Tag: tui
Alumnado de Tui asistirá o mércores
Este vindeiro mércores 22 de marzo un grupo de 100 alumnas e alumnos do IES San Paio de Tui asistirá a unha das conferencias incluídas no marco do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o CSIC-INCIPIT para a difusión, a protección e o fomento do valor cultural dos bens patrimoniais da provincia de Pontevedra.
Abertas as inscricións para a Carreira Popular de San Telmo de Tui
Até o mércores 12 de abril ás 22 h, está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular de San Telmo 2023. A proba organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, celebrarase o sábado 15 de abril, a partir das 11.00 h, no Paseo da Corredoira.
O cinema volve a Tui este venres coa proxección de ‘Canta 2’
Este venres, 17 de marzo, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita cinematográfica para público familiar da man do filme ‘Canta 2’, a secuela da película xa proxectada na cidade, ‘Canta’.
Éxito do I Congreso Internacional de Tui-Valença celebrado esta fin de semana
Éxito do I Congreso Internacional de Educación celebrado o pasado venres e sábado na Eurocidade Tui-Valença.
Tui inaugura a exposición ‘O Esforzo In-Visible’
O Concello de Tui inaugurou a exposición ‘O Esforzo In-Visibile’ das deportistas tudenses. Nesta mostra recóllense imaxes e declaracións de 11 mulleres deportistas tudenses de élite en distintas disciplinas.
Case 500 persoas foron atendidas en febreiro na oficina de turismo de Tui
Un total de 491 persoas demandaron información durante o pasado mes de febreiro na Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui no céntrico Paseo da Corredoira. A gran maioría, 407 foron turistas e 84 peregrinos.
Mañá ás 12 h inaugúrase a exposición “O esforzo in-visible das deportistas tudenses”
Mañá sábado, 11 de marzo, ás 12 h inaugurarase no Paseo da Corredoira a exposición “O esforzo in-visible das deportistas tudenses”.
Mañá comeza o I Congreso Internacional na Eurocidade Tui-Valença
Destacadas persoas expertas en educación a nivel nacional e internacional participarán no I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença que durante dúas xornadas, venres e sábado, se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.
Tui acolle este venres a obra ‘Smoke on the water’
Este venres, 10 de marzo, ás 21.30 h chegará ao Teatro Municipal de Tui un espectáculo con música en directo, que mestura humor negro coa crítica social nunha historia de rock and roll, sexo, drogas, violencia e amor.
Lectura do manifesto e acción artística para conmemorar o Día Internacional das Mulleres en Tui
O Concello de Tui conmemora o 8M, o Día Internacional das Mulleres, cun acto institucional mañá ás 19:30 h no edificio da praza da Inmaculada. A xornalista tudense de Radio Vigo, Paula Montes, dará lectura ao manifesto.
Este sábado celebrarase a segunda xornada no I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença
O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado, 11 de marzo, a segunda xornada do I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença centrada nas experiencias, a avaliación competencial e a reconstrución da profesión docente.
Tui acolleu a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”
Tui acolleu, na mañá de onte, a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, na sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez.
As obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 acadan o 55 % da execución
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que as obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e polígono de Areas acadan o 55 % de execución e estarán rematadas a finais do verán, grazas a un investimento da Xunta que se eleva aos 30 M€.
Tui encherase de maxia este venres
Este venres volve a actividade ao teatro municipal de Tui con 'Magia en la manga' e o seu espectáculo “A igualdade non ten truco”, unha función que avoga pola igualdade entre homes e mulleres no mundo da maxia.
O Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado
O próximo mércores, 1 de marzo, cúmprense 209 anos do nacemento en Tui de Rosendo Salvado. Por este motivo o Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado do luns 27 de febreiro ao xoves 2 de marzo.
En marzo celebrarase o I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença
O I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença celebrarase o venres 10 e o sábado 11 marzo na Eurocidade Tui-Valença para abordar as reformas educativas en Portugal e España. Está organizado polo grupo Atlántida e EIP-CEII, os equipos de investigación da Universidade de Porto.
A Xunta continúa coas obras da VAC Tui-A Guarda
Xunta segue traballando nas obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas, uns traballos que fixeron preciso o corte de tráfico nocturno ente as 22:00 horas de onte e as 06:00 horas de hoxe, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55.
Populares de Tui suma a tres integrantes máis
Populares de Tui segue dando pasos de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. Na última semana, presentaron a tres integrantes que acompañarán a Nico Montes na candidatura para as vindeiras eleccións.
O Consorcio do Louro convida a visitar as súas instalacións
O venres 13 de marzo de 2020 o CIFP A Granxa, de Ponteareas, realizaba unha visita guiada á estación depuradora de augas residuais de Guillarei.
A Deputación transforma totalmente o núcleo de Ribadelouro en Tui
A parroquia de Ribadelouro, en Tui, celebrou este mércores por todo o alto a total transformación acadada coa actuación desenvolvida na estrada provincial que cruza o pobo que, de ser un viario que invadía o epicentro desta zona sen conceder espazo para a veciñanza, pasou a converterse nunha zona amable, sostible e segura para as persoas da man da Deputación e do Concello.
A autovía A-55 sufrirá un corte de tráfico a noite de mañá polas obras da VAC Tui-A Guarda
A Xunta segue a avanzar na execución das obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas, uns traballos que farán preciso un corte de tráfico nocturno mañá xoves, día 23.
