Sábado, 26 Xullo de 2025

Todo disposto para que os Reis Magos percorran as rúas de Redondela

0

As Súas Maxestades de Oriente non faltarán esta tarde á súa cita coa veciñanza de Redondela. Logo de recibir a ducias de nenos e nenas esta mañá na carpa do campo da feira na súa cabalgata estática, esta tarde sairán á rúa.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que “a ilusión dos nenos e nenas é o máis importante nestas datas” e ante a previsión de melloría meteorolóxica as carrozas sarián polo centro da vila. O percorrido comezará na Praza de Ponteareas ás 18.00 horas e rematará na rúa Xeneral Rubín, dando volta no campo da feira.

Desde a concellería de Cultura Rita Pérez adianta que será “o mellor desfile de Reis da historia” cun total de seis carrozas ambientadas nos contos clásicos infantís e con moitas sorpresas.

Tui e Valença celebran a súa Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença

0

Todo preparado para que as súas Maxestades de Oriente realicen esta tarde un percorrido internacional entre Tui e Valença. Chegarán á Eurocidade en tren, á estación do ferrocarril de Valença ás 16 h da tarde. Unha hora despois, ás 17 h, xunto coa súa comitiva, formada por máis de 200 persoas iniciarán o percorrido que os levará até o centro urbano de Tui.

Os Reis irán en tres magníficas carrozas, e na comitiva participan tamén as carrozas das asociacións culturais Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe. Porán música a este evento a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro e as charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo. No seu percorrido repartirán 1500 quilos de caramelos sen glute.

Dende a Estación do Tren de Valença o percorrido continuará polas avenidas do Colégio Portugués e Miguel Dantas, a rotonda da Trapicheira, a Avenida de Espanha, a vella Ponte Internacional, para entrar a Tui pola Avenida de Portugal, as rúas Martínez Padín e Augusto González Besada, para xirar cara a praza da Galicia, e continuar polas rúas Lugo, Ourense, e Colón.

Xa no interior do Teatro Municipal, os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas que desexen saudalos e compartir con eles os seus soños e desexos para esta noite máxica.

Colaboran neste evento a Garda Nacional Republicana, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, Protección Civil de Tui, Policía Local de Tui, o grupo Scouts Aloia, e a Radio Municipal de Tui.Colaboran neste evento a Garda Nacional Republicana, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, Protección Civil de Tui, Policía Local de Tui, o grupo Scouts Aloia, e a Radio Municipal de Tui.

A Marcha Cicloturista Sestelo ‘Clásica Álvaro Pino’ abre o seu período de inscrición

A marcha, que leva o nome do ilustre exciclista ponteareán, mantén todos os obxectivos da pasada edición, o mesmo trazado e os dous percorridos, un curto de 67 quilómetros que contempla a subida a tres portos e un desnivel positivo de 1.000 metros, e un longo de 123 quilómetros que contempla a subida a seis portos e un desnivel positivo de 2.150 metros. A Sestelo Clásica Álvaro Pino converteuse xa nunha marcha consolidada e nun referente no calendario cicloturista nacional á que acoden ciclistas de toda España e mesmo algúns do estranxeiro.

Este ano os portos polos que pasará a marcha serán os mesmos da pasada edición: Fraga do Rei, Muro das Neves, Muro dá Luz, Franqueira por Uma, Moncelo e Carbitallo. A saída e chegada levarán a cabo en Ponteareas, na Praza de Bugallal, e contará cun tramo inicial neutralizado e o resto a velocidade libre, pero tentando reagrupar aos corredores nos avituallamientos de Salvaterra e A Cañiza.

A marcha pasará por nove concellos (Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, Cañiza, As Neves, Salceda, Tui e Salvaterra), e terá máis de 2.000 metros de desnivel acumulado. A organización establece un tramo cronometrado no alto da Franqueira por Uma, que dará comezo no quilómetro 56 da marcha e finalizará no quilómetro 64, á altura da Franqueira. Ademais, establecerase unha cronometraxe total desde a saída ata a chegada de cada participante.

Unha das novidades deste ano será que a marcha contará cun homenaxeado, que en está edición de 2024 será o ex ciclista pontareano Suso Carballido. Ademais, a Sestelo Clásica Álvaro Pino contará con invitados especiais, como todos os anos, pero que aínda se manteñen en segredo.

Desde a organización sinalan que están moi felices da gran acollida e participación que tiveron nestas últimas edicións, completando as 400 inscricións antes da data de peche, e para este ano preveen un total de 500 rexistrados.

Esta nova edición da Sestelo Clásica Álvaro Pino tamén contará coa participación de Discamino, e os participantes que desexen poderán facer unha doazón coa súa inscrición ao seu proxecto.

Os organizadores queren destacar a continuidade do apoio dos patrocinadores para a celebración deste evento: Grupo Sestelo, Rodosa, Darlim, Lynalfa Grupo Asegurador, BTravel Brand, Ferraxería Barral, Biziebike Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra, GDR Condado Paradanta e numerosos comercios locais que colaboran neste evento deportivo.

A Clásica Álvaro Pino estrea este ano nova camisola e de momento, como nas dúas edicións pasadas, é un dos segredos mellor gardados pola organización, aínda que si que a organización sinalou que seguirá sendo da marca Gobik.

O día previo á marcha, o sábado 25 de maio, celebrarase a xa clásica Feira do Corredor na que os participantes poderán recoller o seu dorsal, a bolsa do corredor, a charla cos invitados deste ano, e gozar de moitas sospresas que a organización lles ten preparadas do mesmo xeito que en edicións anteriores.

O evento conta cunha páxina web www.clasicaalvaropino.com a través da cal se poden facer as inscricións, e tamén a través das súas redes sociais de Facebook e Instagram @clasicapino. As inscricións xa están abertas nunha fase promocional a un prezo de 35€ e que só durará ata o 15 de xaneiro ás 23:59 horas.

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra de Miño rexistra máis pechou o ano 2023 con máis de 1500 visitas

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca, no municipio de Salvaterra de Miño, pecha o ano rexistrando un total de 1508 visitas. Un máximo histórico que sitúa este espazo como un referente cultural sobre a vitivinicultura en España, así o avala o número de visitantes recibidos dende que abrira as súas portas en febreiro do 2019.

Os visitantes que se achegaron neste 2023 ó museo, máis de 1200 procedentes do territorio nacional e case 300 dende fora do país; valoran as instalacións e o trato persoal recibido durante a súa visita. O carácter didáctico e interactivo do Museo da Ciencia do Viño na promoción do “Condado do Tea” baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas pon en valor unha marca propia ó mesmo tempo que pon de manifesto a riqueza existente da zona vinícola e como destino turístico co selo distintivo: Salvaterra de Miño.

Os meses con maior número de visitas rexistradas foron os de maio, agosto, setembro e decembro; meses que coinciden co período de vacacións e festas xa de relevancia e de promoción dos viños da zona como son a Festa do Viño do Condado do Tea no mes de agosto ou a Festa do Viño Espumoso en decembro. Só durante o mes de agosto foron preto de 300 as persoas que se achegaron ata o museo.

En Galicia, o turismo enolóxico é un dos principais reclamos turísticos xa que falamos dunha experiencia orixinal que engloba multitude de actividades complementarias arredor do mundo do viño como a gastronomía, a cultura, o patrimonio ou a tradición.

Os Reis Magos chegan ao centro de Ponteareas este venres logo de recoller os desexos da cativada nas parroquias

O Concello, a través da concellería de Cultura, ten xa todo preparado para a chegada dos Reis Magos ao casco urbano do municipio logo de que Melchor, Gaspar e Baltasar tiveran recollido os desexos dos nenos e das nenas das parroquias. Así, este venres día 5 as Súas Maxestades de Oriente continuarán o seu itinerario polas rúas do centro de Ponteareas.

A cabalgata dos Reis Magos iniciará o seu percorrido a partir das 18:00 horas na Avenida Rosalía de Castro. Desde alí, circulará pola rúa Oriente ata chegar á Praza Maior. Continuará por Rúa Arxentina cara Doutor Fernández Vega e baixará por Reveriano Soutullo. Pasará de novo pola rúa Oriente e terminará o seu itinerario no Auditorio Municipal.

Toda vez que finalice o desfile, a partir das 20:00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e as nenas no Auditorio Municipal para seguir recollendo os seus desexos de cara á gran noite. Ademais, entregarán á cativada un pequeno agasallo.

Mos inicia a posta en valor do Castro de Torroso coa compra de 2000 metros cadrados a particulares

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polo segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Patrimonio, Leo Costas, asinaron esta semana ante notario a compra por parte do Concello de terreos no Castro de Torroso a dous particulares. Con esta adquisición dáse o paso necesario para poder iniciar a posta en valor do Castro de Torroso, un dos xacementos arqueolóxicos castrexos máis antigos de Galicia.

A administración local mosense inviste na compra destes 2000 metros cadrados preto de 16.500 euros, fixando un prezo de 8,50 euros/metro cadrado.

A superficie total do Castro é moito máis grande pero comezouse a adquisición de terreos nesta zona por ser onde xa se atopaban feitas as catas desde os anos 80 do século pasado. É dicir, trátase da parte na que as construcións castrexas xa se atopan descubertas e á vista. Estas parcelas corresponden á parte alta do Castro que é a máis cha, accesible e visitable.

