Venres, 6 Xuño de 2025

A Biblioteca de Nigrán inaugura a exposición sobre a novela gráfica ‘Kartoffel’

0

O Concello de Nigrán inaugura hoxe luns 20 de decembro ás 20:00 horas na nova biblioteca a exposición ‘Kartoffel’ cunha vintena de debuxos orixinais da novela gráfica baixo este título dos irmáns Ramón e José Trigo (ilustración e guion respectivamente) e que estarán presentes para falar cos asistentes. Prologada polo alcalde de Nigrán como historiador e persoa que forneceu de documentación aos autores, esta ambientada na comarca de Vigo no 1943 e mestura historias de contrabando, espionaxe e relación do réxime de Franco cos nazis. Na mostra exhibiranse tamén documentos gráficos  auténticos e inéditos que contribúen a subliñar a veracidade do marco histórico e a reforzar a complicidade co lector.

“O  Reichsführer  Heinrich  Himmler, xefe das SS, na súa oficina en Berlín, asina unha orde para que  Otto  Ranh dirixa unha misión de espionaxe en Vigo…” e a partir de aí discorre unha trama que se traslada a escenarios como o esteiro de A Foz, A Ramallosa ou ‘A volta dos nove’ en Baredo, con parada na casa do alcalde Juan González, quen entrega a documentación da ‘operación Kartoffel’. En definitiva, a novela gráfica incorpora Galicia a un imaxinario, o da II Guerra Mundial, mostrando un pasado incómodo de conivencia entre a Galicia do franquismo e o réxime Nazi.

A mostra estará aberta o 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de decembro de 11:00 a  13:00 horas e de 17:30 a 19:30 horas.

Irmáns Trigo

Os irmáns José e Ramón Trigo son, respectivamente, o guionista e o debuxante deste proxecto.

Ramón Trigo como autor e ilustrador publicou en diversas editoriais máis de trinta libros ilustrados. Entre eles: “Leviatán” (Premio  Lazarillo, Premio Isaac Díaz Pardo), Editorial Kalandraka. “Eu vivía no fin do mundo” (Premio Cabildo de Gran Canaria), Editorial  Edelvives). “Casa baleira” (Premio Ciudad de Alacante), Editorial Anaya.

Os irmáns Trigo, formando tándem, xa colaboramos en tres proxectos editoriais. O máis recente, “Ricardo Mella”, lanzado en 2017 nesta mesma plataforma ( Verkami). As outras dúas novelas gráficas nas que colaboramos son “Ou  burato  do  inferno” (Editorial  kalandraka, 2010) e “ Lobada” (Finalista do Premio Castelao de Banda  Deseñada,2014)

Precisamente “ Lobada”, cómic editado en  galego pola Deputación da Coruña en 2015, é o xerme e o punto de partida deste novo proxecto.

Inaugurado o centro social e deportivo da Comunidade de Montes de Guizán

0

O sábado, ás 17.00 h, foi inaugurado por unha representación da corporación mosense, encabezada pola alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, o centro social e deportivo da Comunidade de Montes de Guizán.

O acto que comenzou co corte da cinta por parte do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, o descubrimento da placa inaugural e a bendición do edificio por parte do cura párroco de Guizán, Eloy Perales Rodal.

Contou ademais coa participación de Rubén Blanco, porteiro do R.C Celta natural de Guizán, e as intervencións de Julia Loureiro, en calidade de veciña e concelleira da parroquia; Mª del Camen Mirou, presidenta do Círculo Cultural; así como a explicación técnica do arquitecto da obra Jaime Iglesias Taibo.

O acto foi clasurado trala intervención de Jose Luis Fernández, presidente da Comunidade de Montes de Guizán, e pola alcaldesa de Mos, Nidia María Arévalo, que fixo entrega da bandeira de Mos ao presidente da Comunidade ao son do himno de Mos interpretado polo gaiteiro Xosé Oliveira e grupo Ruada de Torroso.

O centro foi construído pola comunidade de montes de Guizán cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do Aeroporto.

O edificio presenta un total construído de 2020 metros cadrados distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta. No cal investíronse cerca de 2 millóns de euros.

Neses metros cadrados intégranse aulas de informática e  cociña, sala de xogos, biblioteca, oficina para a Comunidade de Augas e festas veciñais da parroquia. Tamén hai unha oficina para a sociedade Recreativa de Guizán e outra oficina para a Comunidade de Montes. Aseos. sala de xuntas, cafetería, que se rexentará en concesión e un salón de actos con capacidade de 230 persoas con escenario e camerino.

Conta ademais cunha sala polivalente para ximnatas e ximnasio cos seus respectivos vestiarios.

No exterior conta con pistas de pádel e unha pista polideportiva  así como un parque infantil.

O centro foi construído para uso e disfrute  de todos os veciños de Guizán, aínda que non sexan comuneiros.

O bádminton solidario volve a Ponteareas o 26 de decembro

O deporte solidario e non competitivo volve ser o protagonista en Ponteareas. O Club Bádminton Ponteareas, en colaboración co Concello, organiza o vindeiro 26 de decembro o V Torneo Solidario Concello de Ponteareas 2021, unha cita a partir das 16.00 horas no completo deportivo Álvaro Pino que reunirá a arredor dun cento de deportistas de centros educativos e clubs das categorías alevín, infantil, cadete e absoluta.

As inscricións son abertas e gratuítas, tan só deberá achegarse produtos de comida non perededoira. Todo o recadado será doado de forma integra ao centro de reparto de alimentos dependente da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ponteareas. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 609 927 471.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, felicita ao Club Bádminton Ponteareas “por organizar unha nova edición deste evento de carácter social, que cobra especial relevancia nas datas nas que nos atopamos. Para nós é un orgullo contar con clubs tan implicados que non só miran polo deporte, senón tamén polo futuro da vila”. “E temos que agradecerlle tamén o labor de difusión que fan dun deporte como o bádminton, que en Ponteareas ten un gran canteira en boa parte grazas ao traballo que está a facer o club”, salienta.

Pola súa banda, Víctor Lemos, presidente do club, convidou a todos os xogadores e xogadoras “a inscribirse e achegar o seu gran de area a esta nobre causa” e a toda a veciñanza “a gozar desta gran festa deportiva e solidaria a través das redes sociais do club”, xa que será a porta pechada dada a situación sanitaria.

Nigrán recupera a carreira San Silvestre Solidaria

0

O Concello de Nigrán recupera este ano a carreira San Silvestre Solidaria o venres 31 de decembro para despedir 2021. A proba deportiva, non competitiva, consta de 4 km e será con saída ás 17:00 horas desde o Paseo de Panxón para chegar ao final de Lourido e regresar.

Os interesados poderán participar inscribíndose previamente a través dun formulario web en www.nigran.es ata o día anterior ou ata cubrirse o aforo de 200 prazas e achegando ese mesmo día 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal. Os dorsais recolleranse tamén o mesmo día de 10:00 a 16:00 horas no Pavillón.

“A aposta deste goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que a mellor maneira de despedir o ano é precisamente facendo deporte, facéndoo en comunidade e coa máxima seguridade e divertíndonos para que sexamos quen de incorporalo aos hábitos dos máis pequenos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán e quen iniciou no 2015 a celebración desta proba que forma parte ineludible xa do calendario deportivo nigranés con centos de participantes edición a edición.

Arbolitos de hojaldre dulces y salados

Estos días que tendremos a los niños en casa podemos aprovechar algún rato para cocinar con ellos estos arbolitos de hojaldre dulces o salados. Son fáciles, divertidos, y muy ricos.

Ingredientes

(en este caso todos los ingredientes eran sin gluten)

  • Lámina de hojaldre
  • Crema de chocolate
  • Sobrasada
  • Sprinkles para decorar
Arbolitos dulces

Elaboración

  • Es tan fácil como untar la crema de chocolate o la sobrasada en una parte de hojaldre y cubrir con otra parte de hojaldre.
  • Cortar tiras de más o menos 1 cm y doblar como si fuera un árbol de Navidad.
  • Atravesar con una brocheta de madera y hornear a 180º (si es posible con ventilador) durante unos 15 minutos.
  • Enfriamos sobre una rejilla.
  • Si los hacemos dulces podemos decorarlos con sprinkles de colores.

Teresa Ríos, «Iris Altaia»

Segundo poemario de Teresa Ríos logo da publicación este mesmo ano de «Non estamos preparados para medrar», que fixo de carta de presentación pública da autora. Mais se naquela ocasión centraba a súa ollada nun pasado alonxado no tempo retrotraéndose á inocencia e a idealización da infancia para confrontala co presente, o que agora nos ofrece é unha visión moi persoal da actualidade, do día a día que nos tocou vivir. A propia autora ten confesado que este poemario foi escrito en gran parte durante o encerro provocado pola pandemia e non resuta difícil atopar referencias a tal circunstancia ao longo dos seus versos.

Mais non é un libro monotemático e son moitos os temas que aparecen no texto, ás veces de maneira explícita, outras simplemente suxeridos. E coma se a poeta se detivese a reflexionar sobre todo o que a rodea e sobre as circunstancias que nos empurraron cara a esta catástrofe sanitaria, dende a atalaia que anuncia o título da obra. Hai moitas referencias á soidade e ao illamento, pero tamén reflexións profundas sobre as razóns que nos conduciron a esta situación. Aí é onde aflora a autora máis rebelde e contestataria, tan presente en todo o seu traballo poético, a que reprende o comportamento do poder que engaiola ao individuo impedíndolle desenvolverse por si mesmo, a que lle recrimina a súa pasividade ou, aínda peor, a súa agresividade, e a que anima a defenderse desa agresión. «A loita nunca é estéril. / O noso bafo na caluga / fai medrar o seu nerviosismo».

Trátase dunha procura interior reivindicando a nosa propia fortaleza para facerlle fronte a calquera situación; reivindicando o papel da muller e, nomeadamente, o das nosas devanceiras, que encerraban toda a sabedoría da experiencia; reivindicando unha volta ás raíces no entorno natural que poboa todo o poemario, preñado de flores, paxaros e regatos; reivindicando, en resumo, a propia individualidade dentro do colectivo ao que pertencemos e que nunca debemos ignorar. E entre todas estas reflexións, a arma máis poderosa do universo, o amor, aparece reflectido non coma un xeito de dependencia, senón todo o contrario: como o complemento que nos axuda a enfrontarnos a unha vida que non sempre resulta doada nin sinxela. Velaí a ruptura co ideal romántico e máis a póla á que nos aferrar para adentrarnos neste poemario e comprender o que Teresa Rios nos ofrece.

O seu estilo é claro e directo, mais non sempre as imaxes que ofrece son diáfanas. E iso obriga ao lector á reflexión sobre cada verso e cada poema para afondar no pensamento da autora e nas súas interpretacións da realidade. Así, hai intres líricos, intimistas, bucólicos, amorosos, argalleiros, familiares, mesmo tribais, pero todos eles agochan un berro de esperanza vivificadora coa que enfrontarnos á realidade. E iso xa é un aliciente poderoso para adentrarnos neste poemario.

Teresa Ríos

Iris Atalaia

Medulia Editorial

Imagina cuanto futuro existe…

Hace unos días, circulando por una carretera de nuestras comarcas, vi un anuncio patrocinado por la Xunta de Galicia a favor de una Galicia 98 % rural indicando que existe mucho futuro en la misma. Sinceramente me gustaría creer que es así, pero la realidad, es bien diferente.

Cada vez que voy por alguna parte de esa Galicia rural y viviendo en nuestra comarcas, no hay que ir muy lejos para que las imágenes se repitan. Pueblos cada vez más despoblados, peores infraestructuras, cada vez menos servicios. Viendo eso, ¿alguien me explica como la gente va a querer vivir en el rural?

Creo que hemos perdido una oportunidad muy buena de fomentar más la vida en las aldeas con el tema de la pandemia y la clausura forzosa en los domicilios. Mucha gente se ha dado cuenta de lo que significa la libertad, de poder abrir la puerta de casa y salir a respirar aire puro, algo tan sencillo como eso, pero cuando van al rural se dan de bruces con la dura realidad.

