13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: voluntarios

    A concelleira de Seguridade entrega as tarxetas acreditativas das voluntarias da campaña de control de poboación felina

    Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, asistida por Daniel Rodríguez, inspector xefe da Policía Local, entregou onte as tarxetas acreditativas ás voluntarias e voluntarios que participan na campaña de control da poboación felina que promove o Concello do Porriño.

    Cribado voluntario masivo PCR O Rosal

    Ante a alta incidencia acumulada da Covid-19 no Rosal nos últimos días, o Concello propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR que permita identificar a positivos asintomáticos dos que non se teña constancia e axudar así a reducir a propagación do virus.

    A Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado

    Esta acción nace coa intención de crear unha bolsa de persoas voluntarias dependente do Concello da Guarda, que sexa unha ferramenta estable que acolla a toda persoa que por decisión propia e libre teña diversas inquedanzas para colaborar coa comunidade de forma desinteresada.

    A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil conta cunha nova directiva

    A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui conta con nova xunta directiva froito das eleccións celebradas hai uns días. Así Juan Manuel González Estévez ocupa o cargo de presidente, María Fernanda Abreu Estévez é a secretaría e Adolfo Pérez Paramos o tesoureiro. Mentres os vogais son Nicolás Francisco Martínez Pazo, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal e Cristina Álvarez Bernárdez.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.