O edil de Patrimonio, Costas, e Arévalo, rexedora local mosense, declaráronse sobre esta sinatura “satisfeitos de ter podido concluír un procedemento complicado que levou tras de sí dous anos de investigación para poder lograr localizar aos titulares dos terreos adquiridos”. “Pechamos así, polo tanto, un círculo que dá solución a unha cuestión moi importante para posta en valor do patrimonio histórico e cultural mosense”, salientaron os representantes municipais.

Nidia Arévalo e Leo Costas informaron que, unha vez comprados os terreos, xa se está a traballar no proxecto de posta en valor do xacemento de Torroso. Documento que, unha vez rematado, será presentado na Xunta de Galicia para poder iniciar o procedemento de consolidación do Castro. Por último alcaldesa e concelleiro avanzaron que no ano 2025 contémplase continuar coa compra de terreos a particulares no Castro de Torroso.

Sobre o Castro de Torroso

Este Castro é un dos máis senlleiros de Galicia, dos mellor estudados e dos de maior interese científico e cultural.

Na primavera do ano 1983 descubriuse fortuitamente un xacemento en Torroso, moi preto do límite con Petelos, logo de que os temporais do inverno deixasen ao descuberto fragmentos cerámicos. As características morfolóxicas e técnicas destes vestixios motivaron o inicio dunha serie de escavacións, levadas a cabo entre 1984 e 1990 por Antonio de la Peña Santos, nas que se puido comprobar que se trataba dun xacemento castrexo.

O Castro de Torroso é un dos máis senlleiros de Galicia, dos mellor estudados e dos de maior interese científico e cultural. Conta cunha extensión dunhas 2,8 ha e unha altura máxima de 137 metros que lle permiten dominar uns terreos moi aptos para o aproveitamento agrícola e forestal.

Ao nordeste desta aldea fortificada prehistórica corre un regato que lle proporcionaba auga e pesca, ao igual que o río Louro, que flúe a 1,7 km do xacemento polo leste. Este río discorre ao longo dunha parte da Depresión Meridiana, unha grande fractura xeolóxica natural que une Tui con Padrón e que constitúe un lugar de paso natural privilexiado para o tránsito de persoas e mercadorías.

No Castro de Torroso atopáronse gravados rupestres, cerámicas, obxectos líticos e pezas de metal.

O Concello de Covelo agasalla á veciñanza cun calendario 2024 que difunde a riqueza e beleza local

0

Dar a coñecer a riqueza natural, histórica e etnográfica do Concello de Covelo é un dos obxectivos do calendario que nestes días reparte o Concello entre a súa veciñanza. Acompañar ás veciñas e veciños ao longo do ano, salientar as datas das festas locais e, sobre todo, amosar a beleza natural e paisaxística son outros dos obxectivos deste calendario que se repartíu entre a hostalaría local de todas as parroquias para facilitar que as persoas que non viven no centro urbano poidan recollelo.

Ademais, calquera persoa empadroada pode achegarse en horario de mañá de 9 a 14 horas ao Concello e facerse con este primeiro agasallo de nadal que, con cariño e orgullo, distribúe a administración local.

Baixo o título “Covelo é arte” atopamos un total de once fotografías seleccionadas do concurso de fotografía convocado polo Concello que nos levan pola reitoral de Barcia de Mera; polo amencer en Ponte Maceira; polo noso extenso, elegante e sinxelo patrimonio micolóxico; polas rutas máxicas acompañadas por hórreos e variada paleta de cores no horizonte para parar a tomar unha “caña” na praza e falar cos coñecidos e coñecidas da fogueira de San Xoán ou das moitas tradicións que aínda conserva Covelo. Amparándonos nas sombras e luces do luscofusco subiremos ao Faro de Avión ou achegarémonos a contemplar os restos do pasado en San Estevo de Casteláns. Refrescaremos a vista no río de Castro para poder seguir contemplando o amplo patrimonio natural e histórico do Concello de Covelo.

“Todas as persoas veciñas de Covelo formamos parte dunha comunidade que vive nun lugar fermoso que temos a obriga e a responsabilidade de coidar, respectar e mellorar. E podemos facelo a través da nosa participación en colectivos como as comunidades de montes, as asociacións veciñais ou culturais, de mulleres rurais, as comunidades parroquiais, os clubs deportivos, o voluntariado, Protección Civil… ou simplemente cultivando as nosas relacións sociais e culturais e compartindo as celebracións e festas populares coa intención de mellorar o noso sentimento de pertenza a unha colectividade”, sinala o alcalde Pablo Castillo que, no seu nome e no das concelleiras e concelleiros da Corporación do Concello de Covelo, desexa un feliz e venturoso ano.

A Cabalgata de Reis na Guarda estrea itinerario e formato neste 2024

0

Recen comezado o 2024 A Guarda prepárase para gozar da ansiada Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro, que neste 2024 incorpora novidades no seu percorrido e e formato. O percorrido da Cabalgata arrancará ás 18:00 h dende o Porto da Guarda, para subir pola Rúa Concepción Arenal ata finalizar na Praza de Avelino Vicente, sendo na carpa instalada nesta praza onde os Reis realizarán a tradicional Recepción aos nenos, para escoitar os seus desexos nesta noite tan especial para eles.

Os Reis Magos serán acompañados no seu percorrido polos grupos de gaitas da Terceira Idade e Do Lusco ó Fusco e polo grupo de baile Dansá, que amenizarán e embelecerán este percorrido.

Co fin de favorecer a organización do tráfico e a seguridade dos asistentes que se queiran achegar, a rúa Concepción Arenal e as rúas do seu entorno sufrirán cortes de tráfico a partir das 17:30 h. Nos vindeiros días publicarase o detalle das restricións de tráfico.

Redondela executou neste ano máis de 5,4 millóns de euros dos fondos europeos Edusi o que representa un 87 % do programa

0

O Concello de Redondela executou neste ano 2023 máis de 5,4 millóns de euros das axudas europeas de fondos EDUSI (5.432.801,84 €) nos diferentes proxectos subvencionados. Estes fondos da UE serviron para facer realidade importantes obras, mellorar infraestruturas municipais e poñer en marcha novos servizos tecnolóxicos para a cidadanía. Os traballos realizados supoñen un investimento total de 5.432.801,84 €, o que representa unha porcentaxe total do 87 % do programa.

Entre as obras executadas inclúese a urbanización da alameda Rosalía de Castro de Chapela e a súa contorna (490.869,77 €) e as instalacións deportivas do skatepark e baloncesto en Redondela e o skatepark na vía verde de Chapela (738.400 €). Mellorouse a mobilidade e a seguridade viaria coa renovación da Praza de Ponteareas (1.091.000 €).

Creáronse novas sendas verdes e paseos peonís que serviron para recuperar espazos naturais, como a Vía Verde para uso peonil e ciclista na antiga vía de ferrocarril de Chapela (806.084,47 €).

Outros traballos serviron para poñer en valor o patrimonio histórico e cultural de Redondela, como a conservación e mantemento do cemiterio dos Eidos (285.655,93 €) e a remodelación da oficina de Turismo e a aula Etnográfica no antigo conservatorio (343.887,64 €).

Outras melloras realizadas grazas aos fondos europeos EDUSI Redondela 2020 foron o acondicionamento e mellora enerxética da casa consistorial (530.435,21 €) e na oficina de Servizos Sociais de Chapela e o departamento de Atención á Muller ( 490.869,77 €).

Outro dos ámbitos de actuación dos fondos europeos son as novas tecnoloxías. Grazas á subvenció melloráronse as TICs no Concello para lograr unha Administración electrónica plena e transparente cos servizos de Smart Cities e unha nova plataforma para a veciñanza, así como novos enlaces de comunicacións e puntos inalámbricos (403.834,28 €).

No caso da rehabilitación das antigas casas dos mestres as obras demoráronse por mor de problemas atopados na cimentación, o que obrigou a adiar os traballos. Con todo, desde o Concello anuncian que “o novo museo etnográfico Ángel Barros previsto nesta edificación construirase igualmente e será unha realidade neste 2024”

O Pleno do Porriño aproba unha moción do BNG para reclamar á Xunta a cobertura do cadro de persoal do centro de saúde

O BNG acadou o voto unánime do pleno da corporación municipal para esixir melloras na atención do Centro de Saúde do Porriño. Hai tan só tres meses, o Partido Popular e a propia concelleira de Política Social negaba a saturación das axendas no Porriño, cando ata a propia Xunta de Galicia recoñeceu no Plan Local de Saúde 2023-2026 que existían necesidades sanitarias non cubertas, con cupos por riba das ratios recomendadas.

Segundo os nacionalistas porriñeses o novo centro de saúde “serviu para unha nova estratexia de propaganda política do PP: foron capaces de privar ao Porriño desta urxente necesidade ata que non mudara a cor do goberno municipal, pero non supuxo a ampliación médica que estabamos agardando, dadas as características demográficas do noso concello”.

O Porriño presenta unha elevada densidade de poboación ó atraer novas veciñas e veciños dos concellos da área de Vigo. Ademais, leva anos sendo dos poucos concellos galegos con saldo vexetativo positivo, cunha taxa de natalidade e fecundidade superior á media da provincia. A poboación que ten asignada o Servizo de Atención Primaria do Porriño vai en aumento tanto en maiores de 65 anos como en idade pediátrica, pero isto non se reflicte no cadro de persoal do novo centro de saúde.

No pleno de decembro e a iniciativa do BNG, aprobouse instar a Xunta de Galicia a dotarsuficientemente os servizos básicos diarios, a cubriras ausencias médicas e a ampliar asprazas de pediatría (no PAC compartido con Salceda e Mos) e enfermería obstétrico-xinecolóxica. Tamén se require que se dote de persoal o espazo habilitado para fisioterapia e saúde mental, servizos de apoio non prestados actualmente.

