O sábado, ás 17.00 h, foi inaugurado por unha representación da corporación mosense, encabezada pola alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, o centro social e deportivo da Comunidade de Montes de Guizán.
O acto que comenzou co corte da cinta por parte do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, o descubrimento da placa inaugural e a bendición do edificio por parte do cura párroco de Guizán, Eloy Perales Rodal.
Contou ademais coa participación de Rubén Blanco, porteiro do R.C Celta natural de Guizán, e as intervencións de Julia Loureiro, en calidade de veciña e concelleira da parroquia; Mª del Camen Mirou, presidenta do Círculo Cultural; así como a explicación técnica do arquitecto da obra Jaime Iglesias Taibo.
O acto foi clasurado trala intervención de Jose Luis Fernández, presidente da Comunidade de Montes de Guizán, e pola alcaldesa de Mos, Nidia María Arévalo, que fixo entrega da bandeira de Mos ao presidente da Comunidade ao son do himno de Mos interpretado polo gaiteiro Xosé Oliveira e grupo Ruada de Torroso.
O centro foi construído pola comunidade de montes de Guizán cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do Aeroporto.
O edificio presenta un total construído de 2020 metros cadrados distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta. No cal investíronse cerca de 2 millóns de euros.
Neses metros cadrados intégranse aulas de informática e cociña, sala de xogos, biblioteca, oficina para a Comunidade de Augas e festas veciñais da parroquia. Tamén hai unha oficina para a sociedade Recreativa de Guizán e outra oficina para a Comunidade de Montes. Aseos. sala de xuntas, cafetería, que se rexentará en concesión e un salón de actos con capacidade de 230 persoas con escenario e camerino.
Conta ademais cunha sala polivalente para ximnatas e ximnasio cos seus respectivos vestiarios.
No exterior conta con pistas de pádel e unha pista polideportiva así como un parque infantil.
O centro foi construído para uso e disfrute de todos os veciños de Guizán, aínda que non sexan comuneiros.