12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela clausurou onte o Programa Municipal de Conciliación

    Redondela clausurou onte o Programa Municipal de Conciliación

    O Concello de Redondela pechou onte a edición de verán do Programa Municipal de Conciliación, unha iniciativa que busca favorecer a conciliación da vida laboral e familiar –non sempre doada en períodos de vacacións–.

    Ao mesmo tempo o programa, tal e como sinalaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas “ofrece a nenas e nenos a posibilidade de dispoñer dun espazo lúdico-educativo alternativo no período vacacional”.

    O programa, que se desenvolveu durante todo o mes de xullo en horario de 9 h a 14 horas, estivo aberto á participación de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos e contemplaba tamén a participación de menores con necesidades educativas especiais.

    Clausura do Programa Municipal de Conciliación no Multiúsos de Redondela

    A actividade desenvolveuse tamén nas parroquias redondelás, dentro da prioridade do Goberno de Redondela de que a veciñanza das parroquias poida gozar das mesmas actividades que nos núcleos urbanos. Así, este programa de conciliación realizouse tamén nos centros culturais de Cabeiro, cun total de 15 prazas e Cesantes (15 prazas); na Asociación Cultural de Cidadelle, 15 prazas; no multiúsos de Chapela, 15 prazas; na Asociación de Veciños de Negros, 30 prazas; na Antiga Escola de Tuimil, no Viso, 15 prazas; na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, 15 prazas; no Multiúsos de Redondela, 30 prazas e tamén en Redondela no Posadouro con 45 prazas; no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, 30 prazas; na Asociación Cultural Miñoteira de Ventosela, 15 prazas e, finalmente, no Centro Cultural de Vilar de Infesta con 15 prazas.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS