Venres, 22 Agosto de 2025

O XIII Encontro de Corais chega a Ponteareas este sábado

A Asociación de Veciños San Gregorio de Guillade organiza, en colaboración co Concello de Ponteareas, a XIII edición do Encontro de Corais coa participación do ‘Coro de Voces Fornelenses’ de Fornelos de Montes, a ‘Coral Polifónica Alecrín de Brión’, que acudirá dente Ferrol e a residente, a ‘Coral Ars Cantorum’.

O centro Cultural de Guillade acollerá o evento este sábado 22 a partides das 20.00 horas. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, “convida á veciñanza a gozar deste encontro que conta xa cunha longa tradición no Concello e que supón unha nova oportunidade para admirar e pór en valor o talento e o traballo destas agrupacións musicais”.

Restricións ao tráfico debido á celebración da 15k do Atlántico este domingo

0

O Concello da Guarda, a través da Xefatura da Policía Local, informa de que este domingo día 22 de outubro vaise a celebrar a IX edición da Carreira 15k do Atlántico, o que motivará algunhas restricións ao tráfico.

Entre as 10:30 h e as 13:30 h recoméndase aos veciños evitar, na medida do posible, a circulación de vehículos nos tramos comprendidos entre a Baixada das Loucenzas, Area Grande, Fedorento, Rúa Rosal, Rúa Irmáns Noia, Rúa Fontiñas, Rúa Oliva, Rúa Malteses e a zona da Atalaia no Porto da Guarda.

Un dispositivo de seguridade especial, formado por membros da Policía Local e voluntarios, estarán ao longo deste percorrido para garantir a seguridade e coordinar o tráfico nestas rúas.

Produtoras de EEUU, Reino Unido e Alemaña percorrerán a provincia en busca de posibles localizacións

Representantes das principais produtoras de Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña que traballaron para películas como “El irlandés”, “Rocketman”, “Spiderman”, “Men in Black”, “The Reader”, “West Side Story”, “Joker”, “El mito de Bourne”, “She Hulk”, “El renacido”, “La favorita” ou “Los ángeles de Charlie”, ou en series como “Stranger Things”, “Succession” ou “Downton Abbey” percorrerán a partir de este sábado 22 de outubro, e ata o vindeiro mércores, 26, a provincia no marco dun fam trip impulsado pola Pontevedra Provincia Film Commission. Visitarán Cambados, Catoira, Combarro, O Grove, Meaño, Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa e Vigo, así como coñecerán a ría de Arousa en barco e O Baixo Miño en avioneta para descubrir posibles localizacións para novas grandes producións audiovisuais.

Este fam trip pon o broche de ouro á participación da Pontevedra Provincia Film Commission no Shooting Locations Marketplace, o encontro organizado pola Spain Film Commission en Valladolid que vén de pecharse hoxe mesmo e no que a provincia mantivo reunións de traballo cunha vintena de empresas produtoras de Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña que teñen traballo con figuras como Steven Spielberg ou Olivia Wilde.  “Trátase dunha excelente plataforma comercial para o noso destino e un paso máis na nosa aposta para converter á provincia nun plató de cinema” explicou a presidenta Carmela Silva, ao tempo que resumiu que no encontro de Valladolid tense detectado grande interese na parte costeira da provincia, nas illas, nos acantilados a carón do mar, así como nas contornas patrimoniais relacionadas con localizacións históricas, castelos, pazos, adegas, e en pobos e pequenos núcleos rurais. Precisamente estes recursos turísticos nos que as produtoras teñen posto o foco serán protagonistas do fam trip que comezará mañá na cidade de Pontevedra e rematará na de Vigo para “amosar toda a potencialidade da provincia de cara ás necesidades destas grandes xenias e xenios do audiovisual que nos van visitar”. 

Amais, no marco do fam trip a Pontevedra Provincia Film Commission e a Vigo Film Commission teñen organizado un encontro networking para o vindeiro luns, 24 de outubro, no MARCO de Vigo que servirá para a posta en contacto das produtoras internacionais co sector audiovisual provincial e galego, para crear sinerxías de cara a posibles producións audiovisuais. Participarán no encontro integrantes do Clúster Audiovisual Galego, da Asociación Galega de Produtoras Independentes, da Academia Galega do Audiovisual, da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, da Asociación Galega de Guionistas, da Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, así como de produtoras audiovisuais galegas.

Programa do fam trip

O fam trip comeza mañá, sábado 22 de outubro, coa chegada das e dos representantes das produtoras  a Pontevedra onde visitarán o Pazo Provincial da Deputación, escenario xa de series como “Un asunto privado”, o centro histórico da cidade e o Museo provincial. Tamén percorrerán Combarro e rematarán cunha cea na Quinta de San Amaro de Meaño.

O domingo, 23 de outubro, partirán cara Catoira para visitar as Torres do Oeste.  Despois collerán un barco para visitar a ría de Arousa: Illa de Cortegada, Illa de Arousa, parques de cultivo de ameixa, bateas, a Illa da Toxa e O Grove. Na vila meca subirán ao Monte Siradella antes de desprazarse ao Pazo Baión e a Cambados para coñecer a Torre de San Sadurniño e Santa Mariña Dozo. A continuación visitarán o Castelo de Soutomaior e as salinas de Ulló, en Vilaboa, antes de pechar o día en Vigo.

O luns, 24 de outubro, visitarán O Baixo Miño en avioneta e de regreso a Vigo coñecerán o IFEVI, o Campus Universitario, o casco vello da cidade, o seu porto, a ETEA, o Monte do Castro e o Pazo de Quiñones de León.  Pola súa banda o martes, 25 de outubro, visitarán a lonxa do Berbés e pasearán en barco pola Ría de Vigo, amais de coñecer os estaleiros e a zona de Bouzas antes de partir, o mércores, aos seus lugares de orixe.

Camos disfruta do primeiro magosto de outono

0

O Concello de Nigrán colabora como cada ano na celebración dos diferentes magostos nas parroquias achegando as castañas e na propia loxística. O primeiro deles será o da Comunidades de Montes de Camos este sábado 22 de 17:00 a 20:00 horas no parque das ‘Agrileiras’ (merendeiro de Sanomedio) e, en caso de choiva, no xogo de bolos de Os Barreiros.

Tui aposta polo emprego

0

O Concello de Tui aposta pola formación e emprego desenvolvendo distintos proxectos como obradoiros de emprego, cursos de formación e actividades que contribúan a mellorar a empregabilidade da veciñanza tudense. O Centro Municipal de Formación e Emprego, en Guillarei, acolle actualmente intensa e variada actividade cunha ocupación nas súas instalacións superior ao 90%.

Neste senso, no día de hoxe inaugurouse un novo obradoiro dual de emprego ‘Senda peonil río Furnia’ que ocupará a 20 persoas traballadoras e 5 de persoal directivo en dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e montaxe e instalación de construcións de madeira. Trátase dunha iniciativa para a que a Xunta de Galicia inviste más de 503 mil euros e o Concello tudense máis de 160 mil.

No acto, celebrado na Casa do Concello de Tui, estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Formación e Emprego, Ana María Núñez, a xefa territorial en Pontevedra da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta, Marta Mariño, e a directora do obradoiro, Loli Pérez, entre outros.

Enrique Cabaleiro, quixo destacar que será unha actividade formativa que recupere e poña en valor o gran patrimonio natural co que conta a cidade, á vez que agradeceu o apoio da Xunta e o traballo da concellería de Emprego. Ana Núñez, responsable municipal deste departamento, fixo extensible os agradecementos aos veciños de Malvas e Pexegueiro pola cesión dos seus terreos particulares para a realización deste obradoiro. Tamén neste senso, a responsable de emprego da Xunta na provincia, Marta Mariño, destacou que esta actividade de formación é froito do traballo co Concello e animou ao alumnado a non deixar a formación continua. Pola súa banda directora, Loli Pérez, indicou que espera que, co obradoiro, se valorice Tui e que o alumnado poida mellorar a súa empregabilidade

Ademais deste obradoiro que comeza hoxe, a actividade formativa en Tui conta con moitos outros proxectos para a veciñanza. Nos últimos días, o Concello recibiu a notificación da concesión de tres cursos de formación que empezarán proximamente e formarán a 15 persoas desempregadas en cada un deles. Serán en tres especialidades: ‘Montaxe de mobles e elementos de carpintería’ cunha carga de 538 horas lectivas, de ‘Instalación de elementos de carpintería’, cun total de 578 horas de formación, e de ‘Venda de produtos e servizos turísticos’, con carga lectiva de 688 horas.  En total, a Xunta de Galicia investirá nestes cursos de Tui máis de 181 mil euros.

Tamén, este pasado mércores iniciouse o programa #YoEmprendo para mellorar a empregabilidade de 15 mozos e mozas desempregados inscritos en Garantía Xuvenil. Cun total de 50 horas de formación, contribuirá a enfocar as carreiras laborais dos asistentes e fomentará e dará ferramentas para o emprendemento.

