7.8 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado

    A Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado

    Esta acción nace coa intención de crear unha bolsa de persoas voluntarias dependente do Concello da Guarda, que sexa unha ferramenta estable que acolla a toda persoa que por decisión propia e libre teña diversas inquedanzas para colaborar coa comunidade de forma desinteresada.

    Durante a situación vivida durante o confinamento da poboación provocado pola crise sanitaria da Covid-19, o Concello da Guarda tratou de dar resposta a diversas circunstancias que se puxeron de manifesto, como a vulnerabilidade de moitos sectores da poboación con apoios sociais máis reducidos ou limitados, desenvolvendo un programa de apoio telefónico a persoas maiores que  viven soas. Esta pequena acción visibilizou a necesidade de procurar unha rede de apoio constante e comunitaria que se podería realizar dende o voluntariado.

    A persoa voluntaria debe ter en conta que poderá participar en moitas e diversas actuacións como: acompañamento a persoas (maiores e/ou menores) accións medioambientais, eventos puntuais e tamén voluntariado en entidades ou asociacións municipais. As persoas interesadas poden solicitar información na OMIX do Concello da Guarda a través das redes sociais ou do mail informacion@aguarda.es.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS