Preto de 400 nadadores e nadadoras, pertencentes a 28 clubs de toda Galicia, déronse cita na piscina do complexo Deportivo Álvaro Pino no marco do en Campionato Galego de natación máster de inverno, cita organizada polo Club Natación Ponteareas e a federación galega de natación. Foron dúas xornadas de probas programadas en formato continuo.
Logo dos dous días, o club do condado acadou a victoria nas clasificacións masculina, feminina e conxunta, revalidando deste xeito os títulos que defendía da pasada tempada.
Destacando a boa organización do evento, que comezou coa súa presentación no castelo de vilasobroso, e que contou tamén cunha zona de lecer no pavillón anexo á piscina para nadadores, nadadoras e público e coa emisión en directo en streaming de todo o campionato, os deportistas poñen agora a súa mirada no vindeiro campionato de España de inverno, que terá lugar xa en febreiro en Pontevedra.
O director técnico, Andrés Carrera, felicita ao equipo máster, que “non para de medrar, e que reúne un amplo abano de idades, realidades e obxectivos” e subliña “o impacto que as probas deportivas teñen na economía da nosa comarca”.