Constenla Doce, busca que a veciñanza poida coñecer esta peza –que introduce a Redondela na historia de Europa– a e, ao mesmo tempo, poñer en valor o enorme interese arqueolóxico que ten esta área do litoral sur da ría de Vigo.

O feito de atopar este menhir/betilo no castro de Negros demostra, segundo os expertos, a existencia de “firmes relacións comerciais do mundo púnico con Galicia e non meros contactos illados para intercambio”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, salientou o traballo realizado por Eduardo Velázquez Turnes e Xurxo Constela Doce, de Citania, Xestión do Patrimonio Cultural “que permite poñer en valor non só este achado, senón tamén a importancia do municipio no contexto histórico e patrimonial”.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa quixo agradecer ao Museo de Pontevedra, onde está depositada a peza, “as facilidades ofrecidas e a sensibilidade amosada á hora de permitir que este achado puidera ser exposto en Redondela, municipio no que foi atopada, antes do seu traslado definitivo á institución museística provincial ”.

Os betilos

Son obxectos asociados a contextos culturais e relixiosos. Cabe supoñer que os navegantes púnicos, que chegaban a estas costas en busca de metais para fundición (especialmente estaño), erixirían estes menhires como ofrendas aos deuses na procura de seguridade e protección nun lugar afastado e descoñecido.

Salceda acolle, este sábado, o primeiro Torneo de Balonmán Cadete Feminino

Para despedir a tempada, o adestrador do Balonmán Caselas, Richi, vén de organizar o ‘l Torneo Cadete Concello de Salceda’ que se celebrará este vindeiro sábado 29 de maio, dende as 9:30 horas no Pavillón Municipal de Salceda. O torneo nace coa finalidade premiar ao grupo de xogadoras do BM Caselas que, neste complicado ano, competiron a moi bo nivel.

Os equipos que participan nesta iniciativa que nace con clara vocación de continuidade son o Balonman Cañiza, As Choqueiras de Redondela, Balonman Moaña e EDM Salceda. O torneo está patrocinado por Nueva Belleza e conta coa colaboración de Deportes González, Federación Galega de Balonman, Concello de Salceda e Balonman Caselas. Será o broche final a unha tempada diferente e complicada pero que se superou con éxito grazas ao bo traballo feito pola gran familia que é a do balonmán galego.

Os encontros disputaránse segundo o segundo cadro:

  • 09:30 h EDM Salceda – BM Moaña
  • 10:30 As Choqueiras – BM Cañiza
  • 11:30 Terceiro e carto posto
  • 12:30 Final
  • 13:30 Entrega de trofeos

Cada partido terá unha duración de 40 minutos, divididos en dúas partes de 20 minutos cada un cun descanso de 5 minutos entre os dos tempos. En cada un deles, cada equipo disporá dun tempo morto. En caso de empate iráse directamente á tanda de penaltis cunha rolda ao mellor de tres lanzamentos. Entre partido e partido haberá un descanso de 15 minutos.

Debido á actual situación sanitaria, o aforo será limitado e quedará restrinxido a un máximo de 20 acompañantes (público) que deberán facilitar os seus datos á entrada da instalación. A organización lembra a necesidade de manter posta a máscara, manter a distancia de seguridade e respectar escrupulosamente o protocolo establecido polo club organizador.

Os informes do axente medioambiental de Redondela apuntan a que a vertedura á ría do día 26 tivo a súa orixe en Aucosa

0

No día de onte a ría de Vigo sufriu unha nova industrial no litoral de Redondela a altura de Cabanas. Segundo informa á Concellería de Medio Ambiente que xestiona Roberto Villar, sobre as 15:27 horas o axente de medio ambiente do Concello foi alertado por unha veciña de Cabanas e pola central da policía local da existencia dunha mancha de grandes dimensións na ría á altura da praia de Cabanas.

Unha vez no lugar o axente en compaña dos compañeiros da Policía Local observan varias manchas de grandes dimensións de cor alaranxado á altura da ponte de Rande.

Coa colaboración dun mariñeiro do lugar que estaba pescando ca súa embarcación, o axente puido adentrarse na ría para recoller unha mostra podendo comprobar que aparentemente tratábase dunha sustancia moi compacta, moi aceitosa similar a algún tipo de graxa que desprendía un forte cheiro a peixe.

Ante a magnitude da vertedura, o axente procedeu a chamar a unha técnica especialista en mostras contratada polo Concello para que desprazara ó lugar e recoller o necesario para realizar a análise e esclarecer de que sustancia se trataba. Os feitos foron postos en coñecemento de Salvamento Marítimo que desprazou ó lugar ó buque Pelícano. Tamén realizou unha inspección aérea o helicóptero Pesca I, e o buque dos gardacostas de Galicia Valentín Paz Andrade que colaborou co actuante na recollida de mostras suficientes da sustancia nun bote de cristal e dous de plástico.

Durante todo este temo den o inicio da actuación foron revisados polo axente e a técnica varios lugares da zona e instalacións industriais tal e como marcan os protocolos.

Sobre as 19:30h presentouse en Aucosa o xefe do departamento de sostibilidade da Autoridade Portuaria de Vigo e o xefe de Salvamento Marítimo de Vigo, que conxuntamente co axente de medio ambiente do Concello de Redondela inspeccionaron a parte traseira exterior da empresa observando un habitáculo, aberto pola súa parte superior, onde se atopan tres tanques de aceiro inoxidable de gran tamaño, aparentemente estancos, cunha capacidade de 29.000 litros cada un deles.

No chan do habitáculo apréciase gran cantidade dunha sustancia moi similar a recollida na ría,ca mesma textura, cor e cheiro a peixe. A técnica especialista realiza unha recollida de varias mostras da sustancia existente no interior do habitáculo en varios botes de cristal e plástico para ser analizadas e realizar unha comparativa cas mostras recollidas na ría.

Unha vez recibidas as analíticas das mostras recollidas incorporaranse o informe que no día de onte foron enviado os organismos competentes da Xunta de Galicia.

Episodios de fortes cheiros

Resulta moi alarmante que mentres no Parlamento de Galicia a Dirección xeral de Cambio Climático declara que esta empresa está cumprindo coa declaración medio ambiental integrada, nos últimos 15 días tras un incremento da produción “o fedor que padece a veciñanza afectada é nauseabundo”, sinala a Concellería de Medio Ambiente.

Dende a Concellería solicitase a Xunta de Galicia “un maior control e tempo de resposta sobre as actividades de Aucosa” xa que, lembran, “está sendo o Concello de Redondela –administración que carece de competencias para sancionar a esta industria–, o que está poñendo recursos persoais e económicos para o seu control.

Gondomar pecha a programación do Mes das Letras con “Caldo” grupo de música folk

0

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura, pecha a súa programación do
mes de maio, Mes das Letras, cun concerto este domingo 30 de maio ás 12:00 horas na Praza Paradela có grupo de música folk “Caldo”.

Caldo é un grupo vigués composto por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas.

Creado con agarimo, Caldo resulta un prato musical delicioso, no que os ingredientes
viven unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.

A veciñanza de Ponteareas pon en marcha unha iniciativa civil para o recoñecemento institucional do Concello á figura de Xosé Represas

A veciñanza de Ponteareas vén de poñer en marcha unha iniciativa de cara a conseguir un recoñecemento institucional do Concello á figura de Xosé Represas. A iniciativa –que recolle sinaturas na web www.change.org– xurde para activar ese proceso de institucionalización, porén o obxetivo será que a corporación do Concello de Ponteareas incorpore nunha orde do dia das súas reunións plenarias un punto para o debate sobre a forma en que se debe producir ese recoñecemento público.

Entre as as opcións válidas para levar a cabo este recoñecemento, explican as e os veciños promotores, caberían a de poñerlle o nome de Xosé Represas a unha rúa de importancia ou a unha praza; colocar un busto nalgún lugar significativo, unha placa conmemorativa, unha condecoración institucional tipo medalla ou distinción singular.

