Sábado, 7 Xuño de 2025

Nigrán presumirá en Fitur do legado de Antonio Palacios no municipio coa estrea dunha guía ao respecto

0

O Concello de Nigrán brillará especialmente en Fitur coa estrea dunha guía sobre o legado de Antonio Palacios no municipio, inaugurando así os actos polo 150 aniversario do nacemento do célebre arquitecto porriñés, fito que se cumple este mes. O folleto, deseñado para poder levar cómodamente no peto mentras se fai o roteiro, súmase ao libro editado en Outubro de 2023 polo Concello a través de Engaiolarte Editorial e escrito polo arquitecto Álvaro Bonet. Precisamente, aproveitando a presencia na capital do alcalde de Nigrán, Juan González, este último será presentado o xoves 25 de Xaneiro ás 12:30 no Centro Galego de Madrid (entidade que Palacios presidíu) e varios exemplares serán achegados persoalmente ao Colexio de Arquitectos de Madrid, onde actualmente teñen unha exposición sobre Palacios na que o Concello colaborou e que González coñecerá da man do vicedecano.

“Temos a sorte de contar en Nigrán cunha das obras máis fermosas da arquitectura do século XX en Galicia e é o momento de reivindicala tamén como reclamo turístico”, considera o rexedor, quen non dubida en calificar ao Templo Votivo do Mar, en Panxón, como “a obra relixiosa máis representativa de Palacios”, arquitecto recoñecido internacionalmente pola súa trascendencia no deseño de Madrid e ao que a capital de España consagra o ano 2024. “En Nigrán non podemos ser menos que en Madrid á hora de reivindicar a Palacios, queremos festexar este fito e promover a súa pegada no municipio e o faremos durante todo o ano”, avanza.

Aí, esta nova guía fai fincapé no Templo Votivo de Panxón ao tempo que rescata debuxos inéditos do autor sobre a igrexa de Santiago de Parada no ano 1944 como parte dun descoñecido estudo arqueolóxico, ou resalta o único chalé da súa autoría en Nigrán, o do célebre caricaturista Sileno en Praia América (os tres puntos están xeolocalizados). A investigación de Bonet, rescatada para este folleto, da fé dun Palacios meticuloso, asi como a súa gran confianza no construtor José Mogimes, encargado de levar a termo o Templo Votivo. Non se inclúe o chalé de Praia América bautizado como ‘Nidito de Amor’ (rúa Rans, 38) atribuído desde sempre a Palacios, porque se certifica que en realidade é obra do seu amigo Gómez Román (autor tamén do Monumento á Mariña Universal en Monteferro)

Templo Votivo do Mar

Probablemente á obra cume de arquitectura relixiosa do galego Antonio Palacios (1874-1945), considerado un dos grandes mestres do rexionalismo e con obras recoñecidas internacionalmente como o Palacio das Comunicacións de Madrid ou o Círculo de Belas Artes. Palacios inspirouse no veciño arco visigótico que formaba parte da antiga igrexa de San Juan (e que el mesmo librou da demolición polo seu gran valor histórico) iniciando a construción do Templo Votivo do Mar dedicado á Virxe do Carmen en 1932 e finalizándoo en 1937. O seu estilo é complexo de definir, xa que recolle elementos de moi diversas procedencias, emprega a pedra espida dentro dunha tipoloxía rexionalista e destacan marcados trazos góticos e mesmo islámicos se observamos a trazaría interior da cúpula con policromía de inspiración bizantina e decoración neomudéxar (o construtor nigranés José Mogimes seguiu os seus deseños para, xunto aos mozos de Panxón, configurar os espectaculares mosaicos de azulexo que cobren as bóvedas do templo e que representan diferentes escenas: a Anunciación da Virxe, a Coroación, a Virxe do Carmen).

O perigo de derrube unha árbore sobre o tendido eléctrico obriga ao Concello de Redondela ao peche puntual dun carril da N-555

0

Aviso de corte de tráfico regulado por semáforos na N-555

A Concellería de Infraestruturas e Sostibilidade do Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento das persoas interesadas que mañá mércores, 24 de xaneiro, pecharáse ao tráfico rodado un carril na N-555, que une Redondela con Peinador. O perigo de derrube dunha árbore sobre o tendido eléctrico obriga a este peche “xa que o propietario da finca precisa utilizar un camión grúa para a retirada da árbore”, explica o concelleiro Roberto Villar.

O tramo afectado da estrada está situado entre a igrexa de Santo Estevo de Negros e a ruta da senda auga, coñecida como “Curva do río”. Un carril da estrada estará pechado entre as 8.00 e as 15.00 horas, e o paso de vehículos estará regulado por semáforos.

Desde a Concellería que dirixe Villar aproveitarán estes traballos “para facer unha limpeza de biomasa e renovar os farois de alumeado público nese tramo substituíndo as luminarias actuais por lámpadas led de baixo consumo”.

Luis López esgrime a “estabilidade, unidade e xestión” do proxecto de Rueda fronte á “guerra política” PSOE-BNG

O presidente provincial do PP, Luis López, vén de manter unha reunión de traballo cos 26 membros da candidatura pola circunscrición de Pontevedra para as próximas eleccións autonómicas e, na mesma, esgrimíu a “estabilidade, unidade e xestión” do proxecto liderado por Alfonso Rueda fronte á “guerra política constante e interminable” entre PSOE e BNG que se pode apreciar no Concello de Pontevedra e ata unha decena de municipios da provincia.

Por elo, o tamén máximo responsable da Deputación de Pontevedra instounos a “traballar desde xa coa máxima intensidade para convencer aos 773 000 electores da provincia e volver de novo, como fai sempre o PP estando ao carón da xente, a todos os recunchos do noso territorio co obxectivo de explicarlles a necesidade de manter o rumbo de crecemento e seriedade que garante Alfonso Rueda desde a Xunta fronte ao terrible desgoberno que suporía un multipartito de esquerdas, agravado polas súas políticas radicais moi alonxadas dos intereses dos veciños de Pontevedra”.

Luis López calificou de “lamentable espectáculo” a situación de parálise que vive o Concello de Pontevedra polos “egos e os enfrontamentos” de socialistas e nacionalistas e advertíu aos membros da candidatura de que “este caos ten risco de reproducirse na Xunta, co conseguinte grave prexuízo para os cidadáns, se o PP non ten maioría absoluta o vindeiro 18 de febreiro e iso pode pasar por un só voto, así que é necesario explicarllo a toda a xente da provincia para obter a súa confianza maioritaria”.

Neste senso, o presidente do PP pontevedrés lembrou que os conflitos entre PSOE e BNG despréganse por toda a provincia e lamentou os casos do Grove, Silleda –onde o BNG nin sequera asistíu ao pleno de investidura da nova alcaldesa en sinal de protesta–, Gondomar, Tui, Moaña, Tomiño, Catoira e, especialmente, os de Vilagarcía de Arousa e Redondela, “que son a terceira e cuarta cidades da provincia e onde ningunha destas formacións foron as máis votadas, xa que nelas as eleccións foron gañadas polo PP”.

O CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra de Miño e o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui compartirán actividades con centros portugueses

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuniuse hoxe con representantes dos seis centros educativos –entre eles o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón de Salvaterra de Miño e o CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui– que participan no novo programa Escolas de fronteira, a través do que a Xunta de promove as competencias bilingües e interculturais entre centros, docentes e alumnos de Galicia e Portugal.

Neste primeiro curso, participan na iniciativa un total de seis centros que implementaron nos pasados anos accións con centros portugueses. Ademais do xa citados centros de Salvaterra de Miño e Tui, participan no proxecto o CEIP Rosalía de Castro e CEIP Carlos Casares, ámbolos dous de Xinzo de Limia; e o CEIP Princesa de España e CEIP Plurilingüe Amaro Refojo de Verín.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades felicitounos pola súa disposición a formar parte desta iniciativa piloto e polo seu interese por tecer redes educativas e culturais cos centros do país veciño. Así mesmo, interesouse polos proxectos desenvolvidos en cursos anteriores en colaboración con centros lusos.

Proxecto conxunto

Escolas de Fronteira busca promover actividades culturais e pedagóxicas, así como a promoción da identidade común dos pobos galego e portugués dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. Para iso, faranse actividades interdisciplinarias que engloben as realidades de ambos os países e, en particular, o territorio fronteirizo no que se atopan as escolas. Cada centro participante realizará un proxecto en conxunto co seu centro espello portugués e promoverase a creación e intercambio de recursos pedagóxicos.

Tamén se impulsará a formación do profesorado. De feito, os docentes encargados do proxecto de cada centro participante realizarán unha formación específica sobre metodoloxía de proxectos multiculturais.

A iniciativa enmárcase dentro do proxecto Escolas Bilingües Interculturais de Fronteira, un proxecto de cooperación entre os gobernos de Portugal, España e as comunidades autónomas coa colaboración da Organización de Estados Iberoamericanos como socio estratéxico. Conta coa participación da Universidades de Aveiro, da Universidad Complutense de Madrid e centros de formación do profesorado das diferentes comunidades autónomas.

O Concello de Redondela lamenta que o PP non apoie as reivindicacións das traballadoras e traballadores do mar do municipio

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lamentou hoxe que o PP redondelán “non apoie as reivindicacións do sector pesqueiro e marisqueiro de Redondela” logo de que os populares denunciasen ante a Xunta Electoral Central á rexedora local polo feito de que o Concello puxese a disposición da veciñanza autobuses para acudir á manifestación “En defensa do noso mar” celebrada o domingo e Santiago.

Rivas afirma que como alcaldesa “débese aos seus veciños e veciñas” e, ante a petición de colaboración por parte da Confraría de Pescadores e Mariscadoras San Xoán, desde o Concello “apoiaron aos traballadores e traballadoras do mar”.

A rexedora local nega que exista interese electoral nesta decisión, e que o sector do mar convocou a mobilización “para denunciar a grave situación que vive o sector pesqueiro e marisqueiro” e que apoiaron ducias de colectivos e asociacións de toda Galicia, entre eles o pósito redondelán e colectivos como a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón.

Rivas afirma que é deber do Concello apoiar á Confraría porque “o mar é o medio de vida de moitas familias deste municipio, ademais dun patrimonio natural que temos a obriga de coidar e protexer”. Por último Rivas lamenta que o PP non apoie as reivindicacións do sector pesqueiro e marisqueiro de Redondela, “xa que foran informados previamente na Xunta de Voceiros da decisión adoptada polo goberno local tras a petición da Confraría”.

A illa de San Simón acollerá en abril o laboratorio Conecta Lab de proxectos audiovisuais

Proxectos audiovisuais de creadores de Vigo, A Estrada, A Fonsagrada, Castelló, Lleida e Madrid participarán entre o 19 e o 29 de abril na Illa de San Simón, no concello de Redondela, na residencia e laboratorio creativo Conecta Lab, impulsado pola Deputación de Pontevedra xunto con CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización), AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e DAMA (a única entidade española especializada na xestión de dereitos de autor de obras audiovisuais). “Trátanse de proxectos audiovisuais que responden a unha ampla variedade de propostas que van desde a comedia ao cinema autoral e experimental, o drama ou o documental”, asegurou a vicepresidenta provincial Marta Fernández-Tapias.

Cinco dos proxectos foron seleccionados entre as 200 persoas que se presentaron á convocatoria de Conecta Lab. Trátanse dos vigueses Gon Caride e Sara Traba, Berio Molino de A Fonsagrada, Patricia Echeverría de Madrid e Marina Rubiés de Lleida. Pola súa banda, un proxecto do estradense Samuel Lema, do castellonenco Jorge Navarro e da madrileña Elena Martínez foi escollido por profesionais da produción entre os 22 participantes que asistiron á novena xornada Conecta+, que acolleu o pasado sábado a sede da Deputación en Vigo.

