Tag: sinalización
A Guarda mellora a seguridade vial co repintado horizontal en varias rúas do municipio
O Concello da Guarda, dentro das accións encamiñadas a mellorar a seguridade viaria de peóns e vehículos, ven de adxudicar e iniciar os traballos de repintado da sinalización horizontal en determinadas rúas e cruces concretos da Guarda
Nigrán renovará toda a sinalización do espazo dunar de Praia América-Lorido incluíndo sistema braille e audioguías
O Concello de Nigrán dá un paso máis na posta en valor do espazo dunar de Praia América-Panxón ao destinar 17.000 para renovar a totalidade da sinalización do ecosistema dunar Praia América-Panxón e facela inclusiva. O proxecto, que estará rematado ao inicio da tempada estival, permitirá homoxeneizar e actualizar toda a sinaléctica actual, moi deteriorada tralo paso dos anos, e mellorar sustancialmente os deseños e o tratamento interpretativo dos textos.
Ponteareas asegurará 5 metros de visibilidade nos pasos de peóns e vixiará que se respecten
Desde hai décadas un gran número de pasos de peóns da vila de Ponteareas non cumpre coas condicións de visibilidade esixíbeis ao contar con atrancos visuais ao seu carón como vehículos estacionados ou colectores de lixo que non permiten observar con antelación dabondo ás persoas que se dispoñen a cruzar a calzada.
A Deputación estrea nova sinalización para identificar 1.200 quilómetros das súas estradas provinciais
A Deputación de Pontevedra está a rematar nestes días a instalación dos novos fitos quilométricos que identificarán por vez primeira uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas. Estes sinais darán información sobre o nome e titularidade da vía, así como do punto polo que se circula, amosando...