A moción presentada polo BNG engade a demanda de que se dote a Unidade de Adiccións a Drogodependentes do personal necesario, un servizo especializado na atención a persoas con conductas adictivas dos concellos de toda área sanitaria: O Porriño, Mos, Salceda de Caselas, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, A Cañiza, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, Salvaterra de Miño, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui. Tamén se pide que se realicen as actuacións necesarias para que a UAD sexa integrada no novo centro sanitario, xa que é un servizo dependente da Subdelegación Xeralde Saúde Mental e Drogodependencias da Xunta de Galicia e non ten que ser excluído das novas instalacións sanitarias.

A fenda galega en investimento en servizos públicos –afirma o BNG– “volveuse incrementar coa media estatal. Só Andalucía e Madrid destinan á sanidade menos fondos que Galicia, segundo os datos publicados estes días pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef)”.

Todo disposto para a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença

0

Melchor, Gaspar e Baltasar volverán a percorrer este venres, 5 de xaneiro, ás rúas da Eurocidade Tui-Valença. As súas Maxestades de Oriente chegarán ás 16 h até a Estación de Valença, onde serán recibidos polas autoridades locais. Ás 17 h nas súas magníficas carrozas coidadosamente decoradas e iluminadas iniciarán un percorrido de 3,5 quilómetros. Coma veñen facendo dende 2010 os Reis Magos protagonizarán a única cabalgata internacional que se realiza entre España e Portugal.

Abrirá a comitiva real a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro e participarán tamén as charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo. Amais das carrozas reais tamén estarán presentes na cabalgata as carrozas realizadas polas asociacións culturais Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe. En total serán máis de 200 persoas as que acompañen a Melchor Gaspar e Baltasar neste percorrido internacional no que repartirán ilusión, maxia e 1.500 quilos de caramelos sen glute.

Os Reis Magos irán dende a Estação de Comboios de Valença, pasando polas avenidas do Colégio Português e Miguel Dantas, a rotonda da Trapicheira e a avenida de Espanha. Punto destacado no seu percorrido será o paso pola vella Ponte Internacional, para continuar xa en Tui pola avenida de Portugal, as rúas Martínez Padín e Augusto González Besada, até a carpa do Paseo da Corredoira, onde está prevista a súa chegada ás 19 h. Tras saudar a todas as persoas que alí se atopen Melchor, Gaspar e Baltasar, recibirán a todos os nenos e nenas que desexen achegarse a compartir con eles uns minutos.

Colaboran neste evento a Garda Nacional Republicana, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, Protección Civil de Tui, Policía Local de Tui, o grupo Scouts Aloia, e a Radio Municipal de Tui.

Os Reis Magos estarán xa o xoves na Eurocidade Tui-Valença visitando as persoas usuarias das residencias Paz e Ben, San Temo e do centro de día Amoralia, e da Santa Casa da Misericordia, Cruz Vermelhela de Centro de Día de Valença.

O Goberno de Ponteareas afirma que en decembro fixo “un desembolso récord de 2 millóns de euros para salvar os fondos Edusi

O goberno municipal vén de acometer o pago da totalidade dos proxectos financiados cos fondos europeos “EDUSI”, salvando así o risco da súa perda cando hai escasamente 5 meses, coa chegada de Nava Castro á alcaldía, aínda restaba case o 30 % dos fondos por pagar debido a unha alarmante falta de planificación na súa xestión así como tamén a unha crítica situación económica que impedía facer fronte a estes pagos millonarios antes do 31 de decembro do 2023.

A herdanza que recibimos da EDUSI por parte do anterior goberno formado polo BNG e polo PSOE foi como “unha mazá podrida”, indica a concelleira de Urbanismo e Fondos Europeos, Silvia Fernández. “Xa sabíamos que a situación da execución deses fondos non era nada boa, e así o alertamos en diferentes momentos do anterior mandato. Sen embargo, o que non esperábamos era atopar 2 millóns de euros sen executar a apenas 5 meses de rematar a súa xustificación ante Europa”, incidiu a edil.

Unha vez realizado este millonario pago en tempo e forma, o goberno municipal atópase neste momento traballando a contra reloxo para poder xustificar ante Europa a correcta execución de ditos fondos e poder así proceder ao seu ingreso. “Xa que outra das herdanzas que nos atopamos sabendo que o Concello recibiu a concesión da axuda EDUSI hai mais de 6 anos, foi a ausencia total de ingresos nas arcas municipais por un retraso completamente inxustificado na entrega da documentación a Europa”, explica Fernández.

Esta situación motivou a urxencia de que a alcaldesa, Nava Castro, acompañada pola edil da área, Silvia Fernández e o concelleiro de Facenda, Francisco Represas, mantivera unha reunión cos responsables de xestionar os fondos no Ministerio de Facenda. Na xuntanza, confirmouse o retraso na xustificación por parte do anterior goberno do BNG e do PSOE polo que se procedeu a buscar diferentes solucións entre ambas administracións.

Deste xeito, o actual goberno, liderado por Nava Castro, salvou en tempo récord, 5 meses, a execución e xustificación destes fondos europeos, que superan os 6 millóns de euros. “Grazas a un intensísimo traballo realizado en mesos de medio ano, conseguíronse desbloquear proxectos clave como a rehabilitación da nave de Aceros del Tea coa súa adquisición e execución do proxecto de consolidación estrutural, a posta en funcionamento do Centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Espazo de Co-Working, a incorporación de diferentes sistemas tecnolóxicos, e o desbloqueo da construción da residencia de artistas coa que se encontraba o proxecto por falta de fondos”, segundo indicou Fernández.

Neste sentido, a concelleira apuntou que “a veciñanza de Ponteareas non se pode permitir pagar as consecuencias dunha calamitosa falta de xestión dos máis de 6 millóns de euros da EDUSI por parte do anterior goberno BNG-PSOE” e que, por este motivo, “non vamos a tolerar as acusacións por parte da oposición e as súas mensaxes alarmistas sobre a xestións destes fondos”.

Finalmente, a edil indica que “os veciños e as veciñas poden estar tranquilos, porque o actual goberno liderado por Nava Castro fixo todo o posible para que en tempo récord estes fondos se puidesen salvar”.

O Concello de Redondela amplía o horario de atención ao público da alcaldesa e os concelleiros

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os concelleiros do Grupo de Goberno amplían o seu horario de atención ao público co fin de que a veciñanza teña máis doada a posibilidade de trasladarlles as súas preguntas, queixas ou suxestións.

De acordo coa nova medida os horarios de atención ao público serán os seguintes:

  • Digna Rivas Gómez, alcaldía
    • Luns de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas
    • De martes a venres de 9:30 a 10:30 horas
    • 1ª planta do Concello
    • Teléfono 604 082 428 [email protected]
  • Antonio Cabaleiro Covelo, concellerías de Economía e Facenda, Emprego, Transparencia e Novas Tecnoloxías, Transición enerxética e Urbanismo
    • De luns a venres de 9:30 a 10:30 horas
    • Martes de 10:00 a 13:00 horas
    • Mércores de 17:00 a 20:00 horas
    • 1ª planta do Concello
    • Tel 604 074 741 [email protected]
  • Iván Valles Rodríguez, concellerías de Deportes, Xuventude e Ensino e Conservatorio
    • De luns a venres de 10:30 a 11:30 horas
    • Martes de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas
    • 1ª planta do Concello
    • Teléfono 604 034 253 [email protected]
  • Pedro Villaverde Campos, concellerías de Parques e Xardíns, Benestar Comunitario, Feiras e Mercados
    • De luns a venres de 12:00 a 13:00 horas
    • Martes de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas
    • 1ª planta do Concello
    • Teléfono 604 065 679 [email protected]
  • María del Pilar Martínez González, concellerías de Persoas Maiores e Infancia, Sanidade e Medio Ambiente
    • De luns a venres de 12:00 a 13:00 horas
    • Martes de 10:00 a 13:00 horas
    • Xoves de 17:00 a 20:00 horas
    • Martes planta baixa do Concello, xoves 1ª planta do Concello.
    • Teléfono 604 026 069 [email protected]
  • María Rita Pérez Táboas, concellerías de Persoal, Interior e Seguridade, Cultura,Turismo e Patrimonio
    • De luns a venres de 12:00 a 13:00 horas
    • Luns de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas
    • 1ª planta do Concello
    • Teléfono 604 082 430 [email protected]
  • Iria Vilaboa Álvarez, concellerías de Servizos Sociais, Servizos sociocomunitarios, Igualdade, Participación cidadá e Parroquias
    • De luns a venres de 12:00 a 13:00 horas Lugar: Edificio de Servizos Sociais
    • Martes de 10:30 a 13:00 horas Lugar: Edificio de Servizos Sociais
    • Xoves de 17:00 a 20:00 horas
    • 1ª planta do Concello
    • Teléfono 604 038 653 [email protected]
  • Roberto Villar Rodríguez, concellería de Infraestruturas e Sostibilidade (Vías e obras, Alumeado público, Abastecemento de auga e saneamento, etc)
    • Martes de 10:30 a 11:30 horas con cita previa, de 11:30 a 12:30 horas sen cita previa
    • Mércores de 17:30 a 19:30 horas con cita previa
    • Xoves de 10:30 a 11:30 horas con cita previa, de 11:30 a 12:30 horas sen cita previa
    • 1ª planta do Concello
    • Teléfono para cita previa 986 400 300

Aberto o prazo para inscribirse na primeira das rutas ornitolóxicas da Deputación do 2024

Dende hoxe mesmo e ata o 12 de xaneiro pódese formalizar a inscrición para participar na primeira das rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra deste 2024. A primeira proposta do ano do programa “Voando nas Rías Baixas”, que impulsa a institución provincial da man de Seo/BirdLife, terá lugar o domingo 14 de xaneiro cunha ruta pola Foz da Ramallosa e praia América, nos concellos de Nigrán e Baiona.

A Foz da Ramallosa é un espazo intermareal protexido pola Rede Natura 2000. Trátase dun lugar de alto valor ecolóxico, moi cómodo para a observación de aves polo preto que se poden avistar e polo confiadas que se mostran cara ao ser humano. Durante a ruta ornitolóxica, as persoas participantes poderán ver limícolas como mazaricos, biluricos ou pilros; unha ampla variedade de gaivotas, así como diferentes especies de garzas, aguias pescadoras e aves mariñas como os carráns cristados.

As persoas interesadas en participar poderán facelo a través do formulario publicado xa na páxina web da Deputación de Pontevedra. Ofértanse 25 prazas e poderase anotar na actividade a persoa solicitante xunto con tres acompañantes máis. O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle unha guía de aves.

O programa “Voando nas Rías Baixas” contempla no 2024, ademais deste percorrido pola Foz da Ramallosa e praia América do día 14 de xaneiro, outras seis rutas ornitolóxicas por diferentes espazos da provincia de alto valor ecolóxico ou protexidos pola Rede Natura 2000. Deste xeito, en febreiro terá lugar un percorrido polo esteiro do río Lérez e a zona intermareal Combarro-Lourido (Pontevedra e Poio), en abril polas Ribeiras do río Umia (Ribadumia e Cambados), en maio pola Serra do Suído (A Lama, Fornelos de Montes e Covelo), en xuño pola praia da Lanzada (O Grove), en setembro polas lagoas de Rouxique (Sanxenxo) e en novembro polo esteiro do río Miño (A Guarda).

Redondela contará coa mellor cabalgata da historia con seis carrozas e personaxes de conto

0

Os Magos de Oriente estarán o día 5 de xaneiro en Redondela ao longo de todo o día. Co gallo da previsión de chuvia para o día de mañá os Reis recibirán aos nenos e nenas nunha carpa instalada no campo da feira de 11.00 h a 13.30 horas. Xa pola tarde, se o tempo o permite, realizarase a cabalgata itinerante polas rúas de Redondela dende as 18:00 h. En caso de choiva as carrozas manteranse na carpa do campo da feira de 17:30 h a 20:30 horas. Na carpa haberá moitas actividades, animación e sorpresas para que os máis pequenos poidan vivir a maxia do día de Reis.

A alcaldesa, Diga Rivas, afirma que este ano “celebrarase a mellor cabalgata de Reis da historia de Redondela nunha xornada que será máxica e chea de ilusión para nenos e nenas, xa que os máis pequenos merecen que fagamos todo o esforzo por eles”.

Desde a concellería de Cultura a concelleira Rita Pérez sinala que “este ano ampliouse a cabalgata, cun total de seis carrozas ambientadas en contos infantís e con moitas sorpresas, e será o mellor desfile de Reis na historia de Redondela”. Melchor, Gaspar e Baltasar estarán acompañados da Coca Simona, os Tres Porquiños, Cenicienta e Aladdín coa súa lámpada marabillosa, entre outros famosos personaxes dos contos. Haberá moita animación e sorpresas para crear “unha noite de reis máxica” e repartirase máis dunha tonelada de caramelos sen glute e sen alérxenos “para que todos os nenos e nenas poidan gozar destes doces”.

Como cada ano as Súas Maxestades recibirán tamén aos nenos e nenas na Casa do Concello a partires das 20.00 horas. O obxectivo do Concello deste ano é que as Súas Maxestades “estean a disposición dos nenos e nenas de Redondela ao longo de todo o día para conversar con eles e recibir as súas peticións nunha xornada máxica” sinala a alcaldesa Digna Rivas.

Nigrán retirou no 2023 a cifra récord de 278 niños de vespa velutina

0

O Concello de Nigrán, a través do seu edil de Sanidade e o voluntario de Camos Suso Barros, retirou neste ano a cifra record de 278 niños de avispa velutina dentro do municipio. Vázquez leva desactivado desde o ano 2018 preto de mil colmeas (270 en 2018; 183 en 2019; 175 en 2020 e 250 en 2022) e repartidas 2.500 trampas gratuítas entre a veciñanza xunto co seu líquido atraínte. “A explicación a esta cifra, moi similar á de 2018, débese a que ata agora tivemos unhas temperaturas moi suaves que favoreceron que os niños seguisen activos ata febreiro”, analiza Vázquez, edil e apicultor desde a infancia.

A parroquia onde máis colmeas se concentraron no 2023 foi a de Nigrán con 62, seguida de San Pedro con 57, Camos con 47, Panxón con 33, Parada con 31, Priegue con 27 e Chandebrito con 21. Paralelamente á eliminación, o Concello ten repartido gratuítamente desde 2018 un total de 2.500 trampas de velutinas a todo aquel veciño que o solicita, sendo recomendable poñelas entre os meses de marzo a xuño, cando finaliza a hibernación.

“Desde Marzo e ata Xuño é cando resulta verdadeiramente efectivo poñer trampas nas árbores froiteiras ou zonas de flores porque e cando saen as raíñas da hibernación e a comer, en pleno verán xa non ten sentido porque están os niños construidos”, explica Alfonso, quen chegou a contabilizar nunha soa tarde 50 asiáticas capturadas nun aparello e 2.000 reinas durante toda a primavera nunha ducia de trampas. “Cada reina é un futuro niño, polo que as trampas evitan milleiros e milleiros”. Así, segundo os expertos, asegurar a eliminación da raíña é o método máis eficaz para o seu control, xa que evita a produción de novas e a formación de colmeas, que poden albergar ata 2.000 exemplares e 6.000 larvas. Sen embargo, o que máis pode axudar a reducir esta presencia son as temperaturas: “Necesitamos un inverno moi frío para reducir esta plaga e iso cada vez é máis difícil debido ao cambio climático”, considera.

“A tenacidade e voluntariedade de Álfonso Vázquez é a que explica que en Nigrán se estea a controlar a presenza da avispa asiática, a súa dilixencia fai que cada semana reciba directamente chamadas de veciños pese a tratarse dunha competencia autonómica e non municipal”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán, quen louba o seu traballo.

O método aplicado por Alfonso é sempre o mesmo: veleno ou ben a través dunha pértiga que alcanza os 25 metros ou cunha escopeta marcadora que dispara bolas biodegradables que chegan ata os 50 metros de altura. Todos estes aparellos son propiedade do Concello, adquiridos para este fin.

Intensa actividade da Policía Local de Ponteareas para garantir a seguridade viaria

O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Seguridade que dirixe o tenente de alcalde Juan Carlos González, vén de intensificar a súa labor de vixilancia en materia de seguridade viaria e de convivencia cidadá co obxectivo de responder ás demandas dos veciños e das veciñas. Esta actuación permitiu que os efectivos da Policía Local procederan a sancionar a catro persoas por condución temeraria e a unha máis por circular co seu vehículo sen os permisos necesarios. Ademais, durante as celebracións do Nadal, os axentes realizaron medicións de son en tres vivendas a petición dos propietarios para garantir o correcto funcionamento do ocio nocturno.

Grazas á colaboración da veciñanza, a concellería de Seguridade tivo coñecemento sobre unha serie de delitos relacionados coa seguridade viaria que se cometían na rúa Real durante a madrugada, a partir das 05:00 horas. Así, os efectivos intensificaron a súa vixilancia na zona e procederon a interpoñer cinco sancións. Catro delas por condución temeraria e outra a unha persoa por circular co seu vehículo sen os permisos necesarios.

No mesmo marco de reforzo das actuacións da Policía Local, os axentes realizaron tres medicións de son en diferentes vivendas a raíz das peticións dos propietarios e das propietarias co obxectivo de garantir o bo funcionamento dos locais do ocio nocturno. Segundo indicou o concelleiro Juan Carlos González, “trátase de asegurar o equilibrio entre o descanso dos veciños e das veciñas e entre o traballo do sector” e incidiu en que “aqueles locais que non cumpran coa normativa, contarán cun expediente e a posterior sanción”.

O edil de Seguridade agradeceu a colaboración dos veciños e das veciñas e apuntou que “a nosa finalidade é dar resposta ás súas demandas e garantir a súa seguridade”.

As súas maxestades as Raíñas e Reis de Oriente visitarán as parroquias e o centro urbano de Covelo

0

As súas maxestades as Raíñas e Reis de Oriente ultiman os preparativos para a súa visita oficial ao Concello de Covelo. O vindeiro día 6 visitarán as parroquias e o centro urbano parándose a saudar nos negocios de hostalaría, nas prazas e nas casas e centros culturais.

Segundo fontes oficiais, a comitiva de Gaspar sairá dende Fofe ás 17:00 horas para ir a Piñeiro, logo ás 17:30 chegar a Barcia de Mera, ás 18:00 horas en Casteláns e ás 18:30 entrar na praza Mestre Cerviño. O séquito de Baltasar sairá ás 16:30 dende A Graña para ir a Campo, ás 17 horas a Godóns, 17:30 San Salvador de Prado e 18 horas en Maceira destino á praza Mestre Cerviño. O cortexo de Melchor sae ás 16:30 horas dende Prado da Canda; para estar ás 17 horas na Lamosa, ás 17:30 en Paraños e ás 18 horas en Santa Marina.