A figura de Xosé Represas condensa unhas capacidades, unhas actitudes e unha vontade exemplar para todo aquel que pretenda servir publicamente. A súa dimensión aumenta nos tempos políticos que estamos a padecer: diálogo máis alá da ideoloxía, procura de acordos entre diferentes, defensa do interese xeral, democratización das decisións políticas, promoción e participación dos responsábeis públicos na actividade social e cultural, defensa dos intereses municipais ante calquera institución ou interese particular, resistencia ante as adversidades, perseverancia e convicción, sacrificio persoal cando compre, en prol da sociedade representada.

Todas estas cuestións, chaves no proceso de modernización e rexurdimento da vila de Ponteareas, merecen un recoñecemento institucional. Para consolidar esa conduta, afianzar eses valores como guía para futuros responsábeis públicos, o Concello de Ponteareas debe asumir a tarefa de institucionalizar a figura de Xosé Represas, un veciño singular.

A Deputación redobra a súa aposta polo benestar animal con novos equipos de radiodiagnóstico para o CAAN

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra é xa, como destacou hoxe Carmela Silva, “unha referencia a nivel do Estado en benestar animal, que é a súa sinal de identidade”. A presidenta provincial visitou hoxe o centro para coñecer o novo equipo de radiodiagnóstico veterinario “moi moderno e sostible” co que a institución acaba de dotar ao centro, que se converte, como subliñou a presidenta, “no único que ten un equipamento tan avanzado”. Carmela Silva amosou, xunto ao persoal do centro encabezado polo veterinario xefe, José Luis Pedreira, e o deputado provincial Manuel González, os novos equipos cos que se axilizará e mellorará amplamente o diagnóstico e os tratamentos dos animais do CAAN.

A dotación destes equipos dixitais suporá, como explicou a presidenta, “que o diagnóstico sexa máis acertado e tamén un maior benestar animal, xa que os animais non terán que saír do centro para facer as radiografías noutros lugares, senón que en breve tempo podemos conseguir toda a información que nos permita realizar os tratamentos necesarios aos cans e cadelas que aquí temos”. Carmela Silva incidiu na sustentabilidade do equipamento, que reduce os residuos contaminantes, e salientou que, máis alá de continuar sendo un centro de referencia, “o máis importante é que os animais aquí acollidos estean nas mellores condicións; creo que é unha obriga e nós temos un forte compromiso neste aspecto”. No mesmo senso pronunciouse José Luis Pedreira, que destacou que o equipo dixital “permite complementar en calidade o diagnóstico en imaxe”. Hai que lembrar que nas obras de mellora que realizou o pasado ano a Deputación incluíse a reforma da sala de clínica, coa creación dun novo quirófano e unha sala de raios X que é a que agora se completa cos novos equipos.

Excepcional ritmo de adopcións

Carmela Silva destacou na súa visita o traballo “e compromiso” que está a realizar o persoal do CAAN e que avalan tamén “as boas novas” sobre adopcións que leva o centro de novo este ano. Así, desde xaneiro e ata o 23 de maio saíron cara a un novo fogar 285 cans e cadelas, unha cifra “espectacular” que supón máis do dobre que as do mesmo período do 2020 (133) e tendo en conta que precisamente o pasado ano se acadou o récord de adopcións no centro, con 583.

Das 285 adopcións deste 2021, 1 foi en Portugal e o resto en España. A maioría foron en Galicia (243), e Castela e León (28) e o resto repartíronse entre as comunidades de Madrid (5), Cataluña (3), País Vasco (1) e Castela a Mancha (1). Das galegas, 208 tramitáronse na provincia de Pontevedra, 19 en Lugo, 10 na Coruña e 6 en Ourense. Ata agora o concello con máis adopcións na provincia foi Vigo (44), seguido de Pontevedra (24) e A Estrada (22). Outros municipios cun gran número de adopcións foron Meis (13), Poio (10), Vilagarcía (9) ou Sanxenxo (8).

[su_image_carousel source=”media: 37780,37779,37778,37777,37776″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Potenciar a adopción dos ‘avós e avoas’

A pesar dos magníficos datos, hai no centro varios animais que, pola súa idade, teñen a priori menos posibilidades de adopción. Deste xeito, Carmela Silva fixo un chamamento para acadar o reto de dar saída a cadelas como Macarena, de 8 anos de idade e de raza mastín que chegou de Pontecesures en marzo cun corte moi grande na cara do que está recuperada e coa que compartiu a súa comparecencia; Adia, unha pastora alemá da mesma idade que tamén está no centro desde hai uns meses, procedente das Neves ou o can Pitu, de 10 anos, chegou de Catoira. Ao igual que Paradita, de 8 anos e recollida en Meaño, todos e todas teñen moi bo carácter e esperan ter a mesma sorte que outros avós e avoas do CAAN que si teñen atopado un novo fogar, como Lora e Parada, de 12 e 9 anos respectivamente, que levaban no centro desde abril e esta semana saíron cara a Pontevedra. Hai que lembrar tamén que o pasado 2020 saíron en adopción tamén animais que estiveran moito tempo nas instalacións, como Apro, que pasara seis anos; Coqui e Nikita”, que estiveran catro, ou Marce, que pasou tres. Na actualidade, o que máis tempo leva é Posto, un cruce de pitbull de tres anos que leva desde o 2018 no centro, tras ser recollido en Redondela.

“Nós pretendemos –indicou Carmela Silva– que os animais estean aquí o tempo imprescindible, que todas e todos teñan un fogar. Sentímonos moi satisfeitas e satisfeitos de que estes animais haxan conseguido un novo fogar e a xente que os adoptou ten moito mérito. Agora espero que en pouco tempo poidamos subir un chío dicindo que estes avós e avoas foron adoptados”.

A loita contra o abandono

A presidenta provincial sinalou que “a outra cara da moeda está nas recollidas”. E aínda que a tendencia é descendente -ata o 23 de maio lévanse 426, 13 menos que o ano pasado neste mesmo período- seguen a producirse, lamentou, “situacións lamentables e teño que denuncialo porque hai que crear conciencia na sociedade”, especialmente no que se refire ao abandono de cachorros. A presidenta citou por exemplo o caso dos catro (Kira, Coco, Leo e Edy) que foron arroxados esta mesma semana con tan só un día de idade a unha vía do tren en Silleda, que están a recuperarse e a ser aleitados por unha nai adoptiva, Santa, rescatada en Vilaboa, que amais destes catro está a alimentar tamén aos seus tres cachorros nados estes días, Lolo, Kis e Vic.

Aínda así, como destacou, esa tendencia á baixa nótase nos datos dos últimos anos. En todo o 2020 houbo 1.144 recollidas, unha cifra que no 2019 fora de 1.332 e no 2018, de 1.788. E outro dos aspectos nos que incidiu foi o da redución do tempo de estancia dos animais que saen adoptados, que neste 2021 está a ser dunha media de 86,8 días fronte aos 123,8 días do 2020. “A conclusión –engadiu– é máis adopcións, menos abandonos e redución do tempo de estancia. E fago de novo un chamamento: non abandonen animais, é unha mala praxe como xénero humano. E veñan ao CAAN e adopten. E temos un reto como provincia, temos que adoptar a estes cans e cadelas que son máis maiores ou levan moito tempo aquí. Aínda que teñan o mellor trato, están mellor nun fogar”.

Hai que lembrar que as adopcións no CAAN son gratuítas e os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados. O persoal asesora ás persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360 ou no 886 217 391.

