Tag: marisqueo
O Concello de Redondela colabora coas mariscadoras na retirada de algas dos bancos marisqueiros
O concello de Redondela colabora coas mariscadoras na retirada de algas nos bancos marisqueiros. Concretamente na praia de Cesantes nunha xornada de traballo incansable das mariscadoras de Redondela retirando “abono”, como lle chaman estas mulleres do mar a esta manta de algas que se forma e que pon en perigo os cultivos dos bancos marisqueiros.
O BNG de Redondela demanda da Xunta medidas en defensa das mariscadoras
O BNG de Redondela súmase as advertencias das confrarías da Enseada San Simón, como as de Cesantes e Arcade, sobre a grave crise económica que está a sufrir o sector marisqueiro. “Obrigan a que as mariscadoras e mariscadores manteñan a súa actividade, cando non teñen a quen vender, posto que o seu principal cliente, a restauración pechou”, sinala o responsábel local de Redondela, Anxo Lusquiños.
A Deputación adianta o lanzamento das bases de axudas ás confrarías, mariscadoras e cooperativas agrogandeiras
A Deputación de Pontevedra publica hoxe no BOPPO as bases reguladoras de dúas liñas de subvencións para investimentos no sector primario para este ano 2020, por un importe total de 450.000 euros. Por unha banda, cun orzamento de 250.000 euros, as axudas ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia; e, pola outra, cun crédito total de 200.000 euros, subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras.
Digna Rivas, “Redondela non pode dar a espalda ao mar nin ás mariscadoras”
A Lonxa de Cesantes foi o escenario elixido pola candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía, Digna Rivas, para manter un encontro co colectivo de mariscadoras, xuntanza que forma parte das reunións que a candidata socialista mantén con distintos colectivos e asociacións de Redondela. No seu encontro coas profesionais do marisqueo, Rivas...