Paxes, raíñas e reis xuntaranse na praza Mestre Cerviño arredor das 18:30 horas onde serán recibidos con música e baile antes de ir visitar ás persoas maiores da residencia. A continuación desfilarán cara ata o pavillón municipal. Zancudos máxicos agardarán as súas maxestades no pavillón onde tamén haberá inchables, batalla de bolas xigantes, pista ameriana, tobogán de bolas, música e animación.

A comitiva real entregará un agasallo doce ás nenas e aos nenos e haberá chocolate quente con rosca para celebrar a visita das Raíñas e Reis Magos de Oriente e comezar así o ano cargado de ilusión e sorrisos.

Nigrán ofrecerá unha gran cabalgata de Reis o día 5

0

O Concello de Nigrán ofrecerá a cabalgata de Reis tradicional con  estará dende as 15,30 ás 16,30 horas na Praza do Concello recibindo aos máis cativos e a continuación recorrerá o centro de Nigrán ata A Ramallosa para rematar en Panxón. O obxectivo é voltar a unha cabalgata máxica que engaiole aos máis pequenos da maxia desta noite. Ante a posibilidade de choiva, pode haber pequenos cambios de última hora que se comunicarían a través da web do concello. 

A comitiva e as súas carrozas, formada por máis de 120 paxes e axudantes, conformarán unha verdadeira ‘Fantasía Dis Nigrán’ deseñada íntegramente por Sarao Animación e composta por  Duendes, Ninfas, Elfos, Gnomos e como gran novidade personaxes Con personaxes da factoría Disney como Branca Neves e os 7 enaniños, Mickey Mouse ou A Bela e a Besta.

Deste xeito, as Súas Maxestades estarán presentes na Praza do Concello de Nigrán ás 15:30 horas para saír ás 16:30 horas que sairán pola rúa Rosalía de Castro e Manuel Lemos. Como xa é tradicional as 17,00 a comitiva retomarase na Ramallosa (Rúa Valle Inclán) co Séquito Real, Reinas magas a cabalo, Paxes reais, Duendes, Ninfas, Elfos, Gnomos, personaxes Disney e  16 Carteros reales a caballo, 7 gnomos reais, 5 travesos e os 3 Reis Magos para percorrer Cabreira, Romana Alta e Damas Apostólicas, Parque da Feira seguidamente continuarán por Romana Baixa e Manuel Lemos.

Finalmente, a comitiva reaparecerá en Panxón (antes do espazo deportivo de Gaifar) para chegar sobre as 19:00 horas ata o pavillón de Panxón onde habrerá unha tirada de fogos de lucería.

Abrirase o pavillón municipal para disfrutar de animación para os cativos e da música tradicional da Rondalla de Parada. A Cabalgata Real continuará polas rúas Jesús Espinosa, Mariñeiro e Paseo Marítimo e entrarán sobre as 19,30 horas no pavillón onde levarase a cabo a  Recepción Real.

As Súas Maxestades estará acompañados por un séquito de máis de 120 paxes de diferentes entidades culturai e deportivas de Nigrán. Ademais, a Rondalla de Parada se sumará á comitiva na Ramallosa e repartirán máis de media tonelada de caramelos e gominolas sen glute dentro da campaña que o concello de Nigrán está a facer na hostalería local para que os menús sen gluten sexan unha marca Nigrán.

“É o momento de devolverlle aos máis cativos a maxia e a ilusión da noite de Reis. Este é un día moi importante para os máis pequenos e dende o Concello de Nigrán queremos axudalos a seguir soñando”, considera o alcalde, Juan González.

Fran Fernández Davila, «Groenlandia»

A Fran Fernández Davila gústalle sorprender cos seus traballos literarios, descolocar ao lector para levalo por paisaxes pouco transitadas física e emocionalmente, escapar da rutina diaria e, cunha forte carga de imaxinación, argallar historias nas que a intriga e o humor acaban por se converter en personaxes convidadas da trama. A súa nova novela, «Groenlandia», coa que vén de acadar o premio de narrativa breve Repsol deste ano, é un claro exemplo de tal afirmación que o consolida como un dos autores máis suxerentes e peculiares do panorama actual.

A historia que nos relata comeza cun naufraxio preto de Terra Nova e o rescate dun supervivente en estado case moribundo, que é trasladado ás illas dos Azores para a súa recuperación. Estamos a mediados dos anos 90 e, cando o mariñeiro esperta do seu letargo, descobre que perdeu a memoria, polo que terá que reconstruír a súa identidade e mailo seu pasado ao tempo que se enfronta a un entorno novo e descoñecido. Ao seu arredor, un grupo de personaxes ben peculiares entre os que sobresae unha enfermeira coa que establece unha conexión moi especial, un turista alemán moi particular, a súa antiga dona, que viaxa ata as illas con intencións incertas, e ata unha pantasma que se lle aparece tentando influenciar os seus progresos para desvelarlle un segredo agochado.

Así, e partindo duns inicios un tanto imprecisos, irémonos adetrando nunha especie de crebacabezas no que as pezas semellan non encaixar como deberan. A medida que avanzamos entre as súas páxinas, iremos atopando historias de espionaxe, de contrabando, de narcotráfico, de vinganza e de oportunismo, que se entrelazan ata darlle a forma precisa aos ocos nos que cada unha desas pezas se acople con precisión. Debúxase desta maneira un relato moi diferente do que aparentaba ser, con xiros constantes de guión para darlle a volta a todo o que criamos saber sobre esta historia. E todo iso nun entorno tan paradisíaco como son as illas dos Azores que, a pesar da súa indubidable beleza, agochan un submundo volcánico sobre o que se espellan as intrigas violentas que flúen na superficie.

A pesar de que non podemos falar, nin con moito, dunha novela humorística, si que é certo que a ironía e a retranca abrollan constantemente nos diálogos, na linguaxe empregada e na elaboración das escenas, chegando a lindar co surrealismo. Mención aparte merece o tratamento das personaxes, pois a súa singularidade converte o que aparentaban ser meros prototipos, nunha auténtica galería de perderores con múltiples facianas, ás veces contraditorias, que teremos que ir descubrindo ao longo da narración. Porque se algo caracteriza esta nova entrega de Davila é, como xa avanzamos, que nada é o que parece. E iso, ao meu entender, é un aliciente máis para adetrármonos nas páxinas de «Groenlandia».

Fran Fernández Davila

«Groenlandia»

Galaxia

Salvaterra adquirirá un punto limpo móbil

Con este servizo que se porá en funcionamento a principios do ano 2024 os veciños poderán separar de maneira máis cómoda e segura os seguintes elementos: restos metálicos do fogar, lámpadas e tubos fluorescentes, tóner e cartuchos de impresora, pilas e baterías de electrodomésticos, xoguetes, envases de pintura e barnices, pequenos electrodomésticos e aerosois.

Esta iniciativa reflicte o compromiso continuo do Concello de Salvaterra de Miño coa protección do medio ambiente e a promoción de prácticas sostibles. O sistema implantado non só facilita e simplifica o proceso de reciclaxe para a veciñanza, senón tamén fomenta a redución de residuos e o uso responsable dos recursos.

Nesta primeira anualidade o Concello ven de adquirir os colectores para o interior do punto limpo móbil, realizar o deseño para a rotulación exterior, a adquisición de elementos de información e realizar a formación para o persoal. E a principio de ano realizarase a adquisición do punto limpo móbil que permitirá empezar con este servizo que pretende achegar a todos os rincóns do municipio a reciclaxe.

A campaña “Nadal + Nadal” do Concello de Tomiño impulsa o comercio local

0

A Campaña “Nadal + Nadal”, organizada polo Concello de Tomiño co obxectivo de fortalecer e impulsar o comercio local, concluíu con éxito unha nova edición neste 2023.

Este ano, foron 34 as persoas que resultaron premiados con vales de compra que oscilan entre os 40 e os 150 euros. Ditos vales poderán ser canxeados nos diversos comercios de Tomiño, buscando así proporcionar un estímulo adicional para realizar compras nos negocios da localidade.

Ademais de incentivar as compras de Nadal, a campaña tamén buscou animar aos propios comerciantes a decorar os seus establecementos para estas datas festivas. Neste contexto, lanzouse o concurso “Ruta Nadal + Nadal”, que premiou a diferentes escaparates e comercios por un valor total de 1.500 euros, concedéndoselle 500 euros aos prrmiados no primeiro posto e 250 euros aos que obtiveron o segundo. Na categoría de mellor local, o primeiro premio foi para Reina Caracola e o segundo para Joyería Pazo; pola súa banda, os agraciados na modalidade a mellor escaparate foron Celdis Estipel e Limón y Fresa. Dende o Concello, quere facerse un agradecemento especial para Celdis Estipel, establecemento gañador do primeiro premio que donou o importe do mesmo para seguir sorteando máis vales de compra entre os clientes.

O correspondente sorteo para coñecer a todos os afortunados realizouse o pasado mércores, 27 de decembro, no Salón de Plenos municipal, da man dun xurado composto por dous representantes de Adeto, un representante do Concello e dúas artistas locais. Todos eles destacaron o alto nivel dos participantes e amosaron o seu agradecemento pola adicación e traballo realizados.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tamén quixo expresar a súa satisfacción polo éxito da campaña, destacando a importancia de apoiar ao comercio local e fomentando así un ambiente máis festivo nas rúas de Tomiño. “Esta iniciativa non só fortalece á economía local, senón que da renda solta á creatividade e impulsa os lazos de comunidade entre a veciñanza e os comerciantes. Dende o Concello seguiremos apostando polo comercio local, xa que é unha parte indispensable para o desenvolvemento de Tomiño”.