A veciñanza da Guarda sairá á rúa o sábado para esixir unha atención sanitaria digna

A falta de medios humanos no Centro de Saúde da Guarda está provocando deficiencias moi graves na atención sanitaria no Concello. Segundo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda “hai moitas persoas que levan máis dun ano e medio sen un médico de referencia”. Esta precaria situación da sanidade no municipio é polo que a Plataforma chama “a todo o pobo da Guarda a Concentración que se realizará este sábado día 29 ás 12 da mañá na Praza Avelino Vicente”.

Serafín Portela, portavoz da Plataforma manifesta “ temos a metade dos médicos que nos corresponden, o que provoca unha atención claramente deficitaria. Houbo algúns días nas semanas pasadas que quedou o centro con un so médico o que provoca situacións caóticas”.

A Guarda segue a manifestarse a favor dunha sanidade pública digna sen que en Santiago, ao parecer, ninguén se dea por enterado da precariedade da situación

Un centro que debería estar dotado de 8 médicos de familia e 2 pediatras, nos últimos meses só esta atendido como máximo por 4 deses 8 médicos de familia e 1 desas 2 pediatras. Este persoal non só asume a atención de todos os seus doentes, listas de arredor de 1300 persoas, así como as súas urxencias.

Tamén asume a atención urxente de todas as persoas que carecen, nestes momentos, dun médico de familia. Isto está a disparar as demoras na consecución dunha cita no Centro de Saúde, por riba dos 20 días de espera e está a empeorar as condicións en que poden ser atendidas.

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda non vai dar un só paso atrás e vai incrementar e endurecer as mobilizacións se a Xunta de Galiza non dá un sinal de compromiso para solucionar a situación. Chamamos a toda a poboación da Guarda a participar deste movemento de protesta, porque temos a saúde en xogo.

O BNG de Redondela organiza un acto público sobre os parques eólicos na comarca

0

O BNG de Redondela vén de chamar á veciñanza a participar na charla que van celebrar sobre as políticas da Xunta de Galiza de promoción de parques eólicos por toda Galiza, e tamén nesta bisbarra, acto que terá lugar hoxe venres, 28 de maio, ás 20 horas no multiúsos da Xunqueira.

Neste Acto Informativo aberto a toda a veciñanza, que ten como obxectivo facilitar información de primeira man sobre este tema, participarán o voceiro municipal, Xoán Carlos González; o responsábel local de Pazos de Borbén, Xurxo Pardo, e a deputada nacionalista, Alexandra Fernández.

“Escudándose nun posíbel orixe verde da enerxía producida, este modelo obedece únicamente á estratexia de ocupar con muíños de vento, prácticamente toda a xeografía do noso País”, sinalan dende o BNG.

No concello de Fornelos de Montes, explica a formación nacionalista, existen grandes probabilidades de construír un parque deste tipo. En Pazos de Borbén, estaba previsto outro, que mesmo podería afectar ao concello de Redondela.

“Redondela debe seguir exercendo de cabeceira de comarca, e estar disposta a movilizarse para evitar que as políticas da Xunta da Galiza, únicamente ao servizo de intereses especulativos, volvan a utilizar o monte, como un grande polígono”, sinalan.

Con tal motivo o grupo municipal redondelá, presentou unha Moción de Urxencia ao Pleno da Corporación, para rexeitar un modelo “expoliador e agresivo, que segue apostando por unha xeración enerxética, ao servizo dos intereses empresariais, non sociais”, informa.

Carmela Silva, “crear equipos forma parte do ADN da forma de liderar que temos as mulleres”

Acción, compromiso, talento, actitude, implicación, unión e forza. Baixo estas premisas e co obxectivo de poñer en valor as redes de mulleres, “imprescindibles para avanzar”, desenvolveuse hoxe o III Networking empresarial de Empresarias de Galicia co título ‘As empresarias actuando dende a unión’, no que participou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

O evento realizouse de xeito telemático coa participación de empresarias de distintos puntos xeográficos como Asturias ou o País Vasco, mulleres que como dixo a presidenta provincial “crearon proxectos de empresa, se asociaron para garantir os nosos dereitos e crearon redes que nos visibilizan, dan forza e permiten que o noso talento se poña en marcha para contribuír ao crecemento económico e construír sociedades mellores”.

A presidenta de Empresarias de Galicia, Susana Iglesias, destacou “a forza das mulleres e o valor e avance do seu traballo na economía e na sociedade en xeral”, e eloxiou á presidenta provincial de quen dixo “é un exemplo de muller con forza que ten reconvertido á Deputación en todos os eidos desde que chegou á presidencia”. Carmela Silva amosouse gratificada de participar no encontro e definiu as redes de mulleres como “fundamentais para sumar esforzos e ocupar o espazo que nos corresponde”. Neste senso, a presidenta provincial lembrou que as mulleres supoñen o 54% da poboación de España e, polo tanto, do talento polo que as reivindicacións feministas en busca da igualdade piden algo que é “dunha lóxica aplastante. Queremos a metade de todo porque somos a metade de todo”.

“Estamos acostumadas a coidarnos, facémolo dende que nacemos, lembrou, e por iso creamos empatías, algo moi importante no mundo da empresa”

Carmela Silva mostrou o seu optimismo aínda que recoñeceu que “queda moito camiño por percorrer”. “Estamos absolutamente formadas para dirixir empresas e cada día hai máis negocios de éxito encabezados por mulleres, dixo, e isto débese tamén a que creamos equipos, unha palabra que forma parte do ADN da nosa forma de liderar”. As mulleres “estamos acostumadas a coidarnos, facémolo dende que nacemos, lembrou, e por iso creamos empatías, algo moi importante no mundo da empresa”. A presidenta provincial si expresou a súa preocupación “polos nesgos de xénero que se están a ver nun eido clave como é a Intelixencia Artificial. Analiza o mundo cos datos de hoxe e iso supón pensar en masculino ao empregar datos recollidos por homes e, polo tanto, masculinizados”. Carmela Silva rematou dicindo que “estamos a mellorar porque as mulleres non puxemos a elo, con proxectos, creando redes porque cando sumamos somos máis fortes, e se está a demostrar que as empresas crecen e obteñen mellores resultados cando existe a igualdade de oportunidades”

A coach motivacional Eliana Oliveros presentou unha ponencia sobre “Liderado con Alma” na que “as mulleres lideramos dunha forma distinta ao formar equipos”. Durante a súa intervención animou ás participantes a liberarse das súas ataduras para lograr todo aquelo que se propoñan. Para concluír o encontro, as participantes realizaron actividades de networking en salas.

Dous axentes da Policía Local do Porriño evitan un suicidio nunha ponte nas Gándaras

Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A55 co polígono das Gándaras. Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrado pola parte exterior da varanda da ponte, “con claras intencións de arroxarse cara a vía do tren”, segundo sinala o atestado.

Cando a patrulla policial chegou atoparon esa situación e tamén a un grupo de persoas que, a unha distancia prudencial, intentaban convencelo para que non se tirara. Nese intre circulaba un tren por debaixo da ponte.

Os dous axentes actuaron con rapidez e destreza. Mentes un deles empezou a falar coa persoa que pretendía tirarse, o outro policía agarrouno polos brazos e o pescozo para evitar que se lanzase e puideron retiralo da zona de perigo ata que chegou unha ambulancia e tralasdouno ata o Centro de Saúde.

A persoa protagonista desta tentativa de suicidio identificouse como un veciño de Salceda de Caselas, de 47 anos.

Gondomar pon en marcha ‘Apúntate á OMIX’ un programa de actividades para á mocidade durante o verán

A Concellería de Xuventude de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro Valverde, abre o próximo 28 de maio as inscricións para as actividades programadas para o verán, de índole moi variada, pero todas co denominador común do ocio e a diversión.

‘Apúntate na Omix’ ofrece a mocidade do Concello de Gondomar obradoiros de Ciberseguridade, Curso Skate, Taller de Educación Emocional, Actividade ocio nocturno e III Gladiator Kids.

As actividades levaránse a cabo durante os meses de xuño, xullo e agosto. Para máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao 986 369 746 ou a través da nosa conta en Instagram @omixgondomar .

