Tag: surf
Primeira proba superada con moito surf e boas ondas
A pasada fin de semana celebrouse na Praia Patos (Nigrán) a primeira proba do Circuito Galego Junior de Surf e bodyboard. Esta era a primeira proba despois de case dous anos sen competición, a última celebrouse a finais do 2019 e o ano pasado non se chegou a celebrar ningunha debido á pandemia.
Volve a competición de surf esta fin de semana á praia de Patos
Despois dun 2020 case sen competicións por mor da pandemia, esta fin de semana arrinca o Circuito Galego Junior de surf e bodyboard na Praia de Patos (Nigrán). O bo parte de ondas permitiu dar luz verde a esta primeira proba do ano que reunirá durante o sábado 13 e domingo 14 a novos surfeiros galegos na Praia de Patos.
O goberno de Nigrán iniciará no vindeiro pleno os trámites para irmandarse co municipio coruñés de Valdoviño
O goberno de Nigrán iniciará no vindeiro pleno ordinario do 22 de febreiro os trámites de irmandamento co coruñés de Valdoviño co obxectivo de promover e fomentar a cultura surfista que comparten desde a orixe deste deporte en Galicia nos anos 70.
Prado Surf Escola reabre as súas portas tras 64 días de peche
Coa chegada da fase 1 a Galicia abríanse as portas dos centros deportivos, entre elas as escolas de surf. Para poder retomar a actividade Prado Surf Escuela fixo cambios na escola de Patos con circuítos de entrada e saída para evitar o contacto entre os alumnos e manter en todo momentos as distancias de seguridade.
Nigrán acolle o sábado a «Gala do Surf 2019»
O Concello de Nigrán acolle, este sábado 8 de febreiro, a Gala do Surf 2019 que se celebrará no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas e reunirá aos mellores surfistas do pasado ano que competiron no Circuito Galego de Surf, así coma a aquelas persoas e entidades cunha especial vinculación coa Federación Galega de Surf, autoridades representantes do Concello de Nigrán, da Federación Española de Surfing e do Clube Surf de Viana (Portugal).
Prado Surf Escola, 12 anos de dominio no surf galego
O pasado domingo 1 de setembro Prado Surf Escola proclamábase, por duodécima vez consecutiva, Campión Galego por Equipos no Campionato Galego de Surf que se disputou nas augas coruñesas da praia de Caión. Durante a fin de semana case 200 deportistas dábanse cita no areal coruñés para competir no Campionato Galego, tanto individual coma por equipos, organizado pola Federación Galega de Surf e Bodyboard.