Tag: oia
Este domingo chega o Desafioia
Este domingo terá lugar o trail Desafioia, evento deportivo que este ano complementa a súa programación cunha proposta musical pensada para o público familiar. A competición deportiva desenvolverase durante a mañá e terá como punto de saída o Mosteiro de Oia.
Oia organiza clases gratuítas de gaita, pandeireta, bombo e tambor en Torroña
O Concello de Oia organiza unha actividade gratuíta de clases de música para gaita, pandeireta, bombo e tambor. As sesións desenvolveranse os luns pola tarde en Torroña e o prazo de inscrición xa está aberto.
O Concello de Oia e a Xunta colaboran para mellorar o saneamento de Pedornes
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladou nun recente encontro coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, que a Xunta avanza na colaboración co Concello coa redacción do proxecto construtivo para a mellora do sistema de saneamento de Pedornes.
Oia prepara as alegacións contra o novo proxecto de parque eólico Torroña I
O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico Torroña I, para o que xa contratou a unha empresa especializada, a cal xa está a traballar na análise da documentación sometida a información pública.
Oia repartirá 20 novos composteiros entre a veciñanza
O Concello de Oia continúa un ano máis co seu programa de promoción da compostaxe doméstica, nesta ocasión a través do reparto de 20 novos composteiros individuais que o próximo día 17 serán entregados aos veciños e veciñas que os tiñan solicitado.
Inauguración da praza do Campo de Burgueira en Oia
Cunha nutrida presenza da veciñanza, Oia amosou este sábado o renovado aspecto da praza do Campo de Burgueira, que vén de ser obxecto dunha total transformación ao abeiro do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra.
A inauguración da Praza do Campo, en Burgueira, adiántase a este sábado
Por mor das previsións de chuvia para o domingo 5 de marzo, a inauguración da Praza do Campo, en Burgueira, adiantarase ao sábado. O acto comezará ás 12.00 horas e contará coa asistencia de representantes da Corporación Municipal e da Deputación de Pontevedra, institucións que financiaron os traballos.
A Xunta mellora os firmes da PO-339, entre Salvaterra e Salceda, e PO-552 en Oia
A Xunta está a ultimar as obras de mellora de firme das estradas PO-399, entre Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e PO-552 en Oia, que suporán un investimento de preto de 223.000 euros.
Corte de tráfico hoxe na PO-552debido ao paso da competición ciclista “O Gran Camiño”
Oia formará parte do itinerario dunha das etapas da competición ciclista “O Gran Camiño”. Por esta causa, hoxe venres a última hora da mañá será preciso cortar o tráfico na estrada PO-552, durante o tempo no que os deportistas realicen seu traxecto pola localidade (aproximadamente uns 30 minutos).
O Concello de Oia inaugura o sábado a nova Praza do Campo, en Burgueira
O Concello de Oia convida á veciñanza a asistir, este sábado, ao acto de inauguración da renovada Praza do Campo. A institución local convoca esta cita para compartir e celebrar coa veciñanza a transformación deste espazo situado no corazón da parroquia Burgueira.
O Concello de Oia continúa traballando para mellorar o saneamento
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Rodríguez, reuníronse recentemente coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez e técnicos desta entidade para avanzar na mellora do saneamento do municipio.
A Xunta inviste en obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso en Oia
A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou hoxe a licitación por máis de 342.000 euros das obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, no concello de Oia, que se iniciarán este mesmo ano.
A Deputación alcanza un investimento histórico no Baixo Miño
“As administracións teñen a obriga de dar conta sobre o uso que dan aos recursos públicos”. Con esta premisa compareceu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun almorzo informativo en Tui.
Oia amplía a oferta do obradoiro de teatro
O Concello de Oia amplía a oferta do obradoiro de teatro veciñal con sesións específicas para o público infantil (de 6 a 12 anos). Serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres de 18.30 a 19.30 horas no Centro Cultural de Pedornes. A continuación celebrarase o de persoas adultas, de 19.30 a 21.00 horas.
O Albergue da Estrela convoca un dobre evento para este sábado en Oia
Cita coa cultura esta fin de semana en Viladesuso, cun dobre evento convocado polo Albergue da Estrela para o sábado 4 de febreiro pola tarde.
Oia presentou as súas alegacións contra o parque eólico Toroña
O Concello de Oia presentou esta semana as súas alegacións en contra do proxecto de parque eólico Toroña, pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, paisaxísticos, patrimoniais e turísticos presentes na área de afección, así como pola falla de licencia social.
Oia abre o luns o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro
O Concello de Oia pon en marcha unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.
O Concello de Oia alegará contra o parque eólico Toroña
O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico Toroña, para o que xa contratou a unha empresa especializada, a cal xa a está a traballar na análise da documentación sometida a información pública.
Oia contratará 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos
O Concello de Oia contratará un total de 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego).
Os Reis Magos chegan mañá a Oia
Os Reis Magos visitarán Oia durante toda a xornada do xoves día 5 de xaneiro, onde participarán na tradicional cabalgata.
As Neves e Oia, primeiros beneficiarios da Liña 3 do Plan Concellos 2023
O goberno da Deputación arranca o Plan Concellos 2023 coa aprobación das primeiras achegas da Liña 3 para a activación do emprego. A Xunta de Goberno dará luz verde este venres a un total de 422.300 euros para que os concellos das Neves, Oia, Catoira e Pazos de Borbén poidan contratar a 40 persoas para servizos municipais.