Lo primero, las infraestructuras, carreteras en mal estado, muy mal señalizadas, sin cunetas ni aceras para poder  caminar, falta de alumbrado público, falto de alcantarillas. Lo segundo, los servicios mínimos que se necesitan hoy en día. En muchas lugares, pésima cobertura de móvil, 5G, ¿qué es eso, cinco gallinas? Nefasta conexión a internet, algo que es totalmente necesario para la gente que necesita teletrabajar. Eso es muy importante, pero lo más grave, es que otro servicio totalmente básico como la sanidad, cada día es más deficiente. ¿Cómo puede ser que en muchos pueblos tengan que desplazarse decenas de kilómetros para poder recibir asistencia sanitaria ya que su centro de salud se encuentra cerrado por falta de médicos? ¿Es que por respirar aire puro la gente no enferma en los pueblos?

Me gustaría pensar, que si existe un futuro para los pueblos, que es posible que estos vuelvan a vibrar de vida, pero por desgracia, cada día que pasa, le veo un futuro más desesperanzador. Casas y más casas cerradas, fincas abandonadas llenas de maleza, caminos perdidos por falta de uso… ¿Se puede pensar que nuestros políticos en verdad tienen pensado algo para nuestro rural además de gastar el dinero en vallas publicitarias? Sinceramente, pienso que no, porque si fuera de otra manera, estarían pensando en realizar proyectos para atraer a la gente, creando cooperativas agrarias para hacer rentable la ganadería, haciendo concentraciones parcelarias para poder sacar mejor provecho de nuestra tierra fragmentada, repoblando nuestros montes y no de molinos blancos, sino de árboles ya que la industria maderera es y va a ser una fuente de riqueza para los años venideros. Pero no, nada de eso se plantea, no hay voluntad ni interés en hacerlo, es mucho más fácil poner un anuncio indicando que bonito es nuestro rural que en verdad buscar soluciones para el mismo. Ojalá me equivoque, pero el futuro para nuestro rural, no existe.


Lo que si tengo claro, es que en el tema de musical existe futuro y presente, con grandes trabajos que aquí nos gusta seguir recomendando y esta semana lo vamos a hacer con… En primer lugar, con el noruego Sverre Knut Johansen acompañado de David Helpling, preciosa música ambiental espacial. En segundo lugar, el gran Peter Mergener con sus amigos, cómo indica el título del disco, un magnífico trabajo de ese gran compositor. Espero que los disfrutéis.

Sverre Knut Johansen with David Helpling

The Vast Expanse

2018

Tengo que reconocer que las publicaciones del sello Spotted Peccary Music siempre son una pequeña debilidad par mi, y es que la calidad de los artistas que publican con la calidad de sus producciones, siempre es un plus añadido. En esta ocasión os presentamos el trabajo ‘The Vast Expanse’ del músico noruego Sverre Knut Johansen un hombre que su primer trabajo fue en colaboración con el gran Erik Volllo, pero que poco se ha ido labrando un excelente carrera en solitario. En éste disco, colabora con el excelente guitarrista David Helpling y ambos han creado un sensacional disco.

Un trabajo inspirado en la teoría del Big Bang desarrollada por Stephen Hawking Sverre ha creado un album lleno de música electrónica donde se va expandiendo con sus paisajes musicales, con su delicadeza, sus meditaciones donde los teclados y la guitarra se fusión a la perfección creando un trabajo de esos que puedes disfrutar en los momentos tranquilos, de los que quieres degustar en silencio, dónde sólo el sonido te rodea, par disfrutar de los matices que van aportando los músicos para dejar volar la imaginación.

Por cierto, fantástica portada donde el universo se muestra como el ardiz de nuestra creación, una imagen muy inspiradora y evocadora.


Peter Mergener Et Amici

Mare Nostrum

2021

Peter Mergener es un músico alemán, muchos lo recordarán por formar parte del proyecto ‘Software’, otros por sus trabajos en solitarios como el fantástico ‘African Smile’, y nosotros, porque es un grandísimo compositor y en éste trabajo, el tercero de su serie Mergener Et Amici lo vuelve a mostrar.

El título nos indica que está inspirado en el Mare Nostrum, el nombre que le dieron los romanos al Mediterráneo, en éste trabajo, nos vamos a encontrar temas en solitario del compositor y temas en colaboración con otros músicos estupendos, que aportan su especial grano de arena a las composiciones de Peter, estamos hablando de compositores cómo Rüdiger Gleisberg, Michael Wald, Alquimia o el ecléctio Anton Zinkl.

Siempre merece la pena escuchar un disco de Peter Mergener, pero si por encima nos encontramos con colaboraciones cómo las que hemos mencionado, mucho más. Todos los temas son muy recomendables, ‘Res mersae’ en solitario, es fantástico, pero su colaboración en el ‘Undae’ con Michael Wald o ‘Siren’ con Anton Zinkl, son simplemente maravillosos.

Un placer escuchar un nuevo trabajo del compositor alemán y para todos aquellos que no lo conozcan, una fantástica forma de conocerlo.

Ponteareas non ten quen a salve

Foi unha chamada desesperada, un berro de auxilio para socorrer a quen, indefensa, se atopaba ao borde da morte, tocouse a rebato, pedíuse axuda solidaria a toda a bisbarra…. Ponteareas morría, non, perdón, matábana, con alevosía e ensañamento.

Para auxiliala e evitar o ‘pobocidio’ conxuráronse todas as forzas vivas e de orde, as de rancio abolengo e as máis modernas constituidas ad hoc en redes sociais para tan noble empresa: o Partido Popular e Alternativa Ciudadana (ACIP) emprazaron aos seus 4.738 votantes, a minoritaria asociación de comerciantes (?) Tea aos 1.041 comercios e negocios de hostelaría censados na localidade, sumáronse ao chamamento o gremio de afectados por multas de tráfico, os antiBNG, a asociación whatsapera ‘Así no Mera, así no’, os damnificados por ter que camiñar algúns minutos, os prexudicados polos rodeos para entrar no garaxe, as persoas atrapadas en monumentais atascos, as vítimas das interminabeis obras e incluso unha ‘coquette’ repartidora de Amazon.

23.000 persoas foron convocadas a salvar o seu pobo, nun intre de emerxencia extrema. Todo facía presaxiar que Ponteareas estaría á altura dun intre apocalíptico e decisivo para a súa historia. E así foi, Ponteareas estivo á altura: entre o 1 % e o 2 % dos ponteareáns deron o paso e saíron a salvar ao seu pobo e a facerlle fronte a aqueles que o colocaron ao borde do precipicio. Até Pepe Castro pousou detrás da pancarta que sostiñan dirixentes do PP e ACIP, seguramente lembrando con morriña os tempos nos que inhumanizou a Praza Maior cun busto de ínfimo gosto estético e absoluta indignidade democrática, pero que permitíu rebautizala como a praza do Cabezón. Aquelo si que eran humanizacións!.

Se Ponteareas morre e o 99 % da poboación non a socorre só cabe unha reflexión: Ponteareas non ten quen a salve

O éxito da convocatoria foi rotundo e así o celebran os seus promotores porque, certamente, superaron con creces o seu anterior record logrado nas concentracións contra a planta térmico-nuclear con biomasa que no seu día congregaron a medio cento de persoas diante do Concello. Con todo, o Partido Popular continua no máis alto do palmarés desa liga conservadora, ao xuntar máis xente nos seus mítines no auditorio municipal. Na champións das mobilizacións non xoga a dereita, como é sabido, e nela mantéñense outras que acadaron o milleiro de asistentes –segundo a prensa– coma a da sanidade pública de setembro pasado, a da plataforma da N-120 de 2016, a da Federación de ANPAS de 2012 ou a de Adenco en defensa do río Tea de 1994, cando Ponteareas non chegaba aos 17.000 habitantes, por citar as reivindicativas máis sonadas.

Para os que nos iniciamos case de nenos na cultura da mobilización, xuntar uns cantos centos de persoas nunha vila coma Ponteareas ao redor dun gran e crucial obxectivo resultaría un pouco penoso e decepcionante. Sobre todo se contas cun respaldo electoral de case 5.000 persoas. Pero aos que nunca até agora estiveron na oposición e nunca organizaron antes unha cousa así, é comprensíbel que lles provoque en estado cuasiorgásmico ou de embriaguez ver a varios centos de persoas atendendo a súa chamada. Para a dereita mobilizarse na rúa é un salto cualitativo, só comparábel ao que nos obsequiou Belén Villar dende a xanela do Concello.

Por iso, se na súa desbordante imaxinación foron capaces de ver un pobo morrendo e ao borde da ruina, non é de extranar que agora vexan un éxito no fracaso máis estrepitoso de sacar á rúa ao 1 % ou 2 % da poboación. E non hai nada mellor para un goberno que ter unha oposición instalada na fantasía e na autocompracencia e facéndose trampas ao solitario. Mais a realidade é que a inmensísima maioría de votantes destas forzas políticas da dereita (xa non digamos o resto) non viron esa morte do pobo, a ruina do comercio e da economía local e a apocalipse que nos anunciaban. Nin eles acudiron á chamada desesperada e agónica dos seus dirixentes.

Se na súa desbordante imaxinación foron capaces de ver un pobo morrendo e ao borde da ruina, non é de extranar que agora vexan un éxito no fracaso máis estrepitoso de sacar á rúa ao 1 % ou 2 % da poboación

O actual goberno ten o mandato outorgado por 5.734 veciños e veciñas que lle deron o seu apoio para facer de Ponteareas outra vila. 4.738 votantes optaron por PP e ACIP; son moitos e é lóxico que non compartan os cambios en Ponteareas. Querían seguir igual e que nada mudase, e así o expresaron en 2019. É normal e, ademais, lexítimo e respectábel que se expresen e protesten. É síntoma de saúde democrática. Igual que o é que o goberno municipal respecte a vontade desa gran maioría social que apoiou nas urnas un programa e unhas promesas. Non sería de recibo ignorar e traizoar a vontade desas case 6.000 persoas porque varios centos protesten na rúa.

Como era de agardar, diante de tal “clamor” popular a dereita di que o goberno debe reflexionar. Feito: se Ponteareas morre e o 99 % da poboación non a socorre só cabe unha reflexión: Ponteareas non ten quen a salve. Sendo así, un novo cambio de lema está servido: primeiro foi “Ponteareas se muere”, logo foi “Ponteareas no se muere, la matan”, agora dirán: “Ponteareas ni se muere ni la matan, se suicida”.

O Apalpador chegará aos concellos da provincia desde mañá luns

O Apalpador, a figura lexendaria do Nadal galego, chegará aos concellos da provincia desde este luns día 20 con moitas novidades: nova vestimenta, monicreques, unha banda de música ampliada e agasallos de árbores autóctonas para os alcaldes para que os planten nos espazos públicos. Así o explicou na súa visita á Deputación provincial, onde foi recibido pola presidenta Carmela Silva e a deputada de Lingua María Ortega, xunto ao seu acompañante acordeonista Servando Barreiro e o seu burro Río Lor.

O Apalpador explicou que este ano fará as súas actuacións e pasarrúas con nova roupa: estreará novos pantalóns de pana -feitos por un xastre de máis de 80 anos da provincia de Pontevedra-, chaleco, gorra e camisa, todo “moda galega”. Outra das novidades será que a súa comitiva incluirá dous monicreques que irán contando historias: a ‘Lobiña Coureliña’ feita en As Neves e ‘O señor Pandigueiro’, curmán do Apalpador, elaborado en Cangas do Morrazo.

Ademais, entregará a cada concello unha árbore autóctona para que sexa plantada nun monte ou algún espazo público que poidan gozar os nenos e nenas para coñecer máis a natureza propia galega. Na recepción institucional no Pazo Provincial, el mesmo agasallou hoxe á presidenta cunha sobreira, que ela escolleu pola súa relación co castelo do Sobroso, e cun loureiro á deputada María Ortega, quen explicou a súa elección por ser dun concello de costa e querer fomentar o consumo de produtos de mar.

O músico Servando Barreiro será o responsable da parte musical e “o encargado de animar as viaxes e os pasarrúas”.  Explicou que este ano ademais do seu acordeón haberá tamén unha saxofonista e un guitarrista que farán algunha peza nova ademais das cantigas propias do Apalpador . Lembrou que as actuacións buscarán fomentar o amor pola lingua galega e o coidado do medio ambiente, xa que “as mensaxes cantadas e tocadas reálzanse e chegan máis e a xente fica máis impresionada”.