Nigrán abrirá unha nova edición dos cursos de envellecemento activo en xaneiro

0

O Concello de Nigrán pechou os cursos de envellecemento activo correspondentes ao ano 2023 e nos que participaron a cifra record de 170 persoas maiores de 65 anos. Estes impartíronse no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa e por vez primeira no Local Social de Vilameán, o Concello ofreceu  ‘Vivilo Corpo’ (30 prazas), Informática (40), e dos de Memoria (100). A convocatoria do ano 2024 abrirá a mediados de xaneiro, informando o Concello convintemente con antelación suficiente.

Facer exercicio, manter a mente activa e non illarse socialmente son os tres eixos que os especialistas recomendan levar adiante para previr deterioros cognitivos e neles se basa este programa de obradoiros de envellecemento activo que ofrece o Concello de Nigrán.

O caracter fundamental do programa é preventivo, a súa finalidade é a de garantir unha maior calidade de vida dos nosos maiores tratando de evitar ou atrasar a aparición de problemas de memoria, do deterioro cognitivo, do Alzheimer e doutros problemas de saúde e de incapacidades; pero tamén de mellorar aqueles que se poidan ter na actualidade e de acadar un maior grado de autonomía e independencia. “Apostamos por políticas que garantan a calidade de vida dos maiores, tamén con turismo social, bailes e mesmo o centro especializado en demencias neurodexenerativas en Panxón”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o martes 2 de xaneiro

0

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia este martes 2 de xaneiro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.

Os requisitos xerais para facer unha doazón de sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.

Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)  ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900.100.828, o correo electrónico [email protected] e a web https://ados.sergas.gal.

A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas. En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.

Os veciños de Forcadela xa desfrutan da súa nova senda peonil

0

O Concello de Tomiño ven de estrear a semana pasada unha nova senda peonil ao seu paso pola parroquia de Forcadela. Un proxecto que foi demandado pola veciñanza no Concello Escoita e que resultou da colaboración conxunta entre a institución municipal e a Xunta de Galicia.

Dende o Concello invertiuse un total de 48.000 euros para a creación do novo itinerario, buscando non só responder a unha demanda da veciñanza senón permitindo tamén unha mellora significativa da súa seguridade e mobilidade. A senda, cunha extensión de 1.5 kilómetros, conecta diversos puntos de interese do pobo, dende a Casa dos Mestres ata as escolas do CRA Mestre Manuel Garcés.

Ademais, o convenio asinado coa Xunta de Galicia tamén supón o cambio de titularidade da estrada, que agora pasa a ser de responsabilidade e xestión municipal no devandito tramo da estrada PO.195 -kilómetros 0.020 a 1.530-.

A alcaldesa, Sandra González, acompañada dos concelleiros, Cristina Martínez e Agustín González, visitaron o lugar xunto con algúns representantes da Asociación de Veciños, destacando que “esta nova senda supón unha mellora significativa para Forcadela, creando un entorno máis seguro e accesible para todas e todos. Ademáis, temos que agradecer o apoio e colaboración continua da veciñanza para sacar adiante este proxecto”.

Aproveitando as datas festivas, ao encontro tamén se sumou Papa Noel, brindando un toque festivo á visita e achegándose a falar con todos os alí presentes.

Salvaterra renova o convenio para o mantemento da aula mentor

O Concello de Salvaterra de Miño acaba de renovar o convenio da “Aula Mentor” coa Secretaría Xeral de Formación Profesional. Esta é a iniciativa posta en marcha a principios deste 2023 na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra e que funciona de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O programa de formación da Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de emprego través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Trátase dunha formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas.

A iniciativa de formación telemática está dirixida a veciños que se poden beneficiar dun amplo catálogo de cursos online. Todas aquelas persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello ou ben a través do correo electrónico [email protected] e consultar o catálogo de cursos accesible na ligazón https://www.aulamentor.es/.

Tui busca o seu escaparate de Nadal máis fermoso

0

Matilde y Rosana S.L. (Abalorios Myr), Cucapuntoes, Floristería La Flor, Naldo Costas, Horta Verde, Ideas, Pinturas Damián Domínguez, Cucadas, Döce Ópticos e Joy Baby son os dez establecementos finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal convocado polo Concello de Tui coa colaboración de ACITUI. O xurado formado por Arminda Espiño, deseñadora; Miguel Pereira, técnico de iluminación; Sara Quintana, guía turística; Hilenia Iglesias, escaparatista; Lucía Beatriz Silva, deseñadora; Verónica Gómez, organizadora de eventos e Natalia Lago, educadora ambiental, tras visitar cada un dos establecementos participantes emitiu a súa puntuación elixindo a estes dez finalistas.

Dende onte e até o 9 de xaneiro está aberta a votación para o público en xeral a través da aplicación Easy Promos. Os tres escaparates máis votados recibirán 10, 5 e 2 puntos que se sumarán aos emitidos polo xurado, e do cómputo total sairán os gañadores que serán premiados con 300 €, 200€ e 100€ euros respectivamente.

Entre todas as persoas que participen na votación sortearanse  seis vales de compra por importe de 50€ para consumir nos comercios participantes. En menos de 24 horas foron emitidos xa máis de 600 votos a través da aplicación.

Este Concurso de Escaparates de Nadal forma parte da campaña de promoción do comercio local e do mercado que nestas datas realiza o Concello de Tui cos lemas “O que queres para a túa mesa de Nadal está en Tui” e “Os agasallos que queres están en Tui”.

A conselleira, Fabiola García, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, felicitan as festas ás persoas de DoralResidencias

0

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe DoralResidencias en Mos, onde tivo a ocasión de conversar cos profesionais, usuarios e familiares deste centro. Fabiola Garcia aproveitou a ocasión para desexar a todos eles un feliz aninovo.

A conselleira, que estivo acompañada da alcaldesa do concello, Nidia Arévalo, reivindicou o valor da experiencia e da sabedoría dos maiores. Así mesmo, puxo como exemplo para o conxunto da sociedade as gañas de superación e a vontade de avanzar das persoas con discapacidade.

Ponteareas aproba por maioría absoluta os orzamentos de 2024

Os orzamentos para o ano 2024 xa están aprobados por maioría absoluta grazas aos votos a favor do equipo de goberno. O concelleiro de Facenda, Francisco Represas, indicou no pleno municipal onde se procedeu á votación definitiva que “por primeira vez nunha década, as contas do Concello de Ponteareas entrarán en vigor en tempo e en forma”. Os grupos da oposición, BNG, PSOE e PeC votaron en contra.

Así, logo de que o Concello tivese o orzamento do 2022 prorrogado durante todo o ano 2023, a maioría absoluta do grupo de goberno permite que por primeira vez Ponteareas dispoña dunhas contas planificadas que dan resposta ás necesidades dos veciños e das veciñas desde o mesmo 1 de xaneiro.

Ao orzamento, presentáronse doce alegacións das que se desestimaron nove e se incluíron tres. Trátase de modificacións que non afectan ás cifras totais dos ingresos, que ascenden a 20M de euros, nin aos 19,5 M de euros contemplados para o investimento na vila.

Coas contas para o ano 2024, que xa están aprobadas de forma definitiva toda vez que se ratificou no pleno e logo de que a Deputación de Pontevedra o publicara no Boletín Oficial da Provincia, cúmprense demandas da veciñanza como é o aumento das horas de asistencia ás persoas dependentes do grao II e III do Servizo de Axuda no Fogar ata alcanzar o 100% ou o incremento nun 82% da partida destinada ao baleirado de fosas sépticas así como a construción da rede de saneamento da parroquia de Ribadetea para a que se destinarán 380.000 euros. De igual xeito, os servizos de emerxencias e de extinción de incendios contarán cun novo convenio co que se mellorará a súa capacidade e recursos.

Ademais, coa aprobación definitiva das contas do Concello de Ponteareas, o equipo de goberno destinará unha partida de 3,9 M de euros aos servizos sociais, xuventude e voluntariado, unha contía que supón un 20 % do orzamento. Crearase a área infanto-xuvenil, mellorarase a xestión do centro de reparto de alimentos e, entre outras cuestións, incorporarase un servizo de acompañamento. Outra das partidas que destacan nas contas do Concello é a que se destina á recollida, eliminación e tratamento de residuos, dotada con 1,8M de euros e os 220.000 euros que se investirán no polígono industrial de A Lomba.

Na partida de investimentos, salienta tamén o aumento nun 71 % das subvencións e nun 63% as achegas aos centros culturais así como os 600.000 euros que se destinarán á reforma da residencia de maiores ou os 400.000 euros para a rehabilitación da Ponte dos Remedios, entre outras cuestións. Do mesmo xeito, destaca o incremento do gasto dirixido a actividades culturais e festivas nun 554 % e dun 233 % para as actividades que teñen que ver coa promoción do deporte.

Deste xeito, o Concello de Ponteareas contará para o próximo ano con máis de 20M de euros no apartado de ingresos e investirá na vila 19,5 M de euros. O superávit resultante, de 1,5M euros, destinarase a saldar a débeda municipal contraída polo anterior goberno.