Por outra parte 25  mulleres estanse a formar na segunda edición de Galegas Dixitais, programa para a dixitalización das mulleres, que se celebra tras o éxito da primeira edición na que outras 20 mulleres recibiron esta formación.  Celébrase en horario de mañá e tarde cun total de 120 horas de formación. Está previsto en novembro comezar unha terceira edición. Amais 15 persoas de Tui están a participar, dende o 7 de outubro, no curso de Repoñedor/a de supermercado ao abeiro do Plan de Inclusión.

Á marxe destas iniciativas concretas, dende o Concello de Tui lembran as ferramentas para mellorar a empregabilidade e asesorar neste senso á veciñanza tudense coma o Servizo Municipal de Orientación e Emprego, situado no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei. Un servizo que periodicamente organiza talleres de busca de emprego.  Amais os luns a través da Radio Municipal de Tui emítese o espazo ‘Club de Emprego’ para achegar oportunidades laborais a persoas en busca activa de emprego.  E en materia de formación en liña Tui está adherida a rede de Aulas Mentores do Ministerio de Educación e Formación Profesional a través da que se ofrecen formacións en liña cun amplo catálogo e liberdade de horarios.

O servizo “Coidados porta a porta” chegan a Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño informa que os días 18, 21 e 22 de novembro estará no aparcamento de terra, que se encontra detrás do Concello, o autobús de Coidados Porta a Porta, acercando os Servizos asistencias ás persoas maiores no rural, co fin de prevención da dependencia, prestaránse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Máis información e cita previa  no 622 748 283 e no 623 546 992 ou a través do correo [email protected].

Chega o Samaín a Arbo

0

O terror, a diversión e a tradición da noite de Defuntos volverá o vindeiro 31 de outubro ao Concello de Arbo, no auditorio do Centro Multiusos de Arbo.

O Concello de Arbo vén de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño a nova normalidade con actividades que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, considera que esta celebración “cada ano atrae a máis e máis nenos de tódalas idades, un evento ambientado para ocasión, esta sendo unha referencia no só para Arbo, senon para Galicia, é que cada ano consigue un maior numero de participantes”.

Dentro das actividades comprendidas no Outono Cultural 2022, o Concello de Arbo, organiza a Festa do Samaín no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, da que disfrutaran os nenos e nenas de Arbo durante todo o día.

O Primeiro que faremos ese día pola maña de 10 a 13 horas será obradoiros, xincana e conta contos terrorificos, unha actividade encamiñada a conciliación da vida laboral e familiar posto que é un día non lectivo. Para esta actividade e necesario inscribirse, a instancia de solicitude pode ser recollida nas oficinas municipais do Concello de Arbo.

Xa pola tarde 17:00horas a 20:00horas: Concurso de Disfraces, Animación Musical, Larpeiradas de Samaín, Baile, Xogos e Festa

O Concello fai realidade a iniciativa “Redondela en Braille”

0

A Concellería de Normalización Ligúística, coordinada pola alcaldesa Digna Rivas, leva acabo o proxecto ‘Redondela en Braille’ en colaboración co IES Pedro Floriani. Este forma parte dunha nova iniciativa do Concello de Redondela que pretende “facer realidade as propostas da xuventude do municipio”, en palabras de Rivas.

Redondela en Braille é unha creación que Cristina Portela, Lucía Rolo e Juan Couñago presentaron na clase de Lingua Galega e que solicitaron ao Concello levala acabo. “Dende o momento que se puxeron en contacto con nós sabiamos que tiñamos que aportar todo o apoio posible para facerlles saber que as súas propostas son escoitadas e se teñen en conta. A miña prioridade é involucrar a xuventude redondelá e facer realidade as súas boas ideas para que sepan que confiamos neles e nelas”, explica Digna Rivas.

O proxecto consiste na instalación de etiquetas de aluminio nos contedores co nome dos desfeitos correspondentes e a súa tradución ao braille. As etiquetas incluirán o nome escrito en galego, para a xente que non pode distinguir as cores, así como a súa tradución ao braille, para as persoas que padezan unha perda completa da visión. “As placas colocaranse o luns 24 e irán acompañadas dunha campaña con folletos informativos que se repartirán pola vila”, expresa a alcaldesa.

“As rapazas e rapaces se encargaron por completo da realización da idea dende a investigación, a páxina web e viabilidade deste, así como o contacto directo coa empresa que se encarga da producción das placas de aluminio. Demostraron iniciativa e autonomía, algo que queremos impulsar e que parecenos de moita importancia. Nós encargámonos de financialo e difundilo”, expón a alcaldesa.

Este tipo de contenedores adaptados xa comezou a estar presente en España fai máis dunha década. En Galiza están presentes dende o 2011, cando foron implementados na cidade de Pontevedra, e máis recentemente en A Coruña, no 2020. “Agora tamén os teremos en Redondela, grazas a idea destes tres mozos e mozas e o noso impulso”, engade Rivas.

A Concellería de Normalización Lingüística foi a encargada de traballar co alumnado, pois a iniciativa está implicada directamente coa lingua galega e  “representa os valores de inlusividade, autonomía e confianza polo que o noso goberno leva loitando máis de tres anos”, engade Rivas.

Redondela en Braille é o primeiro proxecto realizado mediante este proceso de colaboración do Concello cos institutos, “pero queremos deixar claro que a intención é colaborar con TODOS os institutos de Redondela e escoitaremos todas as propostas que nos cheguen”, conclúe a alcaldesa.

Redondela en Braille

Nace da preocupación dos cativos e cativas polas dificultades que existente para a comunidade cega. Co lema “Unha vila que facilite a vida”, deixan claras as intencións de aportar para crear unha vila accesible e inclusiva para todos e todas.

A situación global é preocupante, e todos sabemos que unha pequena acción que podemos facer para mellorar o medioambiente é reciclar. O 6,2% da poboación española padece unha discapacidade visual que lle imposibilita a realización de este pequeno xesto que todos temos co ecosistema.

Páxina web: https://redondela-en-braille.jimdosite.com/.

Chega a IV Feira de Emprego da Guarda co poder rural como protagonista

0

A feira deste 2022 terá lugar na planta baixa da Casa dos Alonsos os días 3 e 4 de novembro en horario de mañá, e estará centrada nas oportunidades de emprego e emprendemento no rural.

A mensaxe que pretendemos difundir, e que estaría especialmente dirixida á mocidade, é que pensando en rural tamén se pode pensar en grande. As zonas rurais son espazos especialmente amigables para desenvolver un plan de vida, pero tamén poden ofrecer moitas oportunidades para poñer en marcha proxectos profesionais.

No evento contaremos coa participación de diversos entes como o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, ou o Grupo de Desenvolvemento Rural Baixo Miño que profundarán nas opcións laborais que ofrece tanto o sector do mar coma o sector agrícola. 

Tamén nos visitará Anceu Coliving que ofrece en Ponte Caldelas unha experiencia de convivencia e coworking nunha granxa restaurada, na que resulta posible vivir de maneira sostible e traballar de forma remota.

O xoves 3 pecharemos a xornada coa empresa guardesa Skeirrum, que presentará o seu proxecto e ten preparada unha interesante actividade de street scape.

O día 4 realizaremos a presentación dos resultados do estudo “O futuro laboral da mocidade da Guarda” a cargo da consultora Inthemove, e pecharemos a feira cunha mesa redonda na que contaremos con testemuñas de persoas que decidiron emprender ou continuar negocios familiares na Guarda, facendo así unha clara aposta pola vida no rural.

No evento participará principalmente o alumnado dos institutos da comarca, pero está aberto a todas aquelas persoas que desexen participar. 

Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra

Ponteareas abre unha nova convocatoria de subvencións para deportistas de alto nivel

O Concello de Ponteareas quere reforzar o apoio á potencia deportiva da vila cunha nova convocatoria de subvencións dirixida a deportistas federados de alto nivel que residan no municipio. Trátase dunha liña de axudas dotada con 5.000 euros coa que se busca “facilitar a dedicación á competición de alto nivel das e dos grandes deportistas que temos, premiando o esforzo diario que fan para acadar as súas metas. Son, sen dúbida, os mellores embaixadores e embaixadoras que temos”, explica o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

Poderán solicitar estas bolsas as e os deportistas ponteareáns que durante o ano 2022 competiran en campionatos oficiais a nivel estatal ou internacional ou foran convocados pola selección galega ou española. A subvención está destinada a colaborar cos gastos de desprazamentos, aloxamento, manutención, material deportivo ou expedicións de licenzas federativas. Unhas axudas que “son totalmente compatíbeis con outro tipo de subvencións públicas concedidas para a mesma finalidade”, salientou o edil.

“Ponteareas é berce de grandes deportistas, algo que queremos seguir potenciando.  Estas subvencións son un vehículo para recoñecer o esforzo, dedicación e traballo dos e das deportistas ponteareás, pero tamén contribúen a fomentar valores fundamentais na súa formación, a impulsar a práctica deportiva entre a mocidade e a inculcar no seu día a día un estilo de vida saudábel”, asegura Bouzó.

