18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: roteiros

    Os concellos da Cañiza e Melón estrean o camiño medieval «Entre abadías»

    Unha ruta que terá lugar o vindeiro sábado 1 de abril, que esgotou as reservas na primeira semana e na que participarán preto de 200 persoas, será a encargada de inaugurar o camiño medieval entre os concellos da Cañiza e Melón «Entre abadías». A partir das 16:30 h poderase...

    Nigrán inicia este mércores as súas Andainas de Verán cun roteiro por Monteferro

    O Concello de Nigrán inicia este mércores 6 de xullo as súas andainas da programación de verán cun roteiro por Monteferro que partirá ás 20:00 horas desde a Praia da Madorra e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa.

    Redondela da a coñecer o seu patrimonio cultural e artístico a través de roteiros guiados

    O vindeiro domingo, 20 de febreiro, e co percorrido pola traza do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Redondela sur, o Concello redondelán, a través da Concellería de Patrimonio que dirixe María Castro, en colaboración con A Citania, inicia unha serie de saídas guiadas a fin de coñecer e poñer en valor o abundante patrimonio cultural, histórico e paisaxístico que posúe o municipio.

    ‘Roteiros e serradoiros dos Carranos’ percorre este domingo a ruta da ‘Forca do Lobo’ en Covelo

    Lourdes Enes, concelleira de Turismo do Concello de Covelo vén de lembrar a todas as persoas interesadas que este domingo, día 30 de xaneiro, está prevista a realización do roteiro Forca do Lobo. A actividade enmárcase no programa 'Roteiros e serradoiro dos Carranos' desenvolto en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que permite unha programación estable de rutas ao longo do ano.

    Aberta a inscrición para un novo roteiro polos petroglifos de Penide/Mirallo en Ventosela

    O Concello de Redondela vén de abrir a inscrición para participar no terceiro roteiro guiado para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio e que se desenvolven os últimos domingos de cada mes. Esta nova ruta terá lugar na noite do 27-28 de novembro en que se fará unha ruta nocturna polos petroglifos de Penide/Mirallo (Chan da Cruz e Coto do Corno) na parroquia de Ventosela.

    Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa Ruta do Vale das Donas

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto que pretende dar a coñecer “camiñando” a riqueza existente a ambas beiras do Miño a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. O pasado sábado 4 de setembro tivo lugar a Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo, unha andaina transfronteiriza que acadou novamente un notable éxito, participando 30 persoas e completando as inscricións.

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa desenvolvendo con éxito de participación os Roteiros do Miño 2021, un dos proxectos gañadores do último Orzamento Participativo Transfronteirizo.

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida á súa veciñanza a seguir participando nos Roteiros do Miño

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida á súa veciñanza, dun e outro lado da fronteira, a seguir participando nos Roteiros do Miño 2021. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, terá lugar a 3ª saída: Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.

    Máis de 400 persoas coñeceron este verán a riqueza natural de Nigrán a través das rutas guiadas polos sendeiros do municipio

    “Neste verán optamos por multiplicar os roteiros porque temos un potencial inmenso que, nestas circunstancias sanitarias, é ideal para desenvolver con todas as garantías e tamén para mostrar a outra cara de Nigrán, que vai moito máis alá da praia. Tal como imaxinábamos foi un verán con con especial demanda deste tipo de actividades e quixemos darlle toda a cabida posible”, xustifica o alcalde, Juan González.

    Nigrán abre a inscrición para a ruta guiada polo sendeiro circular das Medoñas, entre Priegue e Camos

    O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no seu roteiro guiado este xoves polo sendeiro circular das Medoñas –entre Priegue e Camos– dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. Os interesados deben presentarse ás 10:00 do xoves 20 no Camiño do Monte, 21, en Priegue e, no caso de precisar intérprete de lingua de signos, deben solicitalo no mesmo mail de inscrición.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.