Tag: roteiro
A Xunta e o Concello de Oia crean tres roteiros sinalizados de sendeirismo, de case 20 quilómetros, polos Montes da Valga
A Xunta, a través de Turismo de Galicia, e o Concello de Oia acaban de crear tres roteiros de sendeirismo sinalizados, que suman case 20 quilómetros de lonxitude, pola contorna natural dos Montes da Valga.
O Concello de Nigrán instala paneis informativos nos roteiros por Chandebrito, Os Matos e Monteferro
O Concello de Nigrán renovou este verán toda a sinalización da rede de sendeiros municipal e, recentemente, instalou paneis informativos adicionais nos tres únicos que carecían deles: Chandebrito, Os Matos (Camos-Chandebrito) e Monteferro, estes só tiñan sinalización de percorrido mediante postes. O traballo correu a cargo da cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ (a mesma que se encargou da escavación do Castro de Chandebrito).
Gondomar crea un roteiro botánico para dar a coñecer o seu rico patrimonio vexetal
Potenciar a riqueza natural do municipio como un elemento máis de interese de Gondomar e de diversificación dos seus atractivos turísticos é un dos obxectivos desta nova iniciativa coa que se quere dar a coñecer á veciñanza e visitantes o patrimonio vexetal dos parques urbanos da localidade.
Os roteiros literarios e de arquitectura toman o relevo na programación “Re-acción cultural” da Deputación
A Deputación de Pontevedra segue a camiñar na “Re-Acción Cultural” da provincia coas dúas novas edicións dos Roteiros Literarios e os de Arquitectura que se levarán a cabo nos meses de setembro e outubro por diversos espazos da provincia. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, destacou hoxe na presentación destas actividades a colaboración respectiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e da Academia Galega de Belas Artes, cuxos representantes Césareo Sánchez Iglesias e Celestino García Braña participaron no acto.
Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nun roteiro do Camiño de Santiago pola costa o domingo 30 de agosto
O Concello de Nigrán pecha os roteiros da súa programación de verán 'Equilibrio Natural' con un polo Camiño Portugués pola costa este domingo 30 con saída ás 10:00 desde a Alameda de San Campio. Os interesados deben inscribirse previamente no mail turismo@nigran.org indicando os seus datos.
Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do xoves polo litoral e do sábado en Parada
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no roteiro guiado deste xoves 6 polo litoral con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio en A Ramallosa e o sábado en Parada (roteiro de 'Os Mouros´) con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. O Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico. O seguinte roteiro será o martes 11 por Monteferro coincidindo co solpor.
O Concello de Nigrán abre o prazo para inscribirse no roteiro litoral do xoves e no camiño portugués pola costa do sábado
O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural.
Nigrán pecha o prazo para apuntarse á xornada de recoñecemento de ‘herbas de San Xoán’ no monte de Camos
O Concello de Nigrán pecha mañá o prazo de inscrición para o roteiro guiado polo educador ambiental Antón Lois de identificación e recoñecemento das herbas de San Xoan nos montes de Camos. Os interesados deben realizar inscrición previa no mail secretariap@nigran.org ao estar as prazas limitadas por medidas de seguridade sanitaria e presentarse ás 18:00 horas en Camos (Xogo de Bolos, onda a Comisión de festas). A duración aproximada é de 2 horas e a dificultade baixa.
Adenco organiza un roteiro polo Uma, espazo incluído na Rede Natura 2000
O grupo ecoloxista adenco organiza, para este vindeiro domingo, 25 de agosto, un roteiro polo río Uma. A andaina, de dificultade baixa, sairá ás 10 horas da igrexa de Angoares e non precisa inscrición previa, tan só estar no punto de reunión á hora indicada.