8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: cristina martínez

    Tomiño reforza a súa aposta polo Servizo de Axuda no Fogar

    O Concello de Tomiño segue a facer unha aposta estratéxica polo Servizo de Axuda no Fogar, un servizo orientado ao coidado de persoas en situación de dependencia que o municipio oferta dende hai anos. Un servizo cualificado polo Goberno local que preside Sandra González como “indispensable” e que ano tras ano mellora coa formación continua e específica dos seus traballadores e traballadoras.

    Tomiño vístese de solidariedade coa «Gala Solidaria pola ELA»

    O vindeiro domingo, 27 de outubro, no Auditorio de Goián ás 17:30 horas, terá lugar a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación Agaela, coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.

    Tomiño organiza as ‘Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres novas’

    Entre o luns 23 de setembro e o venres 27 de setembro, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Tomiño acollerá as 'Xornadas Feministas para o Fomento da Participación das Mulleres Novas' organizadas polo Concello tomiñés.

    Participantes no programa de maiores de Tomiño pechan outro ano de actividades cunha xornada en contacto coa natureza

    As máis de 20 persoas que participan no programa de maiores organizado polo Concello de Tomiño, co apoio da Deputación Provincial, pecharon o curso 2019-2020, cunha xornada en contacto coa natureza, que compartiron ademais con usuarios e usuarias do Centro de Día.

    Medio centenar de persoas benefícianse dos cursos organizados polo Concello de Tomiño

    Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas. Repartidas case por igual con respecto...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.