“2023 A Odisea Tudense” gañadora do desfile concurso de Entroido en Tui
Miles de persoas ateigaron onte pola tarde as rúas novas de Tui para presenciar o desfile-concurso de Entroido que volveu con todo o seu esplendor nunha tarde na que o corido, a imaxinación, a sátira, o humor, as coreografías luciron ao longo do percorrido.
Tui encheranse hoxe de colorido e de festa co Desfile Concurso
O Concello de Tui volve este ano a celebrar o Entroido na súa máxima expresión, coa celebración da trixésimo cuarta edición do Concurso Desfile de Entroido que terá lugar mañá, Martes de Entroido, xornada festiva na localidade.
Tui lembra a Rosalía de Castro con diversas actividades
Un obradoiro, a difusión da obra poética de Rosalía de Castro, e o Caldo de Gloria en restaurantes locais centran a celebración do Día de Rosalía en Tui.
A autovía A-55 sufrirá cortes de tráfico nocturnos entre o xoves e o venres
O avance na execución das obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas fará necesario un corte de tráfico nocturno, entre o xoves e o venres desta semana.
A camelia, protagonista da fin de semana en Tui
Mañá sábado, 18 de febreiro, ás 12.30 horas, será inaugurada no Claustro da Catedral de Tui a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui entre outras entidades.
Máis de 900 persoas participarán en Tui no Concurso Desfile de Entroido
O Concello de Tui retoma con forza a súa programación de Entroido coa celebración da trixésimo cuarta edición do Concurso Desfile de Comparsas que terá lugar o próximo martes 21 de febreiro, xornada festiva local na cidade.
Tui conta con cinco novos axentes de Policía Local
A plantilla da Policía Local de Tui vén de ser reforzada coa incorporación de cinco axentes que veñen de completar a súa formación dun ano na Academia Galega de Seguridade.
Teatro Ghazafelhos volve este venres a Tui con ‘As pitas baixo a choiva’
Teatro Ghazafelhos visita de novo o Teatro Municipal de Tui este venres, 17 de febreiro, ás 19.30 h coa obra ‘As pitas baixo a choiva’, un espectáculo con guión e dirección de Pepablo Patinho baseado nun relato de Ricardo Carvalho Calero.
Case 200 estudantes asistiron hoxe á segunda proxección do programa “O cine nas aulas”
Un total de 198 alumnos e alumnas e docentes de 4º de ESO do IES San Paio, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio asistiron esta mañá á proxección da segunda película do programa “O Cine nas Aulas”, no Teatro Municipal de Tui.
Este mércores inaugúrase a exposición de debuxos e pinturas de Cali en Tui
Este mércores, 15 de febreiro, inaugúrase a exposición de debuxos e pinturas de Hixino Castillo “Cali” na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no Edificio Francisco Sánchez – antiga Área Panorámica. Poderá visitarse até o 18 de marzo.
A Deputación alcanza un investimento histórico no Baixo Miño
“As administracións teñen a obriga de dar conta sobre o uso que dan aos recursos públicos”. Con esta premisa compareceu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun almorzo informativo en Tui.
O Concello de Tui denuncia as pintadas vandálicas realizadas na rúa San Telmo
O Concello de Tui deplora as pintadas vandálicas realizadas nun tramo da rúa San Telmo, en pleno conxunto histórico de Tui, e que afectan a diversas vivendas e á igrexa de San Telmo.
A Eurocidade Tui e Valença acollerá quince probas deportivas este ano 2023
A Eurocidade Tui-Valença presentou o seu Calendario Deportivo da Eurocidade 2023 con máis dunha decena de probas deportivas de múltiples disciplinas que se celebrarán ao longo deste ano e grazas a colaboración dos dous municipios transfronteirizos.
A selección galega absoluta de remo está esta fin de semana concentrada en Tui
Esta fin de semana, a Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui a concentración da selección galega de remo olímpico na categoría absoluta masculina e feminina.
Tui aposta polo amor coa campaña “Namórate de Tui”
O Concello de Tui lanzou a campaña “Namórate de Tui” para celebrar o Día de San Valentín, que será o próximo martes 14 de febreiro. Con esta iniciativa busca fomentar as compras no comercio local, así como o consumo nos restaurantes do municipio, aproveitando a próxima celebración desta data sinalada.
O Partido Popular de Tui anuncia a incorporación de Anabel Solla
O Partido Popular de Tui anunciou que Anabel Solla pasará a formar parte do equipo de traballo que Nico Montes está a conformar de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. Anabel ocupa os cargos de Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui (AMEI), da que tamén é socia fundadora, Secretaria da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra.
Protección Civil de Tui realizou máis de 300 servizos durante o 2022
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou en 2022 un total de 304 servizos nos que as persoas voluntarias da asociación empregaron 2.475 horas. En concreto ao longo do ano pasado Protección Civil de Tui interveu en 82 accidentes de tráfico e en 7 accidentes laborais.
Convocado o concurso para a elección do cartel das Festas de San Telmo 2023
O Concello de Tui abre a convocatoria do concurso para a elección do cartel anunciador das Festas de San Telmo 2023, no que poden participar artistas plásticos, creadores e creadoras ou calquera persoa que estea interesada. Establécese un único premio de 700 euros e diploma.
A Eurocidade Tui-Valença está de aniversario
A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario cun concerto no Teatro Municipal de Tui. Será este venres, 10 de febreiro, ás 21.30 h (ES).