A deputada de Lingua María Ortega, responsable do programa Nadal en Galego no que se enmarcan as actividades do Apalpador, explicou que este ano a Deputación fixo un esforzo para ampliar o máximo as visitas aos concellos, chegando a 45 municipios da provincia dende este luns día 20 ao 4 de xaneiro “con moitas sorpresas”. Salientou  que o proxecto está medrando cada ano co fin de achegar ás crianzas as tradicións do país para resaltar “os nosos valores propios e destacar a nosa forte identidade “.

Subliñou que as actuacións faranse en formato pasarrúas de maneira itinerante, evitando aglomeracións, para garantir a máxima seguridade para as persoas dada a situación de pandemia.

Pola súa parte, a presidenta Carmela Silva subliñou a aposta da Deputación “por recuperar as nosas tradicións fermosas, que falan de xente que estivo aquí antes que nós e levaba música, identidade e historias e autenticidade para que a xente fora feliz. O Apalpador e Servando é o que van levando, felicidade”.

A presidenta explicou que os nenos ademais de gozar da música , dixo, preguntaranse quen era o Apalpador cando o vexan polo que a visita aos concello fará que teñan interese e se preocupen por quen era esa figura. “Só podemos amar o que coñecemos. Con esta iniciativa non só facemos que se enchan de actividade cultural os concellos da provincia durante o Nadal, con cultura, recuperando as tradicións, senón que espertamos interese nas nenas e nenos. Eles son o noso futuro. Se non coñecen, dificilmente poderán manter o que nos identifica”, apuntou.

PROGRAMA VISITAS APALPADOR

Luns 20 de decembro

  • 17:00 h Pontecesures
  • 19:00 h Valga

Martes 21 de decembro

  • 17:00 h Dozón
  • 19:00 h Agolada

Mércores 22 de decembro

  • 11:00 h Salvaterra do Miño (Cancelado)
  • 13:00 h Salceda de Caselas
  • 17:00 h O Porriño

Xoves 23 de decembro

  • 11:00 h Marín
  • 13:00 h Bueu
  • 17:00 h Cangas
  • 19:00 h Moaña

Venres 24 de decembro

  • 17:00 h Barro
  • 19:00 h Portas

Sábado 25 de decembro

  • 12:00 h Gondomar
  • 17:00 h Nigrán
  • 19:00 h Baiona

Domingo 26 de decembro

  • 11:00 h A Cañiza
  • 13:00 h Covelo
  • 17:00 h Fornelo de Montes
  • 19:00 h A Lama

Luns 27 de decembro

  • 11:00 h A Estrada
  • 13:00 h Cuntis
  • 17:00 h Catoira
  • 19:00 h Ribadumia

Martes 28 de decembro

  • 11:00 h Forcarei
  • 13:00 h Silleda
  • 17:00 h Vila de Cruces

Mércores 29 de decembro

  • 11:00 h Poio
  • 13:00 h Meis
  • 17:00 h Meaño
  • 19:00 h Sanxenxo

Xoves 30 de decembro

  • 11:00 h As Neves
  • 13:00 h Ponteareas
  • 17:00 h Mondariz
  • 19:00 h Mondariz-Balneario

Venres 31 de decembro

  • 11:00 h Oia
  • 13:00 h A Guarda
  • 17:00 h Tomiño
  • 19:00 h Tui

Luns 3 de xaneiro

  • 11:00 h Campolameiro
  • 13:00 h Cerdedo-Cotobade
  • 19:00 h Pazos de Borbén

Martes 4 de xaneiro

  • 11:00 h O Grove
  • 13:00 h Cambados
  • 17:00 h A Illa
  • 19:00 h Vilagarcía

O “Universo Creativo do Nadal” luce xa na Praza do Reló da Guarda

0

O Concello da Guarda, dentro da programación do Nadal 2021/22, preparou unha actividade na cal poder facer partícipes destas festas aos alumnos e alumnas dos centros educativos da nosa vila, e que ten como obxectivo mostrar a súa grande creatividade, un concepto que está sendo central durante este Nadal.

Fai unhas semanas repartíronse polos centros unhas láminas con siluetas de polbos, apupos, cabaliños de mar e estrelas, e se pediu que cada alumno/a recortase o debuxo da lámina e o decorase de xeito libre.

Con todas estas obras individuais o pasado xoves procedeuse a crear a gran obra de arte colectiva que estará suspendida no aire na Praza do Reló durante as festas, o “Universo Creativo de Nadal”.

Para poder desenvolver esta actividade contouse coa colaboración dos equipos directivos e o profesorado dos centros, aos que agradecemos enormemente a súa implicación, e sobre todo aos pequenos e pequenas artistas. Tamén queremos agradecer a súa contribución ás persoas voluntarias do centro San Xerome e Avelaíña que se achegaron estes días ao Concello para axudarnos con esta actividade.

Convidouse ás familias e nenos da Escola Infantil Municipal, Centro San Xerome, CEIP Sinde, CEIP Solanas, CEIP Sangriña, Colexio Padres Somascos, Colexio S. José H.H. Carmelitas e Escola Unitaria da Gándara, centros que participaron na iniciativa, a pasarse pola praza e intentar atopar a súa obra.

Como agradecemento aos artistas entregaranse a través dos centros educativos uns agasallos especiais que irán acompañados dunha carta do alcalde expresamente dirixida a eles e elas, da axenda coas actividades e actuacións de Nadal e algunhas lambetadas.

Tui participa na promoción do Legado Sefardí a través da Red de Juderías

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou este mércores, 15 de decembro, na 58º Asemblea Xeral da Red de Juderias – Caminos de Sefarad que integra a 21 cidades e da que Tui forma parte dende o ano 2019 en recoñecemento ao seu importante acervo patrimonial vinculado á cultura xudía.

Esta Red ten como obxectivo promover proxectos de defensa do patrimonio cultural e o legado sefardí mediante acción culturais, turísticas e académicas así como o intercambio de experiencias nacionais e internacionais que contribúan ao coñecemento e respecto mutuo de pobos, culturas e tradicións.

Nesta asemblea realizouse unha avaliación da memoria de actividades da Red de Juderías – Caminos de Sefarad do ano 2021 e aprobouse o orzamento desta agrupación de municipios para o vindeiro ano 2022 así coma unha definición da estratexia a levar adiante pola Red ata o ano 2025.

Amais a Red de Juderías asinou un convenio con Paradores de Turismo para o desenvolvemento de accións comerciais dirixidas a fortalecer o posicionamento no mercado nacional e internacionais dos destinos e produtos turísticos das 21 cidades integradas na Red de Juderías.

O encontro serviu tamén para formalizar o cambio de presidencia desta asociación que ata agora ostentaba a cidade de León e que ao longo do vindeiro ano ocupara a localidade andaluza de Lucena.

Enrique Cabaleiro mostrou a súa satisfacción polos resultados desta asemblea e polas accións que de cara ao próximo ano está previsto desenvolver ao abeiro da Red de Juderías: presentación das cidades galegas da Red en Fitur, presenza de dúas exposicións en Tui en xaneiro e marzo, promoción do programa RASGO que canaliza a oferta turística… No decurso da asemblea tamén iniciou os contactos para a preparación de cara ao ano 2023 do cuarto centenario da morte do médico e filósofo Francisco Sánchez, efeméride que Tui quere proxectar a través da Red de Juderías.

A Deputación aproba un novo orzamento e consolídase como líder no estado en transferencias aos concellos

A Deputación de Pontevedra deu o visto bo definitivo aos orzamentos para 2022, que alcanzan os 175,8 millóns de euros, un 6,86% máis que o anterior, durante o pleno extraordinario celebrado. Unhas contas que foron cualificadas como “históricas, extraordinarias e valentes” polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, quen ademais destacou que consolidan á institución provincial como a Deputación de todo o Estado que máis recursos transfire aos concellos (un 34,4% segundo estatísticas oficiais do Ministerio de Facenda), “en contraste co modelo do PP, que se reflicte no 0,03% de transferencias realizadas pola Deputación de Ourense”. O vicepresidente César Mosquera tamén destacou que o esforzo que se fai para financiar proxectos nos concellos é enorme e dubidou que teña parangón noutra deputación. Os orzamentos definitivos saíron adiante cos 16 votos do Goberno provincial (PSdeG-PSOE e BNG) e a negativa do Partido Popular.

Font recalcou que a Deputación trae con estes números máis políticas sociais e medioambientais e máis axuda para os concellos en plena crise Covid, “mentres que a Xunta segue sen transferirlles un só euro”. “Son os orzamentos do Plan ReacPon e tamén, continuou, os que apostan pola sostibilidade no rural, o turismo, a administración electrónica e o plan Ágora, co que recuperamos o espazo público para as persoas, algo no que somos unha referencia en toda España”. O deputado incidiu na importancia destes presupostos para os concellos máis pequenos:  “se isto non  é apoiar aos concellos da provincia non sei que se entende por loitar contra o reto demográfico”, concluíu. Font denunciou que o PP non presentou ningunha proposta e resumiu a súa oposición na votación final en “palabrería e falta de alternativa”.  

O ReacPon, un plan histórico “nunha Deputación saneada e con débeda cero”

O Pleno tamén aprobou, esta vez por unanimidade, as subvencións aos 47 concellos que resultaron beneficiarios do Reacciona Pontevedra (ReacPon), o maior operativo extraordinario de obras na historia da Deputación. A achega de 26,33 millóns de euros por parte das arcas provinciais fará posible a execución de equipamentos municipais valorados nun total de 39,1 millóns de euros (25 actuacións de mobilidade segura,  tres novas  bibliotecas, cinco reformas de casas do concello, cinco reformas de espazos culturais, a ampliación ecolóxica dun cemiterio e oito novas infraestruturas deportivas) repartidas entre concellos gobernados por tódolos signos políticos.

Para facelo posible aprobouse a contratación dun crédito bancario extraordinario de 5 millóns de euros co obxectivo de chegar aos 26,33 millóns acordados trala decisión de financiar os proxectos de tódolos concellos que tiñan cumprido coas bases. Este crédito extraordinario súmase ao que xa estaba previsto contratar por valor de 20 millóns de euros. “Un esforzo moi relevante, destacou Carlos Font, que é posible toda vez que a Deputación ten unha economía saneada ao ter alcanzado a débeda cero”. César Mosquera definiu o Reacciona Pontevedra como un plan pensado para os concellos pequenos e medianos e rematou co rogo aos municipios de que as obras se executen canto antes.

A OMIX de Tomiño organiza un concurso para coñecer a opinión que ten da entidade a mocidade da vila

0

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade. Para iso, organiza un concurso co obxectivo de “plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo que é a OMIX de Tomiño”.

A frase ou deseño gañador será serigrafiado en bolsas de tea, e dentro haberá información e sorpresas que serán repartidas entre todo o alumnado do Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño.

As propostas pódense enviar ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico: [email protected].

Nigrán levará desde o luns a maxia de ‘Valeria Varitas’ a todas as parroquias

0

O Concello de Nigrán ofrece desde este luns 20 e ata o día 29 de decembro unha xira da maga ‘Valeria Varitas’ por todas as parroquias do municipio acompañada do Paxe Real co seu buzón, mantendo así a filosofía do ano anterior de desprazar as actividades para evitar aglomeracións. Así, o primeiro día será na AAVV de Chandebrito co paxe desde as 17:00 horas e actuación acompañada do Rey Midas ás 19:00 horas.

Os horarios manteranse igual na xira do martes 21 no C.C.A Camoesa, mércores 22 no CCR Parada do Miñor, xoves 23 no CC O Torreiro de Priegue, luns 27 na AAVV A Unión de San Pedro e martes 28 na AVV Monteferro. O fin da xira será o mércores 29 no Auditorio Municipal co buzón desde as 18:00 horas e a actuación da maga Valeria Varitas xunto ao Rey Midas ás 20:00 horas.

Finalmente, ante a alta incidencia da Covid-19 en toda a comarca de Vigo, o Concello pospón todos os obradoiros de cociña previstos nas novas instalacións do CEIP Humberto Juanes ata vindeiras datas. Si mantén os obradoiros de Lettering (27 e 29 de decembro ás 17:00 horas) e de Papiroflexia (28 de decembro ás 17:00 horas) no Auditorio Municipal pero cunha redución drástica do aforo, polo que será preciso inscrición previa nun formulario web do Concello a partir deste luns ás 9:30 horas.