Gon Caride participará no Conecta Lab coa súa primeira longametraxe: “La increíble historia de cómo un balde de agua destruyó un edificio”. Trátase dunha comedia que arranca con Rosa, unha muller de sesenta anos que se levanta todas as noites de madrugada para ir ao baño e que, para non facer ruído que moleste aos veciños, verte un cubo de auga polo retrete. O que Rosa non sabe é que, unha noite, ao baleirar o cubo de auga inicia unha reacción en cadea que, en oito minutos, rematará por provocar a destrución do edificio.

Pola súa banda, Sara Traba participará tamén coa súa primeira longametraxe: “As Cárcavas”. As cárcavas son cicatrices que o tempo deixa na terra. Por iso, esta creación constrúese a través de moitos momentos de observación da paisaxe que non se poden modificar.

Berio Molina participará con “As Aspas”, a súa segunda longametraxe tras “7 Limbos”. O filme presenta a tres amigos: Coro, Mel e Silvo. Os dous primeiros son autistas e o segundo xordo e viven as súas vidas con independencia e rebelión, enfrontándose a unha sociedade que aínda non está prepara para aceptalos.

A madrileña Patricia Echeverría, con estudo creativo tamén nos Ángeles e Ramallah, chegará a San Simón con “Wolfgame”. Trátase dunha peza que presenta a dous mozos que abandonan a súa vida urbana co obxectivo de tomar terras bíblicas a través do pastoreo. Por outra banda, a medio mundo de distancia, enxeñeiros deixan os seus empregos para construír imperios no metaverso mediante un xogo chamado “Wolf Game”.

Con “Aniagua”, unha longametraxe de ficción, participará Marina Rúbies no Conecta Lab. Aniagua é unha moza de 18 anos, gorda e ausente, que empeza a traballar como camareira de piso nun resort de luxo. A mala relación coa súa nai, a recente morte da súa avoa e a falta de amigos derivan nunha bulimia nerviosa que non sabe xestionar ata a súa chegada ao hotel, que mudará a súa vida.

Finalmente, “Viven al lado”, de Samuel Lema, Elena Martínez e Jorge Navarro, trátase dun formato de serie centrado nunha urbanización de luxo, onde unha nai fracasada enfróntase a unha débeda que ameaza con arrebatarlle a súa casa. Desesperada, comete un roubo que remata en asasinato. Os seus veciños, presos do pánico, forman unha patrulla veciñal que saca á luz os seus máis escuros segredos.

Os seis proxectos audiovisuais seleccionados traballarán e convivirán, durante os dez días do Conecta Lab en San Simón, con recoñecidos profesionais. O pasado ano participaron directores de cinema como Óliver Laxe, Álvaro Gago, Iziar Bollaín, Celia Rico, Carlos Marqués-Marcet, Mikel Rueda, Laura Sarmiento e Fernando Franco que acompañaron aos creadores audiovisuais no proceso de escritura dos seus proxectos cinematográficos. “Xa lles podo afirmar –asegurou a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias – que este ano os perfís serán similares e que serán dez días de moito traballo, con clases, xornadas profesionais e encontros transfronteirizos que servirán, ademais, para tender pontes co sector audiovisual do Norte de Portugal”.

Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves avanzan para o desenvolvemento da terceira edición do ‘Programa Xuntas’

As dúas alcaldesas –Marta Valcárcel (Salvaterra de Miño) e Loli Castiñeira (Salceda de Caselas)– e o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso González, acompañados das respectivas Concelleiras de Igualdade, mantiveron unha primeira reunión de traballo de cara a desenvolver a terceira edición do Programa Xuntas, iniciativa dirixida ás mulleres dos tres municipios en materia de formación, información, prevención e orientación e asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico individualizado.

Así, os concellos participantes avanzan un ano máis no calendario de actividades a través de obradoiros de saúde, benestar, igualdade de xénero ademais do Servizo Integral e Especializado de Asesoramento Xurídico, Psicolóxico e Laboral.

O Programa está financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e ofrece unha intervención multidisciplinar a través de formación, obradoiros e un servizo gratuíto de asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral axustado ás necesidades das participantes.

O Programa Xuntas, que en anos anteriores obtivo a mellor puntuación de todos os proxectos presentados na provincia de Pontevedra e a segunda mellor de Galicia, xestiónase mediante o sistema de xestión compartida e está financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Os tres Concellos quixeron poñer en valor unha colaboración institucional exemplar que permite ofertar máis e mellores servizos e optimizar recursos, o que repercute directamente na calidade das políticas públicas, dando ademais un exemplo de transparencia e boa xestión ao conxunto da cidadanía, especialmente na área de intervención do Programa Xuntas.

A Deputación abre este martes o prazo para que os concellos de menos de 20 000 habitantes soliciten axudas para políticas sociais

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra acaba de publicar as convocatorias do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios e das Axudas Básicas de Emerxencia para este 2024. Os 51 concellos de menos de 20 000 habitantes da provincia poderán solicitar beneficiarse destes programas, dotados con 3,7 millóns de euros, dende este martes 23 de xaneiro e ata o 22 de febreiro.

No relativo ao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios a Deputación pon a disposición dos concellos preto de 3,1 millóns de euros. Destes recursos, 1,2 millóns estarán destinados a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e 1,9 millóns estarán destinados a cubrir os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios municipais. Cada un dos 51 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes terá á súa disposición unha achega máxima que vai desde os 24.000 aos 120.000 euros.

A través deste plan, a institución provincial pretende mellorar a calidade de vida das persoas; posibilitar a súa permanencia no seu contorno de convivencia habitual; favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio; manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia ou exclusión social; retardar ou evitar a institucionalización, e reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

No que respecta ás Axudas Básicas de Emerxencia (ABE), o goberno provincial mobiliza 600.000 euros para que os concellos poidan atender as demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo. Destes recursos, 393.000 euros van destinados a gasto corrente e os 207.000 restantes serán para investimentos.

A través desta liña de axudas a Deputación contribúe a sufragar gastos de alimentación, vivenda, subministracións básicas, produtos e servizos de hixiene e limpeza, produtos farmacéuticos, a adquisición de electrodomésticos básicos, o pagamento de desprazamentos ou de reparación e mantemento de vehículos, así como de lentes, lentes de contacto e audiófonos, gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, produtos de apoio, atencións de carácter complementario, roupa, calzado, ou gastos relacionados co estudo e apoio á infancia. Neste caso, a contía máxima para cada concello vai desde os 7.800 aos 14.050 euros, en función da súa poboación, índice de dependencia global, taxa de desemprego e renda dispoñible bruta.

Os alcaldes do Val Miñor reúnense coa Fundación Española do Corazón e a Asociación de Cardiópatas Galicia Sur

Os alcaldes de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; Nigrán, Juán González Pérez, e Gondomar, Francisco Ferreira González, reuníronse no Concello de Baiona co doutor Andrés Íñiguez, presidente da FEC, e doutora Bravo, representantes da Fundación Española do Corazón e da área sanitaria de Vigo; e con representantes da asociación de cardiópatas Galicia Sur.

Durante a reunión os representantes da FEC presentáronlle distintas cuestións aos rexedores facendo especial fincapé na colaboración a través da promoción conxunta entre a FEC e os municipios do Val Miñor de proxectos e programas de actividades orientadas á prevención das enfermidades cardiovasculares, fomentando estilos de vida saudables, e á promoción de todas as actuacións necesarias para a atención temperá á parada cardíaca na vía pública e nos espazos públicos competencia dos concellos.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, que presidiu a reunión, destacou que “Baiona comprometeuse por avanzar par ser un municipio “cardio seguro”. Asinaremos coa Fundación Española do Corazón (FEC) un acordo marco de colaboración, a través do cal promoverán estilos de vida saudables entre a poboación baionesa co fin de previr as enfermidades cardiovasculares. Ademais, iremos un paso máis aló e colocaremos desfibriladores en distintos puntos da nosa localidade”.

Vázquez Alumiña lembrou que o 85 % das mortes por ataques cardíacos prodúcense como consecuencia dun fallo na fibrilación ventricular, é dicir, cando se produce un cesamento da circulación do sangue polo corpo. #Ante esta situación, o uso do desfibrilador nos primeiros minutos é vital para evitar danos irreversibles e para salvar a vida a quen o sufra.

O rexedor local concluíu apuntando que Baiona avanzará coa adquisición destes novos desfibriladores e “seguiremos traballando para ampliar a cobertura no municipio, que é unha importante medida para que a nosa localidade empece a ser un espazo cardioprotegido e poder salvar vidas en casos de emerxencia, onde actuar con rapidez é crucial. A instalación destes dispositivos converteranos nun lugar máis seguro para garantir unha rápida actuación #ante calquera emerxencia cardiorrespiratoria e poder salvar vidas”.

Baiona conta con desfibriladores , os espazos deportivos municipais, os postos de socorrismo das praias ou na Policía Local pero reforzaranse novos espazos municipais coa adquisición de novo material médico destas características.

O alcalde de Nigrán, Juán González Pérez subliñou que desde 2019 “Nigrán un dos municipios máis cardioprotegidos de España porque desde o Concello dotamos de desfibriladores aos colexios, os espazos deportivos municipais, os postos de socorrismo das praias ou a Policía Local. Por tanto, estamos concienciados respecto diso e parécenos especialmente interesante a proposta presentada polos cardiólogos de crear ‘illas’ cardioprotegidas en espazos urbanos de gran afluencia, como pode ser o paseo de Panxón, así que instalaremos novos desfibriladores alí onde eles indíquennos e levaremos adiante as iniciativas que consideren porque pode ser a diferenza entre salvar a vida a unha persoa ou non”, considera o alcalde, Juan González

Pola súa banda o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira González, sinalou que “en Gondomar levamos anos traballando pola promoción de hábitos de vida saudables, fomentando a práctica deportiva desde idades moi temperás, así como coa realización de diferentes charlas e obradoiros sobre nutrición, coa organización de actividades para favorecer un avellentamento activo entre a poboación de maior idade, ou coa detección e prevención de hábitos daniños entre a mocidade. Estamos encantados de iniciar esta colaboración coa Fundación Española do Corazón para seguir traballando na concienciación dá importancia de hábitos saudables que permitan a prevención de enfermidades cardiovasculares”.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño enche a maleta de experiencias para FITUR

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño leva xa un lustro presumindo de destino na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR. O vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 18.00 horas, os concellos do territorio volverán estar nun dos principais encontros do sector turístico de Europa para conquistar ao público polos sentidos e o corazón: da man dos seus verdadeiros protagonistas, o Xeodestino presentará a súa nova campaña, ‘Vivir experiencias, compartir territorio’.

Nesta ocasión, a través dunha emocionante peza audiovisual o público acompañará a Rubén, Ana, Inés e Berto por un destino único, complementario e de calidade no que o turismo activo, a natureza ou a enogastronomía camiñan da man para namorar a cada persoa visitante. Ademais, ao rematar a presentación haberá diferentes sorpresas para o público asistente.

Xunto ás e aos protagonistas, o acto contará tamén coa intervención de Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, e de Cristina Correa, alcaldesa de Oia, que se estrea nun acto oficial como nova representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, dando así o relevo ao rexedor de Nigrán, Juan A. González. O Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, será o encargado de pechar o acto.

Por outra banda, á presentación acudirán numerosas autoridades, como as alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras dos 14 municipios do Xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) ou representantes doutras institucións estatais, autonómicas e provinciais.

A exposición «Cartografía da Raia» expoñerá en Tui a delimitación histórica da fronteira con Portugal ao longo do Miño

0

O Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Tui, organizan a exposición «Cartografía da Raia», que mostra a evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ao longo do Río Miño. A mostra abrirá as súas portas o 23 de xaneiro ás 19 h.

A exposición temporal presenta cartografía histórica de Galicia e a provincia de Pontevedra, con especial fincapé na zona obxecto da exposición: a fronteira luso- española, incluíndo, entre outros, mapas costeiros e de zonas fluviais en Baiona, Tui ou Salvaterra de Miño.