As bases da convocatoria estarán dispoñíbeis na páxina web do Concello na pestana de axudas e subvencións. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes durante 15 días a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O concello de Salceda forma un gran lazo no día do cancro de mama

O Concello de Salceda, en colaboración coa Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama(ADICAM), conmemorou o Día do cancro de Mama no seu pavillón municipal.

O acto organizado pola Concellería de Sanidade congregou a varias decenas de persoas, que baixo a coordinación das monitoras do Club de Patinaxe das Escolas Deportivas Municipais, realizaron un gran lazo humano sobre a pista do pavillón. Tamén asistiron ao mesmo a alcaldesa Verónica Tourón e concelleiras e concelleiros da corporación municipal.

A cada unha das persoas que participaron se lles entregou unha camiseta de cor rosa e un pano conmemorativos do Día do cancro de Mama  para colaborar con ADICAM, que esta a prestar na nosa contorna un gran servizo e apoio a todas as mulleres que padecen este tipo de cancro.

O concello quere agradecer as persoas asistentes a súa solidariedade e apoio pola participación neste acto, no que Salceda amosou unha vez mais, a súa sensibilidade con esta causa realizando este gran lazo humano.

Aberta a convocatoria do concurso de carteles da LXIII Festa da Lamprea de Arbo

0

O Concello de Arbo, publicou as bases para o concurso de carteis cos que anunciar as festas A “LXIII Festa da Lamprea” que se atopa prevista para os días 28, 29 e 30 de abril de 2023.

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a LXIII Festa da Lamprea, promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio. Poderán participar no concurso todo aquel que queira facelo.

O tema do cartel debe estar relacionado coas festas e axustarase a temas da Festa da Lamprea, podendo tomar parte todas aquelas persoas que o desexen, e podendo achegarse dúas obras por autor, baixo a condición que sexan traballos orixinais.

As propostas serán entregadas en soporte físico (papel, tea, cartón…) nun tamaño mínimo A3, así como en soporte dixital a máxima resolución. Cada participante poderá presentar como máximo dous carteis por participante e o prazo de presentación queda aberto ata o día 10 de xaneiro de 2023

Nos carteis deberá incluírse de maneira correcta o nome da Festa, as datas da Festa, o nome de Arbo e a edición da festa correspondente ao ano 2023: “LXIII Festa da Lamprea (28, 29 e 30 de abril de 2023.)”. O erro nalgún destes aspectos determinara a exclusión do cartel.

O concurso contempla tres premios: un primeiro premio de 800 euros para o vencedor, 400 euros para o segundo e 200 euros para os terceiros premios. Continuando coa tradición, os premios serán entregados na Gala da Lamprea, que terá lugar durante a celebración da festa do próximo ano. É condición indispensable que os gañadores estean presentes no acto para recoller o premio.

Na ligazón están dispoñibles as bases do concurso.

Segundo manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil, con este concurso preténdese “promocionar e promover a nosa Festa da Lamprea, por algo se nos coñece como a Capital da Lamprea, e por que, desde hai 62 anos, celebramos esta festa culinaria, a máis antiga de Galicia”- a evidencia é que no ano 2021 o cartel anunciador foi dun artista navarro que se impuxo #ante máis de trinta propostas de provenientes de toda España. O segundo premio foise para Sevilla. No 2022 o primeiro premio do concurso foi a parar a León e o Segundo a Sevilla.

“En edicións anteriores deste certame recibimos propostas provenientes desde toda a xeografía española. É un certame que ano tras ano se converteu nun referente do mesmo xeito que a nosa festa”, finalizou o alcalde.

Máis información no teléfono 986 66 50 00 ou na páxina web www.festadalamprea.gal.

O Grupo Socialista reclama no Parlamento galego “o desbloqueo” das obras da Avenida Mendiño

0

A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia, reclamoulle onte á conselleira de Infraestruturas que desbloquee a reparación da Avenida Mendiño de Redondela, cumprindo o compromiso acadado en 2019. Gallego presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que a conselleira de Infraestruturas eludiu comprometerse a incluír a reparación da rúa nos Orzamentos para o próximo ano.

A responsable socialista lembrou que a reparación da avenida require da intervención da Xunta, xa que discorre por ela a estrada autonómica PO-363, e que ademais é unha vía altamente transitada pola veciñanza, xa que conecta o Centro de Saúde, os centros escolares, os polideportivos e a piscina municipal. Sinalou que o seu estado “prexudica única e exclusivamente aos veciños e veciñas de Redondela”, que “non se merecen o abandono por parte da Xunta de Galicia”.

Considera “intolerable” que os veciños e veciñas “sigan a esperar polo arranxo da Avenida Mendiño e facer as obras de mellora dunhas beirarrúas nas que xa caeron varias persoas” polo seu mal estado. Denunciou a “deslealdade” do goberno galego co concello de Redondela “ao bloquear as obras” desta avenida, así como coa redución de 4 profesores no IES Mendiño.

Leticia Gallego sinalou que “os veciños e veciñas merecen un respecto e o cumprimento dos acordos sen mirar as cores políticas do Concello”, que cumpriu todos os requisitos precisos para o comezo das obras. Sinalou que mesmo fixeron a retención de crédito da parte que ten que financiar a administración local, xa que a maior parte dos recursos ten que aportalos a Xunta, quen ten a titularidade da estrada.

Gran éxito na Guarda do primeiro roteiro guiado da iniciativa “Historias de mulleres guardesas”

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, iniciou o pasado venres a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

O Primeiro roteiro tivo lugar o pasado venres día 14 de outubro e congregou a máis de medio cento de persoas que saíron dende a Praza do Reló, para facer un percorrido guiado polo casco histórico da vila e rematar na fonte da ribeira no Porto da Guarda cunha amenización musical a cargo do cantautor guardés Tino Baz.

Nos roteiros, dos que só queda a quenda do 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h(prazas completas) fálase dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan.

No caso das andainas, que terán lugar o 13 e 27 de novembro en horario de 10:30h a 13:30h(aínda quedan prazas libres) e que sairán dende a Alameda da Guarda (8km de percorrido e dificultade media), falarase de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.

As inscricións continúan abertas para as andainas na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico [email protected].

As actividades son gratuitas e as prazas limitadas. Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

Degustación gratuíta de raia e rape no mercado de Redondela

0

A Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPPF-4), organiza mañá venres ás 12:00 horas, no Mercado de Abastos de Redondela, unha degustación gratuíta a base de distintas preparacións de raia e rape para que os consumidores coñezan de primeira man a marca de peixe “Fresco & Salvaxe” que está presente xa en mercados das peixarías de Vigo e a súa área metropolitana.

O produto baixo a marca Fresco e Salvaxe garante que o peixe foi capturado no mar mediante pesca extractiva tradicional e que nunca foi conxelado, tan só refrixerado, nin provén de piscifactoría. En conclusión, este selo deixa claro en supermercados e prazas de abastos, nunha soa lectura, a procedencia salvaxe do peixe para diferencialo do peixe de acuicultura ou conxelado.

Esta acción está organizada pola Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPPF-4), coa colaboración da Conselleria do Mar, o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca (FEMP) e o Concello de Redondela.

O selo “Fresco & Salvaxe”, que se atopa en pleno proceso de expansión, chegará ao Mercado de Ponteareas nas próximas semanas.

Tomiño encherase de humor

0

Tomiño continúa coa súa programación cultural, unha oferta de actividades de calidade para pequenos, pequenas e maiores e que esta fin de semana cede o escenario a un dos clásicos da literatura. Este domingo 23 de outubro a compañía Pedras de Cartón chegan ao auditorio municipal de Goián cos seu particular ‘Quixote’, un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor, case sen palabras e cunha estética inspirada no pallaso clásico e moi próxima ao clown.

Co seu segundo espectáculo, Pedras de Cartón afronta o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia para afrontar as escenas máis icónicas da novela e a relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho Panza. Un velocípedo no que vai montado Quixote será Rocinante e o triciclo cargado de maletas no que estará montado o escudeiro será o peculiar Rucio, o asno de Sancho. No fondo un pano cubrirá o escenario e sobre el xogaranse as escenas de día e de noite.

A alcaldesa, Sandra González, convida a todas as familias desfrutar este domingo deste peculiar ‘Quixote’, “que permite achegar aos nosos nenos e nenas aos clásicos da nosa literatura dun xeito ameno e divertido”. A rexedora resalta que o espectáculo gañou por unanimidade o Premio Certame Barroco Infantil no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021 polo enxeño da mímica, a mestría e o oficio dos actores para conectar co público e a orixinalidade da música do espectáculo, perfectamente ensamblada coa historia e os personaxes.

A función comezará ás 17.30 horas e as entradas terán un prezo de 3 euros para persoas adultas e de 1,5 euros para menores de 12 anos.

Mos avanza para completar o saneamento no municipio

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que esta semana comezaron as obras de acometida da rede de saneamento na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Mos e que se financian con fondos propios municipais.

