Ponteareas volverá a converterse este sábado na capital da música tradicional do país. O Concello organiza a 54 edición do Concurso de Gaitas do País, a festa musical desta especialidade máis antiga de Galicia, e que coloca a vila como referente na promoción do folclore musical galego. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, afirma que “para Ponteareas é un orgullo acoller estes eventos”, e expón que o Concurso “é unha mostra máis da nosa decidida aposta pola música que se fai no país”.
O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece semanalmente desde este venres no Auditorio Municipal e ata o 8 de outubro catro contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”. Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa para cada un deles na propia biblioteca, no correo [email protected] ou no 986 383 979.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de anunciar a concesión para o Concello da Guarda dun novo obradoiro de emprego de formato dual, trátase do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII, orientado á atención sociosanitaria en institucións e á promoción turística local e información ao visitante.
Dende a súa apertura no mes de Febreiro do ano 2019 o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, está sendo todo un referente cultural sobre a vitivinicultura e enoloxía en España. O Concello de Salvaterra de Miño e a Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, animados pola acollida e participación de edicións anteriores, presentan unha variada oferta de cursos relacionados co mundo do viño para o outono de 2021.
O Município de Vila Nova de Cerveira dinamiza, esta sexta-feira, 17 de setembro, às 15h00, uma conferência centrada nos contributos e na relevância das mulheres para a história da Bienal Internacional de Arte de Cerveira. Devido à Covid-19, o evento decorre no Palco das Artes, mas em formato duplo: presencial, mediante convite, e online com transmissão nas redes sociais.
O Concello de Mos, ven de recibir unha axuda de 376.946 € para a posta en marcha do Obradoiro dual de Emprego “SOMOS MOS”, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería, durante 9 meses.
Ponteareas da un paso máis para a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero no municipio. O Concello acaba de formalizar na Xunta Local de Seguridade a súa adhesión á rede VioGén, o Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero, dependente da Secretaría do Estado de Seguridade.
A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade remitiu un informe ao concello de Redondela no que se da conta da “finalización do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do seu concello”
Hai algo máis incongruente que rexeitar a un alumno por non poder presentars, nun prazo de 24 horas en Santiago, para matricularse nun ciclo superior 100 % online? Dificilmente, sería a resposta máis lóxica pero, as veces a lóxica asemella non ter cabida en determinados trámites ou instancias educativas e, como afirma o dito, a realidade sempre supera a ficción.
Tal e como estaba previsto, no día de onte comezaron as obras de 'Acondicionamento, adaptación e mellora enerxética' das dependencias de Servizos Sociais de Chapela, traballos que contan cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020.
A Piscina Mancomunada de Val Miñor, un dos centros deportivos de referencia na zona e xestionado por Serviocio, lanzou este setembro unha campaña de reactivación para todas esas persoas que practicaban deporte pero que o deixaron no último ano e medio.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.