Tag: pinchos
Chegan ao Porriño os pinchos polo Entroido
Un total de 24 establecementos de hostalería participarán nas Xornadas Gastronómicas do Entroido 2023 do Porriño. Esta ruta de pinchos forma parte do programa gastronómico posto en marcha dende o Concello do Porriño, en colaboración con AHOSPOR, para poñer en valor a hostalería local, promocionar o comercio e dinamizar a vila aproveitando os días de Entroido.
Entrega de premios do sorteo ‘D-Gusta Porriño’
O salón de plenos do Concello do Porriño acolleu esta semana o acto de entrega dos premios aos gañadores do sorteo realizado aos participantes na primeira edición da ruta de pinchos e tapas 'D-Gusta Porriño', organizada por AHOSPOR en colaboración co Concello do Porriño.
Presentación do 2º Concurso “#ConSalceda de Pinchos e Tapas”
O Concello de Salceda presentou onte o 2º Concurso “#ConSalceda de Pinchos e Tapas”, organizado pola concellería de comercio, dirixida pola alcaldesa Verónica Tourón, en colaboración con ACISA. Esta iniciativa forma parte do programa de dinamización do comercio local “Con Salceda”.
O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha o 2º Concurso de Pinchos e Tapas
O Concello de Salceda celebrará a 2ª edición do Concurso de Tapas e Pinchos que terá lugar entre os días 14 e 23 de outubro. Os establecementos hostaleiros que queiran inscribirse terán que facelo a través dun formulario que poden atopar tanto na páxina web do concello como nas súas redes sociais.
O Porriño vaise de pinchos polo entroido
Un total de 19 establecementos de hostalería porriñeses participarán nas Xornadas Gastronómicas do Entroido 2022.
O Concello de Salceda entrega os premios do seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas
O Concello de Salceda de Caselas entregou os premios do 1º Concurso “Consalceda Pinchos e Tapas”, tralo éxito obtido nesta primeira edición celebrada entre o 19 e o 28 de novembro.
O Concello de Salceda presenta o seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas
O Concello de Salceda de Caselas presentou o seu 1º concurso de pinchos e tapas #ConSalceda. Na presentación a concelleira de cCmercio e alcaldesa, Verónica Tourón, estivo acompañada por Acisa, xa que a asociación colabora nesta iniciativa do concello, representada pola súa presidenta Elisa Rodríguez Vaqueiro e polo representante da hostalería Marcos Salgueiro Montenegro.
Trinta e cinco establecementos participarán no «XIV Pinchorriño»
Concello e Asociación de Comerciantes e Industrias do Porriño , Acipor, ultimaron os detalles organizativos da vindeira edición do 'Pinchorriño', que se celebrará entre os días 1 e 30 de novembro en colaboración coa asociación de hostaleiros Ahospor e no que se espera a participación de preto de 35 establecementos hostaleiros do municipio.