A mostra recolle láminas ilustrativas achega do Tratado de Límites entre ambas as nacións e o seu desenvolvemento histórico ata a actualidade, así como os métodos e instrumentos empregados ao longo da historia para a representación xeométrica da Raia e outras fronteiras internacionais.

A exposición poderase visitar de forma libre e gratuíta no edificio Francisco Sánchez de Tui, ata o 10 de febreiro (de 9 h a 14 h e de 16 h a 21 h, de luns a venres; de 9 h a 13 h, os sábados).

Na mesma localización, o mércores 31 de xaneiro, ás 19 h, terá lugar a conferencia «Traballos de delimitación na Raia», con entrada libre ata completar aforo. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á Secretaría da Subdelegación de Defensa en Pontevedra no teléfono 986 868 766 ou no enderezo de correo electrónico [email protected]

A Asociación Cultural e Deportiva ‘Xuntanza’ de Randufe, Tui, organiza unha Cea-Baile de Entroido o sábado 10 de febreiro

0

A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, no concello de Tui, vén de anunciar a celebración dunha Cea-Baile de Entroido que se celebrará na Casa Cultural, (Cruceiro do Monte, 7) o vindeiro 10 de febreiro a partir das 21:30 horas. A directiva da Asociación retoma a actividade este ano “porque consideramos que é unha oportunidade de compartir un momento de lecer”.

O prezo por persoa será de 20 euros para gozar dun menú composto por sopa, lacón con grelos e, como boa cea de Entroido, unha sobremesa composta polas tradicionais orellas e a non menos apetitosas filloas, amais do pan, viño do país, auga, refrescos e café. Ademais manterase o bar aberto “con prezos populares” aseguran dende a organización.

A esta actividade poden asistir as persoas socias e e acompañantes. “Cremos que é unha ocasión inmellorable para que as persoas que aínda non se asociaron poidan coñecer Xuntanza e facer grupo”, apunta a directiva da Asociación.

As persoas interesadas en participar deben poñerse en contacto coa directiva ben por whatsapp, no teléfono 646 646 500 ou a través de correo electrónico no enderezo [email protected].

A data límite para anotarse é o 02/02/2024. Unha vez feita a reserva, se procederá ao cobro e entrega do vale de participación que se presentará no día da cea.

‘Mostra de Petiscos’, unha ruta gastronómica por Mondariz Balneario

O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, acordaron levar a cabo unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz-Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días 2, 3 e 4 de febreiro do 2024, actividade que foi presentada o sábado 20 de xaneiro.

Debido á realización de diversas actividades culturais e gastronómicas na comarca, o concello de Mondariz-Balneario decidiu sumarse a estas iniciativas propoñendo coma iniciativa unha ruta de petiscos para reactivar a actividade economizadora no concello en tempada baixa.

O día 2 de febreiro, pola maña, terá lugar a inauguración desta ruta de petiscos. Unha comitiva formada por representantes dos locais participantes, o patrocinador e o Concello realizarán unha ruta inaugural de petiscos polos diferentes locais. Xa pola tarde, comezará a mostra propiamente dito.

Horarios

Se ben os establecementos participantes serán os que establezan o horario, establécese un ‘horario mínimo’ que será o venres de 20 h a 21:30 horas; o sábado de 12 h a 13:30 horas e de 20 h a 21:30 horas e o domingo de 12 h a 13:30 horas.

Prezo dos petiscos

  • Petisco 2,00 €
  • Petisco + viño 4,50 €. Os viños empregados para esta oferta, deberán ser os viños do patrocinador. O patrocinador será Adegas Galegas. DON PEDRO branco e TERRAS DE CIGARRÓN tinto

Petiscos

ESTABLECEMENTOPETISCOALÉRXENOS
SIMONETA“Brioche con tartar de lagostinos e emulsión das súas cabezas”.Glute, peixe, sulfitos, grans de sésamo, leite, soia e ovos.
YAGO´S“Voltereta de cogumelos”.Lácteos (manteiga).
ATALAYA“Petisco de tenreira asada galega”.Mostaza, soia.
BOAS MIGAS“Bocado de costela de vaca sobre brioche”.Ovo, lácteos, glute e sulfitos.
MIXTURAS“Crocante de lacón sobre crema de grelos”Sulfitos, Lácteos, glute.
REGATO DE VALDECIDE“Niguiri frito de fazulas de vaca”Sulfitos

A Mostra de Petiscos está organizada polo Concello de Mondariz Balneario, Atalaya, Boas Migas, Mixturas, Regato de Valdecide, Simoneta, Yago´s. Colaboran Adegas Galegas, Aguas de Mondariz, Balneario de Mondariz, Adegas Galegas e apoian a iniciativa Bar Cafetería Lourdes, Chocolat, Carnes o Galego, Estación servicio Mondariz, Gala Termal, Farmacia Balneario, Hotel CEMAR, Peluquería as Camelias, Mercaplus Balneario, Lavandería Puma Clean Mondariz Balneario, Lapido y asociados. Real estate investmen group, La del Río, Las Colonias.

Como obter os premios

As persoas participantes nesta mostra poderán gañar varios premios. Para conseguilos entregarase nos establecementos participantes un pequeno pasaporte ou cartilla. As cartillas de participación usaranse para obter selos nos establecementos participantes na ruta gastronómica. Dependendo do número de selos obtidos poderán acceder a distintos sorteos. A información dos premios explicarase na cartilla e o sorteo celebrarase un día laboral na seguinte semana a realización da mostra.

Premios

  • Se a cartilla ten 3 selos. Dous libros de “Mondariz en los textos de Emilia pardo Bazán. Antoloxía editado por GALAXIA”
  • Se a cartilla ten 4 selos. Un bono Comercio valorado en 30 €, unha cesta de Don Pedro.
  • Se a cartilla ten 5 selos. Cinco entradas dobres para o Pazo a Auga de Mondariz-Balneario.
  • Se a cartilla ten 6 Selos. Bono para unha cea nos establecementos participantes, valorada en 60 €.

XXI Jornadas Apícolas do Alto Minho debatem en Vila Nova de Cerveira a sanidade do setor

A sanidade apícola é um problema que ultrapassa fronteiras há vários anos, aumentando os custos na produção e as resistências às doenças, além de potenciar desistências da atividade. Procurando refletir e debater esta temática, a APIMIL – Associação Apícola Entre Minho e Lima, com o apoio do Município de Vila Nova de Cerveira, desafiou várias entidades, nacionais e estrangeiras, para as XXI Jornadas Apícolas do Alto Minho, no dia 27 de janeiro, no CAE – Centro de Apoio às Empresas de Vila Nova de Cerveira.

De momento, e de acordo com a APIMIL, o Alto Minho registou, só no último ano, a perda de cerca de 30% de apicultores devido a diversas patologias, nomeadamente a presença da vespa asiática, mas também pelo envelhecimento dos apicultores, faltando incentivos para os jovens enveredarem por esta atividade. Do ensino à investigação, do empresarial ao político, sem descurar o setor agrícola. No total, 15 intervenções, distribuídas pela sessão de abertura e pelos quatro painéis temáticos, vão incentivar à partilha de ideias e preocupações entre as entidades convidadas, procurando delinear objetivos emergentes para a apicultura, pelo seu impacto no desenvolvimento do meio rural, quer como atividade económica quer na polinização da flora no meio ambiente.

Os trabalhos desenvolvem-se ao longo do dia, com início às 09h00, com a sessão de abertura presidida pelo Presidente da Câmara Municipal de vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, e o Presidente da APIMIL, Alberto Dias, tendo ainda como convidados o Presidente da CIM Alto Minho, Manoel Batista, o Eurodeputado José Manuel Fernandes e o Secretário de Estado do Mar, José Maria Costa. Seguem-se as apresentações e respetivos debates das temáticas selecionadas, nomeadamente “Desafios presentes e futuros da Apicultura”, “Sanidade Apícola”, “Investigação e Tecnologia na Apicultura”, “Medicação homologada na Apicultura Nacional”.

Apesar de gratuita, a participação na XXI edição das Jornadas Apícolas do Alto Minho carece de inscrição obrigatória que se pode realizar nesta ligazón.

O Concello de Tui abre o paso entre a praza da Estrela e o Paseo Fluvial

0

As escaleiras que comunican a praza da Estrela e o Paseo Fluvial poden ser xa empregadas de novo. O Concello de Tui viuse na obriga de pechar este paso por seguridade no mes de outubro tras as grandes gretas e o desprazamento do muro rexistrado debido as fortes choivas.

[su_image_carousel source=”media: 80997,80996,80998″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Tras a diagnose da situación os primeiros traballos consistiron na estabilización do muro e posteriormente a súa recolocación, empregando con ancoraxes metálicas roscados e aplicando unha presión puntual lenta para que volvese á situación inicial. Finalmente realizouse suxección destes ancoraxes mediante resinas. O mesmo procedemento coa colocación de sistemas de ancoraxes aplicouse ao resto de muros existentes en todas as escaleiras.

Previa a súa apertura no día de onte o técnico municipal e persoal da empresa contratada revisaron os traballos realizados.

A Xunta recoñece o Entroido galego como Ben de Interese Cultural, a máxima protección patrimonial

O Entroido galego será recoñecido coa máxima figura patrimonial existente na nosa Comunidade: a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, informou hoxe de que o Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana a incoación do expediente para outorgar esta distinción, na categoría de patrimonio inmaterial, a unha das tradicións máis singulares e arraigadas de Galicia.

Así o avanzou nunha reunión no Museo do Entroido, en Xinzo de Limia, con representantes de varios entroidos coincidindo co inicio das celebracións deste ano 2024. Alí destacou o valor destas celebracións que definen “a particularidade etnolóxica, social e cultural do noso territorio e que son merecedoras da maior protección posible”.

Tal e como explicou, o inicio dos trámites publicarase no DOG o vindeiro 25 de xaneiro e o expediente, que deberá resolverse nun máximo de 24 meses, “terá en conta o interese etnolóxico, a función social e a riqueza cultural e patrimonial desta celebración nas súas diferentes representacións e expresións -explicou o titular de Cultura do Goberno galego-. Sen esquecer a súa capacidade para xerar riqueza no ámbito local, fortalecer a convivencia e, por suposto, o entretemento e o xúbilo”, puntualizou.

Ampla distinción á celebración

A declaración realízase en senso amplo para toda a celebración, non circunscrita só a unha serie de festexos. Conta con precedentes: os entroidos de Santiago de Arriba (Chantada), Salcedo (A Proba do Brollón) e Esgos, que xa foron declarados BIC no marco da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra aprobada en 2018.

Ademais, varios entroidos contan co recoñecemento, noutro ámbito, como festas de interese turístico. Trátase do de Xinzo de Limia, que é festa de interese turístico internacional; o de Verín, que se constitúe como festa de interese turístico nacional; e outros nove entroidos que están recoñecidos como festas de interese turístico de Galicia: Cobres, Laza, Viana do Bolo, o Folión tradicional do Entroido de Manzaneda, os Xenerais da Ulla, Maceda, Vilariño de Conso, Foz e o Enterro da Sardiña de Marín.

Con esta incoación, a Consellería de Cultura quere “ir un paso máis aló e realizar unha reivindicación xeral do Entroido en Galicia”, declarou Román Rodríguez. “Coa declaración BIC queremos asentar unha metodoloxía específica de preservación, coidado, estudo e divulgación desta celebración galega, e sinalalo como un elemento central no patrimonio inmaterial de todos os galegos e galegas, e polo tanto esencial para definir e comprender a identidade de Galicia”, engadiu o conselleiro.

