14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: Alfonso Pexegueiro

    A Asociación de Veciños de Angoares nomea socio de honra a Alfonso Pexegueiro

    Sentida homenaxe esta fin de semana da Asociación de Veciños e Veciñas de Angoares a un dos seus veciños ilustres, o poeta Alfonso Pexegueiro González, encargado de levar o nome de Ponteareas e da parroquia polo mundo a través dos seus versos.

    A música de Rogelio Groba e a poseía de Alfonso Pexegueiro chegan a todas as bibliotecas e centros culturais de Ponteareas

    A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, está a desenvolver unha campaña de distribución e divulgación de propostas bibliográficas, editadas polo propio Concello ou nas que colaborou durante os últimos meses. Todos os colexios, institutos e centros culturais recibirán, nas próximas semanas, entre outras obras, dúas nas que a música e a poesía son os protagonistas.

    Alfonso Pexegueiro, «Viaxe á illa das mulleres loucas»

    Hai libros que semellan perseguidos por unha aura máxica, que crecen e amplían o seu radio de acción e a súa capacidade de abarcar novos hourizontes. Tal é o caso de 'A illa das mulleres loucas', orixe do que hoxe nos trae a este espazo.

    Alfonso Pexegueiro e Vanesa Sotelo presentan a versión teatralizada da ‘Illa das Mulleres Loucas’

    A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a participar na presentación da versión teatralizada do libro de Alfonso Pexegueiro A Illa das Mulleres Loucas. A presentación será o sábado día 11 ás 19 horas no auditorio municipal de Ponteareas. Todos e todas as interesadas deberán reservar praza no enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.gal ou chamando ao número de teléfono 618 705 635.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.