Tag: gastroomía
Trinta e cinco establecementos participarán no «XIV Pinchorriño»
Concello e Asociación de Comerciantes e Industrias do Porriño , Acipor, ultimaron os detalles organizativos da vindeira edición do 'Pinchorriño', que se celebrará entre os días 1 e 30 de novembro en colaboración coa asociación de hostaleiros Ahospor e no que se espera a participación de preto de 35 establecementos hostaleiros do municipio.