Salvaterra do Miño coa conciliación familiar

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o campamento de conciliación familiar para os meses de xullo e agosto de 2021.

Despois deste último ano tan difícil a nivel sanitario, onde os máis cativos nos deron unha lección moi importante á hora de adaptarse e cumprir as normas sanitarias, e unha vez que as mesmas restricións se están flexibilizando, o Concello de Salvaterra, tal e como viña facendo nos últimos anos, cunha aposta clara e comprometida ante a conciliación familiar, presenta ou CAMPUS DE VERÁN, baixo o lema Días de Feira.

Amplíase o horario ofertado nos anos anteriores con aula matinal e comedor, ademais darase prioridade as familias monoparentais e onde os dous pais estean traballando.

Este ano debido as obras que se realizarán en verán no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón, o campus de verán   trasladarase ao CEIP de Leirado, coa finalidade de buscar un espazo que se adapte as necesidades e realidade da situación sanitaria.

O Campus vai destinado a nenos de entre 4 e 12 anos, os meses de xullo e agosto, en horario de 8.45 a 14.15 h. Ademais este ano ofertarase tamén o servizo de aula matinal dende as 7.30 h e comedor ata as 16.00 h, co cal o  campus de verán ofertaría un horario global de 7.30 a 16.00 h, para os nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2017, co fin de axudar na conciliación da vida familiar e laboral, unha liña de traballo na que este Concello ven traballando dende hai moitos anos.

A selección será por orde de entrada en rexistro como todos os anos e terán prioridade os nenos cuxos pais traballen nese horario e familias monoparentais.

As inscricións estarán abertas do 3   ao 17 de xuño.

As inscricións poderán descargarse desde a páxina web ou presencialmente na Casa do Concello, é moi importante ler as bases e achegar a documentación necesaria.

Máis información no Concello de Salvaterra de Miño ou en www.concellodesalvaterra.com.

O Concello de Nigrán iniciou as obras de renovación do tubaxe de impulsión da Foz

0

O Concello de Nigrán iniciou, a través da concesionaria Aqualia, as obras de renovación e substitución de todas as antigas tubaxes de impulsión da contorna de A Foz do Miñor (desde A Golada, na Xunqueira, ata a rúa Torrente Ballester, en Lourido). Este investimento, cunha suma de 251.000 €, zanxará definitivamente calquera posible verquido de Nigrán ao esteiro e ao río Miñor (compre sinalar que un tramo da Avenida Portugal xa fora renovado o ano pasado, polo que agora se completa o que quedaba pendente, nesta zona lindeira con Gondomar).

“Temos un compromiso claro de mellora e protección do medio ambiente e o obxectivo é acabar con tódolos verquidos coa maior urxencia, por iso optamos por substituír toda esta tubaxe obsoleta en vez de poñer parches. Neste espazo natural estamos implicados tres municipios e, desde o Concello de Nigrán, podemos dicir xa que temos todos os deberes feitos”, sinala o alcalde, Juan González.

Os traballos en Torrente Ballester teñen un custe de 108.150 € e o prazo de execución previsto é dun mes. Segundo o propio proxecto recolle, a tubaxe de impulsión discorre paralela ao colector de saneamento da rúa e está obsoleta tras superar ampliamente a súa vida útil, polo que ten que ser reparada constantemente ante as roturas habituais ao ser unha estrada que soporta bastante tráfico. A nova proposta consiste na súa substitución íntegra por unha tubaxe de polietileno de 250 mm de diámetro e 1 qm de lonxitude (desde a Alameda ata Lourido). Para elo, o tramo de pedra da Alameda de San Campio e o escalón da cafetería da Terceira Idade será reposto coas mesmas pezas para evitar calquera impacto estético, mentras que no cruce do carril bici e no propio aglomerado da rúa substituirase por materiais idénticos (boa parte discurrirá pola terra das zonas axardinadas, polo que non terá impacto na estrada). Este investimento súmase aos preto de 80.000 euros do ano 2016 na contorna da Alameda de San Campio, onde se arranxou o cruce de Torrente Ballester con Manuel Lemos cun novidoso sistema de ‘encamisado’ que evita abrir gabias (consiste en instalar manguitos de fibra de vidro chamados packers e mediante a inxección de aire a alta presión, se infla e comprime contra as paredes do colector; unha vez seco se desinfla e extrae, quedando xa selado).

Por outra banda, cun investimento de 143.000 € e tamén mediante este sistema de encamisado, este mesmo venres quedará completada definitivamente a renovación da Avenida Portugal, onde faltaban eses 580 metros da zona de A Golada-Xunqueira.

“Ante o risco medioambiental constante que supuña unha tubaxe tan obsoleta e en condicións propensas a rachar optamos por substituíla ao 100%, polo que unido a actuacións complementarias na zona que realizamos os pasados anos, podemos dicir que Nigrán zanxa calquera posible problema de verquidos puntuais á Foz ao ter toda a infraestrutura renovada”, explica o alcalde, Juan González, sobre este espazo integrado na Red Natura 2000.

Tui traballa na promoción do Camiño Portugués dende diversos ámbitos

0

A Mesa do Camiño de Santiago de Tui reuniuse hai un días para abordar a actual situación do Camiño.

Estivo presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e contou coa participación do concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, e da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez. Asistiron tamén representantes dos diversos sectores vinculados á xestión do Camiño na cidade coma hostalaría, restauración, empresas de servizos aos peregrinos, movemento asociativo. Tamén estiveron presentes representantes da Igrexa e Francisco Singul Lorenzo, da SA de Xestión do Plan Xacobeo, por parte de Turismo de Galicia.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, abriu a reunión indicando  que “xa estamos asistindo á presenza dos primeiros peregrinos, logo da pandemia e dos peches perimetrais e fronteirizos, tanto a nivel individual como de pequenos grupos tanto peninsulares como europeos, sendo un motivo de esperanza”. O alcalde comentou a inmediata licitación por parte do Ministerio de das obras de humanización da Avenida de Portugal e a zona fronteiriza que mellorará substancialmente o lugar, polo que transcorren o Camiño Portugués a súa entrada a Tui tras cruzar a vella Ponte Internacional.

O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, informou sobre actuacións en torno ao Camiño de Santiago impulsadas por parte do Concello de Tui. Explicou así a actuación de Mellora do Camiño cubrición dos contedores de lixo no tramo do Camiño para reducir o impacto visual dos mesmos. Expuxo amais a mellora da sinalización turística de Tui, con novas sinais na Ponte da Veiga, na Capela de Nosa Señora do Camiño ou na Ponte das Febres.

O concelleiro repasou tamén a creación do Foro do Camiño Portugués, no marco do que se celebra unha conferencia sobre a vía xacobea con carácter mensual. Na primeira das citas contou coa presenza de Juan Manuel López-Chaves Meléndez, fundador da Asociación Amigos de los Pazos de Vigo, e este mes coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Xa en xuño contarase coa participación de Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo de Porto e Norte de Portugal.

Avanzou Laureano Alonso a edición do material sobre a peregrinación de León de Rosmithal da que cumpre este ano o seu 555 aniversario, e repasou a edición do folleto “Tui, capital do camiño portugués” e das guías de turismo deseñadas por Sara Quintana e o ilustrador Xosé Tomás. Tamén indicou que se continua avanzando co proxecto de creación dun centro de acollida de visitantes e peregrinos no cárcere vello, que suporá un investimento de 329.859,49 euros.

Explicou a posta en marcha do perfil de Facebook: Camiño Portugués Tui, que ten acadado 1900 amigos en case dez meses. No primeiro trimestre de 2021, segundo indican as estatísticas, no mesmo foron realizadas 627 publicacións, o que implica case sete de media ao día, xerando 759 comentarios e 7.290 reaccións (unha media diaria altísima: 81 perfiles interactúan no grupo). Algunhas entradas teñen chegado a máis de tres mil persoas.

