Xoves, 8 Maio de 2025

É Noticia

Carmela Silva pecha a xornada da Escola María Vinyals, “cada día somos máis e imos cambiar o mundo”

Ante un auditorio de máis de 200 persoas no Castelo de Soutomaior, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou esta tarde na clausura da Xornada sobre Mercantilización do corpo das mulleres da Escola de Igualdade María Vinyals, que as feministas “imos cambiar o mundo, cada día sumamos a máis persoas, así que o camiño se fai camiñando e co orgullo de que ese é o camiño que hai que facer”

Silvia Pérez asegura que non abordar á prostitución como unha violencia “e de por si unha perversión”

A xornada matinal “Mercantilización do corpo das mulleres”, no marco da Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra, rematou coa conferencia de Silvia Pérez Freire “Desvelando a realidade da acción contra a trata”. Na súa intervención, a relatora fixo fincapé en que “a trata sexual se está a configurar como chivo expiatorio da nosa sociedade para seguir sen afrontar o tema da prostitución”

Ángeles Álvarez insta ao Estado “prohibir de forma taxante o aluguer de mulleres con fins reprodutivos”

Ángeles Álvarez, activista feminista, experta en violencia de xénero e portavoz da RECAV (Red Estatal Contra el Alquiler de Vientres) centrou a súa conferencia na “Mercantilización reprodutiva do corpo das mulleres”, no marco da xornada da Deputación de Pontevedra na Escola de Igualdade “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior.

Rosa Cobo: “A industria da explotación sexual funciona coa racionalidade dunha multinacional do crime”

A doutora en Ciencias Políticas e profesora da Universidade da Coruña Rosa Cobo subliñou hoxe na Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra que a prostitución “foi crecendo nos últimos anos ata converterse no corazón dun sector económico que eu denomino explotación sexual”

A ‘Escola de Igualdade María Vinyals’ propón reflexionar sobre ‘A mercantilización do corpo das mulleres’

Este mércores ás 9:45 horas arranca unha nova xornada da «Escola de Igualdade María Vinayls» na que se afondará sobre a 'Mercantilización do corpo das mulleres' e na que preto de 200 persoas reflexionarán sobre a pornografía, prostitución, ventres de aluguer e trata e violencia sexual.

A Deputación comeza as obras de adaptación á normativa do edificio da Escola de Cantería

As obras de adaptación da Escola de Cantería para o cumprimento da normativa en materia de accesibilidade, contaminación acústica, protección contra incendios e prevención de riscos laborais comezaron esta mañá. A Deputación de Pontevedra ponse así mans á obra para solucionar a irregularidade urbanística coa que vén funcionando o centro dende a súa construción no ano 2000.

Areeiro pide “extremar os coidados” nas labores de colleita

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar un novo aviso fitosanitario co fin de extremar os coidados e ter precaucións nas labores de colleita para previr ao máximo a aparición de podremias nos almacéns.

Oito persoas con discapacidade de Redondela e Vigo inician un curso de Loxística con Cogami

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou nas instalacións de Vigo (rúa Teixugueiras, nº15 baixo) un curso de Apoio loxístico no almacenamento industrial con movemento de cargas, dirixido a persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para profesión habitual e no que participan oito persoas de Redondela e Vigo.

«Galaicos. Un pobo entre dous mundos», dende hoxe no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Poñer en valor o patrimonio arqueolóxico e cultural da provincia pontevedresa e Galicia e favorecer deste xeito un turismo sostible baseado na historia, co fin de atraer visitantes durante todo o ano, é o obxectivo da mostra da Deputación de Pontevedra 'Galaicos: Un pobo entre dous mundos', que desde hoxe e ata o 2 de febreiro exhibe o Museo de Pontevedra.

Carmela Silva presenta as iniciativas da Deputación para cumprir co desenvolvemento sostible

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo unha reunión coa alta comisionada para a Axenda 2030, Cristina Gallard, para afondar no grao de implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible nos programas postos en marcha pola institución provincial.

A Deputación abre a preinscripción para o proxecto «Labora 2020»

A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a primeira fase do Proxecto «Labora 2020», unha iniciativa que financian a institución provincial e o Fondo Social Europeo e cuxo obxectivo é mellorar a formación e a empregabilidade na provincia entre as persoas inscritas nos servizos públicos de emprego que pertencen a colectivos especialmente vulnerables.

Zona Franca e Asociación Down Vigo, asinan un convenio de colaboración

Para favorecer os principios de responsabilidade social relativos á plena integración das persoas con capacidades diversas, esta mañá e coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado do Estado para a Zona Franca, David Regades e o presidente da Asociación Down Vigo, José Manuel García asinaron un convenio que, por catro anos, regula as prácticas profesionais en Zona Franca das persoas pertencentes á devandita asociación e senta, ademais, as bases para futuros acordos.