Tripla función: social, cultural e ociosa

A declaración BIC do Entroido tómase tras valorar polo miúdo esta celebración, que posúe unha función tripla: social, cultural e ociosa. Enténdese en todas as súas variantes como un tesouro patrimonial propio e “cunha mensaxe claramente universal, pois os entroidos galegos non se circunscriben exclusivamente ao territorio de Galicia, o seu interese transcende as nosas fronteiras e atrae a milleiros de visitantes”, remarcou.

Así, a experiencia do entroido, unha das tradicións festivas máis emblemáticas de Galicia, compón unha das mostras máis globalmente recoñecidas da cultura galega e, polo tanto, constitúe por dereito propio un elemento a preservar do patrimonio inmaterial de todos os galegos.

Memoria popular dos galegos

Durante a cita cos representantes dalgúns destes entroidos galegos, o titular de Cultura da Xunta recordou que é importante “protexer todo aquelo que consigue que os galegos sexamos únicos, e isto inclúe os nosos entroidos, pois en Galicia, gran parte da memoria colectiva popular escribiuse cos festexos dos entroidos”, concluíu.

Redondela aposta en Fitur polo “turismo de natureza e experiencias”

A Feira Internacional do Turismo, Fitur, que a próxima semana se celebra en Madrid é un dos grandes escaparates mundiais no sector turístico. Redondela estará presente cunha proposta de turismo de natureza e experiencial. A intención é “poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do turismo”,sinala a alcaldesa Digna Rivas.

Desde o Concello contan coa colaboración da empresa Alecrín Actividades e Aventura, que desde hai anos está a facer actividades guiadas no municipio. A súa responsable, Ana Vázquez, considera que a Enseada de San Simón “é un recurso con moitísimas posibilidades e para público de todas as idades”.

A oferta das concellerías de Turismo e Sostibilidade inclúe actividades de natureza e lúdicas nas que os participantes “poden vivir experiencias como remar nun kaiak pola enseada, saír en bicicleta para coñecer a fauna e a flora da enseada ou observar o ceo nocturno sempre guiados por expertos”, explica a concelleira Rita Pérez. “É un xeito de poñer en valor o noso patrimonio natural ao tempo que educamos en sostibilidade e respecto ao medio ambiente”, sinala Roberto Villar.

O programa de roteiros que organiza o Concello inclúe paseos polo litoral, saídas en bicicleta, rutas nocturnas e paseos en kaiak, así como propostas de turismo mariñeiro para toda a familia. Redondela é un municipio moi vencellado ao mar “e ás veces descoñecemos todos os recursos que nos pode ofrecer”. A técnica destaca que “a xente que participa sorpréndese da vida e as especies animais que ofrece a enseada, porque descobren elementos que non sabían que estaban alí”. Remar ata unha batea e comprobar toda a vida que acubillan as súas cordas, achegarse ao illote das Corveiras ou saudar de preto a escultura do Capitán Nemo son algunhas das experiencias que poden vivir nestas educativo-ambientais.

Observación do Ceo Nocturno

Trátase dunha actividade de observación astronómica para toda a familia na que, da man dun guía especializado, as persoas participantes reciben explicacións sobre as estrelas máis importantes, as constelacións visibles e os métodos de orientación que se poden seguir a través do ceo nocturno.

A Deputación abre a finais de mes a inscrición para o programa «Provincia Activa», destinado ás persoas maiores da provincia

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este venres as bases do novo programa Provincia Activa que, cun orzamento de 146.000 euros, está destinado a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros formativos. “Queremos con este programa favorecer a participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e fomentar a independencia das persoas maiores”, asegurou o presidente da Deputación Luis López. As entidades interesadas en beneficiarse de Programa Activa poderán solicitalo entre o 29 de xaneiro e o 26 de febreiro.

A través de Provincia Activa ofreceranse un total de 130 obradoiros. Cada un deles estará dirixido, tal e como informou López, a un máximo de 25 persoas e cada entidade solicitante poderá pedir un obradoiro entre os ofertados que, á súa vez, estarán enmarcados en seis temáticas: “Benestar natural”, “Saúde en movemento”, “Emociónate”, “Outra vida”, “Con Ritmo” e “Redeir@s”.

En “Benestar natural” inclúese un obradoiro sobre plantas medicinais e en “Saúde en movemento” actividades de pilates, ioga e ximnasia de mantemento. Pola súa banda “Emociónate”, centrada na saúde mental, abrangue obradoiros de memoria, musicoterapia ou risoterapia e “Outra vida” talleres relacionadas co teatro ou a restauración de mobles. Ademais, a través de “Con Ritmo”, a quinta das temáticas, ofertaranse cursos de bailes de salón, pandeireta e canto popular e, finalmente, con “Redeir@s” achegarase formación centrada en dotar ás persoas maiores de habilidades dixitais e coñecementos avanzados en informática.

A Deputación continúa cos obradoiros formativos do programa SmartPeme, con tres novas accións esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, márketing sostible e infraestrutura dixital.

As accións formativas inícianse este luns, 22 de xaneiro, ás 10:00 horas, con Ciberseguridade, que é o malware. Trátase dun obradoiro para dar a coñecer aos asistentes que é o malware, os seus diferentes tipos ou como saber se un dispositivo está infectado. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

O mércores 24, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar o taller Márketing sostible, onde Fátima Faílde, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e con experiencia en comunicación corporativa, dará a coñecer a importancia de analizar a sostibilidade e como desenvolvela tanto nos propios negocios como en accións de márketing.

Finalmente o xoves, 25 de xaneiro, de 11:00 a 12:30 horas, terá lugar o obradoiro Infraestrutura dixital. Canto custa enviar un whatsapp? a cargo do experto en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda apoia a manifestación do 4 de febreiro en Santiago

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de facer un chamamento á veciñanza da Guarda “a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o próximo domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela para denunciar a situación de deterioro permanente do sistema sanitario público galego”.

Desde a Plataforma insisten en que este deterioro na sanidade pública “está provocado polas políticas de recortes e privatizacións dos gobernos do PP na Xunta de Galiza nos últimos anos”.

A Plataforma guardesa sigue reclamando o incremento de ambulancias na comarca así como a dotación dunha ambulancia medicalizada, a segunda equipa médica para o PAC da Guarda e denuncian a non cobertura de dúas vacantes no Centro de Saúde da Guarda unha das cales hai máis de dous meses que non ten médico asignado.

A Fundación Érguete-Integración presenta o logotipo que conmemora o seu 25 aniversario

Coa finalidade de facilitar a inserción social e o acceso ao mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social nacía, hai 25 anos, a Fundación Érguete-Integración. Tras dúas décadas e media de traballo ás súas costas e cun importante incremento de actuacións ao longo da comunidade galega, a entidade conserva a súa filosofía inicial de integración dos colectivos vulnerabilizados, sempre co obxectivo de evitar a marxinalización dos mesmos e situando ás persoas no centro das súas accións.

Mantendo esta filosofía créase o logotipo conmemorativo do 25 aniversario da Fundación, non só como celebración da labor realizada ata o de agora, senón tamén na procura de proxectar unha visión positiva cara o futuro. É, por tanto, un recordatorio dos logros acadados e un símbolo inspirador para os desafíos que están por vir. Cada un dos elementos que o compoñen contribúe á filosofía que identifica á entidade, facéndose eco do seu compromiso coa solidariedade e a construción dun futuro mellor para a sociedade e, especialmente, para aquelas persoas que máis o precisan. Así mesmo, a inclusión do logotipo orixinal dentro do novo deseño ven reforzar esta conexión co pasado e destaca o crecemento continuo.

Por último, o lema que acompaña o logo, “coas persoas”, transmite a compoñente máis humana e cálida da Fundación, reflectindo o compromiso e dedicación de todo o persoal que traballa a diario na entidade con cada unha das persoas que acoden na procura dos seus servizos, e destacando a importancia da conexión humana na súa misión.

Dores Tembrás, «Enxertos»

A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades. Isto é algo que debería quedar claro dende o principio: «Enxertos» non é un libro nostálxico no estricto sentido da palabra, nin tampouco un libro de lembranzas, pero os seus versos sitúanse nese espazo impreciso que linda con ambos conceptos brincando entre as dúas beiras.

Dividido en catro partes, «Padrón», «Puga», «Flor» e «Froito», a poeta fai un percorrido vital dende a súa infancia ata o tempo da maternidade. Destaca de maneira importante a súa vinculación coa terra, coa vida, cos traballos agrícolas, cunha infancia en liberdade na que gozar do sol, de andar á procura de niños, da colleita do cereal, da maciñeira ao pé do camiño…. Tal é o elemento principal da primeira parte do poemario, pero a súa influenza esténdese ao longo de todo o libro de forma natural, sen imposicións de ningunha caste, pois a infancia forma parte indisoluble do que somos.

Acompaña a ese sentimento a sensación de pertenza a unha comunidade familiar e social, de non sentirse soa en ningún momento, sexan as que sexan as circunstancias da vida. O papel dos seres queridos que poboan o nos universo persoal, é vital e tamén forma parte indisoluble da nosa andaina. E así nolo fai lembrar Dores Tembrás cos seus versos.

A chegada á cidade fai que a poeta se sinta fóra de lugar, «enxertada» nun talo que non é o seu, polo que necesita adaptarse ás súas novas circunstancias. E aí, para que agrome e floreza o eu poético que protagoniza este peculiar relato, asumen un papel relevante a media ducia de ilustracións que se espallan por todo o libro, saídas da man do pai da autora. Velaí o vínculo entre todas as partes do poemario, entre os sentimentos máis alonxados no tempo e os máis actuais; a ponte que une os dous mundos que integran o espazo vital da autora.

Dores emprega unha linguaxe clara e luminosa, na que a precisión da palabra é unha das liñas principais da escrita. A outra sería a ausencia de puntuación, mesmo de maiúsculas, que poden confundir un pouco ao lector pero que facilitan unha certa liberdade interpretativa de cada poema. Sexa como for, o resultado é un poemario morno ao tacto e cheo de luz.

Dores Tembrás

Enxertos

Ilustracións de José Tembrás

Apiario

A Deputación investirá 4,5 millóns de euros na conservación de firmes nos 1650 quilómetros de estradas provinciais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres da apertura do proceso de licitación das obras de conservación de firmes na rede viaria de estradas provinciais por un total de 4,5 millóns de euros. A finalidade destes contratos é garantir a seguridade viaria no conxunto de 1650 quilómetros de estradas e para logralo as actuacións adxudicaranse por lotes comarcalizados. “O noso obxectivo é garantir a seguridade viaria nas estradas e farémolo con actuacións localizadas en diferentes treitos das estradas”, explicou o mandatario provincial.

O obxectivo desta iniciativa pasa por garantir o mantemento das características superficiais e estruturais do pavimento intervindo nas zonas máis degradadas e, ao mesmo tempo, renovando a sinalización horizontal en toda a rede provincial.

O contrato está dividido en seis lotes comarcais. Cun orzamento de 870 000 euros atenderanse as necesidades das estradas que atravesan os concellos de Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Caldas de Reis, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira. O mesmo importe servirá para arranxar as deficiencias das estradas que transcorren polos municipios de Pontevedra, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior, Moraña e Campo Lameiro. Por 725 000 euros realizarase o mantemento das calzadas que pasan por Salceda de Caselas, Pazos, Tui, Ponteareas, Salvaterra do Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente. Do mesmo xeito, a Deputación destina 685 000 euros ao mantemento do viario de Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia e O Rosal; un total de 650.000 euros para atender os camiños de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces; e un orzamento de 636 000 euros para corrixir as deficiencias das estradas provinciais de Barro, Caldas de Reis, Portas, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa.

