O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, presenta o programa cultural e de lecer para este Nadal e Aninovo 2021-22. Trátase dunha programación pensada e dirixida para todos os públicos, onde os máis pequenos teñen un especial protagonismo.
ACTIVIDADES NADAL 2021-2022
Sábado 4, ás 19.00 h: Acendido de luces de Nadal
Lugar: Praza Maior. Haberá chocolate cañicense para todas-os as asistentes.
Sábado11, ás 20 h: Concerto da Escola de Música da Cañiza
Festival de Nadal dos alumnos-as da “Escola de Música da Cañiza”. Lugar: Centro Comarcal Paradanta
Sábado 18, ás 16.30 h: Festa de Papá Noel
Espectáculo de animación infantil A bailar no Nadal!
Visita de Papá Noel: Papá Nöel recibirá a todos os nenos-as. Música e regalos. Tamén Buzón Real para as cartas aos Reis Magos
Nota: Desgrazadamente por causa do COVID, este ano non haberá merenda.
Domingo 19, pola mañá: Papanoelada moteira
Moreas de Papá Nöel moteiros percorrerán o noso municipio agasallando con caramelos a todas as nenas e nenos.
Organiza: Motoclub “Tumbada ás 4” da Cañiza.
Domingo 19, ás 19.30 h: Concerto de Nadal
Actuación da Coral Polifónica da Cañiza. Lugar: Auditorio da Casa de cultura da Cañiza.
Luns 20, ás 10 h: Videoconferencia con Papá Noel desde Laponia
Lugar: Aula CEMIT da Cañiza. Alumnos-as de Infantil do CPI da Cañiza.
Martes 21: Papá Noel visita a escola
Ás 10.30 h Alumnos de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. Ás 12 h Escola Infantil Municipal
Ás 13 h Alumnas-os do CEIP de Valeixe
Domingo 26, ás 11 h: Visita do apalpador
O Apalpador xunto cos seus músicos e o seu burro Río Lor, vai agasallar as nenas e nenos da Cañiza con cántigas, lendas e contos.
Lugar: Rúa Oriente (fronte o Concello) – No caso de choiva a actividade vaise realizar na Casa de cultura da Cañiza.
Domingo 26, ás 17 h: Cine infantil
Película: Santa Claus y Cía. Lugar: Auditorio da Casa de cultura
Martes 28, mércores 29 e xoves 30
PARQUE DE ATRACCIÓNS INFANTIL: NORIA, CARRUSEL E BARCA
Lugar: Praza Maior da Cañiza
Horario: De 11.30 a 14 h e De 16 a 19.30 h
No caso de choiva os día poderán cambiarse, o cal se anunciará no seu momento.
CAMPAMENTO URBANO NADAL: Obradoiro de “xogos con risas aseguradas”
Ludoteca aberta con talleres e actividades lúdicas para @s adultas-os e nenas-os.
Horario de 10 a 14 h
Lugar: Casa de Cultura da Cañiza
INSCRICIÓN: BIBLIOTECA PÚBLICA DA CAÑIZA
XANEIRO 2022
Domingo 2, ás 17h: Cine infantil
Película: Home, hogar dulce hogar
Lugar: Auditorio da Casa de cultura
Martes 4 de xaneiro
VISITA DOS REIS MAGOS ÁS PARROQUIAS DA VILA
Horario:
PARROQUIA | LUGAR DE ENCONTRO COS REIS MAGOS | HORARIO |
A Franqueira | O Cebreiro | 14:30 h |
Luneda | San Roque | 15:00 h |
Parada | Diante da Igrexa | 15:20 h |
Valeixe | Explanadada “Hermandad” | 15:40 h |
O Couto | Diante da Igrexa | 16:05 h |
Oroso | Diante da Igrexa | 16:25 h |
Petán | Diante da Igrexa | 16:45 h |
As Achas | Diante da Igrexa | 17:05 h |
Martes 4 de xaneiro, ás 18 h: Cabalgata de Reis
Lugar: Auditorio da Casa de Cultura e rúas da Vila
Saída das Carrozas pola vila
Foguetes de artificio
Recepción dos Reis aos nen@s
No Auditorio da Casa de cultura da Cañiza (condicionado á situación COVID)
EXPOSICIÓN DE BELÉN
Este ano o concello conta cun belén feito de xeito artesanal por unha veciña do noso concello, e que pode ser visitado por todos.
Belén a cargo de Marta Mariño, exposto na Salón de Plenos do Concello da Cañiza dende o luns 20 de decembro ata o venres 7 de xaneiro, e que pode ser visitado en horario de 8 a 15 h.