A Área Recreativa Bouza de Miguel de Arbo xa dispón de pista de skate

0

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, acaba de anunciar que a Área Recreativa Bouza de Miguel, xa dispón dun novo elemento de ocio para os arbenses.

O Parque Forestal Bouza de Miguel, creado e promovido polo Concello de Arbo coa colaboración da Comunidade de Montes de Arbo, pretende seguir potenciando os fermosos espazos que este municipio ofrece para desfrute de locais e visitantes que se achegan atraídos pola natureza, gastronomía e patrimonio cultural.

Para a financiación da pista de Skate o concello asinoba un convenio de colaboración coa Secretaria Xeral para o Deporte donde este ente da Xunta de Galicia se compromete a aportar 24.000,00 € sendo o importe restante 5.949,92€, asumido con fondos propios do Concello de Arbo .

O Alcalde destaca que “no Concello somos conscientes de que, entre as actividades deportivas que a poboación xuvenil do municipio está a demandar, atópase a práctica de deportes urbanos, en especial do Skate. Detectada esta necesidade, e carecendo actualmente Arbo de instalacións específicas para a súa práctica, desde o Concello  procedeuse a solicitar axuda a Xunta de Galicia para a colaboración na creación da Pista e seguir así na linea de atender a demanda de toda a poboación arbense”.

Ademais o Concello de Arbo tamén plantou unha veintena máis de árbores, para mellorar a masa forestal, a calidade de vida e a calidade do aire, e atendemos as demandas veciñais para o mantemento e coidado dos nosos parques e xardíns.

A Area Recreativa Bouza de Miguel,  conta cun tobogán xigante, columbios adaptados e titolina, ademáis de contar tamén con mesas e un asador. Este espazo de lecer esta dentro dun entorno único a carón do polideportivo e o Campo de Fútbol e a escasos 100 metros da piscina municipal, cun espectacular miradoiro ao Rio Miño, que o converten no lugar ideal para pasar un día en familia, rodeados de árbores autóctonos e divertidos xogos infantís.

Tamén dende a Area Recreativa, podemos disfrutar do aire libre e o deporte a través do sendeiro que une este parque e o barrio da Estación, un roteiro de aproximadamente un kilometro que nos leva ata a praia fluvial da Estación dende donde podemos comezar o Sendeiro dos Pescadores e rematalo na praia fluvial de Sela ou o Sendeiro do Rio Miño Rio Deva que remata na praia fluvial de San Xoan, ambolas dúas rutas non deixaran indiferente a ningúen.

Dende o Consistorio, agradece a colaboración da Xunta de Galicia que atende as demandas de Arbo, e a Xunta de Montes en man Común de Arbo- manifesta o rexedor arbense- que tamén afirma estar a espera dunha nova cesión de máis terreo por parte da Comunidade de Montes de Arbo, para seguir equipando a Area Recreativa Bouza de Miguel de máis equipamento deportivo, infantil e de lecer.

A Casa de Papá Noel, na Alameda Castelao, abriu onte as súas portas para recibir aos nenos

0

A Casa de Papá Noel, iniciativa posta en marcha no 2019 polo Goberno local a fin de ofrecer un lugar de descanso a Papá Noel logo da súa longa viaxe dende Laponia, abriu onte pola tarde de novo as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas de Redondela.

A casa, situada na Alameda Castelao e similar á que Papá Noel ten en Rovaniemi, na provincia de Laponia, Finlandia, estará aberta dende hoxe ata o día 23 de decembro e horario de 17 h a 19:30 horas para o día 24, día de Noiteboa, abrir en horario de mañá e tarde de 11 h a 14 horas e de 16:30 h a 19 horas.

Movemento Salceda lamenta que a Xunta devolva a Europa os cartos do saneamento de Entenza e Soutelo

Movemento Salceda lamenta que dende a Xunta de Galicia se estean a poñer como escusa os “atrancos burocráticos” para non poder executar diferentes obras de saneamento para as que se conta con fondos europeos. É o caso do proxecto de Entenza e Soutelo, que con un orzamento de 2.211.233,87 €, está listo dende o ano 2008 e con toda a tramitación realizada: permisos de propietari@s en Entenza asinados, autorizacións de Patrimonio, Deputación, Xunta e Confederación Hidrográfica aprobados, e incluso o Concello mercou no seu momento un terreo preciso en Soutelo para instalar un pozo de bombeo.

O proxecto estivo xa recollido nos orzamentos do Estado no ano 2008, mais a non sinatura da transferencia desa partida entre Xunta e Estado imposibilitou a súa execución. Máis do mesmo aconteceu no 2009, cunha partida aprobada nos orzamentos da Xunta de Galicia que, coa vitoria do PP e a chegada de Feijoo á presidencia da Xunta, acábanse destinando eses fondos previstos para Salceda aos colectores do Furnia e de San Simón, ámbolos dous no Concello de Tui que naquel momento estaba gobernado polo PP.

No ano 2014 dase unha nova oportunidade para o proxecto, asinándose un Convenio entre Concello, Consorcio do Louro, Confederación Hidrográfica e Xunta de Galicia, que chega a autorizarse por parte do Consello de Ministros, con aportación de fondos FEDER. Sen embargo, a Xunta de Galicia non aporta o 20% da financiación prevista, deixando sen posibilidades a execución do proxecto que tiña que estar rematado o 31 de decembro de 2015, e devolvendo a Europa máis dun millón de euros por ese incumprimento. O máis grave da situación é, sen dúbida, que o goberno autonómico nin sequera tivo a ben comunicar este feito ao Concello, impedindo deste xeito calquera opción de conseguir o financiamento pendente por parte da administración local.

No ano 2016, despois dun insistente traballo realizado polo goberno de MS, o proxecto de Entenza consegue financiación nos orzamentos do Consorcio do Louro a través dunha operación de crédito. Sen embargo, unha vez máis as políticas do PP impiden a súa execución, neste caso a través da denominada “lei Montoro” que impediu levar a cabo a operación.

Dende entón MS leva solicitado que se inclúa o proxecto nos orzamentos da Xunta de Galicia, obtendo o voto do PP en contra, e imposibilitando deste xeito a execución deste proxecto tan preciso.

Movemento Salceda amosaba estes días a súa sorpresa coas informacións publicadas en prensa, onde a Xunta de Galicia alega trabas burocráticas para levar a cabo diferentes proxectos de saneamento. Tal como quedou demostrado, no caso do proxecto de Entenza e Soutelo non existe ningún impedimento administrativo para a súa execución, polo que dende a formación local se insta á Xunta a que dunha vez execute o proxecto, e cumpra os compromisos adquiridos coa veciñanza de Salceda.

Loli Castiñeira, voceira de Movemento Salceda: “A Xunta de Galicia do PP está faltando sistematicamente á palabra dada á veciñanza de Salceda de Caselas. As informacións dos últimos días son unha verdadeira falta de respecto para a veciñanza de Soutelo e Entenza, e dende Movemento Salceda non imos parar ata que o proxecto sexa unha realidade. É de xustiza”.

Sara Rey, gañadora do ‘II Premio de Microteatro da Memoria’

A directora de escena e dramaturga Sara Rey vén de gañar o ‘II Premio de Microteatro da Memoria’ convocado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) coa peza ‘A patente do sol’. O xurado destacou a obra entre os traballos presentados pola súa reflexión sobre a memoria cunha ollada dende o presente, a súa carga emocional e tamén a súa viabilidade escénica.

O galardón foi comunicado á autora pola deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega, quen quixo subliñar a calidade da peza, que supón unha boa continuación para traxectoria do certame, que este ano cumple a súa segunda edición. Rey explicou que xa se tivera presentado ao Premio na pasada edición, polo que agradeceu o recoñecemento ao seu traballo.

‘A patente do sol’ foi presentada baixo o lema ‘Un terrón de azucre pintado de rosa’. Destaca “un aspecto histórico descoñecido, como é o da epidemia da polio, así como as marcas físicas da posguerra desde a perspectiva da poboación civil”. Segundo a propia autora, trátase dunha peza de “autoficción” posto que xurde a raíz da reflexión sobre as secuelas da enfermidade que tivera o seu pai cando era cativo e da análise da xestión da epidemia durante a ditadura, que non prestou atención ás persoas enfermas.

O Premio, dotado con 500 euros, foi concedido por un xurado formado pola escritora Eva Mejuto; o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez; e o Xefe do Departamento de Dirección escénica e dramaturxia da ESAD de Galicia, Dani Salgado. Valorouse que “a peza axuda a reflexionar sobre a memoria cunha ollada desde o presente. Establece unha conexión coa actualidade. Alterna partes de narración directa e outras de diálogo e na parte máis narrativa o discurso implica unha carga emocional, sen caer no sentimentalismo”.

Tamén se destacou que desde o contexto da actual pandemia “se lembre outra situación semellante, que foi neglixentemente xestionada e silenciada”, ademais da súa viabilidade escénica, xa que tanto o tema como o seu tratamento permiten múltiples solucións.

A gañadora Sara Rey, é unha coruñesa afincada en Vigo que comezou moi pequena no mundo do teatro. O seu futuro encamiñouse na adolescencia grazas á Compañía de Teatro Noite Bohemia da Coruña, onde ademáis de actuar, tivo a posibilidade de escribir e dirixir a súa primeira peza, unha adaptación do mito do xuízo de Paris, que quedou finalista no X Concurso Nacional de Teatro Clásico Grecolatino (MEC) cando tiña apenas 19 anos.

Estudou Historia da Arte pola Universidade De Santiago de Compostela e ao rematar fixo as probas para a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia, na que actualmente cursa o 4º e último ano. Nestes anos de formación traballou como axudante de producción na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e este ano como axudante de dirección de Tito Asorey (Fariña, o Empapelado amarelo…) na montaxe “A lúa vai encuberta”, das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais). Está, neste momento, rematando os seus estudos superiores de arte dramática en Vigo e iniciándose na traxectoria profesional cun proxecto que non lanzará ata xuño de 2022.

O ‘Premio de Microteatro da Memoria’ da Deputación e a ESAD naceu co obxectivo de que a xente moza se achegue á Memoria Histórica a través de novos formatos e novas linguaxes máis eficaces na comunicación interxeneracional. Segundo afirma a deputada María Ortega “é fundamental promover a sensibilidade e  dar a coñecer os feitos acontecidos no noso pasado dunha maneira crítica, que mozos e mozas saiban como o golpe do 36 truncou todo un porvir de apertura e modernidade, e facelo sendo innovadores e visuais: o microteatro é unha vía non moi explorada aínda”. Unha vez fallado o certame, a Deputación e a Esad teñen previsto facer a entrega do galardón a comezos do vindeiro mes.

Diego Ameixeiras, «O cervo e a sombra»

Diego Ameixeiras tennos afeitos a un tipo de escrita moi persoal e honesta, pero sempre intensa e emocionalmente arroutada. O seu novo traballo non fai máis que afondar nesta percepción e faino a través dese mundo que habita nos arrabaldes da sociedade, un escenario xa recorrente na súa narrativa. O desazo pasa a ser unha personaxe máis nesta historia na que o autor nos leva transitar polo fío da navalla, coma se procurase, máis ca nada no mundo, evitar a nosa indiferenza. E abofé que resulta difícil ficar indiferente perante un relato destas características e unhas personaxes de tanto calado.

O protagonista é, nesta ocasión, Mateo, un mozo que trata de superar a perda dos seus pais nun tráxico accidente mentres malvive trapicheando coa cocaína ou participando en pequenos delitos, ao tempo que axuda nos seus quefaceres diarios a unha anciá, mestra xubilada, e tamén a un cura impreciso na súa fe pero colaborativo co barrio. Un xogo de dobre moral que nos amosa as dúas facianas da realidade e que debuxa unha personaxe contraditoria e atormentada, pero tremendamente sólida. Mateo, narrador en primeira persoa, arrástranos ao seu mundo marxinal e esquecido a través dunha espiral de dramatismo e violencia, na que os vencellos de amizade teñen un peso específico moi relevante. Mais todo se trastoca coa chegada ao barrio de Irene, unha antiga moza da que o protagonista segue completamente namorado.