Os IES de Ponteareas e o CIFP A Granxa reúnense coas familias para o deseño do futuro das súas fillas e fillos

“Que fago ao rematar secundaria ou que pasa se non me gusta o ciclo ou carreira que elexín?” é unha das preguntas máis frecuentes ás que teñen que dar resposta as familias nesta etapa. Coñecer a extensa lista de posibilidades que existen, entender que temos o dereito a equivocarnos, comprender que un estudo pode non reunir as expectativas agardadas, definir quen toma a decisión sobre o itinerario e estudos que quere cursar o alumno/a, non facer dunha decisión un conflito ou imposición ou como retomo os meus estudos son algunhas das cuestións que abordarán as/os profesionais dos nosos centros educativos na III Xornada de Itinerarios e Orientación organizada pola Asociación de Nais e Pais do IES Val do Tea de Ponteareas e o equipo de dirección en colaboración coa Federación de Asociacións de Nais e Pais (FANPO).

O vindeiro martes 23 ás 18 horas terá lugar no salón de actos do instituto unha xornada informativa na que os equipos de dirección e de orientación dos tres institutos de Ponteareas e do CIFP A Granxa e a xefa de estudo da sección da EOI asesorán as familias dos múltiples itinerarios que pode seguir o alumnado.

O persoal orientador informará sobre as ofertas educativas de cada centro, explicará as características máis salientables do bacharelato, da oferta de educación para maiores de 18 anos, da FP, da Escola Oficial de Idiomas e doutras posibilidades que axuden a tomar decisións sobre un itinerario académico-profesional, acorde ao alumno/a e ao seu contexto sociofamiliar.

“Equipos directivos e de orientación do IES Val do Tea, IES do Barral, IES Pedra da Auga e CIFP A Granxa, falarán coas familias co obxectivo de resolver dúbidas, axudar na toma de decisións e ofrecer ferramentas para decidir en familia” explican dende a ANPA A Ponte do IES Val do Tea.

Información sobre a oferta pública de ciclos, pautas para seguir diferentes itinerarios, accesos á universidade sen cursar bacharalato, educación para adultos e alternativas para alumnado con necesidades son algúns dos temas que abordarán.

Orientadoras dos catro centros traballaron xuntas no deseño deste encontro no que ademais de ofrecer toda a información dispoñible sobre formación profesional, conversarán coas familias sobre o mellor xeito de abordar o futuro educativo do alumno/a.

O GDR Condado Paradanta presentará en FITUR as esencias e sabores do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas

O GDR Condado Paradanta (Grupo de Desenvolvemento Rural) presentará en FITUR (Feira Internacional de Turismo) a riqueza dos seus dez concellos. O vindeiro xoves día 25 ás 13:15 horas o público de FITUR, expositores e autoridades presentes coñecerán as esencias e sabores do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas.

“Esencias e Sabores. Condado Paradanta” presentará no stand de Turismo de Galicia unha escolma das mellores experiencias turísticas, enogastronómicas, naturais e culturais que as e os visitantes poderán descubrir neste territorio.

A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti, alcaldesas e alcaldes trasladarán ao público a importancia histórica e turística dos concellos de A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Ademais, todas as persoas presentes serán convidadas a degustar produtos gastronómicos da comarca como o requeixo ou o mel.

O GDR

Dende o ano 2008 o GDR actúa como un dinamizador socioeconómico capaz de impulsar e apoiar proxectos de persoas físicas ou xurídicas. En continua alianza cos sectores públicos e privados traballa a diario na detección de necesidades e recursos e procura ferramentas que axuden na resolución e, tamén, na posta en marcha de novas iniciativas.

Conectar emprendedores, asociacións e empresas dos dez concellos da comarca para maximizar os puntos fortes do Condado Paradanta e Salceda de Caselas é un dos obxectivos deste GDR. A través da xestión de fondos e programas europeos búscase o desenvolvemento económico do territorio.

Luis López visita a biblioteca pública de Petelos, Mos, na que a Deputación investiu 360 000 euros para a reforma do inmoble

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comprobou este venres o remate da reforma do edificio da biblioteca e xulgados de paz da parroquia de Petelos, no Concello de Mos. O mandatario provincial compartiu esta visita cos escolares de primeiro e segundo curso de Educación Primaria do colexio de Petelos, que participaron nun obradoiro para coñecer a figura da poeta da comarca da Louriña que dá nome a este renovado inmoble, María Magdalena. Segundo sinalou o mandatario provincial, a obra serviu para adaptar o edificio aos novos tempos facéndoo máis accesible e máis eficiente enerxeticamente ao tempo que ofrece mellores servizos á veciñanza.

A reforma do inmoble, que supuxo o investimento de preto de 600 000 euros, dos que a Deputación achegou uns 360 000 euros ao abeiro do programa ReacPon e a Xunta, o resto; serviu para crear unha nova sala de uso exclusivamente infantil para fomentar a lectura na primeira infancia, así como a mellora da accesibilidade e a eficiencia enerxética. Unha intervención que puido facerse realidade pola cooperación entre institucións que, como sostén Luis López, é o camiño para que os servizos á veciñanza e os equipamentos públicos vaian a máis.

Durante o encontro, o dirixente provincial participou tamén no obradoiro infantil para o deseño de marcapáxinas relacionados coa obra da poeta local María Magdalena. López charlou cos escolares sobre a figura da escritora da Louriña e animounos a descubrir os seus poemas, que forman parte dos fondos da biblioteca municipal para que calquera veciño poida consultalos. Neste sentido, o presidente da Deputación destacou que intervencións como esta mellora da biblioteca de Petelos contribúen tamén a actuar no reto demográfico ao poñer á disposición da cidadanía os recursos que precisan.

A visita ao Concello de Mos completouse cun percorrido pola tamén rehabilitada casa reitoral na que o párroco explicou a historia deste histórico inmoble.

Redondela traballa na creación de novas instalacións deportivas

0

O Concello de Redondela está a traballar na posta e marcha de novas infraestruturas deportivas neste mandato. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, afirma que desde o goberno local son “moi conscientes” da necesidade dun novo pavillón en Chapela “para cubrir as grandes necesidades derivadas do crecemento de disciplinas como a patinaxe, o balonmán ou o fútbol sala feminino, entre outros”. Ademais da demanda dos clubs deportivos, está tamén a dos centros de ensino “xa que ningún centro escolar de Chapela conta cunha pista cuberta para poder facer deporte”, explica o concelleiro da área de Deporte e tamén de Ensino. Esta necesidade tamén foi trasladada desde o Concello á consellería de Educación “para que lle poña remedio”, xa que o pavillón municipal Manuel González Soto ten que acoller tamén ao alumnado do IES Chapela “para que poidan desenvolver alí as súas clases de educación física”.

Outro dos temas nos que leva tempo traballando o executivo redondelán é a creación dunha pista de atletismo “que tanto merecen os atletas do club redondelán”, e que é un compromiso do goberno de Digna Rivas. O atletismo é unha disciplina en crecemento en Redondela, e os resultados dos deportistas do municipio están a ser “extraordinarios”, recoñece o concelleiro, que conta entre os seus obxectivos “fomentar a práctica de deportes ao aire libre”. Valles é consciente da dificultade que supón poñer en marcha un proxecto deste tipo, xa que se precisa dun gran espazo para cumprir coas dimensións dunha pista regulamentaria, pero desde o Concello “valoran diferentes alternativas para poder facelo realidade”.

En canto aos deportes náuticos, de gran peso e tradición en Redondela, o obxectivo do responsable de Deportes é poñer en marcha unha instalación para estas disciplinas en Cesantes. Trataríase dun novo Centro de Deportes Náuticos. Para Valles os clubs de remo de Chapela e Cesantes “son un motivo de orgullo para o Concello”, por iso os seus esforzos vanse centrar en dotalos de instalacións “que permitan manter a tradición desta práctica deportiva, ademais de fomentar outros deportes de mar, xa que temos un litoral con moito potencial”. Unhas novas instalacións permitirían tamén contar cun espazo axeitado “para as embarcacións e o material de salvamento marítimo de Protección Civil”, sinala o responsable da área deportiva do Concello.

Trátase de proxectos ambiciosos para os que o goberno local confía en contar “co apoio unánime do resto de grupos da corporación”, así como coa colaboración do goberno autonómico “xa que a ninguén se lle escapa que se trata de grandes inversións que a administración local non pode asumir en solitario”. Por outra banda Valles advirte da necesidade de seguir mantendo en boas condicións as instalacións deportivas xa existentes, que son moitas e que deben estar sempre nun estado óptimo para a práctica deportiva.

O luns preséntase en Tui o libro de poemas «Mis dos amores» da tudense Inés Martínez

0

O vindeiro luns, 22 de xaneiro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez, terá lugar a presentación do libro de poemas ‘Mis dos amores’ da moza tudense, de 15 anos de idade, Inés Martínez. Nesta presentación a autora estará acompañada polo profesor Felín Romero Lorenzo e por Ángela Martínez Gómez que abordarán nas súas intervencións, respectivamente, o comentario deste libro así como unha visión da traxectoria poética da autora, que a pesar da súa idade leva moito tempo dedicada con intensidade á creación literaria.

En palabras de Inés Martínez neste o seu primeiro libro pretende recoller á poesía “coma unha arte de vida”. Nesta obra recolle unha escolma da súa produción literaria pois xunto aos poemas se editan diversos relatos centrados en temática arredor da “paixón, a traizón, un novo comezar, un novo amor.”

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, congratúlase por esta presentación do libro “Mis dos amores” obra prima de Inés Martínez por canto significa a incorporación dunha nova autora ao panorama da vida cultural tudense, valorando especialmente o empuxe desta moza de 15 anos que se estrea cunha obra literaria moi atraínte. Dende o Concello de Tui exprésase o compromiso de apoio e promoción ao novos valores no ámbito cultural por canto significan un enriquecemento do panorama da cultura de Tui.

Entrega de premios da Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios de Redondela

0

Mais de 1500 rexistros de clientes e un total de 64 466 participacións entraron no bombo do sorteo dos 3000 € en vales de compra da Campaña de Nadal organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela. A campaña realizouse por primeira vez íntegramente de xeito dixital e superou as expectativas de participación xa que, segundo explica a Asociación, “superáronse as cifras de participación dos últimos anos nos que o proceso se facía a través de papeletas”.

Normalmente o número de participación distribuídas en papel era de 40.000 e retornaba en forma de participación entre un 70 e un  80 por centro das papeletas distribuídas pola asociación e que eran entregadas á clientela polas súas compras.

Satisfacción entre premiados e comercios polo bo funcionamento da campaña e pola cantidade de premios distribuídos xa que noutras modalidades de sorteos os premiados non eran localizados ou non aparecían, con este novo sistema de rexistro dixital todos os premiados son facilmente localizables ao estar rexistrados na nova plataforma desenvolvida do Asociación de Empresarios de Redondela e que contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comecio.

Esta nova forma de interactuar a través da participación de sorteos permitirá ao establecementos asociados realizar promocións e sorteos para seguir impulsando as vendas dos pequenos negocios locais.

A Concellería de Igualdade de Baiona clausura con gran éxito o programa «Con Voz Propia»

0

O Multiusos de Sabarís acolleu o acto de clausura do programa ‘Con Voz Propia’, unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller. Unha intervención psicopedagóxica no que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres na que participaron veciñas do municipio.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a directora do CIM de Baiona, Elena Otero, acudiron o acto de clausura no que coñeceron de primeira man o traballo realizado polas participantes nesta actividade de 25 horas de duración. As participantes mostráronse moi satisfeitas con todo o aprendido nas sesións.

‘Con Voz Propia’ desenvolveuse no Multiusos de Sabarís ao longo do mes de novembro, decembro e xaneiro os mércores en horario de mañá. Na metodoloxía estivo previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz . Ao mesmo tempo utilizáronse moitos recursos da musicoterapia, a danzaterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais traballouse coas letras das para reenfocar a visión do percorrido vital.

Entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combinou as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional,.

Este proxecto parte do orzamento de que a aprendizaxe de canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando no descubrimento e valorización de si e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.

