A Aula de Novas Tecnoloxías-Biblioteca do Concello de Oia acollerá a actividade “Coidados compartidos: curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neuroexenerativa”, que comezará finais de mes. Esta iniciativa ten unha duración total de 8 horas, divididas en 3 sesións que se desenvolverán en horario de tarde, e será impartida por Afaga (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia).
As sesións terán lugar os días 29 de novembro, 13 de decembro e 20 de decembro; e celebranrase nas instalacións da Aula de Novas Tecnoloxías situada no baixo da Casa do Concello de 16.30 a 19.15 horas. Trátase dunha formación incluída no proxecto “Coidados compartidos”, impulsado pola Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL), da que Afaga forma parte. Para o seu desenvolvemento en Oia conta coa colaboración do Concello.
O curso está dirixido a persoas coidadoras que sexan familiares de maiores e/ou persoas con demencia que viven no rural e ten dispoñibles un máximo de 25 prazas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nos teléfonos 986362125 e 639329493 ou no correo electrónico servizossociais@concellodeoia.es ata o xoves 23 de novembro.