A pesar do exposto, non estamos diante dunha novela derrotista nin desafiuzante, pois a esperanza na capacidade de redención do relator e, por extensión, do seu entorno, paira libremente ao longo das súas páxinas. Mateo procura unha saída á devandita espiral que non semella doada, porque as cousas non sempre son sinxelas. E, da mesma maneira que un grupo okupa se establece no barrio para tratar de darlle unha volta a todo e son reconvertidos para a ocasión en «anxos insurxentes», tamén os abismos da noite e da marxinalidade lle restan luz ao ambiente dificultando a percepción e a clarividencia das decisións que o protagonista terá que tomar. Cicatrices abertas, medos e silencios que son lousas esmagadoras, abeiran un abismo perigosamente próximo polo que Mateo pasea conscientemente.

Estruturada en capítulos curtos, que son como fotografías da realidade que rodea ao protagonista, Ameixeiras consegue inxectarlle ao relato un ritmo frenético que arrastra ao lector polas rúas dun Ourense decadente e antolladizo, acompañando a Mateo nas súas propias contradicións. Diálogos áxiles e moi efectivos, frases curtas e directas, unha linguaxe sabiamente seleccionada en cada liña e unha dosificación da trama perfectamente medida, fan da lectura de «O cervo e a sombra» unha auténtica aventura da que resulta difícil desengancharse.

Diego Ameixeiras

«O cervo e a sombra»

Xerais

“Camiñando xuntos” título do calendario solidario da Eurocidade Tui-Valença

“Camiñando xuntos” é o título do calendario de 2022 que vén de editar a Eurocidade Tui-Valença.  Cada mes recolle unha imaxe de Tui ou Valença realizadas pola artista tudense Rosa Mª Vila.

Así a Capela de San Xián no Monte Aloia ilustra xaneiro, a igrexa de Santo Estevao de Valença febreiro, unha vista panorámica de Tui o mes de marzo, e a travesía da Gaviarra de Valença o mes de abril. Mentres o pasadizo da rúa San Telmo, a capela de Nosa Señora do Faro, o monumento ao Pai Salvado na praza da Inmaculada, o Baluarte da Esperança, o conxunto histórico de Tui, unha vista panorámica de Valença, o pórtico da Catedral de Santa María, e unha casa emblemática revestida de azulexo no conxunto histórico de Valença completan as páxinas mes a mes até decembro.

Edítanse 400 exemplares que dende o luns, 20 de decembro e até fin de existencias, distribuiranse na casa do concello a cambio dun quilo de alimentos non perecedoiros por exemplar. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño.  Agradécese principalmente a entrega de conservas de froitas, legumes ou peixe, leite, cacao  e produtos de Nadal.

Carla Acosta, relatora nas IV Xornadas formativas de Cidades Amigas da Infancia de Galicia

0

Carla Acosta, integrante do grupo de participación Infantil e Xuvenil de Redondela Axentes do Cambio, vén de participar como relatora nas IV Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia ‘Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o local’.

Este evento celebrouse telemáticamente os días 14 e 15 de decembro, e estaba dirixido a todas as persoas interesadas en fomentar a participación na súa localidade.

O encontro celebrouse co obxectivo de capacitar aos municipios de Galicia en políticas que promovan a participación infantil e adolescente, así como servir de espazo de encontro para que se podan por en común experiencias prácticas levadas a cabo a nivel municipal, que podan servir de exemplo e inspiración para os municipios que teñen o distintivo de Cidades Amigas da Infancia, como é o caso de Redondela.

Carla, alumna do IES Illa de San Simón, encargouse de presentar o manifesto que realizaron de forma conxunta, as nenas, nenos e adolescentes, de distintas localidades de Galicia, que participaron no III Encontro Galego de Consellos de Participación Infantil e Adolescente, auspiciado por UNICEF, que tivo lugar de xeito telemático no mes de outubro.

Ese manifesto recolle as conclusións do debate ao redor do cambio climático que fixeron dentro deste encontro. Ditas conclusións foron tamén expostas ante o Parlamento autonómico o pasado mes de novembro, dentro do IX Foro de Participación Infantil e Adolescente de Galicia, que celebrou este organismo en colaboración con UNICEF, e no que participou tamén Carla xunto con outras dúas representantes do grupo de representación redondelán: Teresa e mais Xiana.

Baiona cancela as Badaladas de Fin de Ano

0

O Concello de Baiona decidiu suspender as Badaladas de Fin De Ano para evitar riscos de posibles contagios nuns actos de alta aglomeración de persoas e nos que non se pode garantir o uso da máscara.

Debido ao incremento de casos por coronavirus, o Consistorio ha decido cancelar a festa de PreFin de Ano, que se ía a celebrar o sábado 18 de decembro ás 00:00 h xa que, a diferenza doutros eventos, non se pode garantir o uso en todo momento da máscara. Precisamente, neste acto tómanse as uvas e a xente adoita brindar ou beber na rúa, algo que pode elevar o risco de posible transmisión da Covid-19.

Desde o consistorio baionés tomouse esta decisión como medida de precaución ante o aumento de casos de Covid-19 e co obxectivo de reducir a incidencia do virus no municipio para poder gozar das festas con total seguridade.

A actuación de “Os Mecánicos” prevista para as 23:00 h trasladarase de localización para a Alameda Carabela Pinta o evento estará amenizado polo cómico local Rafa Durán. Van colocar cadeiras para a ocasión e vixiarase o acceso ao lugar para controlar o aforo e garantir o cumprimento do protocolo de seguridade e medidas preventivas fronte ao Covid-19.

A Guarda conmemora este domingo o Centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal

0

Este domingo día 19 de decembro ás 12:30h terá lugar na Fonte da Cal un acto para conmemorar o centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal.

Neste ano 2021 cúmprese o centenario da construción do lavadoiro da Fonte da Cal, no barrio da Cruzada, acometida no ano 1921 por suscripción que iniciou en Puerto Rico don Brasilino Álvarez Sobrino, fillo deste barrio da vila guardesa.

Brasilino Álvarez Sobrino tiña daquela 27 anos e seguía a estela doutros guardeses da emigración que buscaron mellorar a calidade de vida dos seus conveciños, actuando directamente na mellora das fontes e lavadoiros, entón toscalleiros e descubertos, o que obrigaba a lavar a roupa á intemperie.

Neste acto contarase coas intervencións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e do historiador local J. Miguel Villa, quen realizará unha breve contextualización histórica sobre A Cal, o seu Lavadoiro e sobre Brasilino Álvarez Sobrino, impulsor da súa construción.

Durante o transcurso deste acto, ao que está convidada toda a cidadanía guardesa, teremos a oportunidade tamén de escoitar a un grupo de 4 clarinetes, formado por Ana González Lorenzo, Sara Márquez Rodríguez, Nerea Fernández López e Lucía Lomba Alonso, alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, que interpretarán as pezas musicais “Danza Húngara nº5” de J. Brahms, “Hallelujah” de L. Cohen e “The enterneiner” de Scott Joplin.

A 1ª San Silvestre Popular de Tui celebrarase o venres 31 de decembro

0

O venres, 31 de decembro, celebrarase a 1ª San Silvestre Popular de Tui, con carácter non competitivo, dirixida a todas aquelas persoas que queiran participar nun evento lúdico deportivo antes de rematar o ano, e comer as doce uvas por adiantado. A proba está organizada polo Concello de Tui coa colaboración do Club Atletismo Tui.

Esta 1º San Silvestre Popular sairá ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un sinxelo de percorrido urbano de catro quilómetros.

Ao remate, como avituallamento, servirase un chocolate quente con rosca, e entregarase ás persoas participantes un paquete con 12 uvas, para comelas ás 12 horas, ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada.

A inscrición gratuíta, pode realizarse até ás 23.59 h do mércores, 29 de decembro, no enlace dispoñible na web municipal www.tui.gal. A carreira terá unha compoñente solidaria polo que o día da carreira, o venres 31, dende ás 9.30 h na retirada do dorsal na zona de saída no Paseo da Corredoira, deberase entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán doados á Asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.  

Regulamento 1º San Silvestre Popular 2021

Inscrición

O mercado ambulante de Ponteareas dos 25 de decembro e do 1 de xaneiro cambia a data

A Concellaría de Promoción Económica e Consumo do Concello de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, informa de que o mercado ambulante do sábado 25 de decembro e do sábado 1 de xaneiro cambiará de data ao coincidir cos festivos de Nadal e Aninovo.

En ambos os dous casos, esta cita semanal trasladarase ao venres, polo que a veciñanza poderá gozar do mercado ambulante os días 24 e 31 de decembro.

Eva Gil agradece a comprensión das vendedoras e vendedores do mercado ambulante de Ponteareas e do tecido comercial en xeral e convida a toda a veciñanza a facer as súas compras para estas datas tanto na praza de abastos como no comercio local, que estará aberto no horario habitual.

As compras en Redondela con maior seguridade

0

A Asociación de Empresarios de Redondela coa colaboración da Delegación de Participación Ciudadana da Comisaría Local Vigo-Redondela da Policía Nacional, fai chegar a todos os seus asociados unha guía de recomendacións de seguridade para garantir a tranquilidade das compras de nadal na Vila.

Así mesmo, o corpo policial coordina un plan de seguridade e vixilancia especialmente nas zonas comerciais do municipio que estará activo durante toda a campaña de Nadal.

Nigrán reparte os xoguetes recadados entre máis de cen menores do municipio

0

O Concello de Nigrán rematou esta semana o reparto de xoguetes recadados na campaña solidaria ‘Agasallos de Corazón’ que aínda continua ata o luns 20 de decembro e que xa é a maior na Historia do municipio ao superar á de 2020. Os miles e miles de xoguetes doados pola veciñanza directamente ao Concello ou a empresa Chupipostres servirán para agasallar os Reis e Papá Noel a máis de 100 menores do municipio de 0 a 14 anos de familias en situación de vulnerabilidade e, o restante, forma xa parte do Banco Municipal de Xoguetes creado no 2020 e que está operativo todo o ano para que poidan recorrer a el nos aniversarios.

“O Nadal é a data na que recadamos máis e mellores artigos e tamén a época na que máis se reparten, pero realmente o Banco Municipal está aberto durante todo o ano para recibir doazóns e tamén para repartir entre as familias vulnerables que o precisen”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña a implicación dos seu equipo de goberno que, durante meses, estivo seleccionando só os que estivesen en perfecto estado, hixienizándoos e empaquetándoos.

O obxectivo do Concello de Nigrán é que o Nadal non signifique para as familias en risco de exclusión social do municipio un agravamento da súa condición, polo que o goberno local leva adiante máis iniciativas solidarias, como unha recollida de alimentos non perecedoiros nos colexios ou a promoción do Roupeiro Municipal (ben para realizar doazóns ou ben para entregar). Ademais, concesionarias como Aqualia súmanse aportando 3.000 € en vales para que as persoas beneficiarias dos Servizos Sociais poidan consumilos nos negocios de Nigrán.

“Lamentablemente, a crise sanitaria conleva unha crise económica polo que máis que nunca, debemos promover a solidariedade entre a veciñanza e non deixar a ninguén atrás”, subliña o rexedor.

A Cañiza presenta a programación de Nadal

0

O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, presenta o programa cultural e de lecer para este Nadal e Aninovo 2021-22. Trátase dunha programación pensada e dirixida para todos os públicos, onde os máis pequenos teñen un especial protagonismo.

ACTIVIDADES NADAL 2021-2022

Sábado 4,  ás 19.00 h: Acendido de luces de Nadal

Lugar: Praza Maior. Haberá chocolate cañicense para todas-os as asistentes.

Sábado11, ás 20 h: Concerto da Escola de Música da Cañiza

Festival de Nadal dos alumnos-as da “Escola de Música da Cañiza”. Lugar: Centro Comarcal Paradanta

Sábado 18,  ás 16.30 h: Festa de Papá Noel

Espectáculo de animación infantil A bailar no Nadal!

Visita de Papá Noel: Papá Nöel recibirá a  todos os nenos-as.  Música e regalos. Tamén Buzón Real para as cartas aos Reis Magos

Nota: Desgrazadamente por causa do COVID, este ano non haberá merenda.