Luis López destaca a figura de Teresa Portela na entrega dos VIII premios Executivas de Galicia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o papel da padeeira e medallista olímpica Teresa Portela como “embaixadora” do deporte, da igualdade e da provincia de Pontevedra durante a cerimonia da oitava edición do premio Executivas de Galicia, que tivo lugar esta tarde de mércores no edificio Castelao do Museo de Pontevedra e ao que asistiu tamén a deputada Sandra Bastos. “Se hai unha muller que encarna os valores que promove este premio non pode ser outra que Teresa Portela, un exemplo de profesionalidade, conciliación e deportividade”, destacou o mandatario provincial despois da entrega do galardón.

No seu discurso, Luís López defendeu que este premio “é un paso máis neste camiño cara unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, que é unha misión na que todos os estamentos da sociedade, desde as administracións ata os particulares, debemos aportar o noso gran de area”. Neste sentido, o presidente provincial reiterou o compromiso da Deputación para colaborar coa Asociación Executivas de Galicia en todas as iniciativas que fomenten a igualdade. “Esa igualdade ampla, cómplice e unida que, lonxe de dividir ou fracturar, é o camiño máis curto para acadar unha sociedade sen fendas de ningunha clase”, subliñou antes de citar galardóns entregados polo organismo provincial relacionados con esta mesma materia como os Mulleres no Foco ou os Sofía Novoa, así como o programa Conectadas.

Despois de poñer en valor o compromiso de Executivas de Galicia ao longo dos últimos oito anos por destacar a capacidade das mulleres para liderar proxectos, fomentar a conciliación da vida laboral e familiar ou difundir a cultura galega a través dun galardón deseñado polo escultor galego Miguel Couto; o presidente López quixo poñer en valor a figura de Teresa Portela. “Desde os 16 anos levas o nome de Pontevedra por todo o mundo e, ademais dos éxitos deportivos, estás a demostrar que nin a idade, o xénero ou as ocupacións laborais e familiares son impedimento para facer deporte”, sinalou o dirixente, quen tamén quixo remarcar a súa fortaleza para “compaxinar o seu adestramento co seu traballo como fisioterapeuta e coas obrigas que temos os que somos nais e pais, así como cun papel activo en programas que promoven a igualdade”.

Rematou Luis López a súa intervención reiterando o agradecemento da Deputación a colectivos como Executivas de Galicia polo seu labor a prol da igualdade, remarcando a aposta do goberno provincial polo deporte, “que non pode ser alleo á igualdade”, e insistindo no apoio a deportistas da provincia como Teresa Portela, que contribúen a que a nosa provincia vaia a máis. “Parabéns Teri e grazas polo teu labor”, concluíu.

Oia abre a inscrición para o obradoiro de teatro veciñal 2024

0

O Concello de Oia pon en marcha unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal, para o que ten xa aberto o prazo de inscrición. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

O obradoiro comezará o 2 de febreiro e as sesións desenvolveranse no Centro Cultural de Pedornes de 19.00 h a 21.00 horas. En canto ao calendario da actividade, extenderase desde o mes de febreiro ata finais do mes de maio.

As persoas interesadas en participar poden apuntarse no rexistro do Concello desde hoxe ata o 31 de xaneiro. A actividade é gratuíta, se ben é obrigatorio inscribirse pois as prazas son limitadas.

Por outra parte, e tendo en conta a boa acollida do obradoiro infantil de teatro desenvolvido o pasado ano, o Concello tamén abre a inscrición para poñer en marcha unha nova edición neste 2024. As sesións desenvolveranse os venres de 18.00 a 19.00 horas (xusto antes do obradoiro para persoas adultas) e están dirixidas a nenos e nenas desde os 6 aos 12 anos.

6×6 Punto de Encontro

En cada unha das súas edicións, o obradoiro de teatro de Oia reúne a varias decenas de veciñas e veciños de diversas idades, as cales traballan durante varios meses na elaboración e interpretación de distintas pezas teatrais. Como actividade final, as creacións son representadas polo propio alumnado nunha visita dramatizada no barrio do Arrabal.

Nesa xornada de representación, denominada 6×6 Punto de Encontro, as persoas usuarias do obradoiro veciñal actúan xunto con varias artistas convidadas, ofrecendo un espectáculo aberto ao público onde o patrimonio do barrio histórico oiense se convirte nun escenario de excepción no que gozar de distintas propostas artísticas (arte dramática, danza e movemento, música, poesía, etc.)

Nesta convocatoria do obradoiro de teatro de Oia correspondente ao ano 2024 prevese igualmente rematar o curso coa xornada festiva do 6×6 Punto de Encontro: un día para celebrar a creación artística, o patrimonio, a historia e as tradicións locais; pero tamén para fomentar o encontro, a convivencia e máis a participación veciñal.

Redondela quenta motores para un Entroido con catro días de festa

0

Xa está aberto o prazo de inscrición para o desfile de Comparsas de Redondela e o Enterro do Berete de Chapela. O acto de Redondela está programado para o 11 de febreiro e o de Chapela para o 17 do mesmo mes. As para estes desfiles están dispoñibles na páxina web do Concello de Redondela. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata 2 de febreiro no caso das Comparsas de Redondela e do 19 de xaneiro ao 9 de febreiro no caso do Enterro do Berete de Chapela.

O Concello destinará un total de 10.500 euros para o desfile de comparsas e disfraces distribuídos tanto en premios como en axudas ás agrupacións que participen nos desfiles. Así, no apartado de axudas, destinará 300 euros ás comparsas que teñan entre 26 e 55 compoñentes; 400 euros aos que conten entre 56 e 80 compoñentes e 500 euros ás formacións que conten con máis de 80 compoñentes.

As categorías nas que se pode participar nos desfiles serán as de Comparsa –agrupación de máscaras nun número superior a 25 persoas–, Mocidade –comparsa que teña o maior número de mozos e mozas menores de idade á data da actuación–, Retranca –comparsa que mellor exprese con segundas intencións e humor a actualidade dentro dun marco de respecto e educación–, Inclusión e diversidade –comparsa con maior número de participantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %–, Grupo –agrupación de máscaras nun número de entre 3 a 25 persoas–, Parella –dúas máscaras– e Individual.

No que aos premios fai referencia, o xurado outorgará un primeiro de 900 euros, un segundo premio de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Amais os premios á mocidade, á retranca é a inclusión e diversidade de cada comparsa terán un premio de 500 euros cada un.

O Entroido de Redondela ofrece premios tamén para os grupos, parellas e disfraces individuais que participen o martes 13 de febreiro nun desfile que terá lugar na rúa Alfonso XII diante dos soportais do Concello.

Enterro do Berete en Chapela

No que ao Enterro do Berete fai referencia, e que terá lugar o sábado 17 de febreiro, o prazo de presentación será ata o 9 de febreiro. O Concello destina un orzamento de 3000 euros que se distribuirán en 400 euros para as comparsas con máis de 80 compoñentes e que leven carroza; 300 euros para as comparsas que conten entre 56 e 80 compoñentes e con carroza de acompañamento; 200 euros para as que teñan entre 26 e 55 compoñentes e leven unha carroza e, finalmente, 100 euros para as comparsas con máis de 25 compoñentes sen carroza.

Tanto no desfile de Redondela como no Enterro do Berete, as comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto nos seu vestiario coma na súa actuación. As carrozas deberán ter unha altura máxima de 4,50 metros e un ancho máximo de 3,50 metros.

O número máximo de comparsas que participarán no desfile e que poderán recibir os premios virá determinado pola dispoñibilidade do espazo existente, e elixiranse por rigorosa orde de solicitude de inscrición no Rexistro xeral.

A alcaldesa, Digna Rivas, confía en que sexan moitas as agrupacións e comparsas que se inscriban nos concursos “logo do éxito de participación do Entroido do ano pasado tanto en Redondela como especialmente en Chapela, onde había moitos anos que non se lembraba tanta afluencia de grupos cun total de 23 comparsas”.

Festa de Entroido o 10 de febreiro con animación infantil e concertos

O sábado 10 de febreiro comezan as celebracións do Entroido en Redondela. Os nenos e nenas serán os primeiros en poder gozar desta festa, xa que pola tarde haberá obradoiros para eles na Alameda é un pasarrúas infantil a cargo de Troula. Pola noite, logo do éxito do ano pasado, o Entroido deste 2024 repetirá a festa do sábado noite no campo da feira. A concellería de Cultura ten preparada “unha xornada festiva chea de diversión, música tributo a Estopa e moitas máis sorpresas”, anuncia a responsable Rita Pérez. A festa comezará a partires das 22.00 horas e contará con grupos musicais e pica discos “para animar aos participantes nunhas festas que son toda unha tradición en Redondela, un municipio onde o Entroido de vive dun xeito moi especial”.

Luis López avanza «100 % Rías Baixas», campaña para procionar a provincia como destino turístico coa auga como gran protagonista

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanzou este xoves a campaña turística de 2024 que Turismo Rías Baixas presentará o próximo mércores 24 ás 12.30 horas na Feira Internacional de Turismo (Fitur) e que levará por lema “100% Rías Baixas”. Nun vestíbulo do Pazo provincial ambientado para a ocasión coa proxección da fervenza da Toxa na escalinata, Luis López presentou a todos os presentes –rexedores e concelleiros de toda a provincia, representantes do sector turístico e deputados provinciais– que a auga, como atractivo turístico, será a base da campaña. “Na Deputación quixemos ser os mellores aliados do sector cunha campaña rompedora, desenfadada e enérxica orientada a un dos nosos mellores atractivos: a auga. Nun intre onde este recurso está no centro do debate, a nosa abundancia ten que ser unha vantaxe. Á auga debémoslle multitude de experiencias que fan que os que nos visitan vivan experiencias 100 % Rías Baixas”, afirmou o presidente da Deputación.

A provincia de Pontevedra terá unha presencia destacada en Fitur, sinalou Luis López. O programa inclúe unha degustación de té de camelia o xoves pola mañá e as presentacións de Trazas, a ruta arqueolóxica pola provincia, e da ruta de Ignacio Taverneiro, pola tarde. Do mesmo xeito, haberá numerosos encontros para entablar vías de colaboración con outras deputacións e comunidades autónomas. Con todo, o acto central está previsto para o mércores 24 ás 12.30 horas. “A presentación regresará a onde nunca debeu marchar: o stand de Turismo de Galicia”, subliñou o mandatario provincial.

O acto comezou coa proxección dun breve trailer con imaxes dos recursos acuíferos da provincia e logo tomou a palabra a deputada de Turismo, Nava Castro, quen destacou a importancia do sector na economía da provincia. Tomou a remuda, Mar Rodríguez, presidenta da Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra para remarcar a importancia de participar neste tipo de feiras e lanzar campañas como 100 % Rías Baixas para poder competir con destinos de todo o mundo.

Despois dun segundo teaser, que se proxectará integramente na presentación de Fitur e que deixou intrigados a todos os presentes, comezou o presidente Luis López o seu discurso citando catro titulares de prensa que “contan a historia dun éxito”. Reivindicou o mandatario provincial que a cidadanía da provincia nunca vira as Rías Baixas como un “destino paradisíaco”. “Era a nosa casa, pero semellaba que o mellor sempre estaba fóra. Por iso o mérito de Rías Baixas é dobre: ao tempo que o mundo miraba cara este lugar, tamén descubrimos nós o privilexio de vivir aquí, de estar aquí e de ser de aquí”.

A sustentabilidade do destino foi outro dos aspectos que quixo destacar Luis López. “Hai moito tempo que o noso destino traballa nesa dirección. Mesmo antes de popularizarse o termo sustentable, Rías baixas xa o era. Por iso, sementar dúbidas sobre a calidade dos produtos do mar, a excelencia das nosas costas ou sobre sectores que empregan a milleiros de persoas é de todo menos responsable. O noso destino é de todos, como de todos é o deber de velar pola súa boa imaxe”, defendeu.

