8.4 C
Pontevedra
Domingo, 4 de Decembro de 2022
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaContinúa a programación do mes de outubro na Guarda

    Continúa a programación do mes de outubro na Guarda

    O Concello da Guarda continúa coas actividades programadas para este mes de outubro, con accións medioambientais, obras de teatro, actuacións musicais, eventos deportivos, obradoiros, exposicións e moito máis.

    Nesta fin de semana o sábado 22 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle ás 20:00 horas o Concerto “Reserva 15 anos” de Coiro Vello.

    O Domingo día 23 de outubro é a quenda do deporte coa novena edición da  xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum, unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego. A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina,  empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago. A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación. As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/.

    A programación do mes de outubro continúa na vindeira semana o martes 25 de outubro cos Obradoiros para a creación de filtros de realidade aumentada, Social Pilgrims II, unha actividade orientada a un público xeral a partir dos 12 anos e que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.  O taller levarase a cabo nunha aula municipal no Concello da Guarda o vindeiro día 25 de Outubro, ás 19:30 horas. A actividade, que é de balde, se pode inscribir calquera persoa interesada no mail de OMIX A Guarda informacion@aguarda.es.

    O sábado día 29 de outubro terá lugar a primeira representación teatral para público familiar da man da Compañía Pedras de Cartón coa obra “O Quixote” ás 18:00h no Centro Cultural, non é precisa inscrición previa.

    A Exposición “Galiza profunda. interpretacións do rural galego mediante ilustración e fotografía contemporáneas” amplía a súa estadía na Guarda ata o 27 de outubro nos baixos do Concello. GALIZA PROFUNDA quere facernos reflexionar sobre a dicotomía entre a fermosura do rural xunto coa potencia e riqueza do mesmo e as causas para o seu difícil desenvolvemento. Como, a pesares de termos todo a prol nosa, o contexto social e político logrou que non avanzaramos nestes séculos todo o que mereciamos.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programa para outubro e novembro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns.  Os roteiros, dos que só queda a quenda do 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h(Prazas esgotadas) fálase dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan. O broche destes roteiros poraos o artista Tino Baz cunha intervención musical.

    COLABORACIÓNS

    Despilfarro

    Según la RAE, despilfarro significa "Gasto excesivo y superfluo" y la verdad, que no se me ocurre un término mejor para definir lo que está ocurriendo en muchos de nuestros ayuntamientos con tantas plazas a arreglar y tanto peatonolizar.

    Alba Guzmán Falcón, «Xoaniña de Deus»

    Alba Guzmán era, ata o de agora, unha autora practicamente descoñecida para o gran público, a pesar de contar no seu haber cunha morea de premios en certames de poesía e tamén de narrativa.

    Henrique Dacosta, «O estraño caso da bicicleta amarela»

    Henrique Dacosta vén de entregar ao prelo unha nova proposta narrativa. E digo “narrativa” e non digo ben, pois este volume, «O estraño caso da bicicleta amarela», leva o clarificador subtítulo de «Oito contos e unha traxicomedia» e tal é o contido da obra: oito relatos breves de extensión variable e unha pequena peza teatral, a primeira da que teñamos constancia e da que falaremos máis adiante.

    Xavier Queipo, «Algoritmos»

    «Algoritmos» é un libro sorprendente, algo que, vindo de Xavier Queipo, xa deixou de ser unha novidade. Non estamos a falar dunha novela, nin sequera dunha colección de contos, senón de algo diferente.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    73 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    5 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS