26.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Xullo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece un curso gratuito de autodefensa para mulleres

    Nigrán ofrece un curso gratuito de autodefensa para mulleres

    Desenvolverase os días 5 e 7 de marzo no Pavillón de Panxón de 9:30 h. a 13:30 horas e o prazo de inscrición abre o mércores 14 de febreiro

    O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade, organiza un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade no marco as diferentes accións pola conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller. O curso é gratuíto e desenvolverase os días 5 e 7 de Marzo no Pavillón deportivo de 9:30 h. a 13:30 horas. O prazo de inscrición abre o 14 de febreiro no CIM, no 986 383930 ou no correo cim@nigran.org e terán preferencia as empadronadas no Concello de Nigrán.

    Será impartido por persoal técnico como instrutores en Defensa Persoal Feminino, membros/as das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e profesores/as na Academia Galega de Seguridade. O obxectivo é que sexan un instrumento de formación que comprenda un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións. As técnicas son sinxelas, pero ao mesmo tempo efectivas para conquerir o obxectivo que se pretende, que é o de protexerse. Ademais, trataranse aspectos legais, psicolóxicos, estratéxicos, físicos e, por suposto, de prevención.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.