Sesión informativa sobre a Administración electrónica este xoves en Oia
A aula de novas tecnoloxías de Oia, situada nos baixos do Concello, acollerá este xoves 22 de decembro ás 11.30 horas unha sesión informativa na que se prestará axuda no uso das ferramentas da Administración electrónica.
Pepe ‘o Zapateiro’ cumpre 101 anos
José Miranda Treinta, veciño do concello de Oia coñecido como Pepe, ‘o Zapateiro’, celebrou o seu 101 aniversario. Para felicitalo en nome de todo o municipio, a alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, achegáronse a facerlle unha visita e agasallalo cunha torta.
Oia adquire unha parcela para ampliar e mellorar a Praza do Campo en Burgueira
O Concello de Oia vén de adquirir un terreo ao carón da Praza do Campo, na parroquia de Burgueira, co obxectivo de ampliar este espazo de uso público e dotalo de novos equipamentos a disposición da veciñanza.
Ampla oferta de cursos online á disposición da veciñanza na Aula Mentor de Oia
A Aula Mentor de Oia pon a disposición da veciñanza unha importante oferta formativa online dirixida a diversos ámbitos profesionais.
Éxito do “I Raid Serra de Groba-Bodegas Marqués de Vizhoja”
Esta fin de semana, do 25,26 e 27 de novembro de 2022, tivo lugar o “I Raid Serra de Groba-Bodegas Marqués de Vizhoja”, que se celebrou polos concellos da Guarda, o Rosal, Santa María de Oia e Baiona.
Os Bolechas celebran “O aniversario do avó” este sábado en Mougás
Os Bolechas visitarán este sábado Oia co seu espectáculo “O aniversario do avó”, que se representará a partir das 17.00 horas na Casa Cultural de Mougás.
O espectáculo ‘Caderno de cores e cancións’ chega este sábado a Pedornes
O centro sociocultural de Pedornes acollerá este sábado 19 de novembro a actividade infantil e familiar ‘Caderno de cores e cancións’, un espectáculo de Magín Blanco recomendado para público de todas as idades (a partir dos 3 anos) e que comezará ás 18.00 horas.
A muller mais lonxeva de Oia, Carmen Álvarez, cumpre 103 anos
Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira e a muller máis lonxeva do municipio, cumpriu hoxe 103 anos. Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, fixéronlle entrega dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.
Xunta e Concello impulsan a tramitación da modificación puntual urbanística que permitirá recuperar o mosteiro
A Xunta e o Concello de Oia reuníronse na mañá do xoves co fin de analizar a situación actual da modificación urbanística promovida polo Goberno local para permitir a recuperación do Real Mosteiro de Oia e tratar de impulsar a súa tramitación nos vindeiros meses.
Ampliarase a plataforma da ponte da estrada PO-354 en Loureza
A Xunta adxudicou a redacción do proxecto de ampliación da plataforma da ponte da estrada autonómica PO-354, en Loureza, no concello de Oia.
O Grupo Socialista urxe á Xunta a construir unha estación depuradora en Oia
A parlamentaria socialista Leticia Gallego visitou o Concello de Oia, onde mantivo un encontro co portavoz socialista, Gerardo Rodríguez, e membros do grupo municipal socialista, para reclamarlle á Xunta que constrúa de urxencia unha depuradora para frear os constantes vertidos rexistrados no Concello.
O luns 10 de outubro estará en Oia a unidade móbil de doazón de sangue
A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o próximo luns 10 de outubro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16:00 a 21:00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.
Os “Coidados porta a porta” chegarán a Oia os días 28 de outubro e 2 e 3 de novembro
A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia visitará Oia nas próximas semanas para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria.
Máis de 7.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia este verán
Un total de 7.404 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia durante a tempada de verán, servizo que este ano se estendeu desde o 19 de xuño ata o 18 de setembro. Estas cifras supoñen un notable incremento respecto dos resultados do ano pasado, volvendo a niveis de afluencia previos á COVID-19.
O Concello de Oia reclama á distribuidora eléctrica UFD melloras urxentes no servizo
Durante estes últimos meses, o tramo da rede de distribución eléctrica que vai pola zona da costa do concello de Oia sufriu varios cortes no subministro, que causaron graves perdas á hostalaría da zona.
Tanxugueiras e LaMontagne & Pico Amperio actuan este domingo en Oia
Oia acollerá este domingo un dos concertos do Xacobeo, que traerá a Tanxugueiras e ao dúo LaMontagne & Pico Amperio. A cita musical terá lugar na Eira do Convento (Santa María de Oia) a partir das 20:00 horas.
O «Torneo de Xadrez Concello de Oia» celebra a súa segunda edición o día 24 en Torroña
As persoas afeccionadas á práctica do xadrez teñen unha cita imprescindible o sábado 24 de setembro coa celebración do II Torneo Concello de Oia que se desenvolverá na Casa da Cultura de Torroña. A competición, organizada polo club Albatros e coa colaboración do Concello de Oia, desenvolverase durante a tarde do día 24. O comezo está programado para as 16.00 horas, previa comprobación das listas ás 15.30 horas.
Oia implanta unha rede de WiFi aberto no Arrabal e a súa contorna
O Concello de Oia vén de implantar unha rede WiFi municipal en varios puntos do barrio histórico do Arrabal e a súa contorna.
O “avó de Oia”, Abel Diego Acevedo, celebra o seu 101 aniversario
O home de maior idade de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu esta fin de semana os 101 anos cheo de saúde e ledicia. Natural de Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira celebrou esta data tan especial na compañía dos seus seres queridos.