O Concello de Mos dá os últimos pasos para completar xa totalmente a rede de saneamento no municipio, e acomete a instalación de saneamento na N-550, tramos 5, 6 e 7, na parroquia de Mos, que se prevé quede rematada a finais do vindeiro mes de novembro.

Orzamento

O Concello de Mos financia con fondos propios municipais as obras necesarias para realizar a rede de saneamento nos tramos da N-550 (tramos 5, 6 e 7) na parroquia de Mos, cun investimento de 72.124 euros.

Con este proxecto darase servizo a 51 habitantes e 17 vivendas. Trátanse dos ramos 5, 6 y 7 (N-550) (parroquia de Mos). As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos e reposicións.

No Tramo 5 instalaranse 215,85 metros de saneamento, no Tramo 6: 71,00 metros e no Tramo 7: 258,28 metros. Un total de 545,13 metros de acometida.

Ponteareas aposta por reiniciar e manter viva a actividade nos centros e casas culturais

Un ano máis, o Concello de Ponteareas abre a convocatoria de subvencións para o apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais ponteareás para este ano 2022, unhas axudas que buscan “reiniciar e manter viva a actividade nunhas das entidades vertebradoras da vida cultural e social máis relevantes da nosa vila e das nosas parroquias”, como asegura o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

O Concello destinará 40.000 euros a estas convocatoria de axudas por concorrencia competitiva que ten por obxecto paliar os gastos correntes e de mantemento necesarios para a realización das actividades culturais, así como para o correcto funcionamento dos propios centros. “É a nosa forma de amosar o noso respaldo a estas entidades e colaborar con elas para que acaden os obxectivos que lle son propios de fomentar, impulsar e apoiar as actividades culturais que desenvolven”, recalca o edil.

Poderán solicitar estas axudas as asociacións sen ánimo de lucro que estean legalmente constituídas no termo municipal de Ponteareas e que teñan por obxecto e recollido nos seus estatutos a realización de accións e actividades para dar pulo e apoiar a actividade cultural nas súas instalacións.

O prazo para que os centros e casas culturais presenten as súas solicitudes estará aberto ata o vindeiro 25 de outubro. 

Continúa a programación do mes de outubro na Guarda

0

O Concello da Guarda continúa coas actividades programadas para este mes de outubro, con accións medioambientais, obras de teatro, actuacións musicais, eventos deportivos, obradoiros, exposicións e moito máis.

Nesta fin de semana o sábado 22 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle ás 20:00 horas o Concerto “Reserva 15 anos” de Coiro Vello.

O Domingo día 23 de outubro é a quenda do deporte coa novena edición da  xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum, unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego. A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina,  empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago. A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación. As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/.

A programación do mes de outubro continúa na vindeira semana o martes 25 de outubro cos Obradoiros para a creación de filtros de realidade aumentada, Social Pilgrims II, unha actividade orientada a un público xeral a partir dos 12 anos e que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.  O taller levarase a cabo nunha aula municipal no Concello da Guarda o vindeiro día 25 de Outubro, ás 19:30 horas. A actividade, que é de balde, se pode inscribir calquera persoa interesada no mail de OMIX A Guarda [email protected].

O sábado día 29 de outubro terá lugar a primeira representación teatral para público familiar da man da Compañía Pedras de Cartón coa obra “O Quixote” ás 18:00h no Centro Cultural, non é precisa inscrición previa.

A Exposición “Galiza profunda. interpretacións do rural galego mediante ilustración e fotografía contemporáneas” amplía a súa estadía na Guarda ata o 27 de outubro nos baixos do Concello. GALIZA PROFUNDA quere facernos reflexionar sobre a dicotomía entre a fermosura do rural xunto coa potencia e riqueza do mesmo e as causas para o seu difícil desenvolvemento. Como, a pesares de termos todo a prol nosa, o contexto social e político logrou que non avanzaramos nestes séculos todo o que mereciamos.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programa para outubro e novembro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns.  Os roteiros, dos que só queda a quenda do 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h(Prazas esgotadas) fálase dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan. O broche destes roteiros poraos o artista Tino Baz cunha intervención musical.

A exposición do Museo de Pontevedra ‘Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia’, un éxito

A exposición ‘Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia’ pechou onte as súas portas converténdose na máis visitada no Museo desde o ano 2016. Un total de 14.402 persoas visitaron a mostra organizada polo Museo de Pontevedra en colaboración coa Hispanic Society de Nova York e comisariada pola pontevedresa Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

O volume de visitas foi constante durante o tempo que estivo aberto, entre o 6 de agosto e o 16 de outubro: 5.654 visitantes en agosto, 4.350 en setembro e 4.398 en outubro. Con estas cifras de visitas, esta exposición superou ás que eran ata agora as de maior éxito de público dos últimos anos: ‘Galaicos. Un pobo entre dous mundos’ (2019-2022), con 13.182 visitantes, ‘Leopoldo Nóvoa 1919-2019’ (2020) con 12.117 visitantes e ‘Origami, de papel a obra de arte’ (2021-2022) con 12.214 visitantes.

O éxito de público chegou tamén ás visitas guiadas: 1.825 persoas participaron nas visitas,  entre elas 1.009 persoas de grupos escolares de diferentes niveis educativos. Ademais, esgotáronse todos os exemplares do catálogo, do que houbo que facer dúas impresións.

Con máis de 75 traxes, a mostra reproducía cada unha das vestimentas fotografadas por Ruth Matilda Anderson na súas viaxes a Galicia entre 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society de Nova York. Unha experiencia que permitiu ao público visitante coñecer a Galicia dos anos 20 a través da lente da súa cámara e as anotacións do seu “caderno de bitácora”.

A exposición foi froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación na que Sete Espadelas amosa unha compilación de vestimentas que forma parte dos fondos da súa colección para reproducir as fotografías de Ruth Matilda Anderson. Este proxecto superou as 1.000 prendas expostas, unha gran parte delas antigas ou reproducidas a partir de patróns e tecidos antigos acompañadas de ferramentas de traballo orixinais da época e de incalculable valor etnográfico.

As Neves acolle o ‘I Encontro de Artes no Territorio’

0

O próximo sábado 29 de outubro, As Neves será o escenario do ‘I Encontro de Artes no Territorio’, un evento que quere servir de base para pensar novas fórmulas que axuden a potenciar a economía e o desenvolvemento turístico dende as artes e a cultura.

Este encontro pretende alicerzarse no apoio da veciñanza e na experiencia das entidades locais, traballando co coñecemento, indagando na identidade cultural que habita o territorio de Galicia, en xeral e, particularmente no do Condado-Paradanta e nas Neves; a paisaxe, abranguendo tanto a natural como a construída; o turismo, centrado nos xeitos de comunicación, dende a música a gastronomía, da enografía á arquitectura ou da enoloxía ao lecer e, por último, desvelar como a cultura pode potenciar a actividade económica.

Obxectivo

A finalidade última é que a integración das artes e a artesanía local, a fotografía e o cinema, as acción escénicas e performativas ou as intervencións artísticas, procesuais ou específicas para un espazo, convertan o Encontro de Artes das Neves nun proxecto colectivo.

Co comisariado da Cooperativa Performa (David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo) este proxecto quere servir para significar o Condado como un espazo aberto á creación de vangarda, respectuoso coas tradicións e promovendo o patrimonio cultural e natural.

Programa

A actividade comezará ás 11:00 horas na Casa da Xuventude, cun ‘Taller de deseño estratéxico’ no que participarán os membros do Grupo de Desenrolo Rural (GDR) Condado-Paradanta, entidades locais e representantes das vilas irmáns portuguesas de Melgaço e Monção.

Ás 17:30 horas será o tempo da actuación de Macarena Montesinos e a Banda Municipal de Rubiós, na Praza Maior, presentando o seu ‘Concerto Monocromo’. A entrada é libre.

A Compañía Chévere presentará ás 18:30 h a súa obra ‘As fillas bravas de Momán’, no Auditorio Municipal, con entrada é de balde ata completar aforo

O Rosal xa está preparado para recibir o Samaín

0

Samaín chama ás portas e O Rosal prepárase para pasar esta fin de semana unha mañá de medo. Este sábado 22, o narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo Brais das Hortas chega ao auditorio municipal cos seus ‘Contos para caghar patatillas’, un espectáculo que demostra que quen ten cu ten medo e que a valentía non é non sentilo, senón ser capaz de enfrontalo.

Sobre todo iso falan os contos que o artista levará ao escenario nun contacontos dirixido a público infantil e familiar no que haberá música, humor, efectos especiais, baile, creación de instrumentos e moito máis, sempre coa gran participación de todas e todos os asistentes.

Narración oral en galego con música en directo a través da que Brais das Hortas contará historias que falan de pedras que se converten en xigantes, dun romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por primeira vez unha tormenta… Historias que o artista saca dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.

A actuación será ás 12.00 horas e de balde, con acceso libre ata completar aforo. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a participar neste espectáculo pensado para desfrutar en familia de terroríficas actividades nestes días previos a Samaín. 

