Tag: axenda 2030
A Guarda súmase á Axenda 2030
O Concello da Guarda presentou, o pasado 12 de maio, un Plan de Acción para a implementación da Axenda 2030 e os seus 17 ODS, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e con financiamento da Xunta de Galicia, que establece unha serie de accións a curto, medio e longo prazo a nivel municipal para o período 2023-2025.
Obradoiro do Plan para a implementación da Axenda 2030 na Guarda
Continúa avanzando o proxecto “A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación II”, que ten por obxectivo a elaboración dun Plan estratéxico para a Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) no Concello da Guarda.
A Deputación culmina o seu modelo de transformación das estradas provinciais
A Deputación de Pontevedra dá un paso adiante na transformación da rede provincial de estradas coa presentación do Plan Estratéxico Vías Provinciais 2030, documento director no que asume o compromiso político e técnico de afondar no modelo provincial, que xa é unha referencia internacional, no marco da Axenda 2030 da ONU.
Plan para a implementación dos ODS a nivel municipal na Guarda
O Concello da Guarda a través do Fondo Galego de Cooperación, acaba de dar comezo a elaboración do Plan para implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a nivel local para os próximos tres anos.
O Concello do Rosal implícase cunha sociedade máis xusta e sostible
O pleno do Concello do Rosal aposta por un mundo mellor e polo desenvolvemento sostible do municipio e da sociedade en xeral.
O ORAL da Deputación anima aos concellos para que impulsen a Axenda 2030
O ORAL da Deputación de Pontevedra celebrou a súa terceira xuntanza de coordinación e formación dende o comezo da pandemia para presentar un estudo pioneiro que enlaza as políticas fiscais municipais co impulso ao cumprimento dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) recollidos na Axenda 2030 da ONU.
Conclúe a xornada da Escola María Vinyals sobre as mulleres e a Axenda 2030
Cun chamamento unánime á necesidade de que as mulleres opinen, valoren, traballen e decidan na implementación da Axenda 2030 rematou en Pontevedra a dobre xornada da Escola María Vinyals sobre o liderado das mulleres da administración pública no compromiso cos ODS.
A Deputación súmase ao grupo de traballo da rede da Axenda 2030 para a posta en marcha de boas prácticas relacioadas cos ODS
A Deputación de Pontevedra formará parte dos Grupos de Traballo sobre Boas Prácticas e Experiencias de Xestión na implementación local dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que porá en marcha a Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030 da Federación de Municipios e Provincias (Femp). Así o anunciou hoxe a presidenta, Carmela Silva, tras participar na sesión do Consello de Goberno, no que participa a institución provincial.
Carmela Silva reivindica o papel fundamental do mundo local no cumprimento da Axenda 2030 para lograr “a transformación do mundo”
Ante un auditorio virtual con representantes de máis de 48 municipios, coa presenza dunha vintena de alcaldes e alcaldesas, de deputacións, así como de profesorado de diferentes universidades , a presidenta da Deputación, Carmela Silva e o director da Fundación Democracia e Goberno Local, Alfredo Galán, abriron hoxe a webinar “Os retos da Axenda 2030 para o nivel local de goberno”.
Carmela Silva e Ione Belarra sentan as bases dunha estratexia de colaboración conxunta para avanzar no cumprimento da Axenda 2030
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e a secretaria de Estado da Axenda 2030 Ione Belarra sentaron as bases dunha estratexia de colaboración conxunta e alianza entre institucións para dar cumprimento aos ODS e aos retos da Axenda 2030. No transcurso do encontro telemático celebrado esta mañá, Silva deu a coñecer as iniciativas lideradas pola Deputación de Pontevedra que sitúan á Axenda 2030 como a súa “política tractora e unha folla de ruta na que levamos traballando desde fai catro anos”.
A Deputación de Pontevedra entra no Consello de Goberno da nova rede local para a Axenda 2030
A Deputación de Pontevedra, veu referendada hoxe a súa aposta irrenunciable polo medio ambiente e a transición ecolóxica como eixo transversal das súas políticas, coa súa elección como vocal, na figura da presidenta Carmela Silva, do Consello de Goberno da Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 (REDODS) impulsada pola FEMP, unha Rede composta polos gobernos locais que se comprometen a localizar e aplicar os 17 ODS de forma transversal nas súas políticas.
A Deputación lanza a ‘Alianza local polos 17 obxectivos do desenvolvemento sostible’
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Camela Silva, anunciou hoxe o lanzamento da iniciativa 'Pontevedra Provincia Alianza Local #17ODS' coa que se promove o aliñamento dos 61 concellos pontevedreses co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que conforman a Axenda 2030 da ONU. “Os ODS non son só unha filosofía ou un marco, son estratéxicos e desde fai dous anos marcan a nosa folla de ruta, ata o punto de que a Deputación de Pontevedra é a Administración local e provincial que máis aposta polo seu cumprimento”. “Levamos a dianteira a moitas comunidades autónomas, incluída a galega”, destacou.