Para o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, esta nova xuntanza resultou moi positiva pois o intercambio de información e propostas entre os axentes implicados na xestión do Camiño portugués en Tui é positiva para todos e para mellorar o posicionamento de Tui especialmente de cara ao inmediato escenario postcovid que estamos albiscando coa presenza, cada día, maior de peregrinos na nosa cidade.

Participou tamén a concelleira de Ana Álvarez Núñez, que explicou aos asistentes o programa de axudas Reactiva Tui II de interese para o sector turístico tudense e o mantemento do tecido empresarial do mesmo.

Na quenda de intervencións o representante de Turismo de Galicia, Francisco Singul Lorenzo, da SA de Xestión do Plan Xacobeo, expresou a satisfacción por asistir a esta xuntanza nunha iniciativa do Concello de Tui de alto interese. Ratificou o interese de Turismo de Galicia sobre o proxecto “Cárcere Vello” e informou do programa que, en breve, porá en marcha a Xunta de Galicia dun seguro Covid para turistas e peregrinos que cubra as posibles incidencias derivadas da pandemia.

Posteriormente houbo un amplo intercambio de opinións entre os participantes. Comentaron, entre outros aspectos, a gran demanda de información que están a rexistrar e que agardan se traduza en reservas. Tamén expuxeron a necesidade de traballar na promoción en liña, tamén en redes como Instragram. Incidiron amais nos problemas de mobilidade que existen para chegar a Tui a través do transporte público, o que reduce a capacidade de atracción da cidade para visitantes e peregrinos.

Baiona e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra acadan un acordo de colaboración

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luís Guitián, veñen de amoar o interese de ámbolos dous organismos de colaborar para para potenciar estas dúas contornas salientables dentro do ámbito turístico mundial. Por iso, aproveitarán a presentación do primeiro Encontro de Mercados Gastronómicos que promove a Praza de Abastos de Baiona os días 29 e 30 de maio, dedicado este ano aos produtos da Ribeira Sacra.

Ambos os enclaves acordan accións de colaboración, non só en materia de turismo, senón tamén a nivel comercial para impulsar o consumo dos produtos craves de ambas as zonas. Ditas accións poñeranse en marcha de forma inmediata e daráselles continuidade tamén en tempadas de menos afluencia turística, para manter actividades tales como visitas programadas, eventos temáticos, culturais e gastronómicos.

O Encontro de Mercados, que se realizará na primeira planta do edificio multiusos Anxo Bedriñana, contará cun foro, moderado polo presentador Rafa Durán, onde se tratarán distintas claves sobre o turismo, a cultura e a gastronomía. Nel participarán diversos organismos relacionados co sector como Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o Consello Regulador, a Federación Galega de Turismo Rural, ACEBA e a Escola de Hostalería Belarmino Fernández.

Durante a fin de semana tamén se farán diversas actividades desde a mañá ata a tarde. Os asistentes poderán gozar dun túnel do viño, catas, menús de degustación, exposicións de produtos e un concerto acústico, entre outros. Para iso contarase coa participación de distintas adegas.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que, desta maneira, “comezará unha relación consolidada entre as dúas zonas de vital relevancia, quen, á súa vez, facilitarán mutuamente a difusión dos seus mercados turísticos, culturais e gastronómicos”

Día Nacional del Celíaco y una receta apta para personas celíacas y para las intolerantes al huevo y la lactosa

Un año más llega el 27 de mayo, Día Nacional del Celíaco, y con él una semana dedicada a hacer más visible esta enfermedad con noticias en prensa, actividades especiales, recetas sin gluten, recordatorios de los elevados precios de una alimentación sin gluten, de la falta de ayudas… Desde aquí ponemos nuestro granito de arena con esta receta.

Como nuestras recetas siempre son sin gluten, hoy vamos a hacerla especial acordándonos también de las personas intolerantes a la lactosa y al huevo, así que haremos una receta apta para todas ellas.

¡Vamos allá!

INGREDIENTES

¡OJO! Aseguraos de que son aptos para celíacos y para intolerantes al huevo y la lactosa

  • 2 o 3 manzanas, o peras, o peras y manzanas
  • 120 g harina sin gluten
  • 100 g harina de almendra
  • 150 g azúcar (yo eché azúcar moreno)
  • 1 cucharadita de levadurina
  • 100 g aceite de girasol
  • 200 ml leche de soja
  • Esencia de vainilla y canela

ELABORACIÓN

  • Calentamos el horno a 180º
  • Mezclamos la harina, la harina de almendra, el azúcar y la levadurina
  • Añadimos la leche de soja, la esencia de vainilla, canela y aceite y mezclamos hasta obtener una pasta suave.
  • Cortamos parte de las manzanas y peras en trozos pequeños y los mezclamos con la masa.
  • Engrasamos un molde con aceite o ponemos papel de hornear.
  • Cortamos en láminas el resto de la fruta y las disponemos por encima.
  • Espolvoreamos con un poco de azúcar y canela.
  • Horneamos a 180º durante unos 40 minutos.

Fácil, rápida, rica… Una receta que puede completarse con una bola de helado, teniendo la precaución de hacerlo o comprarlo apto estas intolerancias.

¡Buen provecho!

A Cañiza leva hoxe a Pleno a ordenanza reguladora da venda ambulante no municipio

0

O Pleno da Corporación da Cañiza que se celebrará hoxe, aprobará, inicialmente, a Ordenanza que regulará o exercicio da venda ambulante no termo municipal de A Cañiza, establecendo a Feira Tradicional da Cañiza que seguirá celebrándose todos os días 6 e 20 de cada mes (coa particularidade de que cando cadre en festivo manterase a súa celebración) e a Nova Feira da Cañiza que se celebrará todos os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes. Tamén regulará as Romaxes anuais das Pascuillas e da Natividade da Virxe da Franqueira.

Os recintos de venda ambulante serán as rúas Regueiro, Vilanova, Oriente, Carme, Antonio Facorro, Rosalía de Castro, Travesía do Mercado e Prazas de Arbo e Maior. As romaxes das Pascuillas e da Natividade desenvolveranse na Franqueira. O horario establecido para a venda ambulante será dende as 8:00 h ata as 15:00 h, no que se procederá á súa retirada.

Esta nova Ordenanza que derogará a anterior, é fruto do compromiso acadado o pasado 28 de agosto de 2020 entre o Alcalde e a Comisión de Vendedores da Feira da Cañiza, que nese día asinaron un documento calificado polo rexedor de ‘Histórico’ polo que se acordaba manter as Feiras dos días 6 e 20 de cada mes e incorporar e crear unha NOVA FEIRA que se celebrará o antepenúltimo e o último domingo de cada mes.

Segundo manifestaron daquela, “a continuidade da celebración das Feiras Tradicionais ten por finalidade garantir a nosa memoria histórica e os nosos usos e costumes que nos remonta a séculos pasados, no referente á celebración das feiras e mercados”.

“A ‘Nova Feira’ xurde coa finalidade de crear na Cañiza un novo  espazo comercial  e dar un servizo de fin de semana aos veciños e visitantes co obxectivo de crear un maior fluxo de xente e dinamismo no Pobo que impulse, fortalezca e fidelice o mercado local. Así aseguramos que alomenos dous domingos ao mes se celebre Mercado na localidade”. Celebrarase o penúltimo domingo de cada mes. Se o mes ten 4 domingos, celebrarase o segundo domingo e se o mes ten 5 domingos celebrarase o terceiro domingo. Celebrarase tamén o  último domingo de cada mes.

O Ciclo ‘Sostendo o Futuro’ continúa na Guarda cun ‘Roteiro Medioambiental’

0

O Concello da Guarda continúa co ciclo ‘Sostendo o Futuro’, actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.

O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.

Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00 h a 20:30 h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00 h a 12:30 h. Inscrición previa en [email protected]

Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía ‘Títeres Entucasa’ sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de ‘Plancton’ será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00 h. Inscrición previa en [email protected]

O Concello de Redondela inicia as obras de mellora da estrada de San Vicente de Trasmañó

0

O Concello de Redondela vén de dar inicio ás obras de acondicionamento e mellora da estrada de San Vicente de Trasmañó. As obras, incluídas, dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, contarán cun investimento de 68.862,12 euros (IVE incluído), dos que a Xunta de Galicia achega, a través do Agader, 38.882 euros.

Os traballos inclúen a mellora do firme con 2.826 metros cadrados de pavimentación asfáltica e o correspondente recalce de 21 tapas e 26 sumidoiros. Así mesmo, procederase ao estendido de 408 metros lineais de canalizacións de PVC para drenaxe e completaranse co correspondente marcado da sinalización horizontal.

Tanto a alcaldesa Digna Rivas coma o concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, destacaron a importancia desta actuación “que da solución á veciñanza que tiña que desprazarse por unha estrada nun lamentable estado de conservación e que puña en risco a seguridade tanto de peóns como de vehículos”.

A alcaldesa redondelá fixo especial fincapé na necesidade “de contar cunha rede viaria interna en condicións tanto para os desprazamentos dentro da parroquia como de comunicación cos demais puntos do municipio” xa que, engadiu, “son un elemento de extraordinaria importancia para a cohesión territorial de Redondela”.

A Banda de Música CXuvenil de Xinzo pecha o 2020 cun balance económico favorable

Na Asemblea Xeral Ordinaria convocada o pasado 24 de abril, a Asociación da Banda de Música Xuvenil de Xinzo realizou un balance do ano académico e deu pequenas pistas do seu proxecto para 2021.

Un dos datos máis destacados foi o peche do ano 2020 cun orzamento total de 50.000€ entre as catro agrupacións que forman parte da asociación: a Banda de Música, a Escola de Música, a Coral Cantares e a Fundación.

De todas elas, foi na Escola de Música (ESMU) onde maior esforzo investiuse debido á necesidade de cumprir coas condicións sanitarias derivadas da COVID-19. Os gastos superaron os 37.000€ e estiveron destinados principalmente a estas dúas causas: 30.000€ destináronse á ESMU e 3.000€, ás medidas de seguridade para previr o virus.

No que respecta aos ingresos, a asociación acumulou un total de 42.000€ entre a subvención concedida pola Xunta de Galicia para o cumprimento das medidas pola COVID-19 (5.000€), os ingresos achegados polos socios e usuarios da ESMU (12.000€) e a axuda do concello de Ponteareas (12.000€).

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo durante un concerto ofrecido en Santiago de Compostela

Esta última institución foi outra das protagonistas da Asemblea ao recoñecerse, por parte dos socios, a débeda de 1.800€ que o concello contraeu coa asociación por non cumprir o convenio pactado. Devandito convenio establece un pago á Banda de Música a cambio de catro actuacións en Ponteareas, as cales non se realizaron este ano debido á pandemia.

O proxecto para 2021

De entre as medidas anunciadas para o próximo curso destaca o orzamento previsto en gastos, de aproximadamente 50.000 €. Dese total, 40.000 € estarán destinados á ESMU, unha cantidade coa que se pretende aumentar o investimento respecto ao ano pasado co fin de realizar un gasto extraordinario implantando innovacións tecnolóxicas como unha rede WIFI, tablets nas aulas e unha pantalla de televisión. “Con este plan pretendemos converter á ESMU na escola de música privada líder en implantación de tecnoloxía no ámbito educativo en Galicia, sendo os primeiros en conseguir algo así”, sinalou Francisco Jesús Represas Carrera, presidente da agrupación.

Polo momento xa se deu un paso cara á consecución deste obxectivo co uso da aplicación móbil APP Academy, que permite a comunicación entre pais e profesores, e está especificamente adaptada ás necesidades e organización da Escola de Música.

O Goberno de Mondariz reclama “unidade política” para desbloquear o acceso á EDAR de Mondariz-Balneario

0

O Goberno de Mondariz, que leva meses buscando un diálogo construtivo co Concello de Mondariz-Balneario para poder conectar un colector xeral á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que comparten ambos concellos, aproveitará a sesión plenaria prevista para o último venres deste mes (28 de maio, ás 20h) para propoñer un acordo da Corporación Municipal sobre esta e outras demandas relacionadas coa EDAR.

A través dunha proposta da Alcaldía, solicítase que os 11 concelleiros dos diferentes grupos políticos representados na Corporación Municipal (BNG, Alternativa por Mondariz, Partido Popular, PSOE e Ciudadanos) apoien catro puntos relacionados coa situación da EDAR.

O primeiro é instar ao Concello de Mondariz-Balneario a solicitar unha revisión da autorización de vertedura até acadar a capacidade máxima da instalación; o segundo, instarlle a autorizar a conexión do colector xeral construído no ano 2015 na marxe dereita do río Tea; o terceiro, demandar a redacción urxente dun estudo técnico independente que determine a orixe das filtracións de augas limpas nas redes de saneamento dos dous concellos; e o cuarto, instar a Mondariz-Balneario a convocar unha reunión da comisión de seguimento do convenio de colaboración para o sostemento conxunto dos servizos de gardería infantil, punto limpo e depuración de augas residuais.

É precisamente o incumprimento deste convenio de colaboración asinado en setembro de 2005, pouco tempo antes da construción da EDAR actual, o que indigna ao Goberno de Mondariz. Segundo indica Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz, “no convenio de 2005, en concreto no apartado III da exposición de motivos, lese textualmente que estaba prevista unha rede de colectores que aumente considerablemente o número de veciños de Mondariz que vertan as súas augas residuais na nova depuradora”.

Esta previsión, sumada ao feito de que o proxecto construtivo da nova EDAR foi executado e financiado por Augas de Galicia en 2006 para satisfacer as necesidades dunha poboación de 6.000 habitantes, fixo que o Concello de Mondariz emprendera nos seguintes anos a construción dun colector xeral de augas residuais para 2.000 habitantes que actualmente está en desuso porque o Concello de Mondariz-Balneario non permite conectalo á EDAR. “É incomprensible que, a día de hoxe, a EDAR soamente permita verter a 2.500 veciños e veciñas dos dous concellos, moi por debaixo da capacidade de depuración que permiten as súas características técnicas”, destaca Barros.

A calidade medioambiental do río Tea, comprometida

“Con esta proposta de acordo na sesión plenaria da Corporación Municipal queremos poñer o acento público no problema estrutural que supón o bloqueo persistente da EDAR. Este é un asunto que require unidade municipal porque vai máis alá da política de partidos. Non se trata de culpabilizar a uns e a outros polo que fixeron ou non fixeron, senón de solucionar un problema que afecta moitísimo á calidade medioambiental do río Tea en Mondariz e en Mondariz-Balneario”, comenta o concelleiro de Medio Ambiente e Deporte, Leopoldo Tato.

En Mondariz, as obsoletas mini estacións depuradoras que reciben o caudal de augas residuais correspondente ao colector construído para ser conectado á EDAR resultan insuficientes para evitar verteduras ao río Tea. “Somos conscientes do problema medioambiental que provoca esta situación, por iso insistimos en reclamar o dereito de conexión á EDAR. Non é posible avanzar na rede de saneamento municipal se non se autoriza esta conexión. É unha estratexia totalmente ineficaz. A proba é este mesmo colector xeral, que se fixo en 2015 para dar servizo ao centro de Mondariz e ás parroquias de Riofrío e Frades e nunca se puxo en funcionamento. As infraestruturas que non se usan se deterioran incluso máis polo paso do tempo, e iso xa o estamos observando no colector”, explica Tato.

