O Concello de Nigrán iniciou o asfaltado de 33 rúas de todo o municipio cun investimento de 515.353,77 a cargo do Plan Concellos 2022. Estes súmanse aos realizados a inicios de ano en 51 estradas das 7 parroquias cun custe de 633.127 € ou ás humanizacións da rúa Mestra Emérita (309.127 €) e Otero Pedrayo (en curso, 1’3 millóns).
Entre as novas figuran algunhas especialmente demandadas pola veciñanza, como poden ser Don Marcial, Mámoa e Cova en Priegue; Montecastelo, Cabaleiros e Das Agullas (acceso ao CEE Juan María) en Parada; Pontillón e Igrexa en San Pedro; ou Cacholeiro e Escontriño en Panxón. As obras, adxudicadas á UTE Oresa-Anfisa, estarán rematadas en menos de 3 meses.
“Seguiremos sumando máis plans ata chegar a todas as rúas que o precisen; no que vai de 2024 acadamos case cen, un fito que nunca se deu na Historia de Nigrán, e así continuaremos”, explica o alcalde, Juan González, en referencia a este investimento total de 2,6 millóns de euros en 86 rúas en menos de 6 meses. “Non pararemos de asfaltar para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza e a seguridade viaria do municipio”, insiste.
Estas 33 estradas seleccionadas teñen en común o mal estado do firme coa conseguinte demanda de renovación por parte da veciñanza. Así, segundo recolle o proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya, todas se atopan en moi mal estado de conservación e a solución adoptada é un reforzo do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico (existen tramos en terra, así que nestes camiños o cambio será aínda máis substancial). Ademais, renovarase a sinalización horizonal e se intalarán reductores de velocidad nos tramos máis sensibles. “En definitiva, suporá un cambio radical na mellora da seguridade viaria e na propia calidade de vida de cada barrio”, resume o rexedor.
Camiños comprendidos no plan de asfaltados
- Priegue
- Rúa da Cova
- Outeiro
- Eidos
- Don Marcial
- Recosto-Penedo
- Camiño do Monte
- Mámoa
- Panxón
- Costa da Barxa
- Patos-Camiño da Fonte
- Cacholeiro
- Escontriño
- Zoila
- Nigrán
- Teixugueira
- Pedregal
- Piñeiro-Nogueira
- Pombal
- Torriña
- Cabalo
- San Pedro
- Praia América
- Carballal
- Igrexa
- rúa da Foz
- Sarmiento
- Ana Isabel Costas
- Valle Inclán
- Torrente Ballester
- Pontillón
- Parada
- Agullas
- Casanova
- Igrexa
- Cabaleiros