19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: conciliacion

    O Concello de Nigrán clausura o seu primeiro campamento de Semana Santa totalmente gratuito

    O Concello de Nigrán, tal e como fai no Nadal e no verán, ofreceu agora por vez primeira un campamento de Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral das familias, xa que as crianzas teñen vacacións escolares.

    O programa de conciliación de Redondela iniciou o luns a segunda quenda que se alongará ata o día 30 de xullo

    Este pasado luns iniciouse a segunda quenda do programa de conciliación que, durante os meses de xullo e agosto, ofrece o Concello de Redondela para que veciñas e veciños teñan a oportunidade de conciliar a vida laboral e familiar durante os meses das vacacións estivais dos rapaces e rapazas. Esta segunda quenda alongarase ata o día 30 de xullo para, posteriormente, iniciarse as dúas correspondentes ao mes de agosto.

    Máis de setenta cativas e cativos comezaron un verán de aventuras no ‘Campus Tea’ e no ‘Verán Rural’

    Máis de setenta cativas e cativos de Ponteareas comezaron onte a vivir un mundo de aventuras e experiencias nos campamentos 'Campus Tea' e 'Verán Rural' que a Concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ofrece para facilitar a conciliación laboral e familiar.

    Ponteareas abre a preinscrición para o Campus-Tea urbano

    A Concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que ata o vindeiro 18 de xuño estará aberta a preinscrición para o Campus-Tea urbano. Un ano máis, o campamento facilitará ás familias a conciliación familiar e laboral abrindo as súas portas para os e as cativas de educación infantil e primaria en horario de 9 a 14 horas, existindo tamén a posibilidade de solicitar aula matinal en horario de 07:30 a 09:00 horas.

    Salvaterra de Miño convoca unha nova edición dos ‘Campamento de conciliación’ de Semana Santa

    O Concello de Salvaterra de Miño vén de convocar, un ano máis e dentro do seu programa de conciliación, o 'Campamento de conciliación de Semana Santa' que se desenvolverá os días 6, 7, 8 e 13 de abril en horario de 9:00 h a 14:00 h. A iniciativa oferta, ademáis, un servizo de aula matinal dende as 7:30 horas.

    O campamento de Nadal do Rosal amosou aos nenos e nenas as culturas do mundo

    Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e os primeiros días de xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares.

    Campamento de Nadal en Oia para nenos e nenas de 3 a 12 anos

    O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos, unha actividade organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar y Talleres e que conta coa colaboración do Concello de Oia.

    Arbo organiza un Campamento de Nadal para conciliar a vida familiar e laboral

    O Concello de Arbo desenvolvera neste mes de decembro, e os primeiros días de xaneiro do 2020, un campamento destinado aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e que se inclúe dentro das actividades do Nadal Cultural 2019-2020.

    O Rosal abre a inscrición para participar no Campamento de Nadal

    Dende o pasado luns, 25 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal que organiza o Concello do Rosal e que se desenvolverá nos meses de decembro e xaneiro de 8:45 h a 14:15 h.

    O martes 5 de novembro abrese a preinscrición para «Campus Tea Nadal» de conciliación familiar

    Co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar a tenente de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, informa de que xa está aberto o prazo para preinscribirse no Campus Tea Nadal 2019, unha alternativa de lecer para rapaces de 3 a 12 anos.

    A Ludoteca Municipal de Ponteareas comeza as súas actividades

    A ludoteca municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o mates, 1 de outubro, comeza a actividade abrindo as súas portas de 16 h a 20 horas de luns a venres.

    Redondela clausurou onte o Programa Municipal de Conciliación

    O Concello de Redondela pechou onte a edición de verán do Programa Municipal de Conciliación, unha iniciativa que busca favorecer a conciliación da vida laboral e familiar –non sempre doada en períodos de vacacións–. Ao mesmo tempo o programa, tal e como sinalaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas "ofrece a nenas e nenos a posibilidade de dispoñer dun espazo lúdico-educativo alternativo no período vacacional".

    Salvaterra de Miño facilita a conciliación familiar e laboral cos campamentos de verán

    Este pasado luns daba, en Salvaterra de Miño, a segunda quincena do Campamento de Verán, unha iniciativa enmarcada no programa de conciliación familiar que desenvolve o Concello que preside Marta Valcárcel. "Este Concello leva anos traballando en diferentes accións e programas de conciliación familiar e laboral, que se desenvolven...

    Salvaterra abre o prazo para o campamento de conciliación de Semana Santa

    A tenente de alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar o Campamento de Semana que o Concello desenvolve ao abeiro do programa de Concilación Familiar. A actividade, que de desenvolverá do 15 ao 22 de abril cun custe de 10 €, abriu xa...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.