Mondariz completa melloras viarias en Vilar e Lougares

0

O Concello de Mondariz completou este mes de outubro as obras incluídas no Plan Marco 2021-2022 para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, que ascenden a 64.911,55 €. Estas actuacións consistiron na mellora da pavimentación de tres camiños: dous localizados na parroquia de Vilar e nos límites coa parroquia de Riofrío (lugares da Igrexa-Pé do Muíño e Casares), e un na parroquia de Lougares (lugar do Porrón).

Con estas obras, o Goberno de Mondariz leva investidos este ano uns 140.000 € en melloras viarias. Durante os primeiros meses do ano, no marco do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, realizáronse obras de mellora da pavimentación e asfaltado en varios camiños das parroquias de Riofrío (Coto Ribeiro e Arnela), Lougares (A Chouteira), Queimadelos (Outeiro da Cruz e Costa da Carrapita) e Mondariz (rúa Ramón y Cajal) que incluíron actuacións adicionais sobre as canalizacións e a rede de saneamento nalgúns treitos. 

Histórico investimento bianual de 300.000 € en melloras viarias

Para o Goberno de Mondariz, a mellora dos servizos municipais máis básicos é unha prioridade que se demostra da distribución dos fondos do Plan Concellos e no aproveitamento das oportunidades de financiamento público para emprender proxectos de aforro e eficiencia enerxética, entre outros, que contribúan a modernizar as infraestruturas municipais.

Seguindo esta liña estratéxica, para os anos 2022 e 2023 xa está planificado un investimento histórico en melloras viarias de 300.000 € que vai beneficiar a 19 lugares de nove das doce parroquias do Concello de Mondariz. “Somos conscientes das enormes necesidades que existen en camiños e estradas municipais. Para decidir onde actuar primeiro valoramos aspectos como o nivel de deterioro do pavimento e o máis ou menos transitadas que son as vías públicas”, explica Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

Melloras viarias en Vilar

Nestes dous anos están previstas obras de reparación de estradas e pavimentación de pistas de terra en Mondariz (Camiño da Feira-A Pedreira, Casares-O Sesteiro e dous treitos nas Paredes), Frades (dúas pistas en Aboal e varios treitos en Quintáns), Gargamala (unha pista en Boente e varios treitos en Mourelle), Toutón (Lordelo e lugar da Igrexa), Sabaxáns (Coto, Porta Nova e lugar da Igrexa), Riofrío (Cavada Nova), Lougares (pista en Santa Baia), Mouriscados (lugar de Fontebalán) e Meirol (A Vermella e A Goleta).

Nos anos 2019, 2020 e 2021, o Concello de Mondariz acumulou máis de 400.000 € de investimento en melloras de pavimentación e asfaltado, fundamentalmente, e este último desembolso municipal previsto, sumado ás actuacións xa realizadas este ano, suporá case un millón de euros de diñeiro público destinado a melloras viarias.

“Agardamos convocar unha nova edición de encontros entre o Goberno municipal e a veciñanza das parroquias estes últimos meses de ano para así escoitar as necesidades e demandas de mellora nos diferentes lugares. As obras en camiños e estradas sempre están entre as preocupacións dos veciños e das veciñas, somos conscientes das necesidades e temos en conta as demandas veciñais nas nosas decisións”, remata Barros.

Baiona proxectará o documental “La Cárcel de los curas”

0

O auditorio municipal V Centenario, situado na rúa Santísima Trinidade (Baiona), acolle este venres 21 de outubro ás 20:00 h a proxección do documental “La Cárcel de los curas”.

A peza visual trátase dunha reportaxe vasca de 2021 de Oier Aranzabal, Ritxi Lizarta e David Pallarés que narra a historia da viaxe real ao que foron sometidos 53 relixiosos de Madrid, Galicia, Cataluña e País Vasco no seu traslado forzoso ao devandito penal de Zamora, que foi o único cárcere de curas do mundo. Á proxección acudirán os seus directores e algún dos relixiosos represaliados co fin de establer un coloquio posterior.

Con esta actividade, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, continúa coa programación especial polo Mes da Memoria Histórica, unha programación dedicada en exclusiva a preservar á memoria histórica como ven facendo desde o ano 2019.

A mellora da Estrada da Vía de Mos chega á fase final

0

O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local.

O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se realizaron durante este ano 2022, 17 asfaltados no termo municipal, que suman un total de 9 quilómetros de extensión.

Entre eles atópase a mellora da Estrada da Vía, que se atopa moi avanzada e a piques de finalizar, A obra de mellora da Estrada da Vía abrangue a lonxitude total da mesma, de 3,5 quilómetros que transcorren polas parroquias de Tameiga, Dornelas e Torroso. Obra financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun importe de 354.928,61 euros.

A actuación abarca unha lonxitude total de 3.522,00 metros, con varios anchos e conleva as seguintes actuacións: actuacións previas, estruturas, execución de firmes e pavimentos, sinalización, balizamento e defensas, e reposicións.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co arquitecto municipal, Ramón Vega, e a arquitecto técnico, Purificación Barciela, visitou esta mañá as obras.

Obra na que as actuacións previas incluíron impeza e desbroce dos bordes do vial, e limpeza de cunetas e noiros. Respecto dos firmes e pavimentos a rehabilitación é mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm. de asfalto. Nalgún tramo intermedio da estrada da Vía, debido a que conta cun ancho inferior a 7,00 metros e debido ao alto tráfico que soporta, amplíase a plataforma dentro dos límites das aliñacións do planeamento vixente, para mellora o trazado e posibilitar o cruce de grandes vehículos con maior seguridade.

O recrecido, consiste na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm. de espesor, con áridos de desgaste estendida e compactada.

Previa a extensión de dita capa, realizouse unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica.

Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos. Repintado de sinalización horizontal existente, pasos de cebra, e sendas peonís existentes.

No tocante ás estruturas ampliouse o ancho do vial nun tramo de 80,00 metros de lonxitude. Debido a isto foi preciso executar un muro de contención de 10,00 metros e 1,70 metros de altura, para a contención de terras. Con cimentación directa, por apoio sobre o terreo da base do muro. Para a contención proxectouse un muro de gravidade, formado por escollera e/ou pezas de pedra de dimensións adecuadas. Con carácter previo á execución do muro refinouse a excavación ata deixar superficies regulares.

Esta mellora tamén inclúe obras adicionais necesarias para realizar actuacións que non estén englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais consideranse, entre outras o arranxo de beiravías e cunetas. Un exemplo da realización de obras adicionais e a que se pretende realizar de realizacion de canaletas de formigón, que protexen a zona asfaltada de filtracións de auga e de vexetación. Asemade procedeuse á limpeza e substitución das táxeas existentes, para mellorar a evacuación das cunetas e dos regadios existentes.

Por útimo dotarase con sinais de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións ás interseccións.

Iniciado o soterramento de columnas de media tensión en Peinador

Coincidindo coas obras de mellora da Estrada da Vía procedeuse tamén ao soterramento de varias columnas de media tensión en Peinador, do que xa está acometida unha parte.

O Concello de Mos cursou solicitude de soterramento das mesmas a Fenosa facéndose eco da demanda veciñal, dado o que estas infraestuturas supoñen, tanto estética como medioambientalmente.

Tras o procedemento previo necesario a tal fin, a eléctrica respostou afirmativamente á administración local, tras o que presentou solicitude de licenza urbanística para acometer os traballos. Permiso municipal co que conta.

Polo tanto, aproveitando a obra de mellora da Estrada da Vía, iniciáronse os labores de soterramento, simultáneamente e de xeito coordinado. Deste xeito lograrase unha optimización integral dunha das principais zonas urbanas de Mos e dáse resposta á solicitude dos veciños de Peinador, cos que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, adquirira o firme compromiso de soterrar estas liñas.

A lonxitude total de liña de Media Tensión subterránea proxectada é de 1.526 metros, que discorrerá por nova canalización dentro dunha gabia de 0,4×1,4
metros de profundidade con 4 tubos de polietileno de alta densidade 160mm de diámetro.

O tramo entre o apoio e a primeira arqueta discorrerá por canalización existente. A lonxitude total da canalización proxectada é de 711 metros, con reposición do pavimento actual, o cruzamento coa EP-2603 realizarase con perforación dirixida. Este novo tramo subterráneo irá desde o paso aéreo subterráneo instalado no apoio proxectado en substitución ao existente, aproveitando a cela libre.

O taichi de Redondela chega ás parroquias

0

As clases comenzaron en Redondela, Chapela, Reboreda, Cabeiro e O Viso, onde 230 veciños están gozando da práctica do taichi e dos beneficios desta disciplina milenaria.

 Este ano aumentou a participación un 20% e ainda hai prazas para apuntarse, algo que dende o Concello consideran un logro importante .“Decidimos continuar con esta actividad un ano máis grazas a súa popularidade. Que as persoas maiores do municipio teñan a mellor calidade de vida posible, foi e segue sendo unha das prioridades deste Goberno”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen considera que “actividades como esta deben chegar ao maior número de parroquias posible”.

