Domingo, 16 Marzo de 2025

O «Pavillón Álvaro Pino» de Ponteareas acolle o sábado o III Torneo Solidario de Bádminton

O Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra organiza, este sábado 28 de Decembro dende as 16:30 horas, o III Torneo Solidario de Bádminton no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas.

Nesta iniciativa, na que o Club Bádminton amosa o seu lado máis solidario, está previsa a participación de preto de 100 deportistas de diferentes centros educativos e clubs da zona do Condado, A Paradanta, Vigo e Valmiñor nunha xornada na que, o deporte e a solidariedade, camiñan da man.

As inscricións son abertas e gratuitas e tan so deben achegar un produto de comida non perecedoiro. Os produtos recadados serán doados íntegramente ao Centro de Reparto de Alimentos da Concellería de Servizos Socias do Concello de Ponteareas.

“Para o Club e unha satisfaccion poder colaborar con esta iniciativa que xunta tantos valores positivos como o deporte, a solariedade e a participación familiar”, sinalou o C.Bádminton Ponteareas. Como club, “sentímonos orgullosos dos logros do club, sobre todo, da sua vocación de apoio o deporte de base e a os menos favorecidos”, conclúe o club ponteareán.