Domingo 19, pola mañá: Papanoelada moteira

Moreas de Papá Nöel moteiros percorrerán o noso municipio agasallando con caramelos a todas as nenas e nenos.

Organiza: Motoclub “Tumbada ás 4” da Cañiza.

Domingo 19, ás 19.30 h: Concerto de Nadal

 Actuación da Coral Polifónica da Cañiza. Lugar: Auditorio da Casa de cultura da Cañiza.

Luns 20, ás 10 h: Videoconferencia con Papá Noel desde Laponia 

Lugar: Aula CEMIT da Cañiza.  Alumnos-as de Infantil do CPI da Cañiza.

Martes 21: Papá Noel visita a escola

Ás 10.30 h Alumnos de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. Ás 12 h Escola Infantil Municipal

Ás 13 h Alumnas-os do CEIP de Valeixe

Domingo 26, ás 11 h: Visita do apalpador

O Apalpador xunto cos seus músicos e o seu burro Río Lor, vai agasallar as nenas e nenos da Cañiza con cántigas, lendas e contos.

Lugar: Rúa Oriente (fronte o Concello) – No caso de choiva a actividade vaise realizar na Casa de cultura da Cañiza.

Domingo 26, ás 17 h: Cine infantil

Película: Santa Claus y Cía. Lugar: Auditorio da Casa de cultura

Martes 28, mércores 29 e xoves 30

PARQUE DE ATRACCIÓNS INFANTIL: NORIA, CARRUSEL E BARCA

Lugar: Praza Maior da Cañiza

Horario: De 11.30 a 14 h e De 16 a 19.30 h

No caso de choiva os día poderán cambiarse, o cal se anunciará no seu momento.

CAMPAMENTO URBANO NADAL: Obradoiro de “xogos con risas aseguradas”

Ludoteca aberta con talleres e actividades lúdicas para @s adultas-os e nenas-os.

Horario de 10 a 14 h

Lugar: Casa de Cultura da Cañiza

INSCRICIÓN: BIBLIOTECA PÚBLICA DA CAÑIZA

XANEIRO 2022

Domingo 2, ás 17h: Cine infantil

Película: Home, hogar dulce hogar

Lugar: Auditorio da Casa de cultura

Martes 4 de xaneiro

VISITA DOS REIS MAGOS ÁS PARROQUIAS DA VILA

Horario:

PARROQUIALUGAR DE ENCONTRO COS REIS MAGOSHORARIO
A FranqueiraO Cebreiro14:30 h
LunedaSan Roque15:00 h
ParadaDiante da Igrexa15:20 h
ValeixeExplanadada “Hermandad”15:40 h
O CoutoDiante da Igrexa16:05 h
OrosoDiante da Igrexa16:25 h
PetánDiante da Igrexa16:45 h
As AchasDiante da Igrexa17:05 h

Martes 4 de xaneiro, ás 18 h: Cabalgata de Reis

Lugar: Auditorio da Casa de Cultura e rúas da Vila

Saída das Carrozas pola vila

Foguetes de artificio

Recepción dos Reis aos nen@s

No Auditorio da Casa de cultura da Cañiza  (condicionado á situación COVID)

EXPOSICIÓN DE BELÉN

Este ano o concello conta cun belén feito de xeito artesanal por unha veciña do noso concello, e que pode ser visitado por todos.

Belén a cargo de Marta Mariño, exposto na Salón de Plenos do Concello da Cañiza dende o luns 20 de decembro ata o venres 7 de xaneiro, e que pode ser visitado en horario de 8 a 15 h.

O pianista Alberto Vilas presenta o seu último traballo, ‘Naialma’, en Ponteareas

“Naialma” naceu en 2020, o ano en que o mundo cambiou. É un traballo de piano só que parte da mente creativa de Alberto Vilas, un músico que durante o peor do confinamento decidiu compartir a diario a creación de nova música a través das redes sociais. A súa musica chega a Ponteareas este sábado ás 19.30 horas na Sala Multiúsos do Auditorio Municipal con entrada libre.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a todos os veciños e veciñas a asistir a posta escena desta “fermosa obra de jazz intimista que nos leva a percorrer o mundo interior dun músico con moito que ensinar”, xa que “Naialma” pode considerarse un autorretrato de “12 fermosas pezas musicais”.

Alberto Vilas é un músico orixinario de Redondela con formación clásica. Nas súas orixes estudou piano con Chan-RokMoon e composición con Carlos Cambeiro Alís no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Desde 1988 ata 2020 formou parte do cuarteto instrumental de tango Tangata xunto a Laura Quintillán, Gustavo A. Barcia e Artigas Anelo. Formación coa cal ten gravados tres álbums: “Como en outubro“, “Trece“ e “ Cambra“

Pertence a varias formacións en activo entre elas a súa formación de jazz Alberto Vilas Quinteto xunto a Rosolino Marinelo, Felipe Villar, Juansy Santomé, e Javier Barral Carro con álbums como “Experianza” ou “Crónica cromática”.

Na actualidade é profesor de piano e pianista do departamento de Canto, Violoncelo, Violín, Contrabaixo, Banda e Orquestra no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra.

A Praza de Abastos da Guarda luce xa a súa decoración do Nadal

0

Dende hai uns días a Praza de Abastos da Guarda engalanouse para entrar nestas datas festivas do Nadal. Os praceiros e praceiras participaron nun obradoiro de decoración, grazas ao que artellaron a decoración do Nadal desta contorna.

Ademais desta decoración realizada polos praceiros e praceiras da Praza de Abastos da Guarda, no primeiro andar atópase un espectacular Belén realizado por tres persoas ‘anónimas’ pero moi coñecidas por todos os guardeses e guardesas e que teñen costume de realizar este tipo de beléns nas datas do Nadal.

[su_image_carousel source=”media: 50665,50663,50664,50662,50661″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Un Belén no que non faltan detalles, tentando recrear unha aldea galega típica, coa súa praza, o concello, a súa igrexa, os seus oficios, festexos, etc.

Todas as edificacións deste belén foron feitas a man e conta con numerosos elementos e figuras en movemento, cambio de iluminación recreando o día e a noite, alimentado cunha pila caseira de auga e sal.

O Belén súmase ás actividades e accións da programación do Nadal na Guarda e se pode visitar en horario de apertura da Praza de Abastos, de 9:00h a 14:00h.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o traballo desinteresado dos praceiros e praceiras que participaron na decoración deste entorno así como o destas tres persoas ‘anónimas’ que, co seu bo facer, achégannos o espírito do Nadal mediante un fermoso Belén.

A praza das Escolas Vellas de Gondomar estrea xardíns da man da Asociación Avelaíña

0

A Praza das Escolas Vellas de Gondomar loce unha nova decoración a cargo dos usuarios e usuarias da Asociación Avelaíña de Saúde Mental do Val Miñor, que esta onte participaron nunha actividade de xardinería á que foron convidados polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, na recente visita que realizou ao centro que teñen en Baiona.

En total desprazáronse ao municipio doce usuarios e usuarias de Avelaíña que tras recibir as instrucións dos responsables do departamento de xardinería do concello, puxéronse ao choio plantando os exemplares de ciclamen dispostos en cinco espazos diferentes da praza, na que “poñeremos unha placa para lembrar que estes xardíns son froito do traballo realizado polos integrantes de Avelaíña “.

Paco Ferreira agradeceu “o traballo realizado, así como o esforzo que cada día facedes xunto coas responsables da Asociación para demostrar a vosa valía e que a saúde mental debe de deixar de estar estigmatizada e asumirse como algo que en calquera momento podemos padecer calquera”. Lembroulles “que calquera cousa que necesitedes de Gondomar contade connosco, porque na medida que podamos aí estaremos a colaborar, que é o mínimo que debe facer unha administración.”

[su_image_carousel source=”media: 50679,50678,50676″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Aproveitando a súa presenza no municipio visitaron o Belén tradicional en movemento onde esmeraronse en descubrir os diferentes secretos que o seu creador, Fernando Fernández, retáballes a atopar entre as máis de 600 figuras que o integran.

O concello de Gondomar mantén, á súa vez, unha colaboración anual con Avelaíña Asociación de Saúde Mental que este ano tivo unha dotación de 2000 euros, e “confiamos en que a actividade de hoxe sexa o principio doutras colaboracións similares no futuro”, concluíu Paco Ferreira.

O BNG do Porriño chama ao consenso para “evitar unha alcaldía do PP”

A dirección local do BNG do Porriño anunciou que vai favorecer un acordo de esquerdas “pero non comparte que nas negociacións mantidas entre os grupos se antepoñan intereses partidistas nin que se esixan salarios e cargos de confianza”. A situación actual, aseguran os nacionalistas “esixe amplitude de miras para poñer por diante o interese xeral e a calidade de vida das persoas, que para nós é o prioritario”.

Avanzar no modelo de vila pola que aposta o BNG é a formación asegura ter dado o paso de formar parte do goberno en coalición co PSOE, “a pesar das diferenzas que nos separan” porque, afirman “as solucións para O Porriño nunca van vir da man dunha dereita que coñecemos de sobra e que xa paralizou cunha moción de censura o cambio iniciado polo Bloque no período 2003-2010”.

O BNG ten proxectos importantes en marcha e asegura estar sempre aberto “a acordar en positivo” novas iniciativas en beneficio do Porriño. Porén lamentan que nas negociacións mantidas entre os distintos grupos “están a primar os intereses de parte antes que o interese xeral. A dereita pódese fortalecer no Porriño grazas a este irresponsábel comportamento”.

“Nós non compartimos esa forma de facer política. O electorado de esquerdas confía en que se poida artellar unha alternativa críbel ao PP fóra de personalismos”, afirmou a responsábel local do BNG, Míriam Martínez.

No Bloque entende que agora “é o momento de acordar a investidura, negociar a persoa que ocupe a Alcaldía e as liñas básicas do futuro goberno”. Despois, engade a responsable nacionalista “haberá que decidir as distintas áreas de xestión e as súas retribucións, dentro da negociación dun novo orzamento”.

“Debemos buscar unha candidata ou candidato de consenso para reconducir unha situación que pode hipotecar o futuro do Porriño. A proposta do PSOE non conta a día de hoxe cos apoios necesarios. Desde o BNG emprazamos ao grupo socialista a buscar unha opción que garanta a investidura e impida a entrada do PP. Estamos en disposición, de ser necesario, de ofrecer o noso candidato para desencallar a situación. Nós non pomos vetos pero temos a certeza de que Pedro Pereira sería a mellor opción para dirixir o Concello”, concluíu Miriam Martínez.

As conclusións e relatorios da Facultade Ágora para mellorar o espazo público serán recollidas nun libro

A Deputación de Pontevedra vai publicar un libro con todas as conclusións e relatorios dos case medio cento de relatores e relatoras da Facultade Ágora para sentar cátedra e divulgar coñecemento sobre como se debe recuperar o espazo público para as persoas. Así o anunciou hoxe o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez durante o acto de clausura da Facultade, no que se graduaron 124 persoas co título de ‘técnicas Ágora’.

Na xornada, celebrada no salón de actos do Pazo da Cultura, estiveron presentes a presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, o alcalde de Pontevedra e presidente da Rede de Cidades que Camiñan Miguel Anxo Fernández Lores, e a secretaria técnica da entidade, Ana Montalbán, ademais do director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana e padriño da Facultade, Iñaqui Carnicero, por vía telemática.

Benítez sinalou que o acto de clausura da Facultade Ágora tiña o obxectivo de poñer en valor por primeira a formación de persoa técnica especialista na recuperación do espazo público. “É día de celebración, felicitación e de comprometerse a que a Deputación siga neste camiño”, subliñou, destacando que é o momento de levar á práctica o aprendido adaptándoo “á realidade da provincia”. “Temos que desenvolver eses principios, poñer ás persoas primeiro. É algo ambicioso, mais agora mesmo grazas á Deputación xa hai 32 proxectos en redacción, 8 obras en execución polas subvencións Ágora, así como 13 grandes iniciativas do REACPON que seguirán os principios Ágora”, apuntou.