Nos últimos anos, neste contexto de privación de acceso á EDAR por parte do veciño Concello de Mondariz-Balneario, Mondariz ten buscado solucións parciais en materia de saneamento que teñen un alcance moi limitado. Unha destas actuacións municipais é a construción de dúas depuradoras ecolóxicas nos barrios de Poñe (Mouriscados) e Da Pena (Vilasobroso), que cando estean operativas poderán dar servizo a pouco máis de 300 veciños e veciñas.

“Desde este Goberno municipal seguiremos reclamando por todas as vías posibles o cumprimento do convenio de colaboración asinado”, sentencia pola súa banda Barros.

O delegado do Goberno reúnese por videoconferencia con Sandra González e Fernando Nogueira, impulsores do ‘Parque dá Amizade’

0

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mostrouse convencido de que o ‘Parque dá Amizade’ converterase en símbolo do irmandamento entre Galicia e Portugal. Así llo trasladou nunha videoconferencia aos promotores desta iniciativa –a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira–, que se presentará este sábado na fortaleza de Goián (Tomiño).

Miñones puxo en valor que esta área, o maior parque transfronteirizo de Europa, sumará un elemento distintivo ao sur de Galicia e aumentará a potencialidade turística dunha área de gran valor natural, histórico e cultural.

O parque dá Amizade estará entre a zona de Fortaleza (Goián-Tomiño) e O Castelinho (Vila Nova de Cerveira), e configurarase como unha área de esparexemento de 25,6 hectáreas que contará cunha ponte para peóns e ciclistas que conectará ambos os lados da fronteira. O delegado do Goberno comprometeuse a visitar a zona en próximas datas.

José Miñones conversa, durante a reunión co alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira

O proxecto definitivo que se presentará este sábado foi o gañador dun concurso de ideas internacional convocado pola Deputación de Pontevedra para definir esta actuación. Presentáronse 24 propostas.

O futuro parque estará conectado coa rede de senllas verdes transfronteirizas existentes nesta zona co que creará un anel verde nun marco idóneo polos seus valores naturais, culturais e pola súa alta densidade de poboación. Ademais, a ponte peonil permitirá que a poboación ao lado español acceda a pé directamente á estación de tren de Vila Nova de Cerveira, o que facilitará a mobilidade cara ao resto do territorio portugués.

Este parque encádrase nas actividades do proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A en unha candidatura conxunta da Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER e o Centro Tecnolóxico do Mar.

Salvaterra de Miño aproba inicialmente o Inventario Municipal de Bens e Dereitos

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou no Pleno do 29 de marzo de 2021 a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Salvaterra, onde se recolle entre outros a definición de camiños públicos e bens municipais.

A situación sanitaria imposibilita que se poidan facer reunións nas parroquias informando do mesmo, polo que dende o Concello púxose a disposición de todos os seus veciños e veciñas o inventario para revisar e presentar as alegacións pertinentes na páxina web do Concello (ftp://ftp1.concellodesalvaterra.gal/INVENTARIO/INV_PDF/ –  utilizar navegador explorer ou mozilla), ademais os mapas e as fichas estarán a disposición no Salón de Plenos ou en secretaria do Concello.

A Deputación referenca o seu apoio ao sector do libro participando nas catro feiras que se celebran este ano na provincia

Os libros volven saír a rúa na provincia de Pontevedra nas catro feiras que desde este vindeiro xoves e ata mediados de xullo celebraranse nos concellos do Porriño, Redondela, Vigo e Ponteareas. A Deputación, no marco do seu firme respaldo ao sector cultural, vai estar presente nestas catro mostras que, impulsadas pola Federación de Librarías de Galicia, teñen como principais obxectivos fomentar o hábito da lectura, dar visibilidade a autoras e autores da nosa escrita, promover o uso da lingua galega, e dinamizar o mercado editorial.

Nas catro feiras a Deputación vai contar cun stand institucional no que visibilizará as numerosas accións culturais e formativas que desenvolve para apoiar á escrita, de xeito especial a Escola de Letras. Así, o libro que recolle unha escolla de textos do alumnado do primeiro ano da Escola, “Tes cinco minutos #1”, será un dos eixos centrais xunto a outras publicacións de Turismo Rías Baixas. Tamén, as persoas visitantes poderán coñecer a través dun audiovisual as distintas actividades da programación que, co lema Aviventa Cultura, está a celebrar a Deputación para insuflar alento ao sector cultural trala pandemia, así como os distintos programas que desenvolve ao longo do ano.

Doutra banda, tamén estarán a disposición das persoas visitantes varios libros para consulta, que poderán adquirirse nos outros stands das librarías participantes. Amais do citado “Tes cinco minutos #1”, de Galaxia, figurarán tamén “María Vinyals. A muller do porvir” (Editorial Alvarellos, 2019) e “O Castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias” , ambos de Diego Piay Augusto e editados por Alvarellos, así como “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” (Alvarellos, 2018) de varios autores e autoras.

A primeira das feiras nas que participará a Deputación de Pontevedra será a de O Porriño, que se celebra desde este xoves 27 ata o 30 deste mes de maio na rúa Ramón González. Posteriormente, terán lugar as de Redondela (do 17 ao 20 de xuño na Alameda), Vigo (do 1 ao 10 de xullo na rúa do Príncipe) e a de Ponteareas (do 15 ao 18 de xullo na praza Maior).

Redondela comparte dúas xornadas de educación medio ambiental co alumnado do Colexio Alexandre Bóveda

0

A praia de Arealonga recibiu a visita  das nenas e nenos do C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Bóveda de Chapela, en Redondela. Os alumnos puideron participar nunha xornada educativa e de lecer preparada pola Concellería de Medio Ambiente. A praia quedou dividida en cinco sectores para que os grupos burbulla do centro realizaran a actividade seguindo o protocolo COVID.

A xornada educativa consistiu na identificación dos residuos que aparecen no areal de Chapela. Unha vez identificados recibiron explicacións sobre a procedencia lixo e as causas polas que chegou a praia e, despois, procederon a retirar o lixo da praia de forma selectiva para o seu tratamento. Como era de esperar na praia de Arealonga recolléronse gran cantidade de entullos, vidros e cabichas.

A actividade foi impartida pola técnica en educación medio ambiental do Concello, unha alumna en prácticas do CIFP A Granxa que cursa un ciclo superior de educación medio ambiental e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar. O alumnado tamén recibiu a visita da concelleira de Ensino, Olga García, que se achegou o areal a interesarse pola actividade educativa.

Cinema galego en Mondariz para celebrar o final dun novo curso marcado pola pandemia

0

Este venres, 28 de maio, alomenos 63 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do CPI de Mondariz cambiarán as aulas do centro educativo pola sala de cine recentemente instalada no Auditorio do Centro Social de Mondariz para aprender sobre lingua e literatura a través dun visionado do filme “A esmorga” en pantalla grande e un coloquio exclusivo co director Ignacio Vilar. A experiencia repetirase o próximo 4 de xuño coa película “Pradolongo”, tamén de Vía Láctea Filmes e obra de Vilar.

“Con esta actividade para o alumnado do CPI de Mondariz queremos incluír a educación na axenda cultural municipal. Cooperar co CPI de Mondariz é fundamental para que a mocidade teña acceso a máis oportunidades formativas complementarias”, explica Lita Carballo, concelleira de Cultura e Mocidade e de Educación e Igualdade.

Para alumnado e profesorado, o visionado destas películas forma parte de actividades de ensinanza e aprendizaxe dentro das materias de lingua e literatura. “A esmorga”, que chegou aos cines a finais de 2014 e foi candidata aos Goya na categoría de mellor guión adaptado, parte da novela homónima de Eduardo Blanco Amor. “Pradolongo”, que foi estreada en 2008, permite estudar a fala propia da comarca de Valdeorras, onde foi rodada. O director, Ignacio Vilar, xa ten levado ás aulas estas e outras das súas obras, mais nunca no CPI de Mondariz.

