Tag: eurocidade Cerveira-Tomiño
Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa Ruta do Vale das Donas
A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto que pretende dar a coñecer “camiñando” a riqueza existente a ambas beiras do Miño a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. O pasado sábado 4 de setembro tivo lugar a Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo, unha andaina transfronteiriza que acadou novamente un notable éxito, participando 30 persoas e completando as inscricións.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño
A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa desenvolvendo con éxito de participación os Roteiros do Miño 2021, un dos proxectos gañadores do último Orzamento Participativo Transfronteirizo.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida á súa veciñanza a seguir participando nos Roteiros do Miño
A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida á súa veciñanza, dun e outro lado da fronteira, a seguir participando nos Roteiros do Miño 2021. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, terá lugar a 3ª saída: Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.
Roteiros transfronteirizos da Eurocidade Tomiño-Cerveira para dar a coñecer o patrimonio cultural e natural
A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza este verán os Roteiros do Miño; unha serie de percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental ou natural.
O IV Simposio Internacional de Escultura do Miño celebrarase do 15 de setembro ao 4 de outubro en Goián
A cuarta edición do Simposio Internacional de Escultura do Miño, organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, xa ten data de celebración: do 15 de setembro ao 4 de outubro no Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño). Así veñen de acordalo nunha reunión de coordinación entre responsables de ambos gobernos municipais a pasada semana.
Tomiño participou, compartindo a súa experiencia transnacional con Cerveira, nas xornadas “TecEuropa Local” da Fundación Galicia Europa
O Concello de Tomiño participou na XI edición das xornadas TecEuropa Local, destinada ás entidades locais galegas e organizadas pola Fundación Galicia-Europa, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.
As novas bicis transfronteirizas do Miño terán estacións de intercambio á beira do río e nos cascos urbanos das eurocidades
As beiras do río Miño e os cascos urbanos das Eurocidades de Tui-Valença, Tomiño Cerveira e Salvaterra-Monçao serán os lugares onde se instalarán as estacións de intercambio das novas bicicletas transfronteirizas do servizo de préstamo que está a poñer en marcha o AECT Río Miño. Así o decidiron o persoal técnico dos concellos e do agrupamento europeo, nos vindeiros días van definir as localizacións concretas.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño adía para setembro o ‘IV Simpósio Internacional de Escultura de Minho’
Ante o actual contexto de incerteza provocado pola pandemia Covid-19, o Comité de Xestión Estratéxica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu adiar para o mes de setembro a realización da cuarta edición do Simpósio Internacional de Escultura do Miño. Na reunión telemática mantida onte martes polos alcaldes veciños abordaron tamén a temática do peche de fronteiras e os impactos para as traballadoras e os traballadores transfronteirizos.
Os alcaldes de Tomiño e Cerveira presentan a Eurocidade á nova presidencia da rexión Norte de Portugal
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira e director da AECT Río Minho, Fernando Nogueira, desprazáronse este luns á cidade do Porto para manter unha reunión coa recén escollida presidencia da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), o homólogo administrativo da Xunta de Galicia no norte do país luso.
A lontra ‘Mizi’, mascota do Festival Infantil da Eurocidade Cerveira-Tomiño
Aproximadamente 2.000 estudantes de todos os centros educativos dos concellos irmandados de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, desde educación infantil ata secundaria, aceptaron o reto da Eurocidade de elixir a mascota para o Festival Infantil Transfronteirizo 'Aventura na Terra da Amizade'. 'Mizi', unha lontra de río típica da zona, foi a proposta gañadora.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño avalía os seus proxectos pioneiros de cooperación
A Eurocidade Cerveira-Tomiño, a partir do ano 2014, envolvendo nas súas accións a máis de 10.000 persoas, afondou e consolidou as relacións institucionais a través dunha programación e xestión conxunta e partillada de distintos servizos públicos e do envolvemento da cidadanía na formulación de solucións comúns para a resolución de problemas comúns.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a ‘Arbore da Amizade’ no parque de lecer do Castelinho
Con motivo da Semana Europea da Cooperación, os alcaldes da Eurocidade Cerveira-Tomiño, Sandra González e Fernando Nogueira, participaron onte venres nun acto simbólico de plantación da 'Árbore da Amizade' no Parque de Lazer de Castelinho. O dito asegura que a amizade é como unha planta, porque o seu fortalecemento require un coidado e atención permanentes.
A Eurocidade, nunha publicación internacional sobre a contribución dos orzamentos participativos á redución dos efectos do cambio climático
A Eurocidade Cerveira Tomiño segue a achegar o seu gran de area en temas de vital importancia para a poboación, como o cambio climático. Nesta ocasión fíxoo colaborando co International Observatory on Participatory Democracy (OIDP) na elaboración dunha publicación internacional sobre as contribucións dos procesos de orzamento participativo á adaptación e mitigación dos efectos do quecemento global, unha valiosa ferramenta de análise e coñecemento para mellorar a forma na que os gobernos locais enfrontan o desafío do cambio climático.
Cerveira e Tomiño convocan un centenar de artistas ao 8º Certame de Pintura Antonio Fernández
O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández cruza o río Miño da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño, por segunda vez. Este certame, que chega á súa oitava edición, celebrarase o domingo 16 de agosto de 2020, cunha novidade moi importante: ábrese a participación a menores de 18 anos, con dúas novas categorías: xuvenil (de 13 a 17 anos) e infantil (de 6 a 12 anos).
A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Río Miño reclaman un plan de recuperación específico para o territorio transfronteirizo
Os plans de recuperación posCOVID19 deben ter unha liña de apoio específica para os concellos limítrofes coa fronteira Portugal-España, xa que neles dáse un dobre impacto negativo: ao derivado da COVID19, como no resto do territorio, súmase a penalización provocada pola restauración das fronteiras. Esta é a principal conclusión da xornada de traballo mantida hoxe en Tomiño para analizar medidas de recuperación e impulso á cooperación transfronteiriza tras a crise da COVID 19.
A execución de proxectos vencedores OPT da Eurocidade Cerveira-Tomiño pasa ao 2021 e cancélase a edición deste ano
Ante o actual contexto de pandemia Covid-19, o Comité de Xestión Estratéxica (CXE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu, esta semana, cancelar a próxima edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño, e prorrogar para 2021 a execución dos proxectos vencedores do ano pasado.
O Convento de SanPayo, en Cerveira, exhibe unha mostra de arte transfronteiriza asinada por estudantes
Como resultado do proxecto gañador do orzamento participativo transfronteirizo de Cerveira-Tomiño en 2019, preto de 200 nenos de ambos municipios desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza nun espazo cargado de singularidade ao longo dunha semana.