21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboAdegas Marqués de Vizhoja abre as súas portas durante o «Día Europeo...

    Adegas Marqués de Vizhoja abre as súas portas durante o «Día Europeo do enoturismo»

    O vindeiro domingo 10 de novembro celébrase o ‘Día Europeo de enoturismo’ no que a adega galega Marqués de Vizhoja abrirá as súas portas para que, as persoas que o desexen, poidan gozar dunha visita gratuíta previa inscrición. Para rexistrarse nesta visita gratuíta interesados e interesadas poden facelo a través do correo electrónico enoturismo@marquesdevizhoja.com. A visita realizarase o día 10 de novembro ás 11:30 h cunha duración dunha hora e media.

    A adega atópase ás beiras do río Miño, nunha contorna natural, que ten como protagonista o Pazo a Moreira, rodeado de case 40 hectáreas de viñedo. Unha paraxe natural que atrae cada ano a visitantes nacionais e internacionais cun objetico común, coñecer a cultura do viño e á familia Vizhoja.

    A visita a Adegas Marqués de Vizhoja caracterízase por unha visita familiar e acolledora. Neste circuíto explícase a historia da adega, o proceso de vendima, elaboración do viño e embotellado. Como guinda final farase un percorrido polos xardíns centenarios que rodean o Pazo A Moreira, finalizando coa degustación do afamado viño branco Marqués de Vizhoja e o 100 % albariño Torre a Moreira (D.Ou. Rías Baixas) acompañado dun petisco.

    Esta xornada enmárcase dentro do plan de actividades enoturísticas previstas para este ano en Adegas Marqués de Vizhoja e cuxa finalidade é a promoción do turismo enolóxico. Durante todo o ano Adegas Marqués de Vizhoja promove actividades temáticas cuxo fío condutor é a familia, gastronomía e turismo: San Valentín, Día da Nai, Día do Pai… Maridaxes especiais coa lamprea (peixe primitivo recoñecido en Arbo), maridaxes de outono, workshops de fotografía, Día Internacional de Ioga, entre outros.

    Adegas Marqués de Vizhoja foi galardoada o ano pasado pola Asociación Española de Cidades do Viño ( ACEVIN) nos IV Premios de Enoturismo; ‘Roteiros do Viño de España’, como adega comprometida coa sociedade e o medio ambiente, polas xornadas de sensibilización sobre os incendios do Condado Paradanta; cuxa finalidade é a de reflexionar sobre o problema e buscar sinerxias entre profesionais agrícolas e forestais para previr os devanditos incendios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.