Tamén puxo en valor o mandatario provincial o traballo realizado polos profesionais do sector turístico ao longo dos últimos anos e o seu compromiso por potenciar todavía máis o destino. “Vexo a un sector que traballa como se o impresionante 2023 fora só un paso previo cara un 2024 aínda mellor”, recoñeceu López, quen agradeceu a todo o sector por “dar o 100 % e facer que sexamos admirados e envexados en todo o mundo”.

Rías Baixas, finalista a mellor destino gastronómico para Viajar National Geographic

Foi o bo traballo do sector turístico e das institución o que logrou que o ano que acaba de rematar fora histórico: cun mes de agosto que bateu récords de ocupación, co camiño portugués pola costa medrando un 72 %, coas visitas aos castelos de Soutomaior e Sobroso rachando teitos ou cun Museo de Pontevedra rexistrando o número de visitantes máis alto desde o 2010. “O turismo vai a máis e o seu empuxe fai que todos medremos con el”, exclamou o presidente da Deputación, quen revelou que as Rías Baixas están entre os cinco destinos nomeados por Viajar National Geographic para ser elixido mellor destino gastronómico de España.

Rematou Luis López o seu discurso cunha nova referencia ao lema da campaña. “Pisar a area branca da praia de Rodas, en Cíes, é 100% Rías Baixas, brindar cunha copa de albariño mentres se degustan a espectacular gastronomía da provincia é 100% Rías Baixas, quedar abraiado coa fervenza da Toxa, cun solpor en Baiona ou Sanxenxo, ou co impoñente que é o Castelo de Soutomaior é 100% Rías Baixas”, enumerou o dirixente, que quixo tamén dar as grazas a todo o sector turístico, aos rexedores da provincia, ao equipo de Turismo Rías Baixas, en especial á deputada Nava Castro e á xefa de servizo Ruth González, e ao conxunto da cidadanía da provincia por “erguer con orgullo a bandeira do que somos, porque somos 100 % Rías Baixas”, concluíu.

A XLIII Regata Miño Internacional reúne a 27 barcos galegos e portugueses de 4x e 8+ este sábado en Tui

0

Un total de 27 embarcacións, de 4x e 8+, de 14 clubs galegos e portugueses participarán este sábado na XLIII Regata Miño Internacional. A proba está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

A casa do concello de Tui acolleu esta mañá a presentación da proba que correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, do director técnico da Federación Galega de Remo, Juan Zunzunegui, do presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, e da tesoureira, Aurea Gil.

A Regata Miño Internacional sairá este sábado, 20 de xaneiro, ás 11 h dende Currás para realizar un percorrido de 6 quilómetros até a liña de meta fronte á rúa Olímpicos Tudenses, onde está situado o Centro Municipal de Remo. Participarán un total de 27 embarcación de 14 clubs. Serán os galegos Remo do Miño, Remo Tui, Club Remo Vigo, Ría de Marín, Remo Chapela, Club Mar de Noia, Club Remo San Felipe, Cabo de Cruz, e os portugueses Clube Fluvial Vilacondense, Viana Remadores do Lima, Sporting Clube Caminhense, ADCJC Remo Cerveira, xunto ás embarcacións mixtas do Remo do Miño- Cabo Cruz- Marín-Caminha, e o Coruxo-Ría de Marín. En 4X haberá 9 embarcacións masculinas e 7 femininas. En 8+ competirán 7 barcos na categoría masculina e 2 na feminina, e tamén participarán 2 barcos 8+ veteranos masculinos. A saída farase por tandas de cinco embarcacións comezando polos 4x.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou ao Club Remo do Miño polo seu 50 aniversario, agradecéndolles o traballo realizado “para que o remo sexa unha referencia deportiva histórica neste concello”. Engadiu que “os deportes de río son unha das sinais de identidade de Tui. Tui é unha potencia en remo, e é algo do que nos sentimos orgullosos”. Tamén destacou o rexedor tudense coma a Regata Miño Internacional é unha proba histórica no amplo calendario deportivo tudense, ao tempo que agradeceu a colaboración doutras institucións, coma a Xunta e a Deputación, neste evento. Rematou a súa intervención o alcalde de Tui asumindo o compromiso de “seguir mellorando o Centro Municipal de Remo e o seu entorno”.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, destacou na súa intervención o agradecemento ao presidente e á directiva do Club Remo do Miño “por esta proba espectacular”, ao tempo que convidou ao público a achegarse á beira do río para presenciar esta regata.

Manuel Ángel González, o presidente do Club Remo do Miño destacou que a Regata Miño Internacional “debe ser a proba máis antiga destas características que se celebra na península ibérica”. Salientou que polo tipo de adestramento que nestes momentos realizan os clubs esta proba é moi interesante, engadindo que polas características do río Miño tamén é a máis axeitada. Amosou a súa satisfacción por “como vai transcorrendo ano a ano”. Manuel Ángel González salientou por outra parte coma con esta regata comezan a celebración do 50 aniversario do club.

A tesoureira, Aurea Gil, destacaba coma as remeiras foron gañando protagonismo nesta proba, con maior participación ano a ano, ao que o presidente do Club engadía que na actualidade no club xa teñen máis fichas de deportistas femininas que masculinos.

O director técnico da Federación Galega de Remo, Juan Zunzunegui, destacou o apoio da Federación a esta proba salientando que “a nivel deportivo é unha regata moi interesante”. Referiuse á dificultade para formar unha embarcación de 8 –coma tamén antes o fixera o presidente do Remo do Miño– polo que dicía “é de valorar o que se está conseguindo”. Tamén quixo destacar que “que o club cumpra 50 anos e organice unha regata que celebra a súa 43 edición sendo un referente nacional e internacional”. Agradeceu a colaboración do Remo do Miño tanto na organización da regata coma na colaboración para acoller en Tui concentracións da Selección Galega de Remo, coma as que tiveron lugar na primeira semana do ano. O propio Juan Zunzunegui competirá este sábado na Miño Internacional.

Os «Cafés en Igualdade» percorrerán os barrios do Rosal

0

O Concello retoma neste novo ano os seus ‘Cafés en Igualdade’, que deixarán o núcleo do Calvario para percorrer durante os vindeiros cinco meses os barrios e desfrutar doutros locais de hostalaría rosaleiros. O Goberno municipal trasladará así ás diferentes parroquias este programa que busca converterse nun espazo de reunión para todas as familias rosaleiras no que conversar de xeito cómodo e distendido sobre temas de interese ao tempo que se promove a conciliación familiar, laboral e persoal.

“Queremos que todas e todos os rosaleiros poidan desfrutar desta iniciativa que non deixa de sorprendernos pola grande acollida que ten. O éxito de todas as sesións que levamos celebradas ata o de agora é o mellor exemplo do interese que teñen os nosos veciños e veciñas por dispoñer de tempo para o desenvolvemento persoal e de poder falar, compartir experiencias ou resolver dúbidas de moitos temas de actualidade”, recalca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A educadora social e responsable de AGA Formación Angelina Gándara será a encargada de inaugurar esta nova etapa dos ‘Cafés en Igualdade’. Tras o enorme éxito da súa charla sobre maternidade na edición de 2023, regresa o vindeiro xoves 25 de xaneiro con ‘O amor romántico. Desmontando mitos’. Ás 17.30 horas no Restaurante As Brasas, en Paradela (San Xoán de Tabagón), a educadora social abordará dende un punto de vista práctico a desmitificación do amor romántico, con exemplos que axudarán a comprender todo o que se irá falando durante o encontro. Gándara amosará ao público asistente os mitos que rodean o amor romántico, como a media laranxa, a omnipotencia, a exclusividade… para saber de onde veñen e que encorsetamentos supoñen porque, como di a educadora, “só así poderemos desmontalos e ter unha visión máis libre das relacións amorosas”.

Todas as sesións dos ‘Cafés en Igualdade’ serán de balde, os últimos xoves do mes ata maio e de 17.30 a 18.30 horas. O proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.

«Andaina da Lamprea», unha boa ocasión para gozar da paixase e gastronomía de Arbo

0

Do 26 ao 28 de abril en Arbo estará de Festa. Celebra a LIV edición da Festa dá Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional e para ir “abrindo boca”, durante o mes de abril están previstas unha serie de actividades dirixidas tanto aos visitantes á veciñanza do municipio de Arbo. No marco destas actividades previas enmárcase a sétima edición da tradicional Andaina da Lamprea que terá lugar o vindeiro domingo 21 de abril.

Arbo é un lugar ideal para practicar sendeirismo. Para o Concello “recomendar Arbo non é recomendar unha viaxe máis… é recomendar unha viaxe a un reencontro con sensacións inesquecibles que implican atoparse a si mesmo e ás súas orixes, e a Andaina da Lamprea e o momento perfecto para coñecerlo e desfrutar dunha actividade que ofrece deportes, paixase e gastronomía”.

O roteiro, de dificultade media-alta, comezará na Praza do Concello ás 9:30 horas e conta con, aproximadamente, 12 quilómetros de percorrido. Trátase dunha actividade que levará ás e aos participantes pola contorna natural do municipio e permitirá que poidan relaxarse e evadirse contemplando “paisaxes espectaculares”, segundo explica o alcalde, Horacio Gil. Ademais, o Concello agasallará a todos e todas as participantes cunha degustación de lamprea e viño das adegas do concello de Arbo.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente, antes do 18 de abril, nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico [email protected] o ou a través da sede electrónica. Será necesario abonar a cantidade de oito euros na conta municipal Es 44 2080 5011 8530 40005379 e presentar a copia de pago no momento da inscrición.

Para máis información e instancia de participación https://festadalamprea.gal/evento/vii-andaina-da-lamprea/

O IES Val do Tea de Ponteareas doa libros de lectura á biblioteca pública municipal de Covelo

0

A dirección do IES Val do Tea de Ponteareas, centro de secundaria de referencia para o alumnado de Covelo, visitou a biblioteca pública municipal para facer entrega dun importante número de libros de lectura. A concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, recibíu esta doazón que permitirá deseñar distintas accións coas que achegar a lectura á poboación.

Dende principio do curso 23/24 o centro educativo e o Concello colaboran estreitamente no fomento do hábito da lectura e tamén en facilitar o acceso aos libros obrigatorios nas materias de lingua castelá e lingua galega na ESO e bacharalato. Os departamentos destas dúas linguas e o técnico responsable da biblioteca traballan para que o alumnado poida dispor dos títulos ampliando así o número de exemplares dispoñibles e acurtando as esperas.

Ademais, o director, Miguel Antón Rodríguez Leborán, e a xefa de estudos, M.ª Isabel Calvelo Bellón, acompañados da concelleira de Formación visitaron o CEIP Antonio Blanco Rodríguez para presentarlle ao alumnado de sexto de primaria os servizos do instituto e convidalos a visitalo nunha xornada na que estarán guiados polo alumnado de primeiro da ESO e docentes do centro.

O Concello agradece o interese da dirección do centro educativo e adianta a súa intención de traballar, dentro das súas competencias, en tecer lazos de colaboración que permitan deseñar accións didácticas conxuntas.

Ponteareas reforza o Servizo de Emerxencias con máis de 320 000 euros grazas a un novo convenio coa Xunta e a Deputación

O Concello, a través da concellería de Seguridade que dirixe o tenente de alcalde Juan Carlos González, aumenta a capacidade de atención do GES de Ponteareas grazas a un novo convenio entre a administración local, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. O acordo permite aumentar o orzamento destinado a este servizo en 165 000 euros, situando a cifra total en 320 000 euros.

Deste xeito, o Grupo de Emerxencias Supramunicipais conta con catro efectivos máis para desempeñar o seu labor. Con estas incorporacións, son un total de 16 profesionais os que traballan en materia de prevención e extinción de incendios así como noutras tarefas relacionadas coa caída de árbores e accidentes, entre outras cuestións. Ademais, sumarase un quinto traballador durante os meses do verán para reforzar este servizo na tempada na que aumentan as posibilidades de rexistrar lumes forestais. Durante este período, o número de efectivos ascenderá a 17.

O edil de Seguridade e tenente de alcalde, Juan Carlos González, indica que “tiñamos claro que para reforza o GES era preciso aumentar os recursos para este servizo e, con esta premisa, conseguimos o novo convenio coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra”. Apunta que “damos resposta a unha reclamación histórica e ás necesidades dos nosos veciños e veciñas á vez que creamos postos de traballo”.

Neste sentido, o concelleiro encargado da área sinala que “conseguimos o que outros gobernos intentaron en diferentes anos, con este acordo damos a importancia que merece ao noso Grupo de Emerxencias Supramunicipais, outorgando os recursos que necesita para continuar sendo un dos servizos de referencia”.

O GES de Ponteareas atende as emerxencias que se producen na vila e tamén aquelas que se rexistran en municipios da contorna como Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Salvaterra de Miño. Ao longo do ano, os profesionais do servizo realizan máis de 800 intervencións vencelladas a distintas situacións de emerxencia.

O Museo de Pontevedra programa para o 2024 dez exposicións con Kandinski, Picasso, Miró ou Castelao como protagonistas

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, presentaron hoxe a programación da entidade para o ano 2024. Dez proxectos expositivos mostraranse nos edificios Castelao e Sarmiento nos vindeiros meses, arrancando en marzo cunha retrospectiva de Berta Cáccamo e unha mostra fotográfica sobre o retorno a Galicia hai 40 anos dos restos mortais de Castelao. No verán, chegará a exposición central deste ano: ‘A Era das Fábulas’ vinculará os fondos do Museo de Pontevedra coa colección de arte María José Jove e outras coleccións privadas, con grandes nomes da arte dos séculos XX e XXI. Son só algunhas das citas destacadas dunha programación que inclúe tamén un calendario de xornadas e seminarios que cobre todo o ano e unha proposta de actividades didácticas e de acción cultural dirixida a todo tipo de públicos. A programación pódese descargar nesta ligazón.

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, que comezou a súa intervención enxalzando “o valioso equipo de traballo do Museo”, remarcou que “a programación deseñada para este ano nos permitirá elevar o Museo a un nivel nunca antes alcanzado”. “Cada evento, exposición e actividade están meticulosamente deseñados para entreter e enriquecer as nosas vidas”, asegurou ao tempo que subliñou que “cada elemento da programación foi elixido coa intención de estimular a curiosidade, fomentar a reflexión e alimentar o noso amor pola cultura”. Ademais, o vicepresidente destacou que se inclúen diversas perspectivas e formas artísticas co obxectivo de “abrir as portas do Museo a todas as voces, ofrecendo un espazo onde a riqueza e a complexidade do noso patrimonio se entrelazan coa modernidade cunha programación que non só celebra o noso pasado, senón que tamén abraza o presente e anticipa o futuro porque o mellor do Museo está por chegar”.

Rafa Domínguez tamén fixo fincapé no papel do Museo de Pontevedra como “reflexo da nosa identidade” e como “testamento vivo da riqueza histórica e artística que Pontevedra atesoura e lugar de aprendizaxe e inspiración para xeracións presentes e futuras”. Deste xeito, situou ao museo como “piar fundamental para o ambicioso propósito de converter Pontevedra na capital cultural por excelencia, na pedra angular que impulsará a cidade a alcanzar novas alturas no escenario cultural internacional”.

Pola súa banda, a directora do Museo, Ángeles Tilve, destacou que “o que agora presentamos é só a parte máis inmediata dunha programación coherente que abarca varios anos, porque os proxectos expositivos de certa relevancia necesitan unha maduración longa”. Tilve enumerou as liñas de traballo principais que articulan a programación, comezando por “promover a investigación, que se coñeza mellor a colección do Museo e se poña en valor”. Salientou “a colaboración con outros museos e entidades, tanto galegas como españolas e internacionais” e a importancia de que “o Museo non sexa alleo aos temas de debate do pensamento contemporáneo, polo que revisión da historia da arte desde a perspectiva feminista ou o debate sobre as novas narrativas que deben adoptar os museos son dous exemplos de como estes temas deben estar presentes na nosa programación”.

Outro aspecto que subliñou a directora foi a aposta por “difundir as coleccións do Museo, xunto coa obra de artistas da provincia e de Galicia e o apoio á produción de artistas novos”. Tamén deu moita importancia á divulgación, co obxectivo de “que o coñecemento científico que se xera no Museo chegue á sociedade” e que toda a cidadanía atope actividades axeitadas aos seus intereses.

De Berta Cáccamo a Kandinski

A programación de exposicións abre en marzo con dúas citas. Co título provisional de ‘Os arquivos iluminados de Berta Cáccamo’, o Museo presenta unha mostra comisariada por Juan de Nieves que traza un percorrido retrospectivo pola obra da artista viguesa falecida en 2018 e os seus vínculos cos seus rexistros de arquivo. O proxecto leva aparellada a doazón ao Museo de Pontevedra do arquivo da que fora profesora na Facultade de Belas Artes da cidade.

No mesmo mes abrirá as súas portas a mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías’, con Xosé Enrique Acuña como comisario. Conmemora o 40º aniversario da chegada desde Arxentina dos restos mortais de Castelao, artellándose arredor da reportaxe fotográfica de Xan Carballa sobre ese momento histórico, un testemuño excepcional dentro da fotografía documental galega de finais do século XX.

En xuño chegará a exposición central do Museo para este ano, unha exposición ambiciosa que ocupará as salas de exposicións temporais ata outubro. ‘A Era das Fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’ é unha exposición en tres actos que vincula a colección de arte Fundación María José Jove cos fondos do Museo de Pontevedra, á que sumarán artistas contemporáneos doutras coleccións privadas.

Trátase dun proxecto do Museo de Pontevedra, desenvolvido co asesoramento de Chus Martínez e Susana González. A mostra constará de tres partes, cos epígrafes ‘Acto I. Imaxinación -mar’; ‘Acto II. Transformación -terra’ e ‘Acto III. Renacemento -aire’. Incluirá obras dalgúns dos artistas máis importantes dos séculos XX e XXI, como Maruja Mallo, Vasili Kandinsky, Pablo Picasso, Fernand Léger, Joan Miró, Miquel Barceló, Luis Gordillo, Louise Bourgeois, Ernesto Neto, Menchu Lamas, Jorge Barbi ou Noa e Lara Castro, entre outros.

Infiltracións na colección permanente

Outra das propostas novidosas deste ano leva como título ‘Infiltracións’. Trátase dun proxecto con vocación de continuidade no que cada ano dous artistas actuais serán convidados a presentar as súas obras en diálogo coa colección permanente ou noutros espazos do Museo. Iñaki Martínez Antelo é o comisario encargado de acompañar aos artistas nun proceso que ten por obxectivo fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e achegar ao Museo distintos públicos. ‘Infiltracións’ arranca en maio coa artista galega Mónica Alonso. En outubro tomará o relevo o colombiano Alberto Baraya.

Aínda no ámbito da arte contemporánea, no verán exhibirase ‘Pinturas negras’, unha mostra en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo que dá continuidade ao proxecto ‘Campo de sementes 2’, que se esta a expoñer neste momento no Edificio Castelao. Esta nova entrega, comisariada por Ignacio Pérez-Jofre e Sandra MG, caracterizarase por explorar as posibilidades formais e simbólicas do negro, coa serie de Goya como referencia. Graduadas e docentes da facultade pontevedresa presentarán obras de diferentes disciplinas con esta cor como protagonista.

E en 2024 celebrarase unha nova edición de Novos Valores, o certame que busca impulsar a formación de artistas novos e que este ano será reformulado na procura dun impulso.

Blanco Cicerón, Acisclo e Otero Baena

Tres exposicións comisariadas por conservadoras do Museo serán as protagonistas nos últimos mes do ano, achegándose a tres figuras galegas moi diferentes. En ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón: do coleccionismo ao museo’ exhibiranse pezas dun dos fondos máis importantes do Museo de Pontevedra, a Colección Blanco Cicerón. A mostra, comisariada por Erea Castro Alfonso, quere ser unha achega a unha figura por reivindicar, o coleccionista que sentou as bases da museoloxía galega. Trátase dunha mostra paralela á celebración do XVII Congreso Nacional de Numismática, que o Museo acolle en setembro.

A conservadora Beatriz de San Ildefonso será a comisaria de dúas mostras dedicadas a Acisclo Manzano e José Otero Baena. A mostra sobre Acisclo reunirá un conxunto de obras significativas da traxectoria do escultor ourensán, membro do grupo ‘O’Volter’; desde o expresionismo figurativo das súas primeiras tallas en madeira ao traballo con outros materiais como a cerámica. A mostra ‘José Otero Baena, un pintor sen pinceis’, achegarase á obra do pintor de Bueu, que substituíu o pincel pola espátula para reflectir a paisaxe da súa localidade, principalmente o mar e as escenas de pesca, distorsionadas conscientemente a través da luz e a cor.

Xornadas e seminarios

Na presentación deuse a coñecer tamén un avance parcial da programación de xornadas e seminarios, xa que parte das actividades previstas neste ámbito están pendentes de pechar datas e últimos detalles. A programación ocupa todo o ano, como unha aposta decidida polo debate e a difusión da investigación, tanto propia como externa. Ángeles Tilve salientou que “os fondos do Museo e o seu estudo están no centro desta programación” e que toda ela “xira arredor de seis temas transversais: a historia do Museo e das súas coleccións; Castelao; guerra, represión, migracións e exilio; a arte galega en América; a perspectiva feminista; e novas narrativas nos museos do século XXI”.

Entre as grandes citas de 2024 atópase a celebración dun simposio arredor do 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés Antonio Palacios. Ademais, Pontevedra será en setembro a sede da 17ª edición do Congreso Nacional de Numismática. A isto súmanse a 13ª edición do Encontro de Conservación e Restauración, as Xornadas de Educación Patrimonial e a recuperación das Xornadas de Exiptoloxía, entre outras conferencias e xornadas ao longo do ano.

Tamén é salientable o conxunto de seminarios que se organizarán este ano: en febreiro, ‘Historias de mulleres: arte, canon e outras historias da arte’; en abril, ‘Legados de artistas. Ferramentas para a investigación do Museo’; e en outubro, ‘A Galería Diana de Rosita García Ascot e Bal y Gay, México, 1955-1965. Reconstrución histórica dunha galería de arte do exilio galego e español’. Ademais, haberá dous sobre a historia e as coleccións do Museo: un de arqueoloxía e etnografía en homenaxe a Alfredo García Alén e outro sobre relixiosidade popular, exvotos e outras ofrendas.

Didáctica e acción cultural

Por último, presentáronse as grandes liñas da programación didáctica e de acción cultural do Museo, que trata de que o Museo teña unha oferta enriquecedora para todo tipo de públicos. Esta programación estrutúrase en cinco grandes eixos. O primeiro son os cursos para público adulto, como ‘Tirando do fío’, sobre a historia da moda a través da arte, desde o Antigo Exipto á Revolución Francesa, que se porá en marcha a finais deste mes.

Os obradoiros para público infantil serán outra das liñas programáticas, cunha ampla oferta que inclúe os habituais en datas como Entroido, Semana Santa, Verán, Feira Franca e Nadal. A programación musical inclúe citas consolidadas, como o Ciclo de Música Antiga, e outras que se puxeron en marcha recentemente, como o ciclo Contrapuntos, de música e exilio.

O Museo conmemorará as datas sinaladas no calendario, comezando polo 8 de marzo, Día da Muller, e cunha atención especial á celebración en maio do Día Internacional dos Museos, entre outras datas. E ademais desenvolverase unha programación didáctica ao longo de todo o ano arredor das exposicións temporais.