A Orquestra de Saxos de Redondela ofrece un concerto de Aninovo ao estilo vienés

0

A Orquestra de Saxos de Redondela, do conservatorio municipal, ofrece o próximo luns 1 de xaneiro o seu Concerto de Aninovo 2024. Os máis de 40 membros desta formación musical interpretarán os tradicionais valses de Strauss, polcas e outros temas clásicos. O auditorio da Xunqueira, ás 19.00 horas, transformarase así nunha especie de Gran Teatro de Viena.

Baixo a dirección de Elisa Arias, a orquestra, con músicos e músicas de 8 anos en diante, ofrecerá unha gala ao estilo das que se celebran en moitas das grandes cidades europeas. Trátase da terceira edición deste concerto de Aninovo, e desde o Conservatorio Municipal confían en que se consolide como unha das citas tradicionais de Nadal no calendario de concertos redondelán. Arias explica que se trata dun concerto “familiar e para todos os públicos” no que gozar das pezas clásicas de Aninovo nun ambiente festivo. Concerto con entrada de balde ata completar o aforo.

Baiona reforma o campo de fútbol do Aral

0

O Concello de Baiona reformará integramente o Campo de Fútbol Municipal do Aral cun investimento de 319,657,80 euros que permitirá renovar as instalacións.

“Trátase dunha reforma integral necesaria, é unha renovación a fondo para mellorar unha das instalacións máis utilizadas, especialmente por usuari@s das escolas deportivas municipais e clubs de categorías inferiores, e queremos que siga funcionando ao máximo rendemento. Trátase do a maior investimento desde a inauguración do complexo Aral- fontiñas. Había un proxecto moi pequeno que o actual equipo ampliou enormemente para cubrir as necesidades das intalaciones”, destaca o alcalde, Jesús Vázquez Almuiña.

A aposta do goberno local pola mellora do campo confírmase así destinando parte dos fondos do Plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra e incluíndo a reforma de: os vestiarios, refórmaa bancada norte, a creación dunha nova cuberta na bancada sur, a substitución do peche perimetral e mellora de iluminación do campo.

Un dos grandes avances para mellorar o uso é a reforma interior de vestiarios, coa mellora de instalacións, equipamento e accesibilidade. Outra das grandes melloras a sinalar é a integración dos aseos do público no edificio pois ata o de agora os lavabos estaban nunha casa externa.

A bancada Norte, a máis próxima aos vestiarios, presenta entrada de auga polo mal estado da cuberta. A actuación pretende corrixir as deficiencias na cuberta e a instalación dunha visera na parte frontal para reducir a falta de visibilidade e resgardar máis ao público das inclemencias do tempo.

En canto á bancada Sur, escoitando as peticións dos usuarios, acordouse a creación dunha cuberta para o tramo central, de 22 metros de lonxitude, deseñada nunha tipoloxía que permita a súa expansión polos extremos nun futuro. Debido ao mal estado que presenta o peche perimetral do campo, exponse a súa substitución e mellora de condicións.

Ademais das instalacións, ante as queixas dos usuarios o Concello de Baiona encargou un estudo lumínico do campo de fútbol, o cal mostra unhas condicións de iluminación totalmente desfavorable para a práctica deportiva, con nula visibilidade. Polo que se actualizase o sistema lumínico á normativa vixente.

O proxecto integral de reforma do Campo do Aral foi presentado esta mañá en rolda de prensa polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e pola concelleiro de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez. Na presentación tamén participou a directiva do Erizana F.C., un dos principais usuarios do Campo de Fútbol Municipal do Aral, coa que previamente se analizaron as necesidades do club e das instalacións para decidir cales serían as reformas para levar a cabo. Tamén estiveron presentes integrantes das “Tropas do Erizana”, un grupo de afeccionados que todas as fins de semana apoian ao seu equipo.

“Desde o concello de Baiona queremos seguir apostando pola mellora e mantemento das instalacións, xa que un dos nosos piares fundamentais é o deporte como vehículo motor dunha vida saudable”, destacou a concelleira de Deportes.

O Campo de Fútbol Municipal do Aral foi construído fai vinte anos, e as instalacións viña sufrindo importantes danos ao longo dos últimos anos, polo que o goberno local planificou as reformas para que continúe sendo o campo de referencia.
Durante estas décadas, o Aral converteuse na infraestrutura deportiva máis utilizada pola veciñanza de Baiona.

O Porriño habilita un autobús para contemplar a iluminación de Nadal

O Concello do Porriño pon en marcha este Nadal unha nova iniciativa pensada no sector da poboación máis maior. Trátase dun autobús que percorrerá a vila para que as persoas de 65 anos en adiante poidan contemplar a iluminación e decoración de Nadal dun xeito máis cómodo e confortable.

Será a vindeira semana, o martes, mércores e xoves, establecéndose diversas saídas dende as diferentes parroquias, ás 17.00 horas, e con regreso ás 20.00 horas. Dende Budiño e Atios será o 2 de xaneiro, dende Chenlo, Mosende e Pontellas o día 3 e dende Cans, Carracido e Torneiros o día 4.

Ademais, xusto nesas xornadas é cando estará tamén operativo o tren turístico de Nadal, outra das novidades da programación e que neste caso está destinado a todos os públicos. Tamén os maiores de 65 poderán montar nel antes e rematar a ruta cun chocolate quente.

A San Silvestre Solidaria de Tui reunirá este domingo a 1.200 persoas

0

A II San Silvestre Solidaria de Tui bate récord de participación e reunirá este domingo a 1.200 persoas nunha proba de carácter festivo e solidario. Duplícase a participación rexistrada o ano pasado na primeira edición nun evento que está chamado a consolidarse no calendario anual de probas tudenses ante a gran acollida que tivo en só dúas edicións.

No Paseo da Corredoira situarase tanto a liña de saída coma a de meta tras completar un percorrido urbano de aproximadamente catro quilómetros, no que haberá variantes en función do grao de dificultade que desexen afrontar os participantes. A opción máis sinxela poderá realizarse incluso con carriños de bebé ou en cadeira de rodas xa que está pensada disfrutar en familia. Así o destaca o concelleiro de Deportes do concello de Tui, Rafael Estévez, quen amosa a súa satisfacción por esta magnífica acollida.

Dende ás 9 h e até ás 10.15 h na praza da Inmaculada poderán recollerse os dorsais da proba. Dende a organización faise un chamamento a acudir con antelación ante a elevada participación que rexistra a proba, para que a saída se poida realizar puntualmente. A proba será solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro, para o que na praza da Inmaculada haberá un posto desta asociación no que se poderán deixar os donativos e obter información sobre o seu labor.

Ao remate da proba haberá avituallamento e chocolate con rosca no propio Paseo da Corredoira.  Ás doce do mediodía tomaranse as uvas ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada, e a festa continuará coa animación musica de Dj Donper.

O Concello de Tui e o Club Atletismo Tui organizadores desta II San Silvestre agradecen a gran acollida da proba coa que se despedirá o ano en Tui con deporte e festa.

Redondela celebra festas pre fin de ano con badaladas e uvas solidarias

0

Redondela despedirá o ano de xeito anticipado e por partida dobre con dúas grandes festas. Na noite de hoxe venres, 29 de decembro, haberá festa pre fin de ano en Chapela coa orquestra Olympus no paseo marítimo a partir das 22:00 horas.

O sábado 30 de decembro será a quenda de París de Noia cun concerto no Campo da Feira de Redondela tamén ás 22:00 horas. Nos dous casos estas festas pre fi de ano terá tamén unha vertente solidaria. O Concello de Redondela achegará as uvas para estas celebracións, e serán voluntarios e voluntarias das asociacións Da Man, Cáritas Redondela e Asociación contra o Cancro de Redondela os encargados de distribuílas entre o público. Os asistentes que o desexen poderán facer as  doazóns que estimen oportunas “e todos os cartos recadados serán repartidos entre as asociacións participantes”, explica a concelleira de Cultura, Rita Pérez. Deste xeito “aproveitamos unhas citas festivas, onde centos de persoas celebran estas datas con amigos e familiares, para darlle tamén un significado solidario”.

Os máis pequenos tamén terá a súa celebración previa de fin de ano do domingo 31 ao mediodía. A Praza da Constitución en Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela serán escenario destas Festas Infantís de Fin de Ano. Haberá música, xogos e moitas sorpresas para que a rapazada poida despedir o 2023. Ámbalas dúas festas terán lugar entre as 11 e 13 horas coa Coca Simona.

O Concello de Arbo duplica as becas da Fundación Segundo Gil Davila

0

Unha vez máis a Fundación Segundo Gil Davila, atende as peticións do Concello de Arbo, trasladadas polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, nunha reunión mantida no mes de novembro, donde o rexedor solicitaba o aumento da contía das becas universitarias que dende hai anos estaba en 500 €, así como o aumento do número de alumnos beneficiarios das mesmas.

A FUNDACIÓN BENÉFICO-DOCENTE SEGUNDO GIL DÁVILA  ten as súas orixes no veciño do Concello de Arbo DON SEGUNDO GIL DÁVILA que, en doazón testamentaria altruísta e con fins BENÉFICO – DOCENTES, fixo efectivo o nacemento da Fundación en testamento outorgado para o efecto de bens e outros da súa propiedade e que leva o seu nome, informa o alcalde Horacio Gil.

O Pleno municipal na  sesión ordinaria e presencial celebrada o día 15.12.2023,  aprobou por unanimidade dos presentes, a proposta da alcaldía de data 11.12.2023 do convenio de colaboración asinado entre a Fundación Segudo Gil Davila e o alcalde para aumentar a contía das becas universitarias de 500 € a 1.000 € e aumentando tamén o número de beneficiarios que de 10 pasan a 12.