A inscrición pode formalizarse nos dous Rexistros do Concello –Redondela e Chapela– ou ben a través da sede electrónica na páxina web do Concello. Fai falta subliñar que a adxudicación de prazas farase seguindo a orde de inscrición.

Horarios

A actividade, que xa está en marcha, desnvólvese no pavillón de “A  Marisma” en Redondela en distintos horarios os martes e os xoves, no pavillón de Chapela Luns e venres de 9 horas á 10 horas e no Circulo Cultural de Chapela de 19 horas a 20 horas os luns e venres. Ademais, a actividade exténdese ás culturais das seguintes parroquias: en Cabeiro os mércores de 18:00  a 19:30 horas, en Reboreda os luns e os venres de 17:30 a 18:30 horas e en O Viso (Saramagoso) os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas.

“Algúns dos grupos están xa completos, pero pretendemos ampliar a actividade e expandila a outras parroquias. Estamos vendo que en pouco tempo tivo moito éxito e a súa continuación dependerá do interese dos veciños e veciñas”, conclúe a alcaldesa Digna Rivas.

Algunhas razóns polas que practicar taichi

Está comprobado que a práctica do taichi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.

A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.

Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a osixenación cerebral e a memoria e mellora notablemente os niveis de hipertensión arterial.

Máis de 30 de persoas reactívanse co programa de envellecemento activo do Concello de Tomiño

0

Esta nova edición hai moito novato, pero os máis veteranos xa advirten: o que proba repite. Así de claro o teñen os usuarios e usuarias do programa Reactívate do Concello de Tomiño, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables que regresou ás instalacións do Centro Vontade despois de dous anos de parón pola crise sanitaria. Unha nova edición que arrancou este mes de outubro con máis de 30 novas persoas inscritas que van dende os 55 aos 92 anos e entre as que, por primeira vez, hai catro matrimonios que acoden xuntos cada semana ás actividades.

“A maioría anotámonos para manter a nosa memoria activa e para facer algunha actividade física que estamos na casa seguro que non facemos, pero tamén é unha forma de socializar, de quedar coas amigas, falar cos veciños e veciñas e, sobre todo, divertirnos. Porque pasámolo moi ben!”, coinciden en salientar as e os participantes no programa. Entre as novas caras do programa Isaura e Pepe, un matrimonio que antes residía en Vigo e que agora, xa instalados en Tomiño, están a aproveitar o programa para coñecer xente coa que compartir unhas horas de lecer en grupo durante a semana.

A través de accións enfocadas a mellorar a memoria e a motricidade, os usuarios desfrutan de actividades como risoterapia, ioga, obradoiros de memoria, roteiros, talleres de creacións artística ou cinefórum, entre outras. Actividades das que usuarias como Ana saen encantadas despois de pasar un rato aprendendo cousas novas, aplicando técnicas que lles permite ter unha vida máis activa e acadando ferramentas que lles poden ser moi útiles e interesantes na súa vida cotiá.

“Son actividades moi divertidas e accesibles para todos e todas. E non só o pasamos ben, senón que despois de tanto tempo encerrados e mantendo distancias tamén temos un motivo para saír da casa e manter unhas rutinas que en moitas ocasións esquecimos”, recalcan as e os participantes.

O obxectivo deste programa de actividades, que rematará en xuño de 2023, é, como explica a alcaldesa, Sandra González, “mellorar a calidade de vida das persoas maiores do noso concello con actividades que favorezan a participación social e o mantemento das súas facultades físicas e psíquicas, algo que xa comprobamos de primeira man a pesar de que as clases acaban de arrancar”. Acompañada da concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, a rexedora quixo este martes facer unha visita aos dous grupos nos que está dividido o programa para falar cos usuarios e usuarias e transmitirlles o orgullo de velos e velas participar dun xeito tan activo e con tanta ilusión neste programa.

Nigrán ofrece un curso de xestión de almacén e manexo de carretilla elevadora

0

O Concello de Nigrán está a desenvolver un curso de ‘Xestión de Almacén e Manexo de Carretilla Elevadora’ para as trece veciñas desempregadas do municipio que se inscribiron nesta acción gratuíta do programa FORMA-T.

Cunha duración total de 138 horas, xa realizaron 40 horas de formación teórica e están coa formación e prácticas de manexo de carretilla elevadora en Porto do Molle (para concluír o curso farán 80 horas de prácticas non laborais en empresas). O obxectivo é mellorar a cualificación profesional e a capacidade de inserción laboral das participantes.

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello desenvolve desde setembro o Programa FORMA-T, destinado prioritariamente a mulleres empadroadas en Nigrán en situación de desemprego. Así, ademais deste curso, se está a levar adiante o de ‘Mobilización e cambios posturais de persoas dependentes’, ‘Necesidades educativas especiais a través do ocio’, ‘Administración electrónica’ e ‘Iniciación á informática’.

Terror, comedia e desarraigo vital nunha nova proxección do ciclo ‘Mestre Mateo’ en Ponteareas

Esta semana chega a Ponteareas unha nova sesión do ciclo ‘Mestre Mateo’, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que está a traer á vila a proxección gratuíta de películas gañadoras e finalistas nos premios do mesmo nome que recoñecen a excelencia das producións audiovisuais de Galicia.

Este sábado 22 de outubro ás 20.00 horas a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá a proxección da longametraxe ‘Malencolía’, unha obra dirixida por Alfonso Zarauza con melania Cruz e Xulio Abonjo como protagonistas nas que o cine de terror, a comedia e o desarraigo vital combínanse para contar a historia dunha parella que regresa ao rural galego despois de dez anos vivindo en Berlín.

Así comeza a historia de Sira e Pepe, que atopan por internet unha casa nunha aldea abandonada de Ourense, Lupián, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Pero chegados á aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por un ha peculiar señora chamada Isolina. 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar desta nova sesión de cine coa proxección dunha película con 11 nominacións aos Premios Mestre Mateo e gañadora dos galardóns á mellor interpretación de reparto feminina e masculina para Iolanda Muíños e Diego Anido. Para Groba “é un orgullo que Ponteareas sexa un dos poucos municipios da provincia que forman parte da primeira edición do ciclo Mestre Mateo, que non só permitirá ás e aos ponteareáns gozar do mellor cine galego de balde, senón que tamén permite achegar o noso idioma á veciñanza a través de canles como a cultura”.

A entrada é de balde con entrada libre ata completar aforo.

O alumnado do Instituto Lycée du Pays de Retz de Pornic está de intercambio en Baiona

0

Baiona e a localidade francesa de Pornic dan un paso máis para reforzar os seus lazos cun intercambio entre alumnado de ambas as vilas. Alumnado do I.E.S Primeiro de Marzo acaban de chegar dun intercambio na Vila irmá de Pornic. Os estudantes conviviron durante unha semana, do 4 de outubro ao 10, con familias do alumnado do Lycée du Pays de Retz de Pornic. Os baioneses, de entre 16 e 17 anos, estudantes de francés de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato bacharelato, acudiron acompañados da profesora de francés, Sofía Montes Vázquez.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, recibiu esta mána no Concello a un grupo de estudantes do del Lycée du Pays de Retz de Pornic acompañados polo estudantado baionés. Unha visitamáis especial, se cabe, pois a visita a Baiona está enmarcada nos  actos organizados polo Concello de Baiona con motivo do “25 aniversario Irmandamento de Baiona con Pornic”.

O rexedor deu a benvida aos mozos e mozas resaltando “a importancia destes proxectos internacionais, xa que aparte de servir para que se coñeza Baiona no exterior, neste caso en Pornic, serven para afianzar os lazos entre ambos os lugares irmáns, moi unidos desde o irmandamento no ano 1997”.

Os mozos e mozas atópanse de acollida nas residencias do estudantado baionés que foi de intercambio a Pornic hai uns días. Chegaron á vila de Baiona onte e durante  toda a semana percorrerán diferentes zonas do noso municpio e realizarán distintas actividades.

Logo da recepción na casa do concello de Baiona, o estudantado fixo un interesante percorrido pola Vila donde coñeceu a  Capela de Santa Liberata e a Igrexa da Ex-Colegiata de Baiona e a súa historia da man de Avelino Sierra que fixo de guía. 

O programa de intercambio foi impulsado e fomentado polo Concello de Baiona que colaborou co instituto baionés para que os estudantes viaxasen ata a localidade irmá.

O Alcalde de Baiona comenta que: “Entendemos que o éxito dos irmandamentos fanos as persoas e por iso, ambos os pobos,  fixemos especial fincapé en implicar á veciñanza no proxecto. Por iso,  neste 25 aniversario queremos sentar as bases do futuro deste bonito irmandamento. Un irmandamento debe levar consigo un afán por compartir,  intercambiar,  apoiar, e como non, desenvolver actividades de forma conxunta para que a cidadanía teñan oportunidades de establecer eses vínculos que, con intercambios como este, conseguimos estreitar entre os veciños e veciñas de Baiona e os de Pornic”.