O nacionalista subliñou que a experiencia do curso 2021 da Facultade, a pesares de ter que facer os seminarios formativos vía telemática pola COVID, foi “moi positiva, necesaria e innovadora e diferente”. Destacou que para a Deputación foi un “éxito absoluto” tanto pola inscrición (213 persoas), pola asistencia e interacción nos seminarios, así como polo resultado do exame, con 124 persoas aprobadas, case a totalidade das que se presentaran. Ademais lembrou que todo o profesorado participante cualificou como “impresionante” que unha institución como a Deputación teña organizado un curso deste estilo. “Énchenos de orgullo”, dixo.

Por outra parte, o responsable da área provincial de Mobilidade apuntou que a Facultade Ágora foi moi necesaria. Insistiu en que o espazo público é unha competencia estritamente municipal e recibe unha gran cantidade de cartos públicos, polo que “hai que pensar ben como se gastan”. “Hai un déficit nas carreiras oficiais e queriamos encher ese espazo, porque é importante para a sociedade que se deseñe ben”, apuntou.

Tamén sinalou que a Facultade é unha proposta innovadora pola súa visión multidisciplinar do deseño urbano. “O espazo público é o único verdadeiramente democrático e ten que haber unha visión plural, olladas diversas”, dixo, para lembrar que no corpo docente da Facultade houbo ata 14 titulacións diferentes: dende persoas médicas, urbanistas, arquitectas, enxeñeiras, matemáticas, xeógrafas, escritoras, fotógrafas, ata policías, entre outras.

Benítez subliñou que o plantel de profesorado estivo formado polas principais especialistas do mundo na materia. Destacou que por ese motivo a Deputación se decidiu a recoller as súas intervencións na futura publicación, que se distribuirá por colexios oficiais, escolas técnicas, concellos e institucións de todo o país e do Estado. Tamén anunciou a posibilidade de organizar novas edicións da Facultade e agradeceu o traballo de colaboración realizado pola Rede de Cidades que Camiñan.

Debido á COVID, a oficialización da gradación fíxose de maneira simbólica colocando un birrete’ ao logotipo de Ágora. As persoas graduadas recolleron despois o seu título e posaron para a foto oficial da primeira promoción no exterior do Pazo da Cultura.

Carmela Silva: coñecemento e decisión

Carmela Silva puxo en valor a importancia que ten o espazo público á hora de construír sociedades colectivas e lembrou que xa na Antiga Grecia era precisamente nas ágoras -das que esta facultade toma o seu nome- nas que se tomaban as decisións. De feito, nos seminarios da Facultade Ágora falouse de “ideas dende diversas perspectivas que nos permiten ter coñecemento, porque soamente o coñecemento permite que tomemos boas decisións”.

Neste senso, a presidenta provincial deixou claro que “a xente que se dedica á política ten a obriga de transformar, cambiar e mellorar a vida das persoas que nos elixen para representarnos. Non podemos seguir instalados nos erros do pasado e para ser valentes hai que tomar decisións de dedicar recursos”.

Ao falar da necesidade de recuperación do espazo público Carmela Silva referiuse á importancia que este feito ten para a sociedade e puxo o foco nas mulleres e nas crianzas ás que se lles educa “en contraerse e non en expandirse e-recordou-apréndese moito nos espazos públicos de liberdade”. Carmela Silva tamén felicitou á primeira promoción desta facultade e deulles as gracias “polo esforzo, polo compromiso, pola alegría e por saber que as cousas poden e deben cambiar”.

César Mosquera: “Un exercito de persoas traballando polo espazo público”

O vicepresidente César Mosquera participou na clausura asegurando que o traballo pola recuperación do espazo público nestes momentos “é imparable”. Lembrou que no ano 1999 cando en Pontevedra se daban os primeiros pasos do seu modelo de cidade había un “gran páramo” sobre a materia, polo que se felicitou porque a día de hoxe a Facultade Ágora teña alcanzado o seu grande éxito.

“Con Ágora houbo un grande sentido da oportunidade. Ver agora este exército de persoas traballando pola recuperación do espazo público, na nosa mesma dirección, é emocionante. Esta é unha grande semente que está aí para desenvolver”, dixo ao auditorio de persoas tituladas.

Por último, Mosquera puxo en valor que a provincia é un referente que medrará máis co seu modelo grazas ao novo persoal técnico. Salientou, en calquera caso, que a día de hoxe na provincia de Pontevedra hai máis traballo feito de recuperación do espazo público que no resto do Estado Español.

Iñaqui Carnicero: Ágora na Bauhaus Europea

O director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura Iñaqui Carnicero remitiu un vídeo para participar no acto de clausura. Subliñou a súa honra pola designación como padriño da Facultade Ágora e amosou a súa satisfacción polo éxito da iniciativa “excepcional”. Destacou que traballar sobre os espazos públicos, “que tan deixados estiveron tanto tempo das administracións”, é “o máis importante” que se pode facer polas cidades apostando pola calidade da arquitectura, xa que esta “define a súa identidade e conforma a súa memoria”.

Carnicero amosouse orgulloso de que o proxecto Ágora estea a funcionar “tan ben” e “formase parte das iniciativas da Nova Bauhaus Europea”. Subliñou que Ágora está á cabeza e responde dunha maneira directa, xunto con outros proxectos líderes, á chamada de Europa para tratar cuestións relativas á estética, á inclusión e a sustentabilidade.

Fernández Lores: “Negociar ata perder o coñecemento, pero executar”

O alcalde de Pontevedra animou a unir o gran traballo técnico que permitirá a formación da Facultade Ágora con sentido común e valentía política por parte das persoas que deben tomar as decisións sobre a mellora do espazo público.

“Hai que tomar decisións para que a sociedade avance”, subliñou, ao tempo que recoñeceu que nunca toda a cidadanía vai estar de acordo coas actuacións de mellora que se poidan facer. Neste sentido, indicou que en Pontevedra “negóciase ata perder o coñecemento, pero antes de perder o coñecemento hai que actuar porque somos responsables de gobernar”.

Defendeu que os coches necesarios para que as cidades funcionen son menos dos que a xente pensa, e compatibles con ter tráfico calmado, coa vitalidade urbana e “con que sexamos máis felices”.

Ana Montalbán: “O espazo público gañou a partida á mobilidade”

A secretaria técnica da Rede de Cidades que camiñan agradeceu á Deputación a confianza por ter escollido á entidade para desenvolver a organización técnica da Facultade Ágora. Tamén subliñou o “xenerosa cara á xente” que foi a institución provincial por traballar na formación sobre o espazo público en beneficio dos concellos, “xa que a formación é a base do bo facer”.

Montalbán puxo de relevo que a Deputación demostrou coa Facultade Ágora que “o espazo público gañou a partida á mobilidade” cando na maior parte das vilas e cidades organízase a mobilidade deixando de lado o espazo público. “Aquí déuselle a volta. Aquí a mobilidade xógase no taboleiro do espazo público”, dixo. Finalizou asegurando que hai moitas persoas agardando a que se celebre unha nova edición do curso.

O Concello de Redondela lembra que 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en período voluntario da taxa do lixo, vados e taxis

0

O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que o vindeiro 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do Lixo 2021, Taxa pola entrada de vehículos (vados) 2021 e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) 2021.

Os contribuíntes que ainda non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán obter un duplicado dos mesmos na Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es, na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ó público de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 h) ou na Oficina de Chapela sita. no Camiño do Piñeiral 22 (horario de atención: tódolos mércores de 9:00 a 14:00). Tamén poden dirixirse ao teléfono de atención ao contribuínte (986 408 374) ou ao correo electrónico [email protected]

Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva coas recargas de constrinximento regulamentarios.

Mos inicia a adquisición dos terreos para a nova senda peonil Porselo-Brea que dará continuidade á de Torroso

0

O Xunta Local de Goberno  aprobou onte o inicio do expediente de adquisición de terreos da nova senda peonil Porselo-Brea, que enlazará coa xa existente senda peonil de Torroso (que vai desde o Multiusos das Pozas ata ASODIFISI) formando unha senda circular de preto de 3 quilómetros de lonxitude. Unha vez adquiridos  e coa  disponibilidade dos terreos inmediatamente aprobaríase o proxecto quedando listo para súa licitación habida conta que xa foron solicitados os informes sectoriais pertinentes.

Deste xeito, tal e como declarou  a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, “transformaremos o traxecto Porselo-Brea nunha vía de circulación máis cómoda que inclúa tamén unha senda peonil que enlace coa senda de Torroso creando un itinerario circular. Somos coñecedores da necesidade de mellorar o tipo de firme na nova senda respecto do empregado en Torroso e así o faremos, aproveitando para cambiar tamén do de Torroso, que non deu os resultados satisfactorios esperados”.

A actual senda peonil de Torroso ten unha lonxitude de 1.370 metros que, sumada aos 1.551 metros da futura senda Porselo-Brea, dará unha senda circular cun percorrido total de 2.921 metros.

Por acordo do Goberno Local do Concello de Mos, deuse orde de levar a cabo a redacción do proxecto de construción dunha senda peonil en Dornelas, desde o I.E.S. de Mos ata ASODIFISI, nas parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso.

O proxecto nace co obxectivo de completar, en forma de anel, a senda xa construída desde o Edificio Multiusos ata ASODIFISI, dando ao viario sobre o que se actuará, unha maior seguridade para os peóns, que na actualidade mesturan os seus itinerarios cos vehículos a motor.

Este proxecto desenvolve unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, ampliando a capa de rodadura e construíndo unha senda específica para os peóns.

Acadarase un ancho máximo de 8 metros que dá a esta zona unha mellora substancial para o fluxo do tráfico e de persoas.

Preténdese desenvolver unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, nas parroquias de petelos, Dornelas e Torroso, que a día de hoxe encóntranse cunhas limitacións físicas á hora de acoller o tráfico de vehículos e peonil que por elas transita. Conseguirase deste xeito dar continuidade a estas rúas cunha sección axeitada cara a resolver e minorar os problemas circulatorios, agravados en momentos puntuais pola entrada e saída de alumnos nos equipamentos educativos emprazados nas Pozas. Estes son os motivos da necesidade de ocupar e executar a maior brevidade posible a infraestrutura proxectada (que permitirá unha mellora salientable do tráfico nun dos principais viarios do municipio). 

A delimitación do ámbito de expropiación comprende un total de 3.352,56 m² repartidos entre 126 predios segundo a realidade catastral identificada sobre o terreo, establecéndose a través dos seguintes lindeiros: ao norte, con rúa Brea e rúa Costiña, ao leste, en Seixabre coa estrada do Adrovello, ao sur, nace nas Pozas, na rotonda da estrada das Pozas; e ao oeste, camiño de Pedreira e camiño de Bouzos.

Papá Noel chega a Redondela e visitará aos nenos e nenas das parroquias a partir do luns

0

O venres, 17 de decembro, Papá Noel chega ao concello de Redondela para encher de ilusión aos nenos e nenas, escoitar as súas peticións e ir preparando todo para o día de Nadal. E non ven de paso. Ven para quedar uns días e poder achegarse non só rapaces e rapazas do casco urbano redondelán, senón que tamén percorrerá todas e cada unha das parroquias levar unha carga de ilusión ás e aos máis cativos da casa e, se cadra, para os non tan pequenos.

En Redondela, nenas e nenos poderán compartir un tempo con Papá Noel na casa que o Concello habilitoulle na Alameda Castelao. O fará entre o día 17 de decembro e o 24 de decembro en horario de 17 h a 19:30 horas.

Os días 18 e 19 de decembro, estará tamén cos nenos e nenas de Chapela na Alameda Rosalía de Castro en horario de 17 h a 20 horas.

Pasada a fin de semana comezará o percorrido de Papá Noel polas parroquias de Redondela.

Luns 20 de decembro

Papá Noel comezará a xúa xira en CESANTES, no Campo de San Pedro, entre as 16 h e 16 30 horas e no Centro Cultural de 16:45 h a 17:15 horas para continuar cara ao VISO onde terá un primeiro encontro coa rapazada no Centro Cultural de Soutoxuste de 17:30 h a 18 horas e posteriormente no Centro Cultural Saramagoso de 18:15 h a 18:45 horas. Pechará ese primeiro día de visitas en VENTOSELA no Centro Cultural de 19:15 h a 19:45 horas para facelo logo no Cruce estrada Vilar do Mato, da igrexa de Ventosela e de Castiñeira de 20:00 h a 20:30 horas.

