A piques de rematar este 2023, dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello da Cañiza fan o balance das axudas entregadas ás 38 familias incluidas nos programas de acción social municipal.
Un total de 9.470,75 quilos de productos de primeira necesidade, destinados ás unidades familiares que percibiron unha media anual de 249 kilos de alimentos de primeira necesidade e tamén productos de hixiene e de limpeza.
A este respecto informou esta mañá o alcalde, Luis Piña, “neste ano o Concello adquiriu con fondos propios 2.655 kilos de alimentos e productos de primeira necesidade, hixiene e limpeza, aos que hai que engadir outros 6.815,72 kilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2023, promovido polo Ministerio de Interior do Goberno de España, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella”.
A adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) que financia medidas dos países da Unión Europea para proporcionar alimentos ou asistencia material básica ás persoas que máis o necesitan.