Tag: festa do viño
Cancelada a Festa do Viño Espumoso de Salvaterra de Miño
Ante a inminente e recente subida de contaxios da Covid-19 que está afectando a todo o País, a nosa Comunidade e por ende ao Concello, non se pode mirar cara outro lado e por iso o Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven reunirse para tomar unha determinación tan contundente coma precisa
Comeza a programación de verán de Salvaterra baixo o lema ‘Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra’
Como todos os anos a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, presenta a programación que ofrece o Concello de Salvaterra aos seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra”.
Un ano diferente pero seguro, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, aínda que sexa adaptado a nova situación que estamos a vivir.
Amplo programa de actividades para a ‘LX Festa do Viño do Condado do Tea’ de Salvaterra
O Concello de Salvaterra vén de dar a coñecer o amplo programa de actividades que desenvolverá, entre os días 23 e 25 de agosto, con motivo da celebración da 'Festa do Viño do Condado do Tea' que con esta acada xa a súa sesaxésima edición. No programa, o viño que é o auténtico protagonista, está perfectamente complementado coa boa música e gastronomía.
Salvaterra abre a inscrición para os Cursos/Cata da Festa do Viño do Condado do Tea
Salvaterra de Miño vive, estas datas, inmersa nos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea que, con esta, chega a súa 60 edición. Dentro da programación desta festa, o Concello vén de abrir a inscrición para as catas comentadas que, cada ano, contan cun maior número de seguidores.