O Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Tui, organizan a exposición «Cartografía da Raia», que mostra a evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ao longo do Río Miño. A mostra abrirá as súas portas o 23 de xaneiro ás 19 h.
A exposición temporal presenta cartografía histórica de Galicia e a provincia de Pontevedra, con especial fincapé na zona obxecto da exposición: a fronteira luso- española, incluíndo, entre outros, mapas costeiros e de zonas fluviais en Baiona, Tui ou Salvaterra de Miño.
A mostra recolle láminas ilustrativas achega do Tratado de Límites entre ambas as nacións e o seu desenvolvemento histórico ata a actualidade, así como os métodos e instrumentos empregados ao longo da historia para a representación xeométrica da Raia e outras fronteiras internacionais.
A exposición poderase visitar de forma libre e gratuíta no edificio Francisco Sánchez de Tui, ata o 10 de febreiro (de 9 h a 14 h e de 16 h a 21 h, de luns a venres; de 9 h a 13 h, os sábados).
Na mesma localización, o mércores 31 de xaneiro, ás 19 h, terá lugar a conferencia «Traballos de delimitación na Raia», con entrada libre ata completar aforo. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á Secretaría da Subdelegación de Defensa en Pontevedra no teléfono 986 868 766 ou no enderezo de correo electrónico [email protected]