O AECT Rio Minho “vende” en Huelva o territorio miñoto

O Río Miño foi hoxe protagonista en Huelva nunhas xornadas sobre como se deben poñer en valor turístico espazos transfronteirizos organizadas pola Junta de Andalucía e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) dentro do proxecto europeo Atlazul. Alí, a Deputación de Pontevedra, o AECT Rio Minho e tamén o Concello de Tui, ademais doutras entidades portuguesas, participaron para explicar o traballo que se está a facer de maneira conxunta para o desenvolver economicamente o territorio baseándose nos recursos endóxenos, potenciando a identidade do espazo que rodea o Miño, a súa cultura e os seus espazos naturais.

A exposición da Deputación e o AECT Rio Minho foi realizada polo asesor provincial de proxectos Europeos Transfronteirizos Lois Pérez cun relatorio titulado “Experiencias de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal: a cooperación no treito internacional do río Miño”.

Na súa intervención destacou que nos eixos de futuro dentro do vindeiro plan director do POCTEP traballarase en desenvolver produtos turísticos baseados no propio concepto de fronteira, no río navegable como unha opción de aventura, na gastronomía (a lamprea), o albariño, e o sistema de fortalezas fronteirizas, elementos singulares que diferencian o territorio miñoto dos seus competidores á hora de captar turismo.

Pérez, ante un auditorio de público formado por persoal interesado e tamén especializado en proxectos europeos e turismo fixo fincapé en que o espazo do río transfronteirizo do Miño conta con grandes potencialidades. Entre elas destacou que é a fronteira máis poboada entre España e Portugal (por diante de Huelva) grazas á súa situación estratéxica, ten un grande patrimonio lingüístico, arqueolóxico, arquitectónico e cultural común, áreas naturais protexidas, recursos endóxenos para seren comercializados e transformados e un sector marítimo pesqueiro e produtos agrícolas destacados.

Con todo isto como base, explicou Pérez, o obxectivo de Deputación e AECT Rio Minho é promocionar o territorio internacionalmente e consolidar a marca de turismo ‘Rio Minho’ entre a diversidade de públicos obxectivos aos que se pode chegar. Salientou que a idea base a difundir é que no territorio miñoto pódese vivir ‘Un río, dous países e grandes experiencias’, seguindo o eslogan escollido polos 16 concellos integrantes do espazo transfronteirizo.

Algunhas das actuacións xa desenvolvidas para fomentar o turismo no territorio que se citaron foi a creación dunha APP móbil informativa, o deseño do Anel Verde do Miño (unha rede de sendeiros transfronteirizos), diferentes encontros de ecoturismo e gastronomía, ou a posta en marcha dun servizo de partilla de bicicletas eléctricas nas eurocidades.

Nas xornadas celebradas hoxe en Punta Umbría (Huelva), ademais de Lois Pérez, participaron tamén o representante do Aquamuseu do Miño, falando de Patrimonio, biodiversidade e a musealización no río; o alcalde de Tui, falando do río como un destino navegable; representantes de Melgaço para falar das pesqueiras como recurso patrimonial e turístico; e tamén do CETMAR Galicia para abordar a situación fluvial repensando a pesca na zona.

O Rosal achégase ao revolucionario mundo dos probióticos da man da doutora Olalla Otero

0

A microbiota é un conxunto de microorganismos que viven dentro do corpo e realizan funcións decisivas para a saúde. Pero, aínda que moitas persoas coñecen a súa existencia, así como a dos probióticos e prebióticos, realmente pouca xente sabe como funcionan. Para afondar nestas cuestións dun xeito sinxelo, directo e sen necesidade de ser un experto ou experta, a doutora Olalla Otero chega esta fin de semana ao Centro Social Polivalente do Rosal, onde presentará o seu último libro ‘El revolucionario mundo de los probioóticos’.

Con este libro, a bióloga viguesa arroxa luz sobre un tema moi de moda baseándose en centos de estudos científicos, explicando de xeito claro a importancia de ter unha microbiota equilibrada e achegando unha guía sobre as cepas de distintos probióticos e os seus efectos en multitude de patoloxías. Unha obra que guía ao lector e lectora polos últimos descubrimentos sobre estes microorganismos e que traza a conexión entre eles e órganos como o cerebro, a pel ou a boca e mesmo co sistema inmunolóxico.

Nunha sesión ás 20.00 horas de balde con acceso libre ata completar aforo, esta investigadora durante moitos anos en Biomarcadores Moleculares e experta en seguridade alimentaria achegará ao público distintos patoloxías e casos clínicos expostos con sinxeleza e humor.

O Porriño licita a mellora do vial e parque de Vilafría

O Concello do Porriño saca a licitación dun vial municipal en Vilafría, que dende hai anos se atopan en mal e estado e precisan dunha rehabilitación integral do pavimento.

O proxecto, que conta cun orzamento base de 165.019 euros con cargo ao Plan Concellos 22, inclúe a mellora do torreiro de festas e pista deportiva do parque que se atopa na zona, algo moi demandado tanto pola veciñanza como pola comisión de festas.

Os traballos inclúen a mellora e reposición do firme de todo o vial, ademais da creación dunha senda peonil e dun paso de peóns elevado á altura do parque. Dentro do recinto do parque, reasfaltarase unha superficie de preto de 900 m2, que inclúe a cancha de baloncesto e o campo de fútbol onde ademais se instalarán novas porterías e canastas.

“Trátase dunha actuación moi demandada dende hai tempo pola veciñanza xa que o estado no que se atopa este camiño municipal supón un verdadeiro risco para a seguridade de vehículos e peóns”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Non só a estrada, tamén a zona do torreiro e do parque que na actualidade non está en condicións de ser usada nin como zona de lecer nin para a práctica deportiva”.

Arranca a II edición do Blue Atlantic Forum

0

O Parador de Baiona acollerá dende este mércores ata o vindeiro venres a segunda edición do BLUE ATLANTIC FORUM, organizado polo Concello de Baiona. Serán tres días de reflexión e análise centrados en tres sectores de vital importancia na economía azul e claves para o desenvolvemento sostible de Galicia: a pesca e a acuicultura, a biotecnoloxía mariña e o turismo costeiro. Tras o éxito da primeira edición celebrada en novembro pasado, ducias de profesionais e expertos de toda Galicia e tamén doutras zonas costeiras como Canarias, Cataluña, País Vasco, Baleares ou Murcia e mesmo doutros países como Portugal ou Chile reúnense en Baiona neste foro de debate e posta en común sobre as oportunidades arredor da economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea. 

Este mércores as xornadas arrancarán coa inauguración do foro coa presencia do alcalde de Baiona, Carlos Gómez quen dará a benvida aos participantes; Silvia Solís Reyes, subdirectora xeral de sostenibilidade económica e asuntos sociais da secretaría de Pesca, dependente do MAPA,  Susana Rodríguez, directora xeral de desenvolvemento pesqueiro da Xunta de Galicia e Iria Lamas, deputada de transición ecolóxica e medio ambiente da Deputación de Pontevedra.

Na primeira xornada do foro analizarase a sustentabilidade e o futuro do sector da pesca, con especial atención na pesca artesanal. A certificación do peixe para reforzar a súa calidade e as posibilidades de financiamento de proxectos pesqueiros neste marco tamén se tratarán neste encontro no que participarán produtores e representantes de organizacións do sector.

Grazas á organización desta segunda edición, financiada polo Galp Ría de Vigo-A Guarda, o Concello de Baiona reforza a súa posición como destino azul por excelencia dentro do panorama autonómico e nacional, tanto pola súa situación xeográfica como pola súa importancia económica das empresas dos sectores consolidados e emerxentes da economía azul na súa contorna.

O foro está aberto e a inscrición para seguilo tanto presencialmente como online é gratuíta para os interesados, que poden inscribirse a través de Ataquilla, xa que as prazas para acudir ao Parador son limitadas. Toda a información sobre o contido e o programa do foro pódese atopar na páxina web https://blueatlanticforum.org/.

*Pódese asistir de forma física (prazas limitadas) e online dende o enlace de Ataquilla:https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/parador-de-baiona/14648–blue-atlantic-forum-2022.html

Unha cabaza encantada e cociña monstruosa para gozar este venres do programa Apego en Ponteareas

En Ponteareas preparámonos xa para celebrar o Samaín de forma terrorificamente divertida. A sala multiúsos do auditorio municipal acolle este venres 21 de outubro ás 18.00 horas unha nova actividade do Proxecto Apego, unha iniciativa coa que colabora o Concello e que busca fomentar e facilitar a socialización de cativos en galego, así como a transmisión do  idioma como lingua inicial.

Así, Teatro Calavera chegará á vila co seu espectáculo ‘A cabaza encantada’ e co seu obradoiro de cociña ‘Merenda monstruosa’. Nesta actividade, os pequenos e pequenas viaxarán da man do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa por unha historia máxica na que unha semente convértese co tempo nunha cabaza moi especial cunha forma de ser moi particular: gustáballe asustar.

