27.8 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaOia celebrará a iniciativa 6x6 Punto de Encontro o vindeiro 4 de...

    Oia celebrará a iniciativa 6×6 Punto de Encontro o vindeiro 4 de xuño

    A iniciativa 6×6 Punto de Encontro inundará este ano o barrio histórico do Arrabal de arte e cultura. Teatro, danza, música e canto serán os protagonistas dunha xornada festiva que, organizada polo Concello de Oia e baixo a dirección artística de Alfredo Rodríguez (A Artística), celebrarase o domingo 4 de xuño e que incluirá propostas para todos os públicos.

    Neste 2023, no que o proxecto celebrará a súa quinta edición, a proposta desenvolverase baixo o título “Oia. Onde se pon o sol e nacen as sereas”. Partindo deste fío condutor, elaborado a partir de textos de Ana Romaní, Lupe Gómez, María do Cebreiro, Paula Carballeira, Celso Emilio Ferreiro e Álvaro Cunqueiro, artéllase unha xornada cultural que terá como prato forte a tradicional representación do obradoiro de teatro así como diversas actividades complementarias.

    A xornada de festa desenvolverase no Arrabal segundo o seguinte programa:

    -A partir das 12.00 horas abrirán os postos de artesanía, onde permanecerán á venda diversos produtos de creadores e creadoras locais como Medialúa Coiro, areladefe Xoiería, Carlos San Claudio Cerámica, Carliños Cestería, Luis Álvarez Cantería.

    -Ás 17.30 horas, a Praza Centinela acollerá o espectáculo infantil “As palabras perdidas”, de Inventi Teatro. O tráfico estará cortado nas rúas de acceso á praza mentres dure a actividade.

    -Ás 20.00 horas dará comezo o espectáculo do grupo de teatro veciñal. O punto de encontro será a mesma Praza Centinela e, desde alí, público e artistas percorrerán a pé o camiño ata o Mosteiro para asistir á representación no interior do recinto conventual.

    -Ao remate, a actividade trasladarase de novo ás rúas do Arrabal, coa música dos grupos locais Tra-lo Mosteiro de Oia e A Fiada de Viladesuso.

    Esta xornada festiva está organizada polo Concello de Oia xunto co grupo Tra-lo Mosteiro e conta coa colaboración de Pontegal (Deputación de Pontevedra) e máis do Mosteiro de Oia.

    Artistas convidados

    Despois das edicións de 2018, 2019, 2021 e 2022, o obradoiro veciñal de teatro de Oia volve un ano máis cun espectáculo arredor das artes performativas (teatro, danza e movemento, música, canto, etc.). Xunto co alumnado do taller, participarán como artistas convidadas Olga Cameselle (danza), Mónica de Nut (canto) e Rubén Pastoriza (música).

    As diferentes pezas dramáticas que formarán o espectáculo no interior do Mosteiro foron elaboradas durante o obradoiro de teatro veciñal dirixido por A Artística e contaron tamén coa colaboración e achegas dos artistas colaboradores. Á función sumaranse os nenos e nenas que participaron na Aula Infantil de Teatro do Concello de Oia, que arrancou este curso a súa andaina tamén da man de Alfredo Rodríguez.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS