A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade. Para iso, organiza un concurso co obxectivo de “plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo que é a OMIX de Tomiño”.
A frase ou deseño gañador será serigrafiado en bolsas de tea, e dentro haberá información e sorpresas que serán repartidas entre todo o alumnado do Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño.
As propostas pódense enviar ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico: [email protected].