“Confiamos en que estas actividades complementarias poidan servir para celebrar o remate dun curso que se iniciou en setembro de 2020 con moitas incertezas por mor da pandemia”, engade a concelleira.

O recente investimento municipal nun novo equipamento audiovisual para o Auditorio do Centro Social permite utilizar este espazo público como sala de cine. Grazas á instalación dunha pantalla automatizada de grandes proporcións (6×5 metros) e dun proxector de alta calidade valorados conxuntamente en 9.680€, actualmente pódense programar proxeccións cinematográficas con maior regularidade. Desde a inauguración do novo equipamento audiovisual, o pasado 30 de abril, proxectáronse filmes semanalmente e decenas de veciños e veciñas disfrutaron da experiencia.

Ademais destas proxeccións dirixidas ao alumnado do CPI de Mondariz, o Concello de Mondariz organizou con Vía Láctea Filmes outras dúas de entrada libre e gratuíta até completar a cabida permitida do Auditorio do Centro Social. O mesmo venres, 4 de xuño, ofrecerase un segundo pase de “Pradolongo” a partir das 21:00 horas; mentres que o sábado, 19 de xuño, pecharase a tempada co filme “Vilamor” a partir da mesma hora. O director, Ignacio Vilar, estará presente os dous días para conversar co público.

A tempada de proxeccións cinematográficas no Auditorio do Centro Social retomarase en outubro con outros filmes, xa que durante os meses de verán hai programadas proxeccións ao aire libre. “Temos o compromiso de manter a programación cinematográfica no Auditorio do Centro Social con ciclos como o de cine feminista, que xa tivo moi boa acollida o ano pasado”, sinala o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

Pavimentaranse 5 viais municipais en Mos

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e o arquitecto municipal, Ramón Vega, visitaron está mañá a primeira xornada de traballos na obra de mellora da pavimentación no Camiño de Couso, na devandita parroquia.

Estas obras hoxe iniciadas forman parte dun Plan Municipal de Mellora da Pavimentación en Camiños do Concello de Mos que se financia con fondos propios. O proxecto inclúe os camiños de Xaberga (Pereiras), Mosqueira (Guizán), Piñeiro (Louredo), Couso (Pereiras) e Pardellas (Cela), que se desglosarán en dous lotes por proximidade xeográfica. Sendo o de Couso o primeiro dos viais a mellorar.

O lote 1 inclúe os camiños Mosqueira (Guizán) e Piñeiro (Louredo) e o lote 2 os camiños Xaberga (Pereiras), Couso (Pereiras) e Pardellas (Cela). A inversión total que fará o Concello de Mos nestas melloras ascende a 231.611,70 euros.

O Camiño Mosqueira (Guizán) ten unha lonxitude de 271 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Piñeiro (Louredo) unha lonxitude de 488,50 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Xaberga (Pereiras) unha lonxitude de 538 metros e un ancho medio de 6 metros, o Camiño de Couso (Pereiras) unha lonxitude de 775 metros e un ancho medio de 5 metros e o Camiño de Pardellas (Cela), unha lonxitude de 1001 metros e un ancho medio de 5 metros. Un total de máis de 3 quilómetros de viais serán asfaltados.

As obras de mellora da pavimentacion, comprenden actuacións previas como o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros, seguidas dos firmes e pavimentos nos que se realiza unha regularización da capa de rodadura coa aplicación de asfalto, recrecido, aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica e por último as obras adicionais que son as necesarias para realizar actuacións que non están englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais considéranse o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos e o arranxo das beiravías. Para finalizar dotarase aos camiños con sinales de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións nas interseccións.

Estímase un prazo aproximado para execución da totalidade das obras de 15 semanas.

Os representantes municipais, Nidia Arévalo, rexedora local, e Camilo Augusto, tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, declararon esta mañá que “o Concello de Mos ten como un dos obxectivos principais da administración local que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Así como avanzar no Plan Mos Humanizado para seguir a construír un municipio máis transitable e habitable, máis cómodo e amable para circular tanto a pé como en vehículo. É por elo que consideramos estas obras que hoxe se inician tan necesarias, posto que suporán unha importante optimización da seguridade viaria no Camiño do Couso e no viario municipal en xeral”.

Tomiño leva a pleno a cesión do auditorio de Goián para consolidar oficialmente a Escola de Música

0

O Concello de Tomiño levará a pleno a vindeira semana a cesión de uso gratuíta das instalacións do auditorio de Goián á Asociación Sociocultural de Goián, entidade promotora da Escola de Música.

A finalidade desta cesión é a de dotar á devandita asociación dunhas instalacións cunhas características espaciais e funcionais adecuadas para poder converterse oficialmente en escola de música

Deste xeito, a Asociación Sociocultural de Goián disporá, con carácter exclusivo, dunha sala de ensaio e dunha oficina, tendo ademais un uso prioritario do resto de aulas, que serán compartidas coa Escola Municipal de Teatro e outras asociacións municipais que as precisen para desenvolver as súas actividades sociais ou culturais.

A Escola de Música e a Agrupación Musical de Goián tamén poderán empregar o escenario do auditorio, previa solicitude ao Concello e en función da dispoñibilidade do mesmo.

A Asociación Sociocultural de Goián comprométese a facer un uso responsable dos equipamentos cedidos e a comunicar calquera desperfecto ou incidencia que puidera producirse. A duración deste compromiso de cesión gratuíta de uso será de 10 anos.

A Agrupación Musical de Goián conta cunha escola de música formada por unhas 140 alumnas e alumnos, así coma cunha banda infantil e outra xuvenil.

Dende hai varios anos as clases desenvólvense no auditorio de Goián que o Concello reformou   co fin de adaptar as instalacións para escola de música, coa creación de varias aulas e a reestruturación de espazos específicos. Na actualidade a partir dos tres anos é posible asistir á escola, dirixida polo profesor Pedro Villarroel e que conta coas seguintes seccións: xardín musical, música en movemento, linguaxe musical, música para adultos, corda, percusión, vento madeira, vento metal e bandas infantil e xuvenil.

O II Ciclo “Aida Fernández Ríos” voltará para falar sobre saúde e o impacto económico do cambio climático

Os impactos económicos do cambio climático e a saúde será o tema central en torno ao que xirará unha nova conferencia do II Ciclo “Aida Fernández Ríos”, organizado pola Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, que se levará a cabo este xoves ás 19.00 horas e discorrerá de xeito semipresencial na sede provincial en Vigo.

A catedrática de Métodos Cuantitativos en Económica e Xestión na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, Beatriz González, falará sobre “O difícil equilibrio entre saúde e economía. O caso Covid-19”. Pola súa parte, Xavier Labandeira, catedrático de Economía do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, tratará os “Aspectos económicos do cambio climático e da súa mitigación”.

As 25 prazas dispoñibles na sede da Deputación en Vigo para asistir de forma presencial están xa esgotadas aínda que segue aberta a inscrición para seguila de forma telemática, tal e como o farán ás máis de 60 persoas inscritas ata agora. Para participar de xeito online tan só hai que encher unha solicitude de inscrición no sitio web (https://www.depo.gal). As conferencias continuarán o xoves 3 de xuño con dúas intervencións sobre a relación da muller e a ciencia que terán como protagonista á xenetista Jimena Fernández de la Vega, a quen este ano se lle dedica o Día da Ciencia en Galicia. Terá tamén carácter semipresencial e levarase a cabo no Pazo Provincial en Pontevedra.

A Deputación e a RAGC están a impulsar co Ciclo “Aída Fernández Ríos” dez relatorios que terán lugar ata o mes de xullo, en formato webinario ou semipresencial, para achegar á cidadanía a importancia da ciencia. Ademais, a partir de setembro espallarán esta disciplina nos centros educativos con cinco charlas para a mocidade.