20.9 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Xullo de 2024
Máis

    Tag: estradas provinciais

    O pleno da Deputación abre o proceso para adxudicar o mantemento das estradas provinciais para os vindeiros cinco anos

    A Deputación de Pontevedra aprobou este martes nunha sesión plenaria extraordinaria o expediente de contratación para o servizo de conservación integral da rede viaria das estradas de titularidade provincial. Un contrato que está dividido en tres lotes (norte, centro e sur) e conta cun orzamento anual de 9,7 millóns de euros para un máximo de catro anos e a posibilidade dunha prórroga, o que supón un importe total de 38,9 millóns de euros.

    A Deputación mellorará a seguridade viaria en dúas estradas provinciais do Porriño e Gondomar

    A Deputación de Pontevedra continúa engadindo valor ás estradas provinciais ao dar luz verde a un proxecto que servirá para mellorar a seguridade viaria nos concellos do Porriño e Gondomar. En concreto, as obras realizaranse na EP-2403 Mosende-Morgadáns e na EP-2404, que dá acceso a Chenlo, contan cun orzamento de 487.900 euros e se enmarcan no modelo de mobilidade sostible, segura e amable da institución provincial.

    A Deputación adxudica por preto dun millón de euros o mantemento e atención a incidencias invernais nas estradas do sur da provincia

    A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o servizo de mantemento e atención a incidencias invernais na rede provincial de estradas na zona Sur por un orzamento de 906.153 euros. Este é o último dos lotes que quedaba por contratar despois de que en novembro se adxudicasen os correspondentes ás zonas Norte e Centro.

    A Deputación inxecta máis de 2,2 millóns de euros para a conservación de firmes nas estradas provinciais

    O Goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe luz verde a unha inxección de máis de 2,2 millóns de euros destinada á conservación de firmes nas estradas provinciais. Esta adxudicación de contratos, distribuída en tres lotes por zonas xeográficas da provincia, completarase proximamente con outras dúas que permitirán seguir achegando recursos aos concellos para manter a rede viaria e impulsar a economía.

    A Deputación aposta por “recuperar a seguridade viaria, mobilidade peonil e espazos públicos”

    A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe diversas melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros, destinadas, como subliñou Carmela Silva, a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución para “recuperar a seguridade viaria,...

    A Deputación estrea nova sinalización para identificar 1.200 quilómetros das súas estradas provinciais

    A Deputación de Pontevedra está a rematar nestes días a instalación dos novos fitos quilométricos que identificarán por vez primeira uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas. Estes sinais darán información sobre o nome e titularidade da vía, así como do punto polo que se circula, amosando...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.