11 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Asociación Cultural e Deportiva 'Xuntanza' de Randufe, Tui, organiza unha Cea-Baile...

    A Asociación Cultural e Deportiva ‘Xuntanza’ de Randufe, Tui, organiza unha Cea-Baile de Entroido o sábado 10 de febreiro

    A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, no concello de Tui, vén de anunciar a celebración dunha Cea-Baile de Entroido que se celebrará na Casa Cultural, (Cruceiro do Monte, 7) o vindeiro 10 de febreiro a partir das 21:30 horas. A directiva da Asociación retoma a actividade este ano “porque consideramos que é unha oportunidade de compartir un momento de lecer”.

    O prezo por persoa será de 20 euros para gozar dun menú composto por sopa, lacón con grelos e, como boa cea de Entroido, unha sobremesa composta polas tradicionais orellas e a non menos apetitosas filloas, amais do pan, viño do país, auga, refrescos e café. Ademais manterase o bar aberto “con prezos populares” aseguran dende a organización.

    A esta actividade poden asistir as persoas socias e e acompañantes. “Cremos que é unha ocasión inmellorable para que as persoas que aínda non se asociaron poidan coñecer Xuntanza e facer grupo”, apunta a directiva da Asociación.

    As persoas interesadas en participar deben poñerse en contacto coa directiva ben por whatsapp, no teléfono 646 646 500 ou a través de correo electrónico no enderezo acdxuntanza@gmail.com.

    A data límite para anotarse é o 02/02/2024. Unha vez feita a reserva, se procederá ao cobro e entrega do vale de participación que se presentará no día da cea.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.