A Fundación Segundo Gil Davila, leva atendido as petición trasladadas polo goberno arbense, nos últimos anos – manifesta o rexedor Horacio Gil- Dende o Concello de Arbo e en nome dos veciños e veciñas, queremos agradecer a colaboración mostrada sempre por esta entidade a favor dos intereses xerais das asociacións e a veciñanza arbense – remata o rexedor.

Así coa aprobación do novo convenio e as bases reguladoras, os solicitantes das becas Fundación Gil Dávila para o curso 2023-2024 que cumpran cos requisitos esixidos nas bases recibirán unha achega de 1.000 € para axudar a sufragar os gastos derivados da ensinanza universitaria.

A Fundación Benéfico-Docente Segundo Gil Dávila, atendendo as peticións do Concello, ademáis de contribuír con estas achegas a universitarios, tamén colabora coa  “Banda de Música de Arbo” cunha achega anual de de 6.000 €- e coa “Coral Polifónica de Arbo” cunha achega de 1.800 € anuais, ademais dunha achega de 2500 € para axudar a sufragar os gastos da compra de novos traxes para os músicos da Banda de Música de Arbo.

Nigrán substitúe o abastecemento dun camiño en Panxón

0

O Concello de Nigrán remata esta semana as obras para a renovación da rede de abastecemento do camiño dos Lagos que realizara Aqualia en colaboración con el Concello polo que foi preciso o corte de dita estrada de Panxón.

Os traballos, que estarán rematados este venres, consisten en substituir 300  metros a tubaxe para reparar o abastecemento de auga a preto dunha ducia de casas que sufrán numerosas avarías. 

“A situación era preocupante xa que as roturas eran continuas e causaba moitos invonvintes aos veciños e ao viario público. Aproveitamos para realizar as obras durante as vacacións escolares ao ser a estrada de acceso ao CPI Arquitecto palacios de Panxón, explica o alcalde, Juan González.

A Guarda remata o 2023 con máis de 10.000 de persoas atendidas na oficina de turismo

0

Durante este ano foron atendidas na oficina de turismo máis de 10.000 persoas interesadas en coñecer a Guarda e os seus arredores, sendo entre todolos os activos, O  Monte de Santa Trega a consulta máis numerosa dos visitantes.

No verán, as consultas sobre as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega e as saídas de navegación na embarcación do Piueiro foron as actividades máis demandadas polos visitantes e, mesmo os veciños.

Segundo os datos recollidos ao longo destes meses, pódese aportar información máis detallada sobre a tipoloxía de visitantes e turistas. Concretamente, o 40 % das persoas que visitaron a oficina de turismo encontrábanse aloxadas na vila, sendo as estancias máis longas durante os meses de verán. Unha gran porcentaxe dos turistas foron de orixe nacional, con procedencia maioritaria de Madrid e Castilla e León, seguidos de País Vasco e Andalucía, destacando o aumento dos visitantes destas comunidades autónomas respecto a outros anos. Os visitantes internacionais foron maiormente peregrinos, coa excepción de portugueses e franceses, nacionalidades que cada vez máis decántanse pola vila como destino. Destacar tamén que, cerca do 10 % dos visitantes e turistas repetiron a súa visita á vila.

Durante o 2023, a oficina de turismo ampliou o seu horario e datas de apertura co obxectivo mellorar a atención dos peregrinos. A previsión para 2023 era dun incremento notable de peregrinos, confirmándose co número de 4.000 peregrinos atendidos na Oficina durante este ano. Estes datos non fan máis que afianzar a importancia da Guarda no Camiño Portugués da Costa. As consultas dos peregrinos na Oficina foron principalmente para selar o seu credencial ou realizar algunha consulta sobre o camiño ou a vila. Ademais da atención presencial, foron constantes as consultas por teléfono ou mail con obxeto de organizar con anterioridade a peregrinación de todos aqueles que se decatan polo Camiño pola Costa.

Durante o 2023 o albergue municipal de peregrinos estivo aberto dende o 17 de xaneiro ata o 17 de decembro, dando aloxamento a máis de 4.000 peregrinos. O crecemento deste camiño queda acreditado polos datos da Oficina de Peregrinos en Santiago de Compostela rexistrando a máis de 53.000 peregrinos que recolleron a súa Compostelá, antes dos datos finais de peche de ano. En 2022 os peregrinos rexistrados en Santiago estiveran aoredor  dos 30.000, polo que a evolución deste camiño é evidente, incrementando a chegada en máis de 20.000 peregrinos durante o 2023.

O Monte Santa Trega, tal e como se comentou, pódese afirmar que segue a ser o recurso máis destacado da Guarda, mantendo os visitantes anuais, destacando a boa acollida das visitas guiadas do verán centradas no Castro de Santa Trega. Tamén houbo un incremento notable das visitas didácticas concertadas para os centros escolares e tamén para adultos. Mostra deste interese son as reservas para este tipo de visitas realizadas por colexios para a segunda quincena de febreiro do vindeiro ano. O MASAT, Museo de Santa Trega, pechará o día 30 de decembro reabrindo a suas portas o vindeiro 15 de febreiro.

Esta valoración positiva dos datos tamén se reflexou na boa acollida, relativa a visitantes e racións vendidas, da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na súa edición XXXI. O bo resultado en 2023 é un alicente para a organización da vindeira edición que terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo de 2024.

Co fin de modernizar e dar un novo aire en outono lanzouse unha nova imaxe e slogan para a promoción da Guarda así como unha web con mapas dixitais que ofrecen rutas e recursos para visitar.

Por último, destacar que a Axencia de Turismo repetiu a iniciativa da iluminación de edificios emblemáticos dos Camiños a Santiago coa frecha amarela durante estas semanas do Nadal. A Guarda, como o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa,iluminou con este símbolo a Torre do Reló.

Mos facilita o crecemento empresarial do municipio para seguir a xerar riqueza na localidade

0

O Pleno da Corporación Municipal do Concello aprobou definitivamente na última sesión do ano por maioría dos seus membros o Plan Parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado industrial SUDI-06 en Veigadaña cos votos a favor do equipo de goberno e o grupo do PSOE e en contra do BNG.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo, declararon a este respecto que o obxectivo do devandito Plan é “facilitar o desenvolvemento de solos urbanizables industriais no municipio para que poidamos seguir crecendo empresarialmente e que se siga a xerar riqueza na nosa localidade”.

Os representantes municipais, Arévalo e Ramilo, informaron así mesmo de que, tras desta aprobación definitiva en Pleno, o seguinte paso é a publicación no Boletín Oficial do Estado, BOE.

O SUDI-06 dispón dun total de preto de 13.000 metros cadrados (12.847 para ser exactos) na zona da Veigadaña, dos que case 9.000 metros cadrados (8.880) son de superficie edificable nos que se pode construír cunha altura máxima de 14 metros.

Rexedora local e edil de Urbanismo explicaron que “o desenvolvemento do SUDI-06 vai vencellado ao trazado do Camiño de Santiago que discorre por parte do perímetro do devandito solo industrial, de xeito que se levarán a cabo medidas de integración paisaxística como o apantallamento visual mediante un cordón verde de especies arbóreas e arbustivas”.

Ademais co desenvolvemento do SUDI-06 xeraranse 22 novas prazas de aparcamento e o promotor do solo industrial debe ceder polo prazo de 10 anos un espazo próximo aos 2.000 metros cadrados de superficie que obriga tamén a dito promotor ao mantemento da urbanización do SUDI-06.

A Cañiza entregou este ano 9.470 quilos de alimentos

0

A piques de rematar este 2023, dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello da Cañiza fan o balance das axudas entregadas ás 38 familias incluidas nos programas de acción social municipal.

Un total de 9.470,75 quilos de productos de primeira necesidade, destinados ás unidades familiares que percibiron unha media anual de 249 kilos de alimentos de primeira necesidade e tamén productos de hixiene e de limpeza.

A este respecto informou esta mañá o alcalde, Luis Piña, “neste ano o Concello adquiriu con fondos propios 2.655 kilos de alimentos e productos de primeira necesidade, hixiene e limpeza, aos que  hai que engadir outros 6.815,72 kilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2023, promovido polo Ministerio de Interior do Goberno de España, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella”.

A adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) que financia medidas dos países da Unión Europea para proporcionar alimentos ou asistencia material básica ás persoas que máis o necesitan.

A Catedral de Tui ilumínase este Nadal coma un dos monumentos emblemáticos do Camiño de Santiago

0

A fachada norte da Catedral de Santa María de Tui ilumínase dende hai uns días coa frecha amarela do Camiño de Santiago. Faino dentro da iniciativa “Acende o Camiño de Santiago” coa que a Xunta ilumina este Nadal medio cento de monumentos emblemáticos da Ruta Xacobea até o domingo 8 de xaneiro.

Este programa da continuidade á iniciativa realizada nos últimos anos como unha proposta para poñer en valor os fitos patrimoniais do Camiño de Santiago en Galicia, neste caso o Camiño Portugués, así como para promover o seu potencial turístico.

O Concello de Tui colabora con “Acende o Camiño de Santiago” facilitando a instalación dos equipos necesarios para esta proxección de luz e imaxe.

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, agradece esta iniciativa que pon en valor á cidade de Tui e ao seu monumento máis emblemático, a Catedral de Santa María, como lugar referencial ao ser a porta de entrada dos camiños xacobeos portugueses en Galicia e a única catedral existente no Camiño Portugués, ata a súa chegada a Santiago de Compostela.