Martes 21 de decembro

O martes será cando Papá Noel visite aos nenos e nenas de REBOREDA primeiro no Centro Cultural de 16 horas a 16:30 horas e máis tarde na Igrexa de Reboreda de 16:45 horas a 17:15 horas. Fará parada, despois, en QUINTELA, no torreiro da Igrexa de 17:30 h a 18 horas para seguir o seu percorrido por SAXAMONDE na antiga escola (camiño de Albarroz, 3) de 18:15 h a 18:35 h e no Camiño da Vía (á altura do número 29) de 18:45 h a 19:15 h. Finalmente, e de retirada a súa casa na Alameda Castelao, estará en REDONDELA na rúa Alfonso XII e Praza da Constitución.

Mércores 22 de decembro

A parroquia de VILAR, no Centro Cultural, será a primeira parada de Papá Noel de 16 h a 16:30 horas para reunirse cos nenos e nenas un pouco despois no parque infantil Pica Morena de 16:45 h a 17:15 horas. Seguirá o percorrido en CABEIRO, primeiro no Centro Cultural de 17:30 h a 18 horas e despois no parque infantil Camiño do Campiño de 18:15 horas a 18:45 h. A xira do mércores a pechará Papá Noel en SANTO ESTEVO DE NEGROS cun percorrido que fará polo Camiño de Fixón de 19 h a 19:20 horas e pechar o día no Centro Cultural de 19:30 h a 20:15 horas.

Xoves 23 de decembro

O último día de percorrido polas parroquias o comezará Papá Noel en CEDEIRA onde fará tres paradas. Unha primeira en A Portela, de 16 h a 16:20 horas; no Centro Cultural de 16:30 h a 17 horas e en A Formiga (estrada de Cedeira á altura do nº 51) de 17:15 h a 17:35 horas. Seguirá a ruta en TRASMAÑÓ primeiro no Centro Sociocomunitario de 17:50 h a 18:20 horas e posteriormente na intersección do camiño das Pedriñas (a altura do número 18) de 18:30 h a 19 horas. O percorrido do 23 de decembro o pechará en CHAPELA cunha primeira parada na Avenida de Redondela (Centro de Saúde) de 19:15 horas a 19:45 horas e finalmente na Alameda de Rosalía de Castro de 20 horas a 20:30 horas.

O Nadal chega a Ponteareas cun amplo abano de actividades para todas as idades

Ponteareas dá o pistoletazo de saída á programación dunha das épocas con máis maxia de todo o ano. Este xoves 16 arrancaban as actividades co tradicional Festival de Nadal do Conservatorio e Escola de Música Municipal de Ponteareas, que se celebraba a partir das 16.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal. Os actos alongaránse ata o 5 de xaneiro coa presenza dos Reis Magos na vila.

Serán case unha trintena de actividades “aptas para todos os públicos no que tamén haberá espazo para participar en familia e promover ademais as nosas tradicións, como os Ranchos de Reis ou a música tradicional. Trátase dunha programación pensada para ter unha ampla oferta de lecer e sacarlle o máximo partido a estas datas tan sinaladas”, salientan os concelleiros de Eventos, Miguel Bouzó, e de Cultura, Fernando Groba.

Dende o Concello convídase á veciñanza a participar nas actividades preparadas, todas elas de balde e con todas as medidas de prevención recomendadas polas autoridades sanitarias.

A primeira semana de programación será intensa, co primeiro pase o venres 17 da animación de rúa (ás 17.30 h con saída dende a Casa do Concello), que habitualmente recorrerá as rúas da vila durante o Nadal. O sábado 18 o protagonista será o deporte e a 8ª Gala de Nadal Club Patinaxe Luar ás 17.00 h no complexo deportivo Álvaro Pino. Xa ás 19.30 horas a música volverá subir ao escenario da sala multiúsos do auditorio municipal co concerto de Alberto Vilas Quintet. O domingo 19 daralle o relevo a Banda de Música Reveriano Soutullo, cun concerto sobre o mesmo escenario ás 18.00 horas.

Nesta programación de Nadal non faltarán as visitas do Apalpador e de Papá Noel nin os tradicionais Ranchos de Reis, que resoarán en varias ocasións durante os vindeiros días. Ademais haberá cine para mocidade, obradoiros de bolas e de cociña de Nadal organizados por Banastra, presentación de libros, música en vivo e deporte, coa cita anual coa Carreira San Silvestre Solidaria, que despedirá o ano na súa novena edición recorrendo as rúas do centro urbano.

Nestas datas tampouco pode faltar o lecer en familia, con sesión de cine infantil e contacontos. E, no marco desta completa axenda de Nadal, tamén se presentará o Calendario Galego de Ponteareas, que cada ano recolle instantáneas únicas da vida.

A programación rematará o mércores 5 de xaneiro coa recepción aos Reis Magos de Oriente ás 12.00 horas na Casa do Concello e animación en rúas e prazas cos grupos de Ranchos de Reis pola tarde ata o comezo da Gran Cabalgata.

O PP di “non” á proposta socialista para reactivar o pequeno comercio cun plan de reapertura e máis orzamentos

O PP vén de rexeitar a proposta socialista para reactivar o pequeno comercio cun plan de reapertura de negocios que tiveron que pechar por mor da pandemia e máis orzamentos para este sector. Ocorreu, hoxe, na Comisión de Comercio do Parlamento, onde o Partido Popular votou en contra dunha proposición non de lei do PSdeG neste sentido.

“O sector do comercio está na UCI”, alertou a voceira de Comercio do Grupo Socialista, Leticia Gallego, tras asegurar que, nesta recuperación económica, “están quedando polo camiño moitos pequenos comercios” por culpa da “falla de acción, compromiso e medidas para a reactivación económica” fronte á crise por parte da Xunta, que se materializa en 672 pequenos comercios pechados no que vai de ano.

Malia esta circunstancia, incidiu a socialista, a Xunta baixou en 5 millóns de euros a partida de ordenación, regulación e promoción do comercio interior en Galicia nos orzamentos de 2022 cando nos atopamos “en plena crise económica”, o que é “incrible” e “demostra que o comercio non é un sector estratéxico” para o goberno galego.

Leticia Gallego: “Están quedando polo camiño moitos pequenos comercios por culpa da falla de acción, compromiso e medidas para a reactivación económica”

“É necesario actuar con contundencia e firmeza”, sentenciou a socialista cando ademais “o sector do comercio non foi prioritario para a Xunta nin antes nin despois da crise da covid”, o que queda patente na “nula planificación ás subvencións ás asociacións e federacións de comerciantes” e nunhas axudas “totalmente insuficientes” para reducir ao máximo o impacto da covid que ademais “chegaron tarde”.

A Xunta “non executou” 140 millóns dos fondos COVID

Neste sentido, a voceira socialista denunciou a “mala xestión e pésima planificación” por parte do goberno galego das subvencións. “Foi unha vergoña o que pasou”, lamentou, xa que a Xunta terá que reintegrar 140 millóns dos fondos covid correspondentes ao terceiro rescate de emprego, “mentres que noutras comunidades se repartiron ao 100% as axudas”.

“Como pode ser que nunhas comunidades executaran todos os fondos e noutras, como en Galicia, non se executen, sendo os mesmos requisitos para todas?”, preguntouse Gallego.

Por todo isto, a voceira socialista urxiu ao goberno autonómico que saquen, no mes de xaneiro, as subvencións de 2022 co obxectivo de que “non volva a pasar o escándalo deste ano” e dada a “enorme crise” que está a vivir o pequeno comercio.

Un ‘Bono Activa Comercio’, de dubidoso éxito

Ademais, Gallego censurou que “a gran medida” do goberno da Xunta para o comercio fose o ‘Bono Activa Comercio’ cando “non está tendo todo o éxito que se cría, tal e como aseguran as asociacións de comerciantes”.

Ao fío disto, a responsable socialista fixo un “chamamento urxente ao gran problema do despoboamento na nosa terra que acelera o peche dos pequenos negocios tamén no rural”, xa que “non hai poboación, non hai comercio e non hai emprego”.

Por último, Gallego pediu á Xunta que reverta a súa “despreocupación total” polos comerciantes e active medidas económicas “cun maior orzamento para que este sector poida salvar a súa liquidez” e dea unha “resposta axeitada” ás necesidades do sector.

A Xunta renova a cuberta e fontanería do CEIP Mestre Manuel García de Oia

0

A Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de rematar as obras de renovación da cuberta e da fontanaría do CEIP Mestre Manuel García, no Concello de Oia, cun investimento de 63.000 euros. Con motivo da finalización dos traballos, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e do xefe territorial de Educación, César Pérez, realizou esta mañá unha visita de supervisión de ambas actuacións, orientadas á mellora da confortabilidade da comunidade educativa e ao proceso de constante modernización do colexio.

“Temos un forte compromiso coa educación pública e con dotar das melloras condicións aos centros, polo que facíase precisa esta dobre mellora en Oia atendendo a petición do Concello e do propio colexio”, detallou o representante autonómico, que lembrou que as actuacións educativas estanse a desenvolver nos cinco municipios da bisbarra do Baixo Miño.

A renovación da cuberta do CEIP Mestre Manuel García fíxose necesaria, xa que a preexistente sufriu importantes danos como consecuencia dun tornado, que dobrou as pranchas da cuberta nunha superficie de case 300 m² e arrancou as viguetas e os tabiques de sustentación.

Ante esta situación, procedeuse á construción dunha nova cuberta, previa retirada dos materiais danados e da súa estrutura. Así, construíuse un novo teito con viguetas ancladas ao forxado de formigón con tirantes de aceiro e coa instalación de panel sándwich de chapa prelacada cun núcleo de espuma de poliuretano.

Por outra banda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade tamén procedeu ao cambio da fontanaría do ximnasio deste colexio, que se atopaba en mal estado polo paso do tempo e pola antigüidade dos materiais, posto que toda a rede era de cobre. Por elo, substituíronse por novas tubaxes de compoñentes inoxidables que se distribuiron polos falsos teitos e polo interior dos baños, o cal outorgaralle máis vida útil, en vez de polo patio como sucedía ata a data.

Nigrán ofrece dende o venres o seu primeiro Mercado de Nadal ‘Bule Bule’ na Praza Rosalía de Castro

0

O Concello de Nigrán organiza desde a tarde do venres 17 de decembro ao domingo 19 o seu primeiro mercado de Nadal na Praza Rosalía de Castro, bautizado como ‘Bule Bule’, co obxectivo de dinamizar o comercio e ofrecer un ambiente festivo no núcleo urbano do municipio. O evento quedará oficialmente inaugurado o venres ás 18:30 horas co acendido do alumeado nesta Praza por parte do alcalde e de representantes de Ovalmi, entidade que tamén colabora. Durante os tres días haberá concertos en sesión vermú e pola noite.

“O obxectivo é ter un mercado de inverno que lle outorgue vida a esta plaza e, consecuentemente, a todo o centro de Nigrán”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca que a empresa Brétema Studio que organiza o evento está formada por dous mozos de Nigrán, Bárbara Ceballos e Mak Aguiar, de 24 e 29 anos respectivamente.

Deste xeito, a Praza Rosalía de Castro se transformará nun auténtico mercado de artesáns vidos de toda Galicia cunha vintena de postos moi diversos: desde cerámica, a coiro, ilustracións, moda, abalorios, xoguetes e demáis produtos de deseño, etc. O ámbito gastronómico contará coa presenza das empresas locais de Trisk-Ale/Banda (cervexas) e Chupipostres con alimentos doces e salgados. A maiores, estará presente ‘La isla de Tali’ cun posto destinado a obter recursos para o seu refuxio de animais no Miñor, JuanMaríaByLolola cos últimos deseños desta firma de roupa do CEE Juan María, e EVD Galicia vendendo esponxas vexetais de ‘Luffa’. Os concertos serán o venres ás 21:30 con Black Label Dúo, sábado ás 12:30 e 21:30 con Amparo e Hadrián Rivas e o domingo nos mesmos horarios con The Twinpims. O domingo, antes do derradeiro concerto, sortearase a rifa co premio dunha caixa chea de produtos de todos os postos.