Xoves, 27 Marzo de 2025

Nigrán

Lucenza-Ateneo Nigrán organiza unha charla sobre ‘A participación dos galegos na loita pola independencia de Cuba‘

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres 3 de abril, ás 20.00 horas, na vella estación do tranvía da Ramallosa, unha charla-coloquio que leva por título ‘A participación dos galegos no proceso de independencia cubano’ a cargo do profesor Moncho Fernández Leal e o xornalista Gustavo Luca de Tena.

Nigrán ofrece unha excursión a Padrón o domingo 14 de abril

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este venres 5 de abril de 9:30 a 12:30 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o domingo 14 de abril nunha excursión a Padrón (A Coruña), onde se celebra un dos mercados dominicais máis concurridos de Galicia.

O Concello de Nigrán clausura o seu primeiro campamento de Semana Santa totalmente gratuito

O Concello de Nigrán, tal e como fai no Nadal e no verán, ofreceu agora por vez primeira un campamento de Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral das familias, xa que as crianzas teñen vacacións escolares.

Vida e deporte triunfan nunha nova e exitosa edición do ‘Basket sen barreiras’ do CB Nigrán

O Club Baloncesto Nigrán organizou a VIII edición do torneo basket Sen Barreiras no pavillón de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para A ASOCIACIÓN FRANGIL contra a leucemia. Preto de 30 equipos de baloncesto e máis de 300 xogadores e xogadoras déronse cita durante dous días no Pavillón de Panxón en horario de mañá e tarde.

Nigrán convoca un novo concurso de carteis ‘Nigranjazz-Quin Alborés elevando o premio aos 700 euros

O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés-Nigranjazz', aumentando a 700 euros o premio a proposta gañadora para festexar así a maioría de idade do festival (desde a súa orixe o premio foi sempre 500 €). O certame ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2024 na súa XVIII edición e o prazo de presentación de propostas remata o 30 de Abril (Día Internacional do Jazz).

Nigrán dará a coñecer este domingo os vídeos que mellor simbolizan a súa natureza

Nigrán lanzou este ano a segunda edición do premio 'Ollo con Nigrán', un concurso vídeo literario que quere potenciar a creación artística en lingua galega ao tempo que divulga a gran riqueza natural do municipio. E fíxoo con máis participación ca o ano pasado. Na presente edición presentáronse 29 vídeo creados por máis de 50 persoas de todas as idades. Os gañadores serán dados a coñecer o vindeiro domingo 24 ás 19.00 horas nunha gala no Auditorio Municipal.

Nigrán estrea un proxecto piloto de ‘arte terapia’ para persoas con padecementos psico-emocionais

O Concello de Nigrán estreou este mes no Auditorio Municipal un programa piloto a nivel nacional para introducir a ‘Arte Terapia’ no tratamento das persoas con diversos problemas de saúde mental (desde ansiedade a crise post-traumática, dó, depresión, crise vital...). Deste xeito, o Concello toma nota efectiva da recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS) en novembro de 2019 de que os gobernos e administracións introduzcan as artes no sistema sanitario como complemento ao tratamento farmacolóxico e para a prevención de doenzas.

O CB Nigrán ‘regala vida’ con Fran Gil no seu VIII Basquet sen Barreiras

O Club Baloncesto Nigrán presentou onte no CEIP Plurilingüe Humberto Juanes, unha nova edición do Torneo Solidario BASKET SEN BARREIRAS, que se realizará o luns día 25 e o martes día 26 no pavillón Municipal de Panxón e no que colaboran a Federación Galega de Baloncesto, A Federación de deporte adaptado, o Concello de Nigrán, así como o centro Juan María e o Club Baloncesto Iberconsa Amfiv de Vigo (baloncesto en cadeira de rodas) e a Fundación Social LA CAIXA.

Nigrán estrea este sábado unha feira para dar a coñecer aos seus artistas e emprendedores emerxentes

O Concello de Nigrán continúa a presumir da súa natureza e talento nun mes de marzo adicado case por completo ao seu patrimonio natural e inmaterial. Este sábado estreará a súa primeira Feira da Natureza no Auditorio Municipal para que dez emprendedores e artistas poidan mostrar a toda a veciñanza o seu traballo.

Nigrán investirá 33.000 euros na rehabilitación da fonte do Pereiro e os seus accesos

O Concello de Nigrán investirá 33.000 € na rehabilitación da fonte do Pereiro (Camos) e os seus accesos como parte do seu plan para por en valor estes elementos de especial interese patrimonial e etnográfico.

Nigrán inicia as obras dunha nova praza pública que conectará a ponte románica da Ramallosa e a Avenida de Portugal

O Concello de Nigrán iniciou esta semanas as obras para crear unha praza pública de 371 m2 para a convivencia e a relaxación no espazo que comunica a Ponte Románica da Ramallosa e a Avenida de Portugal (PO- 340), aos pés do Río Miñor. O obxectivo é dar un xiro radical nesta contorna de gran valor patrimonial, natural e etnolóxica para que pase a ser unha zona senlleira de pausa e descanso no Camiño. Con este fin, o Concello ven de emprender os traballos adxudicados a Xestión Ambiental de Contratas cun orzamento de 114.726 € a cargo do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

Nigrán ofrece un curso gratuito de autodefensa para mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade, organiza un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade no marco as diferentes accións pola conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller.