19.9 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui contratará a catro persoas desempregadas ao abeiro do programa 'O teu...

    Tui contratará a catro persoas desempregadas ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’ da Deputación

    O Concello de Tui contratará nas próximas semanas a catro persoas desempregadas tituladas universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional sen experiencia laboral previa. Será ao abeiro do programa ‘O Teu Primeiro Emprego’ da Deputación de Pontevedra, logo de que a institución provincial aprobase a selección do Concello de Tui coma entidade colaboradora.

    Deste xeito o Concello de Tui comprométese co emprego xuvenil facilitando a 4 mozos ou mozas a posibilidade de adquirir experiencia profesional acorde ao nivel de estudos cursado facilitando a súa inserción no mercado laboral.

    En concreto o Concello de Tui realizará un contrato en prácticas durante seis meses prorrogables a catro persoas co seguinte nivel de estudos.

    • Ciclo Superior en Guía, información e asistencias turísticas ou Información e Comercialización turísticas
    • Ciclo Superior en Produción Audiovisual e Espectáculo ou Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos
    • Licenciatura ou grao en xornalismo
    • Enxeñería Técnica Forestal, Grao en Enxeñería Forestal e do Medio Natural, Grao en Enxeñería Forestal ou Enxeñería de Montes

    O Concello de Tui será o encargado de realizar a selección das persoas que resulten beneficiarias destes contratos en prácticas. A Deputación concede unha subvención de 1000€/mes para os titulados universitarios e o de 950€/mes para os ciclos superiores de formación profesional, financiando o concello o resto do importe do custo laboral e a Seguridade Social de cada traballador ou traballadora.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.