Tag: pilates
O Rosal reinventa as súas actividades anuais para adaptalas á nova realidade
O Rosal continúa a traballar para que a veciñanza teña unha ampla oferta de actividades deportivas e de lecer ao alcance da man. Neste sentido, ante a limitación que supón a crise sanitaria para realizar actividades en instalacións municipais, o Concello colaborará con diferentes asociacións que se farán cargo das actividades anuais de pilates, restauración, pintura e ioga.
A Guarda abre a inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates
A Omix da Guarda vén de abrir o prazo de inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates que terán comezo no vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición, ata esgotar as prazas, no teléfono 986 61 0000 ext. 7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es