Ao rematar o espectáculo os nenos e nenas poderán participar nun taller de cociña monstruosa, onde aprenderán a preparar unha merenda do máis repelente, unha monstruosa delicia.

A actividade é de balde, terá unha duración aproximada de 80 minutos e está recomendada para cativos e cativas de 3 a 6 anos. Para poder asistir é necesaria a reserva previa de praza a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 986 640 000, extensión 1010.

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, convida a todas a veciñanza a inscribirse e a gozar dunha tarde de lecer en galego en familia tan divertida como terrorífica.  

Alumnos de Salvaterra participan nun intercambio escolar con Alemaña

O pasado xoves 13 de outubro de 2022, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel,  recibiu no salón de plenos a unha delegación alemana de alumnado e profesorado que participa nun intercambio escolar con alumnado de 1º de bacharelato do IES Salvaterra de Miño. Despois da recepción visitaron o casco antigo de Salvaterra, a biblioteca, a Casa do Conde, o castelo e o Museo do Viño.

O alumnado que pertence ao centro de ensino KSF Freigericht de Alemaña chegou o pasado 11 de outubro e finalizará a súa estadía o vindeiro martes 18. Durante estas xornadas o alumnado participa activamente nun programa de actividades creadas para fomentar as competencias lingüísticas, a iniciativa persoal, cívica. etc e coñecer todos os aspectos socioculturais e económicos que definen a contorna do Condado.

Dende o ano 2012 o IES Salvaterra de Miño vén de participar activamente en programas de carácter europeo coa finalidade de darlle ao alumnado unha oportunidade de coñecer outras realidades, culturas, costumes e hábitos de vida diferentes.

Concello, empresa e representantes sindicais asinan un preacordo de convenio dos servizos de recollida de lixo

A alcaldesa do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, xunto con representantes da empresa FCC Medio Ambiente e dos e das traballadoras asinaron este luns un preacordo para a firma de convenio colectivo dos servizos de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos, da xestión do punto limpo municipal e da limpeza da vía pública en Ponteareas.

Tras a convocatoria de folga xeral por parte dos representantes sindicais, a mediación feita dende a Alcaldía do Concello de Ponteareas foi fundamental para desbloquear a situación e chegar a consenso e a un principio de acordo despois de varias reunións mantidas con todas as partes ao longo do último mes.

Coa sinatura deste preacordo dáse un paso adiante na estabilización deste servizo e na redacción definitiva do novo convenio que permita mellorar as condicións laborais e salariais do persoal antes de que remate o actual o vindeiro 31 de decembro e que terá unha vixencia de catro anos. O novo convenio contemplará un incremento salarial cun horizonte do 12% e a incorporación dunha cuarta paga no último ano de convenio, así como melloras sociais como dous descansos máis ao mes, entre outras.

Nigrán e o alumnado do CEIP Humberto Juanes reciben á medallista Susana Rodríguez

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, deu á benvida esta mañá á gran medallista olímpica Susana Rodríguez Gacio, quen ofreceu no Auditorio Municipal unha charla dirixida a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Humberto Juanes encadrada no proxecto educativo do centro sobre traballo cooperativo e de integración. Posteriormente, a campiona paralímpica de triatlón adaptado (Tokio, 2021) e médica especialista en medicina física e rehabilitación dirixiuse ao colexio como invitada estrela a Radio Vilameán para ser entrevistada polos estudantes. Gacio amosou orgullosa a medalla de ouro ao público presente e recibíu de mans do alcalde un agasallo da marca de ropa inclusiva ‘Juanmariabylolola’. “É unha honra recibir no Concello a Susana, exemplo de deportista pero, sobre todo, exemplo de vida e do noso Nigrán para todos que tanto buscamos”, resume González.

“O único camiño para conseguir metas é o traballo constante e sen excusas, na vida ninguén regala nada. Hai que ser como formiguiñas”, aconsellou ás crianzas ao tempo que as animou a elixir un deporte e practicalo. “Hay mil, tedes que buscar o que vos gusta. É algo beneficioso físicamente pero tamén nos ensina valores como o esforzo, a disciplina e o respecto”. A tenor disto, Gacio considera que para as persoas con discapacidade (ela naceu con albinismo e practicamente non ten visión) “o deporte adaptado é un deporte de equipo”, e nese sentido explicou como traballa coas súas guías, o apoio que lle brinda a tecnoloxía no seu día a día ou a axuda do seu can guía Yellow.

Gacio, acompañada da súa nai Berta, quen foi profesora durante 19 anos no CEIP da Cruz de Camos, confesou que ter realizado Medicina foi a materialización dun soño, o mesmo que ser gañadora olímpica. “O máis emocionante desa medalla e todo o traballo que leva detrás”, confesou todavía emocionada mentras amosaba o metal dourado.

Grande éxito da andaina solidaria Ponteareas

Grande éxito de participación nas andainas Ponteareas 25km organizada polo Club de Montaña Xistra en colaboración co Concello, no que natureza, medio ambiente, deporte e solidariedade camiñaron da man a pesar do mal tempo. Máis de 200 persoas da vila e de diferentes puntos de Galicia fixeron un percorrido con saída no parque da Feira Vella no centro urbano para percorrer espazos de gran valor natural e paisaxístico como o río Uma ou A Picaraña.

“Con esta andaina o público puido descubrir a beleza das nosas paisaxes e a súa biodiversidade, achegarse ata o río e desfrutar da paisaxe de ribeira ou coñecer un pouco máis os nosos montes forestais”, destacou a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo. A edil quixo ademais “agradecer profundamente o traballo de Nisio, Sito e Raúl, que se encargaron de preparar a ruta para o desfrute de todo o público, así como a solidariedade de todas e todos os participantes, que achegaron un gran número de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para ser doados ao Centro de Recollida de Alimentos de Ponteareas”.

Covelo recalca tamén a importancia de poñer en marcha actividades que dean a coñecer a gran contorna natural da que pode desfrutar Ponteareas, xa que “soamente achegando a ponteareás, ponteareáns e visitantes á esta realidade podemos chegar a concienciarnos, coidala e protexela”.

25 aniversario do irmandamento de Baiona con Pornic pola igualdade

0

A concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, xunto coa directora do Centro de Información á Muller de Baiona, Elena Otero Rodríguez, trasladáronse ata o municipio irmán de Pornic para manter varias reunións de traballo coas súas homólogas francesas co fin de promover o intercambio de experiencias no ámbito da igualdade entre ambos os conistorios irmáns, todo iso enmarcado nos  actos do “25 aniversario Irmandamento de Baiona con Pornic”.

Moreira Costas y Otero Rodríguez o primeiro dos días reuníronse con Marie-Paul Marié e Florence Gendrot, concelleiras francesas, xunto coa presidenta  da  asociación do irmandamento “Jumelage”, Marie-Agnès Morice.

Na reunión falouse sobre a estrutura administrativa de cada país e como actúan tódolos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero e a protección dos dereitos da muller e da infancia. A delegación baionesa de igualadade levou tamén mostras do traballo feito na área de Igualdade, afondando no traballo mais recente (programas de activación laboral de mulleres, puntos de información violeta, programación do Novembro Lila e Primavera Lila, etc.). Tratóuse dunha reunión moi interesante onde puideron reflexionar sobre como traballan no país veciño e unha oportunidade moi valiosa para tecer lazos e traballar en proxectos comúns no futuro.

Ademais, na reunión de traballo tamén participaron Irene Silva, artista baionesa, e Fabbienne Alliou Lucas e Brigitte Darras dit «Bivan», artistas francesas que van a implicarse no proxecto co seu traballo, así como outras persoas representantes asociación do “Jumelage”.

Na segunda xornada de traballo, afondáronse aspectos técnicos da exposición do Novembro Lila (programa de actividades entorno a data do Día Internacional contra a Violencia Machista, que se conmemora o 25 de novembro, e que está organizado pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller) na que este ano a Concellería de Igualadade do Concello de Baiona vai aproveitar o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada de artistas francesas, as cales farán parte da programación, non só expoñendo as súas pezas, senón que tamén dirixirán obradoiros para o alumnado de diversos centros educativos de Baiona.

Asimesmo, falouse tamén sobre varias ideas a levar a cabo en conxunto, poñendo o foco na xuventude e nas novas ameazas as que se afrontan. Foi unha xuntanza moi ilusionante que asentou as bases para construír futuros proxectos a nivel europeo que se irán conformando nos vindeiros meses. Esta exposición é o primeiro e modesto paso dun traballo no marco do irmandamento que acaba de comezar.

Este memo día, pola tarde, a delegación baionesa de igualadade visitou  o taller de AnneMalgogne Dumesnil «Amadu» , que creou oito pezas exclusivamente para unha exposición que formará parte do Novembro Lila.

Tamén asistiron  a exposición de Fabienne na Maison du Chapitre, unha mostra recollía imaxes de mais de corenta granxas de Pornic e das persoas que as rexentan.