Tag: ximnasia
O alcalde de Nigrán despede ao ‘Acro Club Nigrán’ antes de participar na ‘Maia International Acro Cup’
O alcalde de Nigrán, Juan González, despedíu onte na Casa do Concello ao 'Acro Club Nigrán' antes de partir cara a Portugal para participar na 'Maia International Acro Cup', a competición máis importante do mundo de ximnasia acrobática
Gondomar pon en marcha un ano máis os obradoiros dirixidos aos maiores
Como en edicións anteriores, os participantes poderán elixir entre o obradoiro “Cultiva a Mente” ou o de “Xinmasia de mantemento”. En ambos os casos o obxectivo “é garantir a mellor calidade de vida dos nosos e nosas maiores, e poñer ao seu alcance as ferramentas para que a súa terceira mocidade poidan gozala ao máximo”, apunta o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.
A ponteareá Melania Rodríguez, bronce no Campionato do Mundo de trampolín
A ponteareá Melania Rodríguez continúa a escribir a súa historia no mundo da ximnasia. A deportista, de tan só 20 anos, acaba de participar en dúas finais do Campionato do Mundo de ximnasia de trampolín que se celebrou en Bakú (Acerbaixán), logrando o bronce na especialidade de dobre minitramp.
60 residentes das Neves participan desde esta semana nas ‘clases de ximnasia saudable para maiores’
O Concello de As Neves ofrece á súa poboación a posibilidade de participar nas clases de ximnasia saudable para maiores. Este ano ademáis de no centro da vila, as clases tamén impartiranse nas parroquias de San Cibrán de Ribarteme, San Pedro de Batalláns e Setados
A Guarda abre a inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates
A Omix da Guarda vén de abrir o prazo de inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates que terán comezo no vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición, ata esgotar as prazas, no teléfono 986 61 0000 ext. 7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es