Luns, 10 Febreiro de 2025

Luis López esgrime a “estabilidade, unidade e xestión” do proxecto de Rueda fronte á “guerra política” PSOE-BNG

O presidente provincial do PP mantivo unha reunión de traballo cos 26 membros da candidatura e instounos a “traballar para convencer aos 773 000 electores da provincia da necesidade de manter o crecemento e a seriedade fronte ao desgoberno que suporía un multipartito”

O presidente provincial do PP, Luis López, vén de manter unha reunión de traballo cos 26 membros da candidatura pola circunscrición de Pontevedra para as próximas eleccións autonómicas e, na mesma, esgrimíu a “estabilidade, unidade e xestión” do proxecto liderado por Alfonso Rueda fronte á “guerra política constante e interminable” entre PSOE e BNG que se pode apreciar no Concello de Pontevedra e ata unha decena de municipios da provincia.

Por elo, o tamén máximo responsable da Deputación de Pontevedra instounos a “traballar desde xa coa máxima intensidade para convencer aos 773 000 electores da provincia e volver de novo, como fai sempre o PP estando ao carón da xente, a todos os recunchos do noso territorio co obxectivo de explicarlles a necesidade de manter o rumbo de crecemento e seriedade que garante Alfonso Rueda desde a Xunta fronte ao terrible desgoberno que suporía un multipartito de esquerdas, agravado polas súas políticas radicais moi alonxadas dos intereses dos veciños de Pontevedra”.

Luis López calificou de “lamentable espectáculo” a situación de parálise que vive o Concello de Pontevedra polos “egos e os enfrontamentos” de socialistas e nacionalistas e advertíu aos membros da candidatura de que “este caos ten risco de reproducirse na Xunta, co conseguinte grave prexuízo para os cidadáns, se o PP non ten maioría absoluta o vindeiro 18 de febreiro e iso pode pasar por un só voto, así que é necesario explicarllo a toda a xente da provincia para obter a súa confianza maioritaria”.

Neste senso, o presidente do PP pontevedrés lembrou que os conflitos entre PSOE e BNG despréganse por toda a provincia e lamentou os casos do Grove, Silleda –onde o BNG nin sequera asistíu ao pleno de investidura da nova alcaldesa en sinal de protesta–, Gondomar, Tui, Moaña, Tomiño, Catoira e, especialmente, os de Vilagarcía de Arousa e Redondela, “que son a terceira e cuarta cidades da provincia e onde ningunha destas formacións foron as máis votadas, xa que nelas as eleccións foron gañadas polo PP”.