17.4 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO proxecto da Nova Escola Infantil da Guarda pendente do visto e...

    O proxecto da Nova Escola Infantil da Guarda pendente do visto e prace da Consellería de Política Social

    O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asistiu o xoves día 1 de agosto a unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para pechar de forma definitiva o proxecto de Escola Infantil Municipal, tanto dende o punto de vista técnico como económico.

    Na reunión estiveron presentes, tanto o arquitecto redactor do proxecto como o do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. O proxecto presentado cumpre cos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia e o Alcalde asume que a subvención da administración autonómica será de 10.000€ por praza, facendo un total de 410.000 €, que corresponde a 3 unidades e que obrigará ao Concello da Guarda a asumir o custo restante ata a contía total da obra, cuxo orzamento supera os 750.000 €.

    O Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar quedou comprometido co alcalde a elaborar a documentación necesaria para manter unha xuntanza definitiva no mes de setembro coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, para que se poida pechar definitivamente o compromiso de financiamento da Escola Infantil.

    O segundo paso será incluír a obra nos orzamentos autonómicos e redactar e asinar co concello o correspondente convenio. Ai que recordar que o Concello da Guarda ten un ratio de escolas infantil moi baixo, que nos últimos anos oscila entre o 17 % e o 20 %, cando o compromiso da Xunta e que o ratio en Galicia sexa como mínimo o que recomenda a Unión Europea, un 35 %.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS