8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasUnha cabaza encantada e cociña monstruosa para gozar este venres do programa...

    Unha cabaza encantada e cociña monstruosa para gozar este venres do programa Apego en Ponteareas

    En Ponteareas preparámonos xa para celebrar o Samaín de forma terrorificamente divertida. A sala multiúsos do auditorio municipal acolle este venres 21 de outubro ás 18.00 horas unha nova actividade do Proxecto Apego, unha iniciativa coa que colabora o Concello e que busca fomentar e facilitar a socialización de cativos en galego, así como a transmisión do  idioma como lingua inicial.

    Así, Teatro Calavera chegará á vila co seu espectáculo ‘A cabaza encantada’ e co seu obradoiro de cociña ‘Merenda monstruosa’. Nesta actividade, os pequenos e pequenas viaxarán da man do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa por unha historia máxica na que unha semente convértese co tempo nunha cabaza moi especial cunha forma de ser moi particular: gustáballe asustar.

    Ao rematar o espectáculo os nenos e nenas poderán participar nun taller de cociña monstruosa, onde aprenderán a preparar unha merenda do máis repelente, unha monstruosa delicia.

    A actividade é de balde, terá unha duración aproximada de 80 minutos e está recomendada para cativos e cativas de 3 a 6 anos. Para poder asistir é necesaria a reserva previa de praza a través do correo electrónico lingua@ponteareas.gal ou no teléfono 986 640 000, extensión 1010.

    O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, convida a todas a veciñanza a inscribirse e a gozar dunha tarde de lecer en galego en familia tan divertida como terrorífica.  

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.