10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece mañá un roteiro polo percorrido do Camiño Portugués pola Costa

    Nigrán ofrece mañá un roteiro polo percorrido do Camiño Portugués pola Costa

    O Concello de Nigrán continúa este mércores 20 de xullo coas súas andainas da programación de verán cun roteiro polo percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 20:00 horas na Ponte Romana da Ramallosa (non é preciso inscrición previa e é de balde) e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga. O 24 de agosto repetirase este mesmo roteiro á mesma hora e no mesmo punto de partida.

    Os seguinte roteiro será ‘A praia dos Afogados’ o 27 de xullo desde a praia da Madorra, andaina baseada no libro de Domingo Villar (31 de agosto se repite). A continuación será un roteiro por Monteferro o 3 de agosto (saída desde a praia da Madorra) e outro pola Camiño Portugués pola Variante Litoral o 17 de agosto (saída desde a ponte romana da Ramallosa), sumado ao xa mencionado do día 24 de agosto. Todos partirán ás 20:00 horas para evitar a calor do día. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.