22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: acipor

    O Porriño acolle esta fin de semana unha nova edición de «Merca na rúa»

    O Porriño acolle esta fin de semana a XXVI edición da feira de oportunidades 'Merca na rúa', que como sempre se desenvolverá na zona peonil do centro urbano da vila. Participarán máis de vinte stands con ofertas nunha ampla de produtos e sectores. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos nos que poderedes conseguir descontos desde 60 % ata o 70 %.

    O «Pinchorriño» ofrece dende o venres 36 tapas diferentes aptas para celíacos e con oferta vegana

    Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”; os concelleiros Sergio Casal e David Alonso, en representación do goberno municipal e media duzia de hostaleiros en representación dos 36 que participarán, protagonizaron hoxe a presentación do «XIV Pinchorriño» que comeza pasado mañá venres 1 de novembro.

    Trinta e cinco establecementos participarán no «XIV Pinchorriño»

    Concello e Asociación de Comerciantes e Industrias do Porriño , Acipor, ultimaron os detalles organizativos da vindeira edición do 'Pinchorriño', que se celebrará entre os días 1 e 30 de novembro en colaboración coa asociación de hostaleiros Ahospor e no que se espera a participación de preto de 35 establecementos hostaleiros do municipio.

    O Porriño agarda despachar 25.000 racións na ‘XXVI Festa dos Callos’

    Trinta e sete establecementos de hostalería do Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na 'XXVI edición da Festa dos Callos' un evento gastronónmico organizado polo Concello porriñés e a asociación empresarial ACIPOR coa colaboración do gremio de hostalería e que constitúe un dos principais reclamos das